Convenio Colectivo de Emp...Pontevedra

Última revisión
09/01/2015

C. Colectivo. Convenio Colectivo de Empresa de LEDISSON A&IT, S.L. (36104772012014) de Pontevedra

Empresa Provincial. Versión Validez desde 01 de Septiembre de 2014 en adelante

Tiempo de lectura: 50 min

Tiempo de lectura: 50 min

Convenio Colectivo
Tipo:
C. Colectivo
F. Publicación:
2015-01-09 12:00:00
Boletín:
Boletín Oficial de Pontevedra
F. Vigor:
2014-09-01 12:00:00
Convenio afectado por
Tipo:
Revision
F. Publicación:
2018-04-24 12:00:00
Boletín:
Boletín Oficial de Pontevedra
F. Vigor:
2018-01-01 12:00:00
Tipo:
Revision
F. Publicación:
2017-08-17 12:00:00
Boletín:
Boletín Oficial de Pontevedra
F. Vigor:
2017-01-01 12:00:00
Tipo:
Acuerdo Profesional
F. Publicación:
2017-05-09 12:00:00
Boletín:
Boletín Oficial de Pontevedra
F. Vigor:
2016-08-19 12:00:00
Tipo:
Modificacion/Interpretacion
F. Publicación:
2016-07-06 12:00:00
Boletín:
Boletín Oficial de Pontevedra
F. Vigor:
2016-07-06 12:00:00
Tipo:
Modificacion/Interpretacion
F. Publicación:
2016-07-06 12:00:00
Boletín:
Boletín Oficial de Pontevedra
F. Vigor:
2016-07-06 12:00:00
Documento oficial en PDF(Páginas 10-28)

CONVENIO COLECTIVO: LEDISSON A IT, S.L. (Boletín Oficial de Pontevedra num. 5 de 09/01/2015)

Preambulo

- Convenio o Acordo: LEDISSON A&IT, SL

- Expediente: 36/01/0229/2014

- Data: 15/12/2014

- Asunto: RESOLUCIÓN DE INSCRICIÓN E PUBLICACIÓN

- Código de Convenio número 36104772012014.

Visto o Acordo da Comisión Negociadora polo que se aproba o texto do convenio colectivo da empresa LEDISSON A&IT, S. L., subscrito en representación da parte económica, por unha representación da empresa e da parte social polo delegado de personal da empresa en data 14.10.2014.

Primeiro.- Dito Convenio foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 4 de novembro de 2014.

Segundo.- Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.- Que o artigo 90.2 y 3 do Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orden ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.

Segundo.- Real Decreto 713/2010, de 28 de mayo, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.- Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

Esta xefatura territorial,

ACORDA:

Primeiro.- Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).

Segundo.- Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Terceiro.-Ordenar a notificación desta Resolución a Mesa Negociadora do mesmo.

CONVENIO COLECTIVO DE LEDISSON A&IT, S.L.

 

CAPÍTULO I. UNIDADES DE NEGOCIACIÓN

 
Artigo 1º.-PARTES CONCERTANTES

A Comisión Negociadora do Convenio que se subscribe está integrada pola parte económica polo Administrador Único da empresa LEDISSON A&IT e pola parte dos traballadores, polo Delegado de persoal.

Ambas as dúas partes recoñécense como interlocutores válidos con lexitimación abondo para a negociación do presente convenio, de acordo co que establece o Título III do vixente texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.

CAPÍTULO II. ÁMBITOS, VIXENCIA E DENUNCIA

 
Artigo 2º.-ÁMBITO FUNCIONAL E TERRITORIAL

O presente Convenio Colectivo (en diante Convenio) afecta ás actividades que desenvolve a empresa e as normas contidas neste aplicaranse a todo o seu persoal con independencia do lugar a onde sexa desprazado para desenvolver o traballo.

Artigo 3. ÁMBITO PERSOAL

O presente Convenio será de aplicación a todo o persoal do equipo coas excepcións que a normativa vixente prevé.

Artigo 4°.-ÁMBITO TEMPORAL - VIXENCIA

O presente convenio colectivo terá unha vixencia de 4 anos, con efectos dende o 1 de setembro de 2014 ao 31 de agosto de 2018. Entenderase prorrogado tacitamente por anualidades naturais de non mediar denuncia expresa.

Para evitar o baleiro normativo que se puidese producir unha vez finalizada a vixencia inicial ou de calquera das seus prórrogas -que serán anuais-, o texto do convenio continuará rexendo na súa totalidade, tanto no seu contido normativo como obrigante até que sexa substituído por outro; en todo caso, de acordo coa lexislación vixente.

Artigo 5°. - DENUNCIA

Calquera das partes poderá denunciar o Convenio, comunicando a outra parte e a Autoridade Laboral, con tres meses de antelación, como mínimo, á data de expiración da súa vixencia.

