Sentencia Civil Nº 403/20...re de 2014

Última revisión
02/03/2015

Sentencia Civil Nº 403/2014, Audiencia Provincial de Lugo, Sección 1, Rec 331/2014 de 19 de Noviembre de 2014

Tiempo de lectura: 6 min

Tiempo de lectura: 6 min

Relacionados:

Orden: Civil

Fecha: 19 de Noviembre de 2014

Tribunal: AP - Lugo

Ponente: FERREIRO BAAMONDE, XULIO XOSE

Nº de sentencia: 403/2014

Núm. Cendoj: 27028370012014100426

Resumen
CUMPLIMIENTO OBLIGACIONES

Voces

Cláusula limitativa

Valoración de la prueba

Compañía aseguradora

Gasto sanitario

Cláusula contractual

Valor de mercado

Valor venal

Asegurador

Escrito de interposición

Accidente

Representación legal

Cumplimiento de las obligaciones

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 1

LUGO

SENTENZA: 00403/2014

ILMOS. SRES.:

D. JOSÉ ANTONIO VARELA AGRELO

D. JOSÉ RAFAEL PEDROSA LÓPEZ

D. XULIO XOSÉ FERREIRO BAAMONDE (suplente)

Lugo, dazanove de novembro de dous mil catorce.

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Lugo viu, en grao de apelación, o rolo de sala n.º 331/14, dimanante dos autos de xuízo Ordinario nº 39/14, seguido no Xulgado de Primeira Instancia nº 2 de Lugo, sobre reclamación de cantidade. Foron partes no recurso, como apelante, Dña. Mercedes , representado polo procurador Sra. Arias Regueira e baixo a dirección do letrado Sr. Viño Prieto, e apelado CIA DE SEGUROS CASSER, representado polo procurador Sr. López Mosquera e asistido do letrado Sr. Novo Rodriguez. Actúa como maxistrado-relator o Iltmo. Sr. D. XULIO XOSÉ FERREIRO BAAMONDE.

Antecedentes

PRIMEIRO.- Con data 24 de abril de 2014, o Xulgado de Primeria Instancia nº 2 de Lugo dictou unha sentencia que na súa parte dispositiva di: 'FALLO: 'Que, estimando parcialmente la demanda planteada por la Procuradora Doña María José Arias Regueira en nombre y representación de Doña Mercedes contra la entidad Caja de Seguros Reunidos, Cía. de Seguros y Reaseguros, S.A. CASER, CONDE NO a dicha demandada a abonar a la actora, en concepto de indemnización derivada de seguro de daños, la suma de 4.630 euros ya consignada, suma ques e incrementará con los intereses del artículo 20 de la LCS desde la fecha del siniestro (4-04-13) y hasta la fecha de la efectiva consignación (27-01.14). Ello, sin que proceda efectuar una especial condena en costas.

SEGUNDO.- A parte demandante interpuxo un recurso de apelación contra a devandita sentencia, téndose por preparado o mesmo e cumpridos os trámites do art. 458 e seguintes da L.A.C. 1/2000 eleváronse as actuacións a esta Sección Primeira da Audiencia Provincial para a resolución procedente.

TERCEIRO.- Na tramitación do presente recurso observáronse, en ámbalas dúas instancias, tódalas formalidades legais; señalándose para a deliberación, votación e fallo o día 23 de setembro de 2014.


Fundamentos

PRIMEIRO.- O presente recurso impugna dous diferentes pronunciamentos da sentenza de primeira instancia. En primeiro lugar, estima que estamos diante dun erro na aplicación do dereito por parte da xulgadora a quo no relativo á distinción entre cláusulas delimitadoras e limitativas do risco, de acordo coa doutrina do Tribunal Supremo ao respecto. En segundo lugar entende que existe un erro na valoración probatoria ao non terse por acreditada a realidade do gasto sanitario e farmacéutico alegado no escrito de demanda.

SEGUNDO.- En canto ao primeiro dos motivos de apelación, a recorrente sinala que a cláusula contractual pola que se establecía como alcance da indemnización o valor de mercado do vehículo é unha cláusula limitativa e como cal debería ter sido obxecto de aceptación expresa, razón pola cal debe estimarse como non posta no contrato e, en consecuencia, estimar como procedente a indemnización para cubrir os prexuízos efectivamente sufridos pola perda do vehículo que inclúa o denominado valor de afección.

O certo é que a cuestión relativa á inaplicación do establecido polo art. 38.2.2 das condicións xerais da póliza, en canto establece que 'en caso de perda total, segundo o disposto no art. 28, apartado 3, indemnizaráse ao 100% do seu valor venal', por ser unha cláusula limitativa da responsabilidade da aseguradora é unha cuestión nova que non foi introducida até o escrito de interposición do recurso, estando ausente da cuestión discutida durante a primeira instancia. En consecuencia, e en virtude do establecido no art. 456.1 LAC, non procede nestes momentos pronunciarse sobre a mesma.

