Convenio Colectivo de Sec...2) de Lugo

Última revisión
05/02/2024

Revisión. Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIA SIDEROMETALURGICA (27000475011982) de Lugo

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2024 en adelante

Tiempo de lectura: 6 min

Tiempo de lectura: 6 min

REVISIÓN SALARIAL 2024 DO CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL PARA AS INDUSTRIAS DE SIDEROMETALÚRXICA DE LUGO. (Boletín Oficial de Lugo num. 30 de 05/02/2024)

Visto o texto do acordo derivado de convenio, referido ao Convenio Colectivo Provincial para as Industrias de Siderometalúrxica de Lugo, asinado o día 19 de xaneiro de 2024 pola representación empresarial e das centrais sindicais CC.OO., U.G.T. e C.I.G. como membros da comisión paritaria e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade ACORDO:


PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.

SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Lugo, 31 de xaneiro de 2024.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.

ACTA DE ACORDO COMISIÓN PARITARIA

CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL PARA AS INDUSTRIAS DE SIDEROMETALÚRXICA DE LUGO

ASISTENTES

Pola Parte Empresarial:

VÍCTOR FERREIRO SEGADE.- DNI 33842233X

JOSÉ FRANCISCO DORADO LÓPEZ.- DNI 33807984P

JOSÉ EDUARDO FERNÁNDEZ VILA.- DNI 76615013V

FERNANDO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ.- DNI 76573003T

CONCEPCIÓN VILLAR VARELA.- DNI 33848925D

IGNACIO PÉREZ DE OLIVEIRA.-DNI 33323222V

Polas Centrais Sindicais:

CC.OO.

JOSÉ LUÍS LÓPEZ ÁLVAREZ.-DNI 34256814Q

JACOBO BERMÚDEZ GUERREIRO.- DNI 33999929V

UGT

CARLOS GARCÍA VÁZQUEZ.- DNI 11922182V

DIEGO JOSÉ CHAO RUBAL.- DNI 33998011D

CIG

ALFONSO LOSADA RODRÍGUEZ.-DNI 76578117P

UNAI DONOSO REDONDO.- DNI 34880720R

En Lugo, sendo as 11.00 horas do día 19 de xaneiro de 2024, reúnense nos locais da Confederación de Empresarios de Lugo [Pz. Santo Domingo, nº. 6-8, 2º] as persoas á marxe relacionadas, membros todas elas da Comisión Paritaria do Convenio Colectivo Provincial para As Industrias de Siderometalúrxica de Lugo.

Logo dos debates oportunos, adóptanse os seguintes

ACORDOS:

Primeiro.- Aprobar as táboas salariais vixentes dende o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de decembro de 2024 do Convenio Colectivo Provincial para as Industrias de Siderometalúrxica de Lugo que se axuntan, de conformidade co previsto no artigo 40 do Convenio en vigor.

Segundo o previsto no artigo mencionado, as táboas aprobadas son resultado de aplicar incremento do 2,65% sobre as táboas vixentes na anualidade 2023, aplicando dito incremento á integración do plus de asistencia á gratificación extraordinaria de xullo, distribuíndose o incremento sobrante -unha vez feita dita integraciónproporcionalmente entre os conceptos das táboas salariais.

Consecuentemente co anterior, o importe do salario anual durante a anualidade 2024 calcúlase, segundo o previsto nos artigos 40 e 54 do Convenio en vigor, como segue:

Salario base x 14 mensualidades + Plus asistencia x 13 mensualidades + Plus Compensación x 14 mensualidades

Segundo.- Durante a anualidade 2024 os importes das axudas de custo previstas no artigo 55.a) do Convenio

en vigor serán os seguintes, resultado de aplicar, sobre os importes vixentes no 2023, incremento do 2,65% :

? Axuda de custo completa: 51,33?

? Media axuda de custo: 15,40?

Terceiro.- Actualízase o importe do quilometraxe regulado no artigo 55.b) do Convenio en vigor nos termos previstos neste artigo, isto é, ata o límite non gravado polo IRPF, de xeito que cando o traballador/a, por necesidades da empresa e a requirimento desta e aceptación voluntaria daquel, tivera que desprazarse empregando o seu propio vehículo, percibirá a cantidade de 0,26?/quilómetro.

Cuarto.- De conformidade co previsto no artigo 28 B) do Convenio Colectivo Provincial para As Industrias de Siderometalúrxica de Lugo, para os supostos nos que na anualidade 2024 tivera lugar un exceso sobre a xonada anual de traballo de 1.768 horas, cada traballador/a desfrutará como días inhábiles ou non laborables e retribuídos de convenio, a maiores dos días 24 e 31 de decembro de 2024, os seguintes, nos termos indicados no texto do Convenio:

? 1 de abril de 2024

? 24 de xuño de 2024

? 26 de xullo de 2024

? 16 de agosto de 2024

? 11 de outubro de 2024

Naqueles concellos da provincia de Lugo nos que un festivo local coincida en día non laborable (sábado, domingo ou día non laborable de convenio), como é o caso do concello de Lugo, as empresas fixarán no calendario anual un día non laborable a maiores dos sinalados. Para o caso de que nestes concellos estea sinalado como festivo local o 13 de febreiro (Martes de Carnaval) o día non laborable de convenio a maiores establecido pola Comisión Paritaria é o 12 de febreiro de 2024. Para o caso de que a publicación da presente Acta no Boletín Oficial da Provincia de Lugo tivera lugar con posterioridade ao 11 de febreiro de 2024, dito día quedaría fixado para o 27 de marzo de 2024.

Quinto.- Os atrasos por diferenzas de salarios aos que, no seu caso, haxa lugar, como consecuencia dos acordos aprobados na presente Acta, aboaranse aos traballadores/as no prazo dun mes dende a publicación da presente Acta no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Sexto.- Remitir a presente Acta á Autoridade Laboral competente aos efectos legais oportunos con canta información e documentación resulte necesaria.

Sétimo.- Aos efectos do rexistro e depósito do presente acordo de aprobación de táboas salariais e fixación de días inhábiles para o exercicio 2024 do Convenio Colectivo Provincial para As Industrias de Siderometalúrxica de Lugo, autorízase a Dª. Guadalupe Hervera Iglesias, titular del D.N.I. núm. 33.321.188F, e responsable de negociación colectiva da Confederación de Empresarios de Lugo, á presentación da solicitude de inscrición correspondente ante o Rexistro da autoridade laboral competente, facilitando todos os datos relativos ás partes asinantes, data de firma, ámbito persoal, funcional, territorial e temporal e actividades económicas cubertas e cantos outros sexan necesarios. Do mesmo xeito se lle autoriza a Dª. Guadalupe Hervera Iglesias á presentación, xunto coa solicitude de inscrición, de canta documentación sexa necesaria para tal inscrición.

E en proba de conformidade, firman a presente Acta as persoas ao marxe relacionadas en lugar e data indicados no encabezamento.

Víctor Ferreiro Segade, José Francisco Dorado López, José Eduardo Fernández Vila, Fernando Fernández Fernández, Concepción Villar Varela, Ignacio Pérez de Oliveira, José Luís López Álvarez, Jacobo Bermúdez Guerreiro, Carlos García Vázquez, Diego José Chao Rubal, Alfonso Losada Rodríguez, Unai Donoso Redondo.

TÁBOAS 2024.- CONVENIO COLECTIVO INDUSTRIAS SIDEROMETALÚRXICAS DE LUGO

(TABOAS OMITIDAS. VER PDF)