CAPÍTULO III. REPRESENTACIÓN DAS PARTES NEGOCIADORAS

 
Artigo 6. COMISIÓN PARITARIA DO CONVENIO COLECTIVO

6.1.- Integrantes.

Establécese unha Comisión Paritaria do Convenio Colectivo (en diante Comisión Paritaria), integrada por 2 membros: 1 en representación da Dirección da Empresa e 1 en representación dos delegados de persoal

Cada membro da comisión terá un suplente.

6.2.- Funcións.

A función da Comisión Paritaria será a de interpretar o texto do Convenio en relación coas dúbidas ou discrepancias que poidan xurdir na súa aplicación.

6.3.- Constitución e regulamento.

Na reunión de constitución acordarase o regulamento de funcionamento desta.

6.4.- Convocatoria.

As reunións da Comisión celebraranse, logo de convocatoria escrita de calquera das partes, dentro dos 4 días seguintes á propia Convocatoria.

No escrito de convocatoria, para que esta se teña por validamente efectuada, a parte convocadora deberá detallar os puntos obxecto da mesma que se pretende tratar.

6.5.- Decisións.

Consideraranse como Acordos da Comisión, aqueles, que fosen aprobados por maioría dentro das dúas partes. En caso de non haber acordo reflectiranse as diferenzas. En todo caso levantarase unha acta da reunión.

CAPÍTULO IV. TEMPO DE TRABALLO

 
Artigo 7. XORNADA ORDINARIA ANUAL DE TRABALLO

7.1.- Duración e Distribución.

A xornada laboral ordinaria será de 1784 horas efectivas para todos os anos de vixencia do convenio. Estas horas de traballo entenderanse en cómputo anual de traballo atendendo ao disposto nos puntos seguintes.

7.2. Distribución.

7.2.1. A xornada laboral será de 40 horas semanais de luns a domingo, con dous días de descanso semanais segundo as necesidades de servizo.

7.2.2. Para os efectos de cuantificación de horas, entenderase que son extras todas aquelas horas que excedan da xornada semanal de 40 horas fixada no punto anterior.

7.2.3. As semanas que teñan festivos, a xornada de 40 horas diminuirá á aplicable pola presenza do mencionado festivo, en 8 horas ordinarias por día festivo.

7.2.4.- A xornada laboral en oficinas será de luns a venres, de 9.00 a 14.30 horas e de 16.00 a 18.30 horas de outubro a maio, e de 8.00 horas a 15.00 horas de xuño a setembro.

A xornada laboral dos Técnicos e demais persoal que deba realizar funcións en domicilio fixado polo cliente será por regra xeral continuada e de luns a venres sempre que sexa posible, realizando as horas ordinarias correspondentes dentro das quendas que menos prexudiquen a actividade do cliente final ao que se prestan os servizos. Neste caso, e os efectos legais, entenderase que o centro de traballo do persoal de LEDISSON A&IT é aquel onde efectivamente prestan os seus servizos.

Cando as necesidades produtivas do cliente así o condicionen, poderase realizar en sábado e/ou domingo, procedendo a realizar o descanso noutros días da semana.

7.2.5.- En función das características da empresa e da necesidade de reducir os custos derivados dos períodos de subactividade, así como de mellorar a cantidade e a calidade do emprego, acórdase establecer a flexibilidade horaria, co obxecto de substituír as horas extraordinarias. Atendendo á carga de traballo existente e á súa repercusión na actividade dos/as traballadores/ás, poderase establecer a distribución irregular da xornada, co límite fixado anualmente nos diferentes acordos de flexibilidade que se vaia engadindo como addendas ao convenio.

7.2.6.- Ao obxecto de potenciar o acordo entre as partes, sen prexudicar a necesaria axilidade, establécese que a aplicación da flexibilidade se axustará ao acordo anual asinado polas partes, cuxa vixencia se estenderá mentres non se asine o seguinte acordo.

7.2.7.- Entenderase por traballo nocturno o realizado entre as 22:00 e as 06:00 horas.

Artigo 8°.LICENZAS RETRIBUÍDAS

- Aos traballadores e traballadoras interesados/ás concederáselles necesariamente os seguintes permisos:

- Matrimonio do traballador ou traballadora: 15 días.

- Intervención cirúrxica ou enfermidade grave do cónxuxe, pais, pais políticos, fillos/ás e irmáns/ás: 5 días.

- Nacemento ou adopción de fillo: 3 días, a maiores dos que legalmente fixa a baixa de paternidade a seguridade social.

- Morte do cónxuxe, pais, pais políticos, fillos/ás e irmáns/ás: 5 días, que se ampliarán ata 8 días se o óbito acaecese en municipio distinto ao do traballador.

- Morte de avós, tíos ou cuñados: 2 días.

