Sentencia Civil Nº 501, A...re de 2000

Última revisión
29/11/2000

Sentencia Civil Nº 501, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 243 de 29 de Noviembre de 2000

Tiempo de lectura: 7 min

Tiempo de lectura: 7 min

Relacionados:

Orden: Civil

Fecha: 29 de Noviembre de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO

Nº de sentencia: 501

Resumen
Xuízo de executivo. O principal dos motivos de oposición fronte á demanda executiva consiste na protesta de falta de carácter executivo do título por non se acompañar con documento que dea fe de control da liquidación a demanda rectora. Tal motivo resulta estimábel posto que o fedatario ningunha cobertura dá á cuestión de se as partidas que pasan a forma-lo pasivo a cargo do debedor na tonta instrumental de contabilización da disposición do crédito foron feitas de forma axeitada ao pactado. Se o título executivo -póliza de crédito- dése transcedencia executiva á débeda que deriva daquel contrato de conta corrente, sería no caso de que na súa liquidación se dea tonta fidedigna de que a liquidación se axeitara ó pactado no contrato de conta corrente. Nada diso se achega co titulo. Esta Sala decreta que a falta de liquidez do titulo implica nulidade do xuízo executivo, e en consecuencia revócase a sentencia de instancia.

Voces

Voluntad unilateral

Rebeldía

Bienes embargados

Intereses legales

Interés legal del dinero

Relación contractual

Fiador

Letra de cambio

Cantidad líquida

Aval

Fundamentos

AUD. PROVINCIAL SECCION N. 1

PONTEVEDRA

 

SENTENCIA: 00501/2000

 

Rolo civil 243/99

P. civil: 240/98

Orixe: XDO. 1ª INST. VIGO 3

Tipo asunto EXECUTIVO

 

 A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta, por D. LUCIANO VARELA CASTRO, presidente, D.  JULIO CESAR PICATOSTE BOBILLO e DONA INMACULADA MARTIN VELÁZQUEZ, maxistrados, pronunciou

 

NO NOME DO REI

 

a seguinte

 

SENTENCIA NÚM.501

 

 Pontevedra, o 29 de novembro do año 2000.

 

 O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil núm. 240/98, vindo do Xulgado de 1ª Inst. Vigo 3, foi movido entre as partes: dunha beira, como apelante e demandado, DON NÉSTOR R, representado nesta instancia polo procurador dos tribunais Sr. Arca Veloso, baixo a dirección da letrada Sra. Pilar Estévez; doutra, como apelante e demandada, DONA EDITH MARÍA N (o recurso da cal ficou deserto); dunha outra, como apelado-demandante, B, a quen representa o procurador Sr. Sanjuán Fernández e dirixe o letrado Sr. Formoso Verez; e, amais diso, como apelado-demandado, en situación procesual de rebeldía, R.S.L Xuízo de executivo.

 

ANTECEDENTES DE FEITO

 

 Acéptanse os da sentencia de primeira instancia e, alén diso:

 

 PRIMEIRO.- Nos actos a que este rolo atinxe, na data de 19 de decembro de 1998, o Sr maxistrado-xuíz do Xulgado de 1ª Inst. Vigo 3 pronunciou sentencia, a resolución da cal rigorosamente, di:

 

 DECISIÓN: "Que rechazadas las causas de nulidad invocadas por la representación del ejecutado don NESTOR R, debo mandar y mando seguir adelante la ejecución instada contra el mismo, la entidad R.S.L y doña Edith María N hasta hacer trance y remate de los bienes embargados a los mismos y con su producto entero y cumplido pago a la entidad ejecutante "B.S.A", de la sum de CUATROCIENTAS DIECIOCHO MIL SESENTA Y UNA PESETAS, más los intereses legales estipulados, así como los gastos y costas del presente procedimiento.".

 

 E fronte á devandita sentencia, a parte demandada interpuxo recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos, polo que as actuacións foron elevadas a esta Sala, tras as partes seren emprazadas. Por estas se teren constituído en parte perante ela no tempo e do xeito que acae, tívoselles por comparecidas, entregóuselles aquelas para instrucción por termo de dez días a cada unha e, despois de aviaren o devandito trámite, pasáronselle por igual termo e co mesmo obxecto ao maxistrado relator. A seguir, sinalouse día para avista do recurso, que tivo lugar na data de 24 de novembro do año que andamos, coa asistencia dos letrados das partes.

 

 SEGUNDO. Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legais.

 

 Foi relator o maxistrado don LUCIANO VÁRELA CASTRO, quen expresa o criterio da Sala.

 

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

 

PRIMEIRO. Obxecto de recurso. Varios foron os motivos de oposición fronte á demanda executiva. Deles, abonda con considerármo-lo consistente na protesta de falta de carácter executivo do título por non se acompañar con documento que dea fe de control da liquidación a demanda rectora. Tal motivo resulta estimábel. O que fai innecesario estudiármo-los demais motivos de recurso.