Así as cousas, a interpretación realizada na sentenza de instancia respecto do alcance do deber resarcitorio da compañía aseguradora é plenamente axustado a dereito, por canto a necesidade de restitutio in integrum da que deriva a doutrina xurisprudencial relativa á necesidade de indemnizar o valor de afectación é aplicábel unicamente aos supostos de responsabilidade extracontractual. No presente caso a cláusula analizada supón unha fixación contractual do valor asegurado. Así fixada polas partes a obriga que compete á compañía aseguradora, carece de base legal a petición realizada pola demandante, polo que non cabe outra cousa que confirmar neste punto a resolución impugnada.

TERCEIRO.- En canto á satisfacción dos gastos derivados dos tratamentos médicos e farmacolóxicos solicitada pola demandante, a sentenza recorrida estima que non se acreditou a relación de causalidade entre ditos gastos e o accidente litixioso, ao non achegarse informe médico nin de urxencias, nin de outro tipo que demostrase a atención á prexudicada á data do sinistro como consecuencia do mesmo. Estima a xulgadora a quo que non abonda a declaración do representante legal da 'Clínica Guitiriz' para ter acreditada tal relación de causalidade. A recorrente propón unha valoración da proba documental e de testemuñas diferente.

É coñecida a doutrina desta Sala, compartida pola xeneralidade das Audiencias Provinciais, de non substituír a valoración probatoria realizada na instancia con respecto aos principios de inmediación e oralidade máis que cando se constata no razoamento do xulgador a quo a existencia de arbitrariedade, inferencias apartadas da lóxica ou das máximas da experiencia ou erros graves. No presente recurso a apelante non explica en qué poden consistir estes erros graves ou un suposto razoamento ilóxico ou arbitrario, limitándose a propoñer unha valoración dos medios de proba diferente á realizada na instancia, máis favorábel aos seus intereses. Tal xeito de actuar, sendo lexítimo, en orde ao exercicio do dereito de defensa pola súa banda, non pode vincular de ningún xeito a esta Sala que, en ausencia dunha constatación por parte deste tribunal dos mencionados requisitos para realizar unha diferente declaración de feitos probados, debe confirmar o establecido na resolución impugnada.

Neste caso, a ausencia dalgunha proba que viñese a demostrar os danos físicos sufridos con posterioridade ao accidente, consistente en informe de urxencias ou algún outro documento semellante é, a xuízo da Sala, un argumento lóxico e razoábel para entender como non acreditada a relación de causalidade, sendo a proba practicada demasiado feble para entender como vencida a carga da proba contida no art. 217 LAC.

CUARTO.- A desestimación do presente recurso implica, en aplicación do sinalado nos arts. 398 e 394, ambos da LAC, a imposición dos custes procesuais da presente alzada á recorrente.

En consecuencia, vistos os preceptos sinalados e demais de pertinente aplicación ao caso,

Fallo

1º. Desestimar o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Dna. Mercedes contra a sentenza 131/14, de 24 de abril, ditada polo Xulgado de Primeira Instancia nº 2 de Lugo en procedemento ordinario 39/2014.

2º. Confirmar a sinalada resolución en todos os seus pronunciamentos.

3º. Impoñer os custes procesuais á apelante.

Contra a devandita resolución non cabe recurso ordinario

ningún, sen prexuízo de que poida interpoñerse o recurso extraordinario de casación ou por infracción procesual, se concorre algún dos supostos previstos nos artigos 469 e 477 da Lei de Axuizamento Civil , caso no que o prazo para a interposición do recurso será o de vinte días, debendo interpoñerse o recurso ante este mesmo Tribunal.

Así, por esta nosa sentencia, da que se unirá certificación ó rolo de sala, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.


Sentencia Civil Nº 403/2014, Audiencia Provincial de Lugo, Sección 1, Rec 331/2014 de 19 de Noviembre de 2014

Ver el documento "Sentencia Civil Nº 403/2014, Audiencia Provincial de Lugo, Sección 1, Rec 331/2014 de 19 de Noviembre de 2014"

Acceda bajo demanda

Accede a más de 4.000.000 de documentos

Localiza la información que necesitas

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

La toma de decisiones en el proceso penal español
Disponible

La toma de decisiones en el proceso penal español

V.V.A.A

12.75€

12.11€

+ Información

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso
Disponible

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Trastornos de la conducta alimentaria
Disponible

Trastornos de la conducta alimentaria

Juan Méjica García

9.45€

8.98€

+ Información