- Necesidade de atender asuntos propios que non admitan demora: 2 días.

- Licenzas de representantes sindicais: estarase ao lexislado nesta materia.

- Por asuntos propios, sen necesidade de xustificación: 1 día.

- Crédito horario de medico: 8 horas anuais de asistencia a citas ou consultas médicas sen desconto salarial.

- Ausencia xustificada por enfermidade sen coller unha Baixa: desconto por ausencia da metade do día de ausencia, ata un máximo de tres. Superados os tres días debe presentar a correspondente Baixa e conseguintemente descóntaselle a totalidade dos tres días a cargo do traballador.

- En todo o que respecta a dereitos ou situacións referidas nos apartados anteriores, na que a condición de muller/home e cónxuxe sexa a causa, se entenderá que a condición de parella estable con convivencia continuada, e dabondo xustificada, dará lugar aos mesmos dereitos e situacións.

Os días aos que fai referencia este artigo entenderanse, en todo caso, como naturais.

Artículo 9°.-VACACIÓNS ANUAIS

O persoal regulado por este convenio terá dereito a 22 días laborables de vacacións anuais, que se gozarán preferiblemente nos meses de veráns, de acordo coas necesidades da empresa.

Por viaxar en domingo ou festivo, compensarase cun día de vacacións a maiores das que lle corresponden por este convenio.

Cando, por necesidades do servizo, o traballador non poida retornar ao seu domicilio cada 35 días, establécese unha compensación dun día de vacacións por cada período de 35 días de estanza continuado en destino.

As quendas de vacacións serán fixados polo Departamento de RRHH. da empresa, de acordo a principios de solicitude e equidade, e publicados no cadro de información da empresa cunha antelación mínima de 2 meses ao seu inicio, dentro dos dous primeiros meses do ano.

CAPÍTULO V. PERCEPCIÓNS ECONÓMICAS E REVISIÓN

 
Artigo 10°.-SALARIO BASE

En concepto de salario base mensual corresponde, a cada unha das categorías profesionais, o que se detalla na primeira columna da táboa salarial anexa.

A devandita táboa salarial estará vixente durante o ano 2014.

Para cadanseu dos seguintes anos de vixencia do convenio, a táboa salarial será incrementada co IPC do ano anterior.

Artigo 11°.-REMUNERACIÓN ANUAL

Na segunda columna da táboa salarial do Anexo I detállase os salarios no seu cómputo anual, en función da xornada efectiva de traballo establecida no presente Convenio.

Artigo 12°.-REVISIÓN ECONÓMICA

A comisión paritaria reunirase, unha vez coñecido o dato do IPC do ano anterior, e antes do 31 de xaneiro de cada ano, para proceder á firma das táboas salariais correspondentes a cada ano de vixencia do convenio, segundo o acordado no art.º 11 deste.

Artigo 13°. - ANTIGÜIDADE

Establécese un complemento persoal de antigüidade para todas as categorías, consistente en bienios, por un importe do 5% do salario base, a percibir dende o primeiro día do mes en que se cumpra o bienio.

A acumulación de incrementos por antigüidade non poderá supoñer máis do 10% do salario base aos 5 anos, máis do 25% aos 15 nin máis do 40% aos 20 anos ou máis.

Artigo 14°.-GRATIFICACIÓNS EXTRAORDINARIAS

O persoal ao servizo desta empresa percibirá 2 gratificacións extraordinarias ao ano: unha no mes de xullo, e outra no mes de decembro. O importe de cada unha delas será dunha mensualidade de salario base máis antigüidade.

O persoal que ingrese ou cese en LEDISSON A&IT durante o transcurso do ano, percibirá as gratificacións extraordinarias en proporción ao tempo traballado.

Artigo 15°.-BENEFICIOS SOCIAIS

O persoal ao servizo de LEDISSON A&IT estará cuberto cun seguro médico privado a cargo da empresa, como remuneración en especie ou beneficio social a toda o seu equipo.

Artigo 16°.-INCAPACIDADE TEMPORAL

En calquera suposto de baixa por Incapacidade Temporal, LEDISSON A&IT estará obrigada a aboar ao traballador ou traballadora nesta situación un complemento até o 100% da base reguladora que lle corresponde no momento de producirse a baixa.

Artigo 17º.-COMPLEMENTOS SALARIAIS

O persoal técnico terá os complementos salariais que lle correspondan conforme ao cadro do anexo II, onde se especifican os conceptos e contías destes.

CAPÍTULO VI. CONCEPTOS EXTRASALARIAIS

 
Artigo 16°.-AXUDAS E DESPRAZAMENTOS

As axudas para o persoal que deban efectuar saídas fóra da provincia na que está establecido o centro de traballo, quedan establecidas do seguinte xeito:

NACIONAL:

Media dieta. Fíxase a contía de 20 €, para todas as categorías.

