Sentencia Civil Nº 169, A...zo de 1998

Última revisión
25/03/1998

Sentencia Civil Nº 169, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 2060/98 de 25 de Marzo de 1998

Tiempo de lectura: 8 min

Tiempo de lectura: 8 min

Relacionados:

Orden: Civil

Fecha: 25 de Marzo de 1998

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO

Nº de sentencia: 169

Resumen:
Os presupostos procesuais constitúen requisitos dos que depende a validez do procedemento, de tal xeito que a súa falta ten que ser exminada e avaliada mesmo de oficio, na medida en que entran dentro dos requisitos de orde pública alleos á capacidade de disposición polas partes. Entre ese tipo de presupostos atópase a esixencia de capacidade de postulación das partes. Constitúe a norma xeral que, ao abeiro do artigo 10 da Lei de axuizamento, os litigantes sexan dirixidos por letrado, e representados por procurador ao abeiro do artigo 3. Este tribunal vén declarando, cabeiramente nas sentencias desta Sala de 22 de maio, 26 de xuño de 1995, 15 de outubro de 1996 e 27 de xaneiro de 1997, que, nos procedementos seguidos para reclamación de responsabilidade civil xurdida con ocasión do tráfego automobilístico, non existe derrogación daquela norma por non ser de aplicación a excepción do número 4 daquel artigo 10, nin a 2º do artigo 4. Son razóns que avalan esta doutrina: A) Porque seque a ser criterio importante a consideración de que a doutrina aféctalle ao dereito á tutela xudicial efectiva que, no caso de dúbida, esixe interpreteións máis favorables ao reforzamento dese dereito. Esa foi a tese do Tribunal Constitucional na STC 47/1987 que levou a garanti_lo dereito a asistencia letrada gratuíta mesmo cando a intervención non sexa pola natureza do procedemento necesaria. Sen dúbida, garanti_lo pagamento da asistencia letrada reforza o acceso á tutela xudicial que, de non contar coa posibilidade de esixir logo o pagamento dos seus honorarios, poderia levar a desbotar no interesado a intención de demandar. E) Porque na tramitaci6n da le¡ 3/1989, segundo se deita do publicado no Diario de Sesións, do que dá conta a Revista Xurídica Galega no seu número 1, folla 291 e seguinte, deixcuse claro que, se non foi feita explícita esixencia de defensa letrada e representación por procurador, como pedía a emenda 66 do grupo Catalán no Congreso, era precisamente porque xa se daba por asentada esa doutrina na práctica. C) A interpretación dos artigos 4 e 10 da le¡ de axuizar distingue xulzo verbal e outros xulzos que seguen este trámite. Vela! como neses artigos 4 e 10 úsase a disxuntiva ''y'' para se referir a dous tipos de xulzos, malia seguiren ámbolos dous a mesma tramitación: o verbal e o de desafiuzamento. Tal discurso do lexislador só ten unha explicación: diferencia~lo xuízo verbal a que atinxe o artigo 715 e os demais xulzos verbais. Deste demais só os especificados nos artigo 4 e 10 quedan f6ra da esixencia de postulaci6n específica. Xa que logo, os demais xulzos verbais, que nin son os do artigo 715, nin son especificamente indicados, esixen a asistencia e representación por letrado e procurador.  

Fundamentos

AUDIENCIA PROVINCIAL SECCION PRIMEIRA PONTEVEDRA

Rolo Civil : 2060/98

P.Civil : 0483/97

Orixe : XDO.I.INSTANCIA VIGO_LO

Tipo Asunto : VERBAL CIVIL (Tráfego)

A SECCION PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. LUCIANO VARELA CASTRO, Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO_CESAR PICATOSTE BOBILLO, maxistrados, pronunciou

NO NOME DE EL_REI

a seguinte

SENTENCIA N. l69 

Pontevedra, o vintecinco de marzo de mil novecentos noventa e oito.

O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil número 0483/97, vindo do XDO.l.INSTANCIA VIGO_10, foi movido entre as partes: dunha banda, como apelante, demandada e demandante, dona LUISA A ; doutra, como apelada, demandante e demandada, dona MARIA DEL PILAR B ; doutra, como apelada, demandada e adherida, CIA. DE SEGUROS F.. , DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A.; e, amais, dunha outra, como apelado e demandado, don ALEJANDRO A , en xulzo de verbal civil (tráfego).