 

SEGUNDO. :Relación contractual entre as partes litigantes. Calquera que sexa a denominación dada ao contrato instrumentado na póliza mercantil intervinda por corredor, banco e executados -ente beneficiario do crédito e fiadores- pactaron:

 

a) Que o Banco lle aboará ao ente beneficiario do crédito o importe de letras de cambio das que este deba responder, ou descontarllas, como descontará os recibos librados por el, ou aboará nas tontas das que o beneficiario sexa debedor co banco o seu saldo negativo para o beneficiario, etc ata un importe de 5 000 000 pta (CINCO MILLÓNS PTA).

 

b) Cando o Banco faga o primeiro deses pagamentos, coa conseguinte efectividade do crédito concedido ao ente beneficiario, comezará a contabiliza-la débeda que xorde para este por mor desa disposición. c) O banco resérvase diversas facultades de resolución do contrato, con finalización das obrigas das partes, pero coa facultade de liquidar unilateralmente o importe a favor do banco e cargo do executado, para os efectos de conformar título executivo.

 

Nada se pacta verbo da necesidade de que a contabilización das partidas adebedadas por mor da disposición do crédito sexan contrastadas por fedatario, canto ao seu axeitamento aos pactos entre partes.

 

TERCEIRO. Consecuencias canto ós presupostos do título para xustifica-lo despacho de execución. E ben se puidera caer no descoido de ter por innecesario ese control se a cantidade liquidada non esixe cómputos complexos, senón que deriva dunha sinxela suma de cantidades líquidas aboadas polo banco en efectividade do crédito concedido. Como así semella no caso axuizado no que a suma reclamada deriva de suma-lo importe dunha cambial co "saldo líquido negativo dunha conta corrente bancaria do executado".

 

Nótese que o banco actor non fai reclamación de xuros nin comisións ou recargas, senón só do principal das partidas adebedadas na contabilización da efectividade do crédito.

 

 Pero, aí, nótese axiña o risco de tal interpretación. Porque entón a póliza de crédito -especificada "en garantía de riscos"- viría a ser coartada para eludí-lo control dador de fe, esixido polo artigo 1435 da LAC, da contabilización do resultado da liquidación da conta corrente, sendo así que esta se amosa como unilateralmente confeccionada, sen que, nesas condicións, de falta de control dador de fe, poida recoñecerse ese indirecto efecto de constituir título executivo.

 

 Por mágoa a sentencia apelada non fai discurso ningún que xustifique a súa conclusión que expón de xeito case que apodíctico. Como con tino dicía a parte executada, o fedatario dalle ese carácter á afirmación de autenticidade do título e de que a entidade ten na súa contabilidade asentado o saldo reclamado. Pero ningunha cobertura dá ese fedatario, como era o seu deber, á cuestión de se as partidas que pasan a forma-lo pasivo a cargo do debedor na tonta instrumental de contabilización da disposición do crédito foron feitas axeitadas ao pactado. Concretamente unha das partidas resulta da aplicación de título non executivo, cal é o contrato de conta corrente. Se o título executivo -póliza de crédito- dése transcedencia executiva á débeda que deriva daquel contrato de conta corrente, será no caso de que na súa liquidación se dea tonta fidedigna de que a liquidacións se axeita ao pactado no contrato de conta corrente: tempos de producción de xuros, xuros aplicados e resultado de tales operacións.

 

 Nada diso se achega co titulo. Este non ten, xa que logo, natureza executiva por aplicación do artigo 1435 da lei de axuizar. Este precepto esixe, amais do acto de liquidabilidade unilateral, que o unilateralmente liquidado veña co aval da intervención fidedigna, alén da constatación de coincidencia de saldos, concretamenteverbo da abeirabilidade das operacións liquidadoras nos contidos contractualmente pactados.

 

E a falta de liquidez do titulo implica nulidade do xuízo executivo segundo deriva do artigo 1467.2° da LAC

 

Coa consecuencia, canto a custas do artigo 1474 en relación co 1473.3° da mesma lei sen que existan méritos para especial imposición en ningunha das instancias.

 Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga,

DECIDIMOS

 

 Que é mester nós estimarmos, e de feito estimámolo, o recurso de apelación movido por DON NÉSTOR R, contra da sentencia pronunciada polo Xulgado de 1ª Inst. Vigo 3, no proceso civil núm. 240/98, declarando nulo o xuízo seguido e deixando sen efecto a execución aviada contra do apelante por pedimento de B.S.A, e sen efecto as medidas cautelares acordadas, sen facermos pronuncia especial ningunha das custas en ningunha das dúas instancias.

 

 

Sentencia Civil Nº 501, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 243 de 29 de Noviembre de 2000

Ver el documento "Sentencia Civil Nº 501, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 243 de 29 de Noviembre de 2000"

Acceda bajo demanda

Accede a más de 4.000.000 de documentos

Localiza la información que necesitas

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

La estética de la política en la democracia española
Disponible

La estética de la política en la democracia española

V.V.A.A

21.25€

20.19€

+ Información

La Letra de Cambio en el ordenamiento español
Disponible

La Letra de Cambio en el ordenamiento español

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

¡SOS: Administración hostil! Cómo actuar
Disponible

¡SOS: Administración hostil! Cómo actuar

Luis Alfredo de Diego Díez

10.92€

10.37€

+ Información