Dieta completa. Fíxase na contía de 40 €, para todas as categorías. En caso de necesidade de pasar a noite fóra do seu domicilio, o aloxamento será por conta da empresa.

Nos desprazamentos que se efectúen en coche propio aboásense 0,19 €/km. ademais dos gastos de peaxe e aparcadoiro que se produzan.

INTERNACIONAL:

Dependendo do país de destino, fíxanse unhas contías de acordo ao ANEXO III.

As horas de desprazamento serán consideradas sempre como ordinarias.

Se se realizase o desprazamento e iniciase os traballos no mesmo día, as horas de traballo que sumadas ás de viaxe superen as 8 horas serán consideradas como extraordinarias, e pasan á bolsa de flexibilidade do traballador.

O día da viaxe, sexa de ida ou de volta, pagarase igualmente dieta na contía estipulada ao país de destino.

Artigo 17°.-SEGURO DE ACCIDENTES

A empresa subscribirá unha póliza a favor dos seus traballadores polas seguintes contías:

Morte ou invalidez total 100.000 €

Invalidez absoluta ou Grande Invalidez 00.000 €

CAPÍTULO VII. ACORDOS SOCIAIS

 
Artigo 18°.-CADROS DE PERSOAL

18.1. A empresa de axustará o cadro de persoal ás seguintes normas:

Grupo A: Persoal de administración.

GRUPO

NIVEL

PUESTO

DESCRIPCIÓN

GRUPO A: Administración

1

Xerencia

Dirixe a empresa, é nomeado polo Consello de Administración, e revogado por este.

2

Resp. departamento/Res. financeiro/Resp. RRHH/Resp. vendas

Son nomeados pola Xerencia. Son Responsables do bo funcionamento do seu departamento, e da consecución dos obxectivos marcados pola Xerencia para cada período planificado. Son os encargados de definir as políticas e directrices dentro do seu departamento, e de tomar as decisións últimas.

3

Oficial Administrativo/Comercial/Deseñador/Programador

Desempeña os labores propios do seu posto con autonomía. Cumpre de xeito independente as directrices marcadas polo Responsable de departamento, e non necesita supervisión para a realización do seu traballo.

4

Auxiliar Administrativo/Auxiliar Comercial/Auxiliar Deseño/Auxiliar Programación

Desempeña as funcións propias do seu posto, pero sendo supervisado por un responsable ou superior. A súa autonomía de decisión é limitada, así como a responsabilidade das súas tarefas. Depende na organización do traballo, así como no xeito de realizar este do seu superior no departamento.

5

Telefonistas/Recepcionista

Tarefas moi básicas, sen responsabilidade, e dependentes dos auxiliares ou dos Oficiais do seu departamento .

Grupo B: Persoal Técnico.

GRUPO

NIVEL

PUESTO

DESCRIPCIÓN

GRUPO B: Produción

1

Enxeñeiro de proxectos

Son Enxeñeiros Industriais, con especialidade no campo da planificación, deseño e elaboración automatización de procesos produtivos. Deseñan dende cero a automatización dunha planta produtiva, creando as directrices de todo o proxecto, calculo de custos, períodos de entrega, amortizacións e fiabilidade.

2

Enxeñeiro de obra

Son enxeñeiros técnicos industriais, especialidade en rama de automatización e robótica, que son capaces, de dirixir a obra dunha liña completamente nova dende todas as fases, mecánica, eléctrica, programación tempo de ciclos, coordinando equipos multidisciplinares e subcontratas, asumindo a responsabilidade de desenvolver e levar a bo termo, en prazo e custo, a planificación de toda a obra realizada polo enxeñeiro de proxectos.

3

Téc. Programador avanzado

Son programadores de robots e automatismos completamente autónomos, que non necesitan supervisión no seu traballo diario, que coñecen traxectorias, puntos, lóxica e son capaces de desenvolver sen axuda tarefas complexas dentro do campo da robótica. Manexan ademais outras linguaxes de programación. Participan nas conversacións co cliente, realizan cálculos de proxectos e son axudantes directos dos enxeñeiros de obra.

GRUPO B: Produción

4

Programador PLC

Son programadores de PLC completamente autónomos, que non necesitan supervisión no seu traballo diario, que coñecen traxectorias, puntos, lóxica e son capaces de desenvolver sen axuda tarefas complexas dentro do campo da automática.

4

Robótico

Son programadores de robots completamente autónomos, que non necesitan supervisión no seu traballo diario, que coñecen traxectorias, puntos, lóxica e son capaces de desenvolver sen axuda tarefas complexas dentro do campo da robótica.

5

Téc. Básico 1ª PLC

Son programadores de PLC completamente autónomos, que non necesitan supervisión no seu traballo diario, que coñecen traxectorias, puntos, lóxica e son capaces de desenvolver sen axuda tarefas complexas dentro do campo da automática, con experiencia real en obra inferior a 3 anos.

