Sentencia Civil Nº 515, A...re de 2000

Última revisión
13/12/2000

Sentencia Civil Nº 515, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1166/1999 de 13 de Diciembre de 2000

Tiempo de lectura: 8 min

Tiempo de lectura: 8 min

Relacionados:

Orden: Civil

Fecha: 13 de Diciembre de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO

Nº de sentencia: 515


Voces

Valor venal

Asegurador

Intereses legales

Precio de mercado

Fundamentos

AUD. PROVINCIAL SECCION N. 1

PONTEVEDRA

 

SENTENCIA: 00515/2000

 

Rolo civil: 1166/99

P. civil 478/1999

Orixe Xdo. 1ª Inst. Vigo 7

Tipo asunto Cognición

 

 A SECCION PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. LUCIANO VARELA CASTRO, presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO CÉSAR PICATOSTE BOBILLO, maxistrados, pronunciou

 

NO NOME DO REI

 

a seguinte

 

SENTENCIA NÚM.515

 

Pontevedra, o 13 de decembro do año 2000.

 

O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil núm. 478/99, vindo do Xulgado de 1ª Inst. Vigo 7, foi movido entre as partes: dunha beira, como apelante e demandado, "G..., SA" e SEGUROS A...; e da outra, como apelado e demandante, D. ATILANO RIEJAS GIL. Xuizo de cognición.

 

ANTECEDENTES DE FEITO

 

 Acéptanse os da sentencia de primeira instancia e, alén diso,

 

PRIMEIRO. Nos actos a que este rolo atinxe, na data de 25 de outubro de 1999, o Sr maxistrado-xuíz do Xulgado de 1ª Inst. Vigo 7 pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di:

 

 DECISIÓN: "Que estimando la demanda interpuesta por ATILANO, contra G..., SA, Y A.. debo condenar y condeno a estos últimos a que solidariamente abonen al primero 216 000 pta y 25 000 pta más que serán abonadas por la primera, interés legal y costas".

 E fronte á devandita sentencia, a parte demandada interpuxo recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos. Tras térenselle elevadas as actuacións a este tribunal, sinalouse a data do 29 de novembro do año que andamos para deliberaren e deitaren sentencia no presente recurso.

 

 SEGUNDO. Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legais.

 

 Foi relator o maxistrado don LUCIANO VARELA CASTRO, quen expresa o criterio da Sala.

 

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

 

 PRIMEIRO. Obxecto de recurso.-

 

Malia a parte apelante pedir en definitiva a parte o total rexeitamento da demanda, a súa argumentación, agás no que hai de queixa pola falta de unha máis completa motivación, limitase a alegar que a cantidade na que se fixa a indemnización ó demandante é excesiva.

 

Dese xeito, o único motivo de apelación que merece ser examinado é o da cuestión de se a reparación do prexuízo, no caso de subtracción do ciclomotor e recuperación con danos que fan antieconómica a reparación, debe ser o do valor venal no tempo da subtracción ou o valor de novo.

 

 Deixan as partes fóra de discusión a non imposición de pagamento ao prexudicado pola aseguradora da parte de indemnización correspondente á franquía -25 000 pta- da que a sentencia releva á aseguradora e a parte vencedora demandante non fai cuestión.

 

SEGUNDO. Indemnización esixíbel: máis que o valor venal, menos que o valor de novo.

 

 Múltiplas son as posicións doctrinais e xurisprudenciais verbo do importe das indemnizacións cando a cousa danada tiña un valor inferior ao susto da súa reparación. Desde os que esixen limitarse sempre ao valor venal ata os que esixen en todo caso a indemnización equivalente ao importe da reparación da cousa.

 

Intermedias son as posicións dos que limitan esa indemnización -susto de reparación da cousa danada- de xeito que nunca supere o valor de novo da cousa danada, ou que, logo de calculado o susto da reparación, rebaixan o seu importe restándolle o aumento de valor que tería a cousa logo de reparada en relación co que tiña antes de ser danada. Son intermedias, asemade, as que partindo do valor venal da cousa danada antes do dano, auméntano nunha porcentaxe a titulo de custo de afección ou de sustos para obter outra cousa igual á danada antes de selo. Quizais a máis discutibel sexa a que prescinde do valor -en venda- da cousa antes do dano e do custo de reparación, para impoñer como reparación de prexuizo o valor de adquisición dunha cousa igual á danada pero nova.

 

O tribunal entende que son criterios para determina-la indemnización esixíbel:

 

a) Que o que pode reclamar o prexudicado é a reposición no mesmo estado no que estaba denantes de sufrí-lo dano. Así cómpre diferenciarnos reparación da cousa danada da reparación do prexuizo;

 

b) Que a reparación de prexuízos abrangue a dos patrimoniais -directos e indirectos- e dos morais. Daquela que o valor en venda da cousa non equivale ao total de prexuízo por non incluír o valor de afección, como moral, e os custos de financiación e molestias necesarios para adquirí-la cousa que repoña a perdida, e mesmo a inquedanza que reporta para o dono a desconfianza no rendemento da cousa de reposición.