 

ANTECEDENTES DE FEITO. 

PRIMEIRO., Nos actos a que este rolo atinxe, na data de dezasete de outubro de 1997, o Sr. maxistrado_xuíz do XDO.l.INSTANCIA VIGO_10 proferiu sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di:

DECISION,'' Estimando la demanda fomulada por doña María del Pilar B , contra don Alejandro A , doña Luisa A y la Cia. Aseguradora  F.. S.A., les debo condenar y condeno a que abonen a la actora la suma de noventa y nueve mil cuatrocientas veintinueve pesetas (99 429), imponiéndoles las costas del procedimiento.

Asímismo debo desestimar y desestimo la demanda acumulada, deducida por doña Luisa A ,contra doña María del Pilar B y la Cía. Aseguradora ''F.. S.A.'', absolviéndoles de las pretensiones contra ellos dirigidas, con imposición de costas a la actora.

La suma reconocida devengará en su caso, el interés legal del art. 921.4 de la L.E.Civil, y el del art. 20 de la Ley de contrato del seguro del 80, desde la fecha de su notificación a la aseguradora.

E fronte á devandita sentencia, a parte LUISA A e CIA SEGUROS F (adherida) interpuxeron recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos. Téndoselle elevadas as actuacións a este tribunal, sinalouse a data do dezaoito de marzo do ano que andamos, para deliberaren e deitaren sentencia no presente recurso.

SEGUNDO., Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legais.

Foi relator o maxistrado don LUCIANO VARELA CASTRO, quen expresa o criterio da Sala.

FUNDAMENTOS XURIDICOS.

PRIMEIRO., Os presupostos procesuais constitúen requisitos dos que depende a validez do procedemento, de tal xeito que a súa falta ten que ser exminada e avaliada mesmo de oficio, na medida en que entran dentro dos requisitos de orde pública alleos á capacidade de disposición polas partes.

Entre ese tipo de presupostos atópase a esixencia de capacidade de postulación das partes. Constitúe a norma xeral que, ao abeiro do artigo 10 da Lei de axuizamento, os litigantes sexan dirixidos por letrado, e representados por procurador ao abeiro do artigo 3.

Este tribunal vén declarando, cabeiramente nas sentencias desta Sala de 22 de maio, 26 de xuño de 1995, 15 de outubro de 1996 e 27 de xaneiro de 1997, que, nos procedementos seguidos para reclamación de responsabilidade civil xurdida con ocasión do tráfego automobilístico, non existe derrogación daquela norma por non ser de aplicación a excepción do número 4 daquel artigo 10, nin a 2º do artigo 4.

Son razóns que avalan esta doutrina: A) Porque seque a ser criterio importante a consideración de que a doutrina aféctalle ao dereito á tutela xudicial efectiva que, no caso de dúbida, esixe interpreteións máis favorables ao reforzamento dese dereito. Esa foi a tese do Tribunal Constitucional na STC 47/1987 que levou a garanti_lo dereito a asistencia letrada gratuíta mesmo cando a intervención non sexa pola natureza do procedemento necesaria. Sen dúbida, garanti_lo pagamento da asistencia letrada reforza o acceso á tutela xudicial que, de non contar coa posibilidade de esixir logo o pagamento dos seus honorarios, poderia levar a desbotar no interesado a intención de demandar. E) Porque na tramitaci6n da le¡ 3/1989, segundo se deita do publicado no Diario de Sesións, do que dá conta a Revista Xurídica Galega no seu número 1, folla 291 e seguinte, deixcuse claro que, se non foi feita explícita esixencia de defensa letrada e representación por procurador, como pedía a emenda 66 do grupo Catalán no Congreso, era precisamente porque xa se daba por asentada esa doutrina na práctica. C) A interpretación dos artigos 4 e 10 da le¡ de axuizar distingue xulzo verbal e outros xulzos que seguen este trámite. Vela! como neses artigos 4 e 10 úsase a disxuntiva ''y'' para se referir a dous tipos de xulzos, malia seguiren ámbolos dous a mesma tramitación: o verbal e o de desafiuzamento. Tal discurso do lexislador só ten unha explicación: diferencia~lo xuízo verbal a que atinxe o artigo 715 e os demais xulzos verbais. Deste demais só os especificados nos artigo 4 e 10 quedan f6ra da esixencia de postulaci6n específica. Xa que logo, os demais xulzos verbais, que nin son os do artigo 715, nin son especificamente indicados, esixen a asistencia e representación por letrado e procurador.