5

Téc. Básico 1ª robótica

Son programadores de robots completamente autónomos, que non necesitan supervisión no seu traballo diario, que coñecen traxectorias, puntos, lóxica e son capaces de desenvolver sen axuda tarefas complexas dentro do campo da robótica, con experiencia real en obra inferior a 3 anos.

6

Téc. Básico 2ª PLC

Son programadores de PLC completamente autónomos, que non necesitan supervisión no seu traballo diario, que coñecen traxectorias, puntos, lóxica e son capaces de desenvolver sen axuda tarefas complexas dentro do campo da automática, con experiencia real en obra inferior a 2 anos.

6

Téc. Básico 2ª robótica

Son programadores de robots completamente autónomos, que non necesitan supervisión no seu traballo diario, que coñecen traxectorias, puntos, lóxica e son capaces de desenvolver sen axuda tarefas complexas dentro do campo da robótica, con experiencia real en obra inferior a 2 anos.

7

Especialista 1ª PLC

Son programadores de automatismos que poden funcionar de xeito autónomo en tarefas sinxelas encomendadas, pero que precisan de supervisión e axuda dun técnico con máis experiencia naquelas actividades máis complexas dentro do campo do seu posto, tales como redución dos tempos de ciclo, modificación da lóxica ou modificar protocolos marcados de serie polo offline, con máis de 1 ano de experiencia real en obra.

7

Especialista 1ª robótica

Son programadores de Robots que poden funcionar de xeito autónomo en tarefas sinxelas encomendadas, pero que precisan de supervisión e axuda dun técnico con máis experiencia naquelas actividades máis complexas dentro do campo do seu posto, tales como redución dos tempos de ciclo, modificación da lóxica ou modificar protocolos marcados de serie polo offline, con máis de 1 ano de experiencia real en obra.

8

Especialista 2ª PLC

Son programadores de automatismos que poden funcionar de xeito autónomo en tarefas sinxelas encomendadas, pero que precisan de supervisión e axuda dun técnico con máis experiencia naquelas actividades máis complexas dentro do campo do seu posto, tales como redución dos tempos de ciclo, modificación da lóxica ou modificar protocolos marcados de serie polo offline, con menos de 1 ano de experiencia real en obra.

8

Especialista 2ª robótica

Son programadores de Robots que poden funcionar de xeito autónomo en tarefas sinxelas encomendadas, pero que precisan de supervisión e axuda dun técnico con máis experiencia naquelas actividades máis complexas dentro do campo do seu posto, tales como redución dos tempos de ciclo, modificación da lóxica ou modificar protocolos marcados de serie polo offline, con menos de 1 ano de experiencia real en obra.

9

Aspirante

Son aqueles que son contratados baixo a modalidade de Contrato en Prácticas ou en Formación.

18.2. Clasificación Profesional.

Todo o persoal do equipo estará clasificado nun dos cinco niveis que se conteñen e definen no Anexo n.º 1.

A clasificación nos niveis I, II será da exclusiva competencia da dirección.

O persoal de nova contratación poderá ser clasificado por un período máximo dun ano no nivel inmediato inferior ao que puidese corresponderlle, ao obxecto de adquirir a destreza necesaria no exercicio das actividades propias do posto de traballo a ocupar.

Artigo 19. PROMOCIÓNS.

19.1.- Cambios de Nivel Profesional.

Os cambios de Nivel Profesional realizaranse atendendo ás necesidades da Organización e tendo en conta as aptitudes dos/as candidato/ás existentes, avaladas pola súa formación e experiencia.

19.2. Cursos de formación.

Durante o período de vixencia xeral do Convenio, a Dirección organizará e ofrecerá ao persoal, os cursos de formación que poidan permitir aos/as traballadores/ás, tras a súa superación e capacitación complementaria no posto de traballo, manter as competencias necesarias para o nivel no que estea clasificado o/a traballador/a ou para promover. Dada a importancia que ambas as dúas partes conceden á formación, comprométense a velar polo cumprimento das accións formativas acordadas e polo normal desenvolvemento de cada curso.

A realización de Cursos Profesionais a cargo da empresa leva consigo un compromiso de permanencia do traballador dun ano dende a finalización do curso. En caso de abandonar a empresa antes do citado período no que a empresa puidese retornar o investimento no traballador, este deberá aboar á empresa o custo do curso na porcentaxe que se estipule de fraccionar o devandito curso entre os meses de permanencia. O devandito custo descontarase da súa liquidación.

19.3.- Procedemento para o cambio de Nivel Profesional.

19.3.1. Niveis I, II e III

A promoción do persoal incluído nos niveis I, II e III serán, mediante a aplicación de criterios que garantan a súa aptitude, de libre decisión da Dirección.

