Sentencia Civil Nº 237/20...il de 2008

Última revisión
25/04/2008

Sentencia Civil Nº 237/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3003/2007 de 25 de Abril de 2008

Tiempo de lectura: 12 min

Tiempo de lectura: 12 min

Relacionados:

Orden: Civil

Fecha: 25 de Abril de 2008

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 237/2008

Núm. Cendoj: 36057370062008100298

Resumen
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Voces

Asegurador

Seguro de transporte

Compañía aseguradora

Transportista

Contrato de seguro

Responsabilidad

Dueño

Comisionista

Porteador

Franquiciador

Cuantía de la indemnización

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00237/2008

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCIÓN SEXTA

SEDE EN VIGO

CIVIL

Rolo: 3003/07

Procedemento de orixe: ORDINARIO 705/02

Órgano de procedencia: 1ª INSTANCIA Nº 2 DE VIGO

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, D. Julio Picatoste Bobillo e Dª Magdalena Fernández Soto pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 237/08

Vigo, vintecinco de abril de dous mil oito.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 705/02

procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 2 de Vigo ós que correspondeu o rolo 3003/07, nos que aparece como parte

apelante-demandante-impugnada ROYAL & SUN ALLIANCE S.A. representada polo/a procurador/a D./D.ª TAMARA UCHA

GROBA e asistida do/da letrado/a D./D.ª JOSE A. COBAS BREY e como parte contra da que se apela e demandante-

impugnante TRANSRIO S.A. representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSE F. VAQUERO ALONSO e asistida do/da letrado/a

D./D.ª MANUEL GOMEZ SENRA. É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da

Sala.

Antecedentes

Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 2 de Vigo, con data do 30 de xullo de 2006, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Que estimando la demanda interpuesta por el Procurador D. José F. Vaquero Alonso en nombre y representación de TRANSRIO S.A. contra ROYAL & SUN ALLIANCE, S.A., sobre reclamación de cantidad.

DEBO CONDENAR Y CONDENO a ROYAL & SUN ALLIANCE, S.A. a PAGAR a TRANSRIO S.A. la cantidad de TREINTA Y OCHO MIL QUINENTOS OCHENTA Y UN EUROS Y SETENTA CÉNTIMOS (38581,7 euros), más los intereses legales desde la fecha del siniestro.

Que DEBO CONDENAR Y CONDENO a ROYAL & SUN ALLIANCE, S.A. al pago de las costas del proceso."

Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª TAMARA UCHA GROBA, en representación de ROYAL & SUN ALLIANCE S.A., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 10 de abril de 2008.

Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

Fundamentos

Primeiro: A compañía de seguros demandada reproduce nesta alzada a sua mesma liña defensiva, mantida na primeira instancia, que desdobra en duas invocacións, unha primeira, a falta de lexitimación da actora, e a segunda, que o seguro non cubre o sinistro, pois quedan excluidos da póliza os danos na mercadoría transportada que sexan debidos "a unha deficiente conservación ou mantemento dos equipos de frio, control ou regulación" (Condición Particular Quinta).

Segundo.- A primeira das alegacións a fundamenta a compañía de seguros en que a demandante "non é titular do camión" nin "do dereito de crédito derivado da perda da mercadoría".

A alegación non pode estimarse, tanto porque ven descoñecela natureza e obxeto - que o é unicamente a mercadoría transportada, e non, obviamente, o medio de transporte- do seguro concertado, como porque as probanzas obrantes nos autos acreditan debidamente esa lexitimación, posta en tela de xuizo pola agora recurrente.

Efectivamente, e por unha banda, a lexitimación do asegurado - agás do caso, alleo a esta causa, de designación dun beneficiario- para percibila indemnización a cargo do asegurador colíxese de maneira paladina e inequívoca da normativa reguladora do seguro. Así, e sen un afán de exhaustividade, o artº 1 da L. C. S. de 8 de outubro de 1.980 dispón a obriga do asegurador de indemnizalo dano "producido ao asegurado". E con referencia específica ao seguro de transporte, o artº 60 determina que "o asegurado non perderá o seu dereito á indemnización...". E como consecuencia, precisamente, dese dereito indemnizatorio do asegurado, o artº 43 - dentro da modalidade de seguro contra danos entre o que se atopa aquel seguro de transporte- concede ao asegurador que paga a aquel a facultade de exercitalos dereitos e accións, que por razón do sinistro, "corresponderían ao asegurado" contra dos responsables do sinistro.

E, por outra banda, e en conxunción coa reflexión anterior: A) O artº 56 da L. C. S . proclama que poderán contratalo seguro de transporte terrestre non só o propietario do vehículo ou das mercadorías transportadas, senón tamén o comisionista de transporte e as axencias de transporte. B) Como expresión das anteriores opcións legais, establécese expresamente na póliza que o medio de transporte poderán ser camións propios ou "de terceiros". C) A póliza sinala, tamén explícitamente, como tomador do seguro, e asegurado, ao transportista demandante. En definitiva, a propiedade do medio de transporte é conseguintemente intrascedente para a titularidade do dereito á indemnización, contrariamente ao afirmado pola apelante, quen, en último termo, e xa para rematar, nunca invocou nin cuestionou - para rexeitalo sinistro- a devandita titularidade, nas conversas mantidas entre os hoxe contendentes.

