Sentencia Civil Nº 614/20...re de 2014

Última revisión
02/03/2015

Sentencia Civil Nº 614/2014, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 367/2014 de 03 de Noviembre de 2014

Tiempo de lectura: 7 min

Tiempo de lectura: 7 min

Relacionados:

Orden: Civil

Fecha: 03 de Noviembre de 2014

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 614/2014

Núm. Cendoj: 36057370062014100726

Resumen
DIVORCIO CONTENCIOSO

Voces

Divorcio

Estancia

Voluntad unilateral

Actividades de refuerzo y/o extraescolares

Divorcio contencioso

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00614/2014

CIVIL

Rolo: 367/2014

Procedemento de orixe: Divorcio Contencioso 412/2013

Órgano de procedencia: Instancia núm. 12 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, PRESIDENTE, D. JULIO PICATOSTE BOBILLO e D. EUGENIO FRANCISCO MIGUEZ TABARES,pronunciou

NONOME DO REI

a seguinte

SENTENZA NUM.614/2014

En Vigo, a tres de novembro de dous mil catorce.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo de Divorcio Contencioso 412/2013 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 12 de Vigo ós que correspondeu o rolo 367/2014, nos que aparece como parte apelante e demandado D./D. Penélope , representada polo/a procurador/a D./D.ª Paz Barreras Vázquez e asistida do/da letrado/a D./D Celia Tielas Amil ,e como parte contra da que se apela e demandante D./D.ª Carlos Miguel , representada polo/a procurador/a D./D.ª Celsa Muñoz Leira e asistida do/da letrado/a D./D.ª Isabel Olcina Salinas e coa intervención do Ministerio Fiscal.

É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 12 de Vigo, con data do 23/1/2014, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'Que estimando la demanda formulada por la representación procesal de Carlos Miguel frente a Penélope , declaro la disolución por causa de divorcio, del matrimonio formado por ambos litigantes, con todos sus efectos legales; elevando a definitivas las medidas provisionales adoptadas por auto de 7 de marzo de 213 en procedimiento de medidas previas provisionales 1351/2012; salvo la medida de contribución de cada progenitor a los gastos habituales (colegio, actividades extraescolares y vestido de la hija común) que se reduce a 75 euros para cada progenitor.

Ni se efectúa expresa imposición de las costas procesales.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Paz Barreras Vázquez, en representación de D./D.ª Penélope , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 30/10/2014.

Terceiro:Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.


Fundamentos

Primeiro:Polo canle do presente recurso de apelación promovido pola nai da menor contra a sentenza de divorcio ditada en primeira instancia interesa a recurrente o réxime de estancia intersemanal coa filla, cando esta estea baixo a custodia do pai, 'dende as 20.00 horas dos martes ás 20.00 horas do xoves'.

O motivo do recurso debe ser atendido, en parte, tanto por razóns de seguridade xurídica como de congruencia. En efecto, e en primeiro termo, se o propio pai ofrece na demanda ese sistema de comunicación intersemanal a favor da nai, a sentenza de primeira instancia adolece dunha certa incoherencia neste punto (sen prexuizo da relatividade da incongruencia, pola natureza de orde pública da materia familiar), ao establecer un réxime distinto. E, en segundo lugar, e malia que o pai semella ter unha xornada habitual e fixa, a eventualidad dunha modificación desa xornada de traballo (que parece que podía levala a cabo unilateralmente o apelado sen especiais dificultades, segundo resulta da correspondente proba documental), crearía un estado de incerteza sobre a realización efectiva da comunicación materno-filial, que quedaría na realidade ao arbitrio do pai, co conseguinte e máis que posible prexuizo para nai e filla, cuxa estabilidade, en último termo, debe servir de Norte na toma de decisións que lle afecten. En último termo, o réxime de comunicación de nai e filla que se postula (realmente por ambos proxenitores) non semella que sexa incompatíbel, precisamente, coa xornada laboral real do pai, que comprende os mércores e xoves (quarta e quinta feiras). Poren, e por razóns de igualdade de tratamento o rexime de visitar será dende as 20,00 horas do martes ás 20,00 horas do mercores.

Segundo:Sen que sexan precisas complexas reflexións de orde xurídica, semella lóxico e ponderado que as comunicacióne das fins de semana comprendan o día festivo que poida ser anterior ou posterior, medida que, polo demáis, será de aplicación común para os dous proxenitores.

Terceiro:A parte apelante solicita, finalmente, e por unha banda, que a contribución alimenticia para a nena ascenda a 300 euros mensuais, e por outra, a proporcionalidade nesa contribución por parte de cada proxenitor, que fixa en 180 e 120 euros, a cargo, respectivamente, do pai e nai.

O motivo do recurso se acolle en parte, establecéndose por este capítulo a suma de 300 euros, contribuindo a ela pai e nai en 200 e 100 euros, se temos en conta: A) Que o pai propuña 150 euros a cargo de cada cónxuxe. B) Que os ingresos do pai son notablemente superiores aos da nai. En efecto, e ainda que daremos por probado que esta última, ademáis das retribucións fixas pola docencia como profesora de Universidade (arredor de 12.000 euros netos no ano 2012, tendo en conta as retribucións salariais e os rendimentos de capital moviliario), obtén ganancias como autónoma pola academia de dibuxo da que é titular, ganancias estas últimas, que dada a desfavorábel coxuntura económica que padecemos, e que a falta doutros elementos de proba, debemos considerar moi modestas. As remuneracións do apelado son, pola contra, máis elevadas, e que estimamos nunca inferiores ao doble dos ingresos totais da agora apelante.

Cuarto:A estimación parcial do recurso conleva non facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais desta alzada (artigos 394 e 398 da L. A.C.).

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que con acollida parcial do recurso de apelación promovido por Dña Penélope , representada polo Procuradora Dña Paz Barreras Vázquez contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 12 de Vigo o día 23/1/2014, acordamos: A) Que cando a filla estea baixo a custodia do pai, a nai terá na súa compañía dende as 20.00 horas dos martes ás 20.00 horas do mercores. B) Que a comunicación das fins de semana comprenderán o día festivo que poida haber antes ou despois dese período. C) Que a contribución mensual a favor da menor será de 200 euros, respectivamente, a cargo de pai e nai. Non se fai unha especial declaración sobre as custas procesuais desta alzada.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interponer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguirntes a súa notifiacción na forma establecido no artº 479 da LAC.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Sentencia Civil Nº 614/2014, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 367/2014 de 03 de Noviembre de 2014

Ver el documento "Sentencia Civil Nº 614/2014, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 367/2014 de 03 de Noviembre de 2014"

Acceda bajo demanda

Accede a más de 4.000.000 de documentos

Localiza la información que necesitas

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Pensión alimenticia: ¿gastos ordinarios o extraordinarios? Paso a paso
Disponible

Pensión alimenticia: ¿gastos ordinarios o extraordinarios? Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

12.75€

12.11€

+ Información

La residencia en territorio español. Paso a paso
Disponible

La residencia en territorio español. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

17.00€

16.15€

+ Información

Comentarios a la Ley de arrendamientos urbanos
Disponible

Comentarios a la Ley de arrendamientos urbanos

Daniel Loscertales Fuertes

21.25€

20.19€

+ Información

Del divorcio romano a la sacramentalidad tridentina
Disponible

Del divorcio romano a la sacramentalidad tridentina

Diz Franco, Alejo Manuel

25.50€

24.23€

+ Información

Código Civil - Código comentado 2022 (DESCATALOGADO)
Disponible

Código Civil - Código comentado 2022 (DESCATALOGADO)

V.V.A.A

80.70€

12.11€

+ Información