19.3.2. Resto de niveis.

Os niveis acordados para o período de vixencia do convenio concederanse seguindo o procedemento de mérito e capacidade.

CAPÍTULO VIII. ACCIÓN SINDICAL

 
Artigo 20°.-DEREITOS SINDICAIS

En todo o que se refire aos aspectos sindicais dentro e fóra da empresa, se estará ao que sobre esta materia dispón o vixente texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e a Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de Liberdade Sindical.

Artigo 21°.-REVISIÓNS MÉDICAS

A empresa estará obrigada a solicitar un recoñecemento médico anual para todo o persoal.

O devandito recoñecemento realizarase, dentro da xornada de traballo.

A revisión médica terá carácter obrigatorio para aquel persoal que, por acceder a instalacións de terceiros (clientes), lle sexa exixido por estes.

Artigo 23°.-CONCILIACIÓN E IGUALDADE

Para asegurar a igualdade de trato e oportunidades entre homes e mulleres, as partes acordan fixar os seguintes obxectivos:

Eliminación de calquera desigualdade no seo da empresa entre homes e mulleres, para o cal preténdese establecer medidas de acción positiva que permitan superar as actitudes e estereotipos sociais existentes sobre as mulleres, garantindo a igualdade nas condicións de partida.

Eliminar todos aqueles obstáculos (discriminacións directas ou e indirectas) que poidan impedir ou dificultar as mulleres acceder a determinados postos de traballo en iguais condicións que os homes (postos de traballo de responsabilidade, categoría profesional...) así como a eliminación de barreiras que poidan causar discriminación salarial.

Dar oportunidade ás mulleres para que se poidan situar nun plano de igualdade real respecto dos homes.

Establecer medidas que garantan a dignidade persoal e profesional de mulleres e homes.

CAPÍTULO IX. CÓMPUTOS E VINCULACIÓN

 
Artigo 24°.-VINCULACIÓN Á TOTALIDADE

As condicións establecidas no presente convenio e pactadas polas partes deliberantes neste forman un todo orgánico e indivisible. En consecuencia, non poderá pretenderse a aplicación dunha ou varias normas esquecendo as restantes, senón que a todos os efectos o presente convenio terá que ser aplicado e observado na súa totalidade.

No suposto de que a Autoridade Laboral ou a Xurisdición competente, no exercicio das súas facultades, declarase nulo total ou parcialmente algún artigo, quedará o presente convenio invalidado na súa totalidade, levándose a cabo unha nova negociación.

DISPOSICIONES FINALES

 
D.F. UNICA.

Ao non establecido de xeito expreso no presente Convenio élle de aplicación o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.

ANEXO I. TÁBOA SALARIAL 2014

Táboa Salarial 2014

Grupo

Nivel

Categorías

Conceptos Básicos

B

Salario Base

Ret. Especie

R.s.a.

R.e.a.

R.b.a. Total

I

Enxeñeiro De Proxectos

1.164,02 €

43,76 €

16.296,28 €

525,12 €

16.821,40 €

II

Enxeñeiro De Obra

1.164,02 €

43,76 €

16.296,28 €

525,12 €

16.821,40 €

III

Téc. Programador Avanzado

1.164,02 €

43,76 €

16.296,28 €

525,12 €

16.821,40 €

IV

Programador Plc

1.164,02 €

43,76 €

16.296,28 €

525,12 €

16.821,40 €

IV

Robótico

1.164,02 €

43,76 €

16.296,28 €

525,12 €

16.821,40 €

V

Téc. Básico 1ª Plc

1.070,00 €

43,76 €

14.980,00 €

525,12 €

15.505,12 €

V

Téc. Básico 1ª Robótica

1.070,00 €

43,76 €

14.980,00 €

525,12 €

15.505,12 €

VI

Téc. Básico 2ª Plc

1.000,00 €

43,76 €

14.000,00 €

525,12 €

14.525,12 €

VI

Téc. Básico 2ª Robótica

1.000,00 €

43,76 €

14.000,00 €

525,12 €

14.525,12 €

VII

Especialista 1ª Plc

900,00 €

43,76 €

12.600,00 €

525,12 €

13.125,12 €

VII

Especialista 1ª Robótica

900,00 €

43,76 €

12.600,00 €

525,12 €

13.125,12 €

VIII

Especialista 2ª Plc

800,00 €

43,76 €

11.200,00 €

525,12 €

11.725,12 €

VIII

Especialista 2ª Robótica

800,00 €

43,76 €

11.200,00 €

525,12 €

11.725,12 €

IX

Aspirante

680,00 €

0,00 €

9.520,00 €

0,00 €

9.520,00 €

A

Nivel

Categorías

Conceptos Básicos

Salario Base

Ret. Especie

Rba

Rea

Rba Total

I

Xerencia

1.164,02 €

43,76 €

16.296,28 €

525,12 €

16.821,40 €

II

Responsable Departamento

1.164,02 €

43,76 €

16.296,28 €

525,12 €

16.821,40 €

III

Oficial Departamento

950,00 €

43,76 €

13.300,00 €

525,12 €

13.825,12 €

IV

Aux. Departamento

857,57 €€

43,76 €

12.000,00 €

525,12 €

12.525,12 €

V

Telefonista/Recepcionista

678,57

43,76 €

9.500,00 €

525,12 €

10.025,12 €

NOTA:

R.S.A.: Retribución Económica Anual

R.E.A.: Retribución en Especie Anual

R.B.A. Total: Retribución Bruta Anual Total.

Grupo

Nivel

Categorías

Concepto

Horas Extras

B

Categorías

Salario Base

Extra

Plus Nocturnidad

Ext. Noct.

I

Enxeñeiro De Proxectos

1.164,02 €

16,00 €

12,00 €

24,00 €

II

Enxeñeiro De Obra

1.164,02 €

14,00 €

10,00 €

23,00 €

III

Téc. Programador Avanzado

1.164,02 €

12,00 €

8,00 €

22,00 €

IV

Programador Plc

1.164,02 €

12,00 €

8,00 €

22,00 €

IV

Robótico

1.164,02 €

12,00 €

8,00 €

22,00 €

V

Téc. Básico 1ª Plc

1.070,00 €

11,00 €

7,00 €

20,00 €

V

Téc. Básico 1ª Robótica

1.070,00 €

11,00 €

7,00 €

20,00 €

VI

Téc. Básico 2ª Plc

1.000,00 €

10,00 €

6,00 €

18,00 €

VI

Téc. Básico 2ª Robótica

1.000,00 €

10,00 €

6,00 €

18,00 €

VII

Especialista 1ª Plc

900,00 €

9,00 €

5,00 €

16,00 €

VII

Especialista 1ª Robótica

900,00 €

9,00 €

5,00 €

16,00 €

VIII

Especialista 2ª Plc

800,00 €

8,00 €

4,00 €

14,00 €

VIII

Especialista 2ª Robótica

800,00 €

8,00 €

4,00 €

14,00 €

IX

Aspirante

680,00 €

7,00 €

3,00 €

12,00 €

Táboa De Conversión De Horas Non Ordinarias En Ordinarias Para Descansar: Conversión En Descanso

Extra

1,00

Equivale A

1,25

Ordinarias

Nocturna

1,00

Equivale A

0,75

Ordinarias

Ext. Noct.

1,00

Equivale A

2,00

Ordinarias

ANEXO II. TÁBOA DE COMPLEMENTOS

Grupo

Categorías

Concepto

Robot

B

Categorías

Salario Base

Abb

Kuka

Fanuc

Leng. Program.

Enxeñeiro De Proxectos

1.164,02 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Enxeñeiro De Obra

1.164,02 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Téc. Programador Avanzado

1.164,02 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Programador Plc

1.164,02 €

Robótico

1.164,02 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Téc. Básico 1ª Plc

1.070,00 €

Téc. Básico 1ª Robótica

1.070,00 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Téc. Básico 2ª Plc

1.000,00 €

Téc. Básico 2ª Robótica

1.000,00 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Especialista 1ª Plc

900,00 €

Especialista 1ª Robótica

900,00 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Especialista 2ª Plc

800,00 €

Especialista 2ª Robótica

800,00 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Aspirante

680,00 €

Concepto Bruto Mensual No Rbm

4,17 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Concepto Bruto Anual No Rba

50,00 €

50,00 €

50,00 €

50,00 €

COMPLEMENTO POR ROBOT

O COMPLEMENTO DE ROBOT é un complemento exclusivo dos ROBÓTICOS en cualquera das súas categorías, salvo os aspirantes, sempre que poidan acreditar un dos dous extremos:

a) a) Titulo oficial de técnico programador emitido polo fabricante da marca de robots.

b) b) O menos 1 ano de experiencia en obra programando robots deste fabricante.

Grupo

Categorías

Concepto

Plc

B

Categorías

Salario Base

Siemens

Rockwell

Otros

Enxeñeiro De Proxectos

1.164,02 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Enxeñeiro De Obra

1.164,02 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Téc. Programador Avanzado

1.164,02 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Programador Plc

1.164,02 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Robótico

1.164,02 €

Téc. Básico 1ª Plc

1.070,00 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Téc. Básico 1ª Robótica

1.070,00 €

Téc. Básico 2ª Plc

1.000,00 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Téc. Básico 2ª Robótica

1.000,00 €

Especialista 1ª Plc

900,00 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Especialista 1ª Robótica

900,00 €

Especialista 2ª Plc

800,00 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Especialista 2ª Robótica

800,00 €

Aspirante

680,00 €

Concepto Bruto Mensual En El Rbm

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Concepto Bruto Anual En El Rba

50,00 €

50,00 €

50,00 €

COMPLEMENTO POR PLC

O COMPLEMENTO DE PLC é un complemento exclusivo dos PROGRAMADORES DE PLC en cualquera das sus categorías, salvo os Aspirantes, siempre que poidan acreditar un dos dous extremos:

a) Titulo oficial de técnico programador emitido polo fabricante da marca de PLC.

b) Ao menos 1 ano de experiencia en obra programando PLC s deste fabricante.