Derradeiramente, tampouco pode prosperala invocación da recurrente, de que a actora "non é titular do dereito de crédito derivado da perda da mercadoría", bastando con lembrar que o dereito á indemnización a cargo da aseguradora corresponde primixeniamente ao asegurado, precisamente como consecuencia do contrato de seguro, dereito que é o que se está exercitar neste preito. E todo iso con independencia do dereito que poda asistir a un terceiro contra do asegurado, no suposto de que o aquel pagase (polas razóns ou títulos que foran) o valor das mercadorías danadas ao destiñatario final das mesmas. Ou por decilo doutro xeito, como o dono da mercadoría danada ten dereito a reclamar do transportista, en virtude das obrigas deste último como tal transportista, e como ese dereito o ostenta igualmente o que paga a aquel primeiro, ex artº 1.158 do Código Civil , dado que non hai oposición ao pagamento por parte do porteador, este ten o conseguinte dereito de reclamar da aseguradora o crédito que ostenta fronte á mesma por razón do contrato de seguro, para así satisfacer a aquel dono, ou terceiro pagador por el.

Terceiro.- Non mellor sorte rexeitadora debe correla outra alegación da parte recurrente, referida á exclusión da cobertura, por estimar que a avaría foi debida a "unha deficiente conservación e mantemento dos equipos de frio, control e regulación" (póliza, ao folio 11), pois esa invocación está insatisfactoriamente probada. Pénsese que o ditame que se acompaña coa contestación á demanda, rendido pola entidade Comismar (Comisariado Español Marítimo, S. A.) adolece das seguintes deficiencias que o inhabilitan como proba: A) Carece do necesario refrendo do perito que o emite, sendo certamente insuficiente, e ata pueril, a ratificación que o mero representante legal daquela sociedade fai do informe "emitido polo seu axente en Italia" (folio 162). B) Que ese ditame, orfo - insistimos- de aclaracións e de sometimento ao debate dialéctico dos contendentes, móvese mais no terreo das hipóteses ou das conxeturas que no da certeza sobre a etioloxía do sinistro, ao conter afirmación tales como que "semella" que o sistema de refrixeración non funcionou debidamente durane a viaxe, que "supoñemos" un mal funcionamento do equipo refrixerador, ou que o mal funcionamento "foi probablemente causado..." (folios 171 e seguintes). C) A proba documental fotográfica, unida ao informe, tampouco contribúe a determinalo defecto de mantemento ou de conservación que se invoca pola demandada, pois das únicas fotografías - sete- referidas ao camión ou cámara frigorífica, as tres primeiras son tomas xerais, as duas seguintes da sua parte exterior, e as duas restantes non son en absoluto reveladoras dos vicios denunciados, e menos ainda dunha entidade tal dos mesmos que provocaran unha baixada da temperatua, e a conseguinte desconxelación do produto. D) Por último, a pericia non fai realmente un estudio para descartar a posibilidade dunha avaría, propiamente dita, do sistema de refrixeración, como causa do sinistro. En definitiva, a aseguradora non acredtou a concurrencia da causa de exclusión da cobertura, amparada na Condición Particular quinta da póliza. E ainda mais, que a etioloxía do suceso daniño se atopaba, contrariamente, nunha avaría, e non nos defectos apuntados, infírese, tanto do certificado expedido polo organismo de contol autorizado, Atisae, consonte ao cal a cámara frigorífica fora inspeccionada tan só dez días antes con resultado satisfactorio (folio 36), como da inspección regulamentaria levada a cabo pola I. T. V. (Inspección Técnica de Vehículos, ao folio 37), como, en fin, da certificación e factura da empresa que reparou o camion refrixerador, determinando a primeira que "detectamos unha avaría na vía de tres vías, a cal procedemos a reparar, cambiando o eixo intercambiadar de gas, que estaba avariado deixando pasar gas quente ao evaporador, co cal o equipo quedaba totalmente paralizado en xeración de frio mais ben ao contrario xeraba calor continuamente" (folio 39); e describíndose na factura "desmontar válvula de tres vías, reparar e montar..." (folio 40). Operacións que reflictan realmente unha avaría, e non unha falta de conservación ou de mantemento do sistema de refrixeración.

Cuarto.- A parte demandada recurre a sentenza de primeiro grado na pronuncia relativa ás custas procesuais da primeira instancia, que esta resolución decide impoñer a aquela, por mais que se estima parcialmente a demanda, ao outorgar 38.581,7 euros dos 42.867,7 euros reclamados pola actora.