 

c) Desbotada por inessixibel o custo da reparación cando supera o valor da cousa para o dono, é dicir, aquel valor polo que o dono, razoabelmente, estaría disposto a desprenderse da cousa, é este valor o que resulta necesario determinar por máis equitativo na composición dos contrapostos intereses do prexudicado e do obrigado a indemnizar.

 

Ese valor, a fixar seguindo criterios obxectivos, non pode limitarse ao valor en venda a prezo de mercado da cousa no tempo do dano. Nin en casos de expropiación por fins de utilidade pública se permite esa privación ao dono do obxecto da súa propiedade. Pero tampouco non pode quedar a expensas de caprichosas determinacións do prexudicado. Nese sentido resulta especialmente rexeitábel o criterio de diferenciar segundo se teña ou non taña feito a reparación da cousa.

 

A reparación do prexuízo, que non da cousa, debe nos casos que estudiamos, abrangue-la suma de:

 

Valor de adquisición dunha cousa semellante, por tanto non dunha cousa nova, senón dunha cousa de características e estado de conservación equivalente á danada no intre de selo.

 

Prexuízo por non dispoñibilidade entre o momento que ocorre o dano e aquel no que o prexudicado dispón da cousa de reposición. Este concepto pode avaliarse atendendo aos prexuizos por non dispoñibilidade, no caso concreto, se o obrigado a reparar asume a entrega da cousa de reposición ou atendendo ao custo calculado de financiación, se a reposición é asumida polo prexudicado por non ofrecela o obrigado a indemnizar. Custo de afección como reparación moral pola perda da cousa segundo a natureza desta.

 

Os anteriores criterios esixen contribución ineludíbel de certo arbitrio xudicial (artigo 1103 do Código civil) e son de ineludibel referencia ao caso concreto para aplicar tal arbitrio atendendo a referencias como: diferencia porcentual entre valor venal previo ao dano e valor de adquisición, en función do tempo entre un e outro momento e do estado de conservación, diferencia entre valor en venda e valor de reparación, e afección do dono en relación coa cousa, segundo as particulares circunstancias do caso

 

TERCEIRO. Indemnización ao demandante.

 

No caso axuizado os dados dispoñíbeis pola proba son:

 

a) que o valor en venda do ciclomotor no intre da subtracción era de 160 000 pta, por ter uns once meses de uso.

 

b) Que o valor de novo sería 241 000 pta.

 

 c) Que non foi entregado outro semellante en reposición do roubado, nin o recuperado consta de valor ningún por ser a súa reparación de custo -273 085 pta- superior ao valor de novo.

 

 d) A subtracción tivo lugar en xaneiro de 1999 sen que tiña sido feita indemnización ningunha ao día de hoxe.

 

 A indemnización, axeitada aos criterios devanditos, na medida que prudencialmente estimábeis nos capítulos non obxecto de pericia, debe enteirarse polas 160 000 pta de adquisición de obxecto semellante, por un 20% de custos de financiación e un 10% de custos de afección, o que fai un total de 208 000 pta.

 

 A devandita cantidade xerará xuros de recarga por demora no seu pagamento do xeito establecido no artigo 921 da leí de axuizar a partires da data desta nosa resolución.

 

 Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga,

 

DECIDIMOS

 

Que é mester nós estimarmos parcialmente o recurso de apelación presentado por G..., SA, e A... contra da sentencia pronunciada polo Xulgado de 1ª Instancia Vigo 7, no xuízo de cognición 478/99, fixando en 208 000 pta (DUASCENTAS OITO MIL PTA) a indemnización a aboarlle ao demandante, que no caso da aseguradora será de 183 000 pta (CENTO OITENTA E TRES MIL PTA), e nesa medida ámbolos demandados responderán solidariamente, sen facerse especial imposición das custas en ningunha das instancias.

 Devólvanselle os actos orixinais ao xulgado de procedencia, con testemuño desta resolución para a súa execución e cumprimento.

 

Deste xeito, por esta a nosa sentencia, cabeiramente xulgando, pronunciámolo, mandámolo e, asemade, asinámolo.

 

Sentencia Civil Nº 515, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1166/1999 de 13 de Diciembre de 2000

Ver el documento "Sentencia Civil Nº 515, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1166/1999 de 13 de Diciembre de 2000"

Acceda bajo demanda

Accede a más de 4.000.000 de documentos

Localiza la información que necesitas

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Suscripción más de 250 formularios para PYMES
Disponible

Suscripción más de 250 formularios para PYMES

Editorial Colex, S.L.

100.00€

95.00€

+ Información

Tarjeta 100 Formularios Jurídicos imprescindibles
Disponible

Tarjeta 100 Formularios Jurídicos imprescindibles

Editorial Colex, S.L.

49.95€

47.45€

+ Información

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso
Disponible

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

¡SOS: Administración hostil! Cómo actuar
Disponible

¡SOS: Administración hostil! Cómo actuar

Luis Alfredo de Diego Díez

10.92€

10.37€

+ Información

Delitos al volante. Paso a paso
Disponible

Delitos al volante. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

16.15€

15.34€

+ Información