Grupo

Categorías

Concepto

Idiomas

B

Categorías

Salario Base

Ingles

Aleman

Enxeñeiro De Proxectos

1.164,02 €

16,67 €

16,67 €

Enxeñeiro De Obra

1.164,02 €

16,67 €

16,67 €

Téc. Programador Avanzado

1.164,02 €

16,67 €

16,67 €

Programador Plc

1.164,02 €

16,67 €

16,67 €

Robótico

1.164,02 €

16,67 €

16,67 €

Téc. Básico 1ª Plc

1.070,00 €

16,67 €

16,67 €

Téc. Básico 1ª Robótica

1.070,00 €

16,67 €

16,67 €

Téc. Básico 2ª Plc

1.000,00 €

16,67 €

16,67 €

Téc. Básico 2ª Robótica

1.000,00 €

16,67 €

16,67 €

Especialista 1ª Plc

900,00 €

16,67 €

16,67 €

Especialista 1ª Robótica

900,00 €

16,67 €

16,67 €

Especialista 2ª Plc

800,00 €

16,67 €

16,67 €

Especialista 2ª Robótica

800,00 €

16,67 €

16,67 €

Aspirante

680,00 €

Concepto Bruto Mensual No Rbm

16,67 €

16,67 €

Concepto Bruto Anual No Rba

200,00 €

200,00 €

COMPLEMENTO POR IDIOMAS

O COMPLEMENTO POR IDIOMAS é un complemento para todas as categorías agás ASPIRANTES, e pertencerá a aqueles que poidan acreditar o coñecemento a nivel avanzado do idioma correspondente (nivel B2 europeo). No caso de non poder acreditalo oficialmente, a empresa dá a opción de poder realizar unha proba con un proveedor externo. O custe desta proba será asumida pola empresa no caso de ser superada a devandita proba, o polo traballador, no caso de non ser superada (co fin de evitar intentos sucesivos a cargo da empresa)

Grupo

Categorías

Concepto

*Ano De Experiencia 50 €/Ano. Maximo 250 €/Ano

B

Categorías

Salario Base

Enxeñeiro De Proxectos

1.164,02 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Enxeñeiro De Obra

1.164,02 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Téc. Programador Avanzado

1.164,02 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Programador Plc

1.164,02 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Robótico

1.164,02 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Téc. Básico 1ª Plc

1.070,00 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Téc. Básico 1ª Robótica

1.070,00 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Téc. Básico 2ª Plc

1.000,00 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Téc. Básico 2ª Robótica

1.000,00 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Especialista 1ª Plc

900,00 €

Especialista 1ª Robótica

900,00 €

Especialista 2ª Plc

800,00 €

Especialista 2ª Robótica

800,00 €

Aspirante

680,00 €

Concepto Bruto Mensual No Rbm

4,17 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

4,17 €

Concepto Bruto Anual No Rba

50,00 €

50,00 €

50,00 €

50,00 €

50,00 €

COMPLEMENTO POR EXPERIENCIA EN OBRA

O COMPLEMENTO DE EXPERIENCIA EN OBRA é un complemento para todas as categorías agás ESPECIALISTAS e ASPIRANTES, e pertencerá a aqueles que poidan acreditar os anos de experiencia en obra que se indican no cadro. Non será para especialistas ou aspirantes, dado que suponse que nunca terán esta categoría ao chegar a estes anos de experiencia en obra.

Grupo

Categorías

Concepto

Complemento Por Formación

B

Categorías

Salario Base

I. Tecnico

I. Superior

Master

Enxeñeiro De Proxectos

1.164,02 €

12,50 €

4,17 €

Enxeñeiro De Obra

1.164,02 €

8,33 €

4,17 €

Téc. Programador Avanzado

1.164,02 €

8,33 €

12,50 €

4,17 €

Programador Plc

1.164,02 €

8,33 €

12,50 €

4,17 €

Robótico

1.164,02 €

8,33 €

12,50 €

4,17 €

Téc. Básico 1ª Plc

1.070,00 €

8,33 €

12,50 €

4,17 €

Téc. Básico 1ª Robótica

1.070,00 €

8,33 €

12,50 €

4,17 €

Téc. Básico 2