Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
16/05/2024

Revisión. Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE PUBLICO DE VIAXEIROS POR ESTRADA (36002145011991) de Pontevedra

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2024 en adelante

Tiempo de lectura: 5 min

Tiempo de lectura: 5 min

ACORDO SOBRE A REVALORIZACIÓN DAS TÁBOAS SALARIAIS DO ANO 2024, PARA O PERSOAL DAS EMPRESAS DO SECTOR DE TRANSPORTE PÚBLICO DE VIAXIEROS POR ESTRADA (Boletín Oficial de Pontevedra num. 96 de 16/05/2024)

Convenio o Acordo: TRANSPORTE PUBLICO DE VIAXIEROS POR ESTRADA

Expediente: 36/01/0091/2024

Data:23/04/2024

Asunto: RESOLUCIÓN DE INSCRICIÓN E PUBLICACIÓN

Código de Convenio número 36002145011991.

Visto o Acordo da Comisión negociadora do convenio colectivo polo que se aproba o texto do acordo sobre a revalorización das táboas salariais do ano 2024, para o persoal das empresas do sector de TRANSPORTE PUBLICO DE VIAXIEROS POR ESTRADA, con domicilio na provincia de Pontevedra, subscrito en representación da parte económica, por unha representación das empresas do sector, e en concreto, a Federación Galega de Asociacións do Transporte de Viaxeiros en Autocar (TRANSGACAR), a Federación Galega de Transporte de Viaxeiros(FEGATRAVI), a Asociación Nacional de Empresarios de Transportes en Autocares en Galicia( ANETRA GALICIA) e a Federación Galega de Servicios de Transportes en Autobús(FEGABUS), na provincia de Pontevedra, e pola parte social polas organizacións sindicais mais representativas UGT, CC.OO e CIG, que foi asinado en data 9 de abril do 2024.

Primeiro.? Dito Acordo foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 18 de abril do 2024.

Segundo.? Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.? Que o artigo 90.2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orde ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.

Segundo.? Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.? Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

Esta xefatura territorial,

ACORDA:

Primeiro.? Ordenar o seu rexistro e inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro do 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).

Segundo.? Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia

Terceiro.? Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo

O Director territorial

ACTA PROVINCIAL DE ACTUALIZACIÓN NA APLICACIÓN DO ACORDO DO EXPDTE. AGA 51/23?CONVENIO COLECTIVO DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

En Santiago, a 9 de abril de 2024, sendo las 11.00 horas, reúnese na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, a comisión representativa da mesa negociadora do convenio colectivo do sector de TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, coa asistencia das seguintes persoas, as cales se recoñecen lexitimación mutua para este acto.

Representación sindical

? Martín Martínez Figueiro (UGT)

? Amador González Pumar (CCOO)

? Silverio Antela Alfaya (CIG)

Representación empresarial

? José Carlos García Cumplido (TRANSGACAR)

? Fernando Javier de Bidegain García (FEGATRAVI)

? Jesús Lurigados Veiga (ANETRA GALICIA)

? Eugenio Geijo Carril (FEGABUS)

Tras varias deliberacións adóptanse os seguintes acordos:

PRIMEIRO.? Realizar a aplicación salarial para o ano 2024 segundo o acordado no expediente do AGA 51/23, sendo expresado nas táboas salariais anexas á presente acta con unha suba do 3,1% respecto das táboas definitivas de 2023.

SEGUNDO.? Si a suma do conxunto das retribucións salariais previstas para algún ou algúns dos postos de traballo ou categorías contemplados nas táboas salariais do convenio colectivo resulta inferior ao importe establecido para o SMI, ambos en cómputo anual, dará lugar ao abono dun complemento que será equivalente á diferenza entre o importe do SMI que se fixe para cada ano e as retribucións salariais brutas abonadas no mesmo ano. Este complemento denominarase ?Complemento a SMI? e será abonado mensualmente en canto se coñeza a diferenza ao comezo de cada ano. Dito complemento terá carácter absorbible e compensable ca finalidade de axustar o devandito complemento ás retribucións salariais brutas anuais das táboas salariais en relación ó SMI.

TERCEIRO.? Acórdase modificar o estipulado no artigo 16 engadindo un inciso último: ?O persoal que preste servizos en domingo, agás os condutores, percibirán o un plus na contía prevista neste artigo para o persoal condutor de servizo regular.?

CUARTO.? Acórdase engadir na definición da categoría de ?Azafato/a? nas táboas salariais, unha especificación adicional quedando definido como ?Auxiliar de ruta?Azafato/a ? Acompañante?.

QUINTO.? Dito acordo será trasladado ó texto final do convenio provincial unha vez acadado un acordo final na mesa de negociación da provincia.

SEXTO.? Acórdase facultar ó Consello galego de relacións laborais para que, na persoa que eles designen, leven a cabo o rexistro e publicación no boletín oficial da provincia do presente acordo.

Non tendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión sendo as 15 horas do día sinalado no encabezamento, asinando os asistentes en proba de conformidade.

ANEXO I. TABOAS SALARIAIS

(TABOAS OMITIDAS. CONSULTAR EN DOCUMENTO PDF DE PUBLICACIÓN)