Auto Penal Nº 328/2012, A...yo de 2012

Última revisión
29/05/2012

Auto Penal Nº 328/2012, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 483/2012 de 29 de Mayo de 2012

Tiempo de lectura: 5 min

Tiempo de lectura: 5 min

Orden: Penal

Fecha: 29 de Mayo de 2012

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 328/2012

Núm. Cendoj: 36038370022012200312

Núm. Ecli: ES:APPO:2012:649A

Resumen:
LESIONES Idioma: Gallego

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00328/2012

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19

Fax: 986.80.51.14

Modelo: 662000

N.I.G.: 36026 41 2 2009 0006241

ROLLO: APELACION AUTOS 0000483 /2012

Juzgado procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de MARIN CR

Procedimiento de origen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0000258 /2010

RECURRENTE: Luis Antonio

Procurador/a: MARIA DEL AMOR ANGULO GASCON

Letrado/a: JUAN PRIETO-CERVERA MERCADILLO

RECURRIDO/A: Adriano , MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a: ,

Letrado/a: JOSE CHAPELA GONZALEZ,

AUTO Nº 328 ==========================================================

ILMOS. SRES. Presidente: D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO

Magistrados: Dª. ROSA DEL CARMEN COLLAZO LUGO

Dª. ROSARIO CIMADEVILA CEA

==========================================================

PONTEVEDRA, a vinte e nove de Maio de dous mil doce

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 de Marin ditou un auto con data do 5 de marzo de 2012 no que reputase falta de lesions e danos o feito que deu lugar a formación do presente procedemento.

Segundo.- Contra o dito auto a representación de Luis Antonio , formulou recurso de reforma e subsidiario de apelación, por auto do 3 de abril de 2012 desestimouse o recurso de reforma e, admitido a trámite o de apelación, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don JOSE JUAN BARREIRO PRADO.

Fundamentos

Único.- No recurso de apelación que Luis Antonio formula perante esta alzada solicítase que, en lugar da declaración como falta das lesións, se consideren estas como constitutivas de delito e, xa que logo, se continúe a causa polos trámites do procedemento abreviado. A esta solicitude opóñense tanto a fiscala como Adriano .

O delito de lesións do artigo 147.1 do Código penal esixe que a lesión sufrida requira obxectivamente para a súa sanidade, amais da primeira asistencia facultativa, de tratamento médico ou cirúrxico. Non é o tratamento efectivamente recibido o que converte a lesión no delito, senón a obxectiva necesidade de recibilo para a sanidade. Subliña así a xurisprudencia que a necesidade obxectiva de tratamento se impón como criterio definidor da esixencia típica apreciada segundo a lex artis , o que exclúe a subxectividade da súa dispensa por un facultativo ou pola propia vítima ( SSTS do 20 de marzo de 2002 , do 27 de outubro de 2004 , do 23 de outubro e do 17 de decembro de 2008 , entre outras). Tamén deste xeito ben nidio, a STS do 27 de xullo de 2002 sinala que o tratamento debe ser obxectivamente necesario, e así, aínda que non se aplique, poderá ser delito a causación dunha lesión que necesite obxectivamente de tratamento; e non selo unha lesión á que se lle aplicase tratamento, se este non fose obxectivamente necesario para o caso. Doutro xeito quedaría á discreción da vítima a realización do tratamento.

Neste mesmo sentido, as SSTS do 1 de marzo de 2002 e do 11 de abril de 2000 xa indicaban que non podía quedar en mans do facultativo, segundo fose máis ou menos esixente, a decisión sobre a existencia dun delito ou dunha falta; como tampouco podía quedar nas mans da vítima a decisión de se necesita, tras a primeira asistencia, un tratamento posterior médico ou cirúrxico. Dun xeito máis resumido, poderíase dicir que o elemento obxectivo do delito de lesións consiste na necesidade do tratamento, e non no feito de que se dispensase.

No caso que agora nos ocupa, a médica forense informou de que, pola localización e o tamaño da ferida, a sutura non era imprescindible para a súa curación e podía substituírse por tiras de aproximación tipo still strip (f. 30 das actuacións). Acaída para o caso se presenta así a STS do 11 de marzo de 2010 (ROJ STS 1700/2010 ), que senta xurisprudencia nun caso no que, tamén segundo o informe da perita, en lugar do punto de sutura recibido pola vítima se lle puido aplicar unha tira stir strip ou un punto de achegamento, que, obviamente, non é un tratamento cirúrxico. Salienta a devandita STS do 11 de marzo de 2010 que o punto de sutura aplicado si era un tratamento cirúrxico, pero que só se podía afirmar que se lle deu a sutura, non que fose obxectivamente necesaria. E que máis ben a súa innecesariedade se desprendía da posibilidade de optar polo outro sistema de achegamento dos bordes da ferida. Cómpre descartar así a necesidade dos puntos de sutura non só como condición necesaria sen a cal a curación non tería lugar, senón tamén como o único medio para obter a mesma clase de curación que a ciencia médica pode proporcionar por outro método ben diferente da intervención cirúrxica.

Se cadra todo o anterior tamén se podería resumir dicindo que o lesionado recibiu puntos de sutura, pero que non precisaba deles para a curación. Velaí a diferenza entre recibir e precisar tratamento médico ou cirúrxico e a súa transcendencia para considerar os feitos falta ou delito de lesións - artigos 617.1 e 147.1 do Código penal , respectivamente-.

En conclusión, rexeitamos o recurso e confirmamos a resolución xudicial contra a que se apelaba.

As custas da presente alzada declarámolas de oficio.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Desestimase o recurso de apelación formulado pola representación de Luis Antonio contra o auto do 5 de marzo de 2012 ditado polo xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 1 de Marin, no procedemento abreviado 258/2010

confirmando o mesmo. As custas de oficio.

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.