Sentencia Civil Nº 676/20...re de 2007

Última revisión
21/12/2007

Sentencia Civil Nº 676/2007, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3379/2006 de 21 de Diciembre de 2007

Tiempo de lectura: 5 min

Tiempo de lectura: 5 min

Relacionados:

Orden: Civil

Fecha: 21 de Diciembre de 2007

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 676/2007

Núm. Cendoj: 36057370062007100554

Resumen
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Voces

Valor venal

Accidente

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00676/2007

Rolo: 3379/06

Procedimento de Orixen: ordinario 388/05

Organo de Procedencia: Xulgado de 1ª Instancia nº 8 VIGO

A SECCION SEXTA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CON SEDE EN VIGO, composta polos Ilmos. Sres.

Maxistrados : D. JAIME CARRERA IBARZABAL, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO E DÑA. MAGDALENA FERNANDEZ SOTO , Pronunciou

NO NOME DO REI

A seguinte

SENTENZA nº 676

En Vigo a vinteun de decembro de dous mil sete.

VISTO en grado de apelación ante a sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do Xuicio ordinario 388/06, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia núm. 8 de Vigo , os que correspondeu o rolo 3379/06, nos que aparece como Apelante D. Narciso , representado polo procurador D. Pedro Lanero Tablas e asistido do letrado Dª. Paz Salaberri Arean e como Apelado Seguros Pelayo e representado polo Procurador Dª. Victoria Barros Estevez e asistido do letrado D. Jesús Novoa e sendo o Maxistrado ponente o Ilmo. Sr. D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO , quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

PRIMEIRO.- Polo Xulgado de 1ª Instancia num. 8 de Vigo , con data 08 de marzo de 2006 dictouse sentenza co seguinte fallo:

"Que estimando en parte la demanda formulada en autos de Juicio Ordinario nº 388/2005 por el Procurador Don Luis Pedro Lanero Táboas, en nombre y representación de Don Narciso , contra Doña Ariadna , Don Everardo y la compañía aseguradora "PELAYO MUTUA DE SEGUROS Y REASESGUROS A PRIMA FIJA", debo condenar y condeno a los demandados a satisfacer al actor la cantidad de DOS MIL TRESCIENTOS SETENTA EUROS (2.370 ?), incrementada para la aseguradora demandada con los intereses del art. 20 LCS , debiendo cada parte abonar las costas causadas a su instancia y siendo las comunes por mitades".

SEGUNDO.- Contra dita Sentencia, polo procurador D. Pedro Lanero Táboas, en representación de D. Narciso , formulouse recurso de apelación, que foi admitido en ambos efectos consonte ao disposto no artigo 455 da Lei de Axuizamento Civil .

TERCEIRO.- Na tramitación desta instancia cumprironse todalas prescripcións e termos legais.

Fundamentos

Primeiro.- Existindo unha moi notable diferencia entre o valor venal do vehículo do actor, taxado en 1.580 euros, e o importe da sua reparación, de 5.041,43 euros, e outorgada pola sentenza de primeira intancia a suma de 2.370 euros ( aquela primeira cantidade mais un cincuenta por cento ), recurre esta decisón o actor, reproducindo a sua petición inicial, por estimar que efectuou a devandita reparación, e que ten dereito a iso porque, por decilo dalgún xeito, e utilizando as expresións verquidas polo recorrente do seu escrito de apelación " desembolsou unha cantidade moi superior para devolvelo seu vehículo ao estado anterior ao accidente e poder seguir disfroitándoo como o viña facendo ata este intre ".

Segundo.- A tese do apelante non pode triunfar, pois ainda admitindo que teña reparado efectivamente o vehículo ( a factura aportada aos folios 8 e 9 carece da sinatura do cliente, e da data de conformidade coa mesma e da retirada do vehículo ), debemos lembrar: A ) A antigüidade, de mais de dez anos, e demais características do vehículo, marca Citroen, modelo C-15, que levan a taxalo seu valor en venta en 1.580 euros, a través dunha proba pericial que non foi impugnada. B ) Que tan só o valor das pezas novas ou de substitución superan esa cifra, acadando case os 1.800 euros ( folio 9 ), e a sua reparación total 5.041,43 euros, suma esta última que ven representar mais do triplo do valor venal. Con estes datos, a tese do actor non é de recibo dado que levaría, levada ata as suas últimas consecuencias, tal como ven realmente a pregonalo recorrente, conduciría a conclusións xurídicamente inaceptables como abusivas, claramente antieconómicas, e radicalmente inxustas, con un enriquecimento sen causa do dono vehículo, que o recuperaía moi mellorado, e a custa do patriminio alleo.

Terceiro.- Non atopamos circunstancia ningunha de excepción, que poda levanos a non aplicalo criterio xeral do vencimento obxetivo, disposto polos artºs. 394 e 398 da L. A. C ..

III. Por todo o exposto, e pola Autoridade que a este Tribunal outorgan a Constitución e o Povo españois,

Fallo

Que rexeitamolo recurso de apelación formulado polo Procurador D. Pedro Lanero Táboas na representación de D. Narciso contra da sentenza dictada polo xulgado de Primeira Instancia número oito de Vigo o día oito de marzo de dous mil seis , con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.

Ésta é a nosa sentencia, que asinamos, e que redáctase en galego consonte ao establecido no artº 5.1.,2 e 3 do Estatuto de Autonomía para Galicia, aprobado pola Lei Orgánica 1/1981, de 8 de abril ; e artºs 1,2,6,3, e 7.2.e da Lei 3/1983, de 15 de Xuño, da Comunidad Autónoma de Galicia, de Normalización Lingüística .

PUBLICACIÓN: En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. Magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.

DILIGENCIA: Seguidamente se procede a cumplimentar la notificación de la anterior resolución. Doy fe.

Sentencia Civil Nº 676/2007, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3379/2006 de 21 de Diciembre de 2007

Ver el documento "Sentencia Civil Nº 676/2007, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3379/2006 de 21 de Diciembre de 2007"

Acceda bajo demanda

Accede a más de 4.000.000 de documentos

Localiza la información que necesitas

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Accidentes de trabajo. Paso a paso
Disponible

Accidentes de trabajo. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

13.60€

12.92€

+ Información

Casos prácticos sobre IRPF para la Campaña de la Renta 2023
Disponible

Casos prácticos sobre IRPF para la Campaña de la Renta 2023

Dpto. Documentación Iberley

21.25€

20.19€

+ Información

Procedimiento sancionador en materia de extranjería. Paso a paso
Disponible

Procedimiento sancionador en materia de extranjería. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

17.00€

16.15€

+ Información

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso
Disponible

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información