SEGUNDO., Nembargantes, cómpre lembrarmos unha xa consolidada doutrina do Tribunal Constitucional que refusa o efecto drástico do rexeitamento cando sexa posible rexeitar aquela demanda, requirir á parte para que subsane o defecto.

Velai o dito na sentencia, por citar só algunha, 3/1987 de 21 de xaneiro: ''Es cierto que el artículo lo de la Ley de Enjuiciamiento Civil, aisladamente considerado, al preceptuar que no se podrá proveer a ninguna solicitud que no lleve la firma del abogado, fuera de los casos expresamente exceptuados en el susodicho precepto legal, pueden entenderse en el sentido de que determina la ineficacia total de los actos que no cumplan dicho requisito y, por consiguiente, que permite negar efecto al escrito de interposición de un recurso de apelación que adolece de tal defecto en la consecuencia de declarar firme la sentencia apelada.

Sin embargo tal precepto ha de aplicarse en estrecha relación con el articulo 24.1 de la Constitución, que exige, según reiterada doctrina de este Tribunal, que no se imponga una sanción desproporcionada a una irregularidad procesal constitutiva de omisión subsanable, lo'qeu en la actualidad se encuentra legalmente establecido en el articulo 11.3 de la Ley orgánica del Poder Judicial de 1 de julio de 1985, que de conformidad con el principio de tutela efectiva, consagrado en dicho articulo 24 de la Constitución, sólo permite desestimar o rechazar por motivos formales las pretensiones de las partes cuando el defecto fuese insubsanable o no se subsane por el procedimiento establecido en las Leyes Procesales y, como hemos dicho en la Sentencia de 17 de diciembre de 1986, el citado precepto de la Ley orgánica del Poder Judicial debe entenderse aplicable no sólo a los defectos que en sentido estricto puedan considerarse formales, sino también a todos aquellos defectos u omisiones que permitan subsanación o integración, aunque sean portadores de un significado que pueda exceder del puramente formal..

Doutrina que foi logo reiterada na 174/1988 de 3 de outubro.

TERCEIRO., Do exame das actuacións advén que dona María del Pilar B , que foi demandante_demandada, demandou. sen facerse representar por procurador.

Daquela, acae termos por nulo o procedemento seguido desde a admisión a trámite da demanda. Tal efecto é sen embargo subsanable; ora ben, pola contra do ocorrido no caso da STC amentada, forza ó facer tal subsanación na instancia por terse dado o defecto denantes de dictarse sentencia definitiva. Cando for subsanado, se o for, tal defecto, correspóndelle ao xuíz de instancia decidi_los efectos desa subsanaci6n.

C6mpre atármonos a todo o que levamos dito, e desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga,

DECIDIMOS.

Que, sen entrarmos a examina_los recursos movidos por dona Luisa A e por adhesión da Compañía de Seguros F.. , de seguros y reaseguros, S.A., fronte á sentencia proferida polo Xulgado de la Instancia de Vigo_10, no xulzo verbal civil nª 483/97, é mester nós declarármo_la nulidade do actuado desde a presentación da demanda, e de feito facémolo, mandando repoñe_las actuacións a ese intre de resolver verbo da admisión, para que sexa requirida a parte a fin de subsana_lo defecto sinalado, e, de se da_la subsanación, decida o xuiz que acaia.

Devólvanselle os actos orixinais ao xulgado de procedencia con testemuño desta resolución, para a súa execución e cumprimento.  

Deste xeito, por esta a nosa sentencia, á fin xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

 

 

 

ÐÏࡱá

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso
Disponible

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Tarjeta 100 Formularios Jurídicos imprescindibles
Disponible

Tarjeta 100 Formularios Jurídicos imprescindibles

Editorial Colex, S.L.

49.95€

47.45€

+ Información

Derecho del trabajo: Normas, fuentes y principios
Disponible

Derecho del trabajo: Normas, fuentes y principios

6.83€

6.49€

+ Información

Medidas cautelares en el proceso civil
Disponible

Medidas cautelares en el proceso civil

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

El Derecho de la Unión Europea
Disponible

El Derecho de la Unión Europea

Lidia Moreno Blesa

17.00€

16.15€

+ Información