O motivo do recurso debe estimarse pois non hai razón ningunha - nin a sentenza de primeira instancia a explicita- para non aplicala regra xeral, disposta polo artº 394. 2 da L. A. C ., para os casos de estimación parcial da demanda, de que cada parte satisfaga as custas procesuais causadas a sua instancia, e as custas comúns por mitade. Primeiramente, non atopamos - nin se alega- temeridade na parte demandada para impoñerlle as custas, tal como autoriza, como excepción á pauta xeral, aquel precepto. En segundo lugar, non hai unha estimación substancial da demanda, dado que ainda que proporcionalmente a acollida da pretensión da actora se acerca a ese concepto de substancial, pois se estima no noventa por cento, non pode descoñecerse que o seu rexeitamento acada a cifra, nada despreciábel, de 4.286,77 euros. E en terceiro e último lugar, e o que é mais trascendente e decisivo, a rebaixa operada pola sentenza era unha consecuencia obrigada e inexorábel, derivada da aplicación dunha cláusula prevista expresamente na póliza, segundo a cal o asegurado soportaría un dez por cento do sinistro, cando fora debido a unha diferencia de temperatura (folio 11), cláusula silenciada pola demandante na sua reclamación. Ou por expresalo doutra maneira, a parte actora tiña que ser coñecedora desa cláusula franquiciadora, e tiña que axustar entón a sua pretensión, atemperándoa na proporción pactada, e non o fai. E nese contexto, de irregular actuar dun demandante, reclamando mais do adebedado, non sería xusto nin equitativo sancionar á demanda coas custas.

Quinto.- A sentenza de primeira instancia non concede á actora os xuros do artº 20 da L. C. S . por estimar que había causa xustificada para que a aseguradora non fixera inicialmente fronte á indemnización (parágrafo oitavo dese artigo). E contra desa decisión álzase a demandante polo canle da impugnación.

O recurso non pode prosperar pois existían, en efecto, causas razoables ou atendibles para que a compañía de seguros demandada non pagara ao seu asegurado, como eran, non só as dúbidas sobre se o sinisro estaba cuberto pola póliza, dada a disxuntiva reiñante sobre a sua etioloxía - ora unha avaría, ora un defecto de conservación ou de mantemento-, senón incluso que existía un informe dun comisariado de avarías, que se inclinaba pola segunda das hipóteses. E cando a causa do sinistro está en seria, fundada e non forzada cuestión, e é conseguintemente determinante da cobertura ou non do seguro, a doctrina xurisprudencial exonera á aseguradora da aplicación daquela norma sancionadora. Así o proclaman as ss. do T. S. de datas 7-5-99 e 12-3 2.001 "cando aparece explicábel a existencia da controversia xudicial por discrepancia razoábel en torno á procedencia ou non da cobertura do sinistro". Ou as de 28-1-95 e 13-6-98, ao decir "cando a cuantía indemnizatoria ten como basamento unha causa alegada como non predeterminada con exactitude en canto a sua orixe, alcance e efectos, que en consecuencia require a sua previa determinación xudicial a traverso dunha sentenza, dado que soamente a partir desa sentenza é como orixínase e determina a causa e conseguinte indemnización, á que aplicarase o devandito xuro do vinte por cento...".

Sexto.- A acollida parcial do recurso da parte demandada, e o rexeitamento da impugnación plantexada pola actora, conduce a impoñer a esta última as custas procesuais desta alzada, derivadas da impugnación, e a non facermos unha especial declaración sobre as custas desta segunda instancia, orixinadas pola apelación da primeira ( artºs. 394 e 398 da L: A. C . ).

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que ao acoller en parte o recurso de apelación formulado pola demandada ROYAL SUN ALLIANCE S.A., e rexeitando a impugnación promovida pola actora TRANSRIO S.A., contra da sentenza dictada polo Xulgado de Primeira Instancia nº 2 de Vigo o día 30 de xullo de 2006 , declaramos non haber lugar a facer unha especial declaración sobre as custas procesuais da primeira instancia, así como tampouco sobre as custas procesuais desta alzada, orixinadas estas polo recurso de apelación plantexado pola demandada, e impoñendo á demandante as custas desta segunda instancia, derivadas da sua impugnación.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia , aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

PUBLICACIÓN: En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. Magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.

DILIGENCIA: Seguidamente se procede a cumplimentar la notificación de la anterior resolución. Doy fe.

Sentencia Civil Nº 237/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3003/2007 de 25 de Abril de 2008

Ver el documento "Sentencia Civil Nº 237/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3003/2007 de 25 de Abril de 2008"

Acceda bajo demanda

Accede a más de 4.000.000 de documentos

Localiza la información que necesitas

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso
Disponible

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Suscripción más de 250 formularios para PYMES
Disponible

Suscripción más de 250 formularios para PYMES

Editorial Colex, S.L.

100.00€

95.00€

+ Información

Tarjeta 100 Formularios Jurídicos imprescindibles
Disponible

Tarjeta 100 Formularios Jurídicos imprescindibles

Editorial Colex, S.L.

49.95€

47.45€

+ Información

Actividades excluidas del contrato de trabajo
Disponible

Actividades excluidas del contrato de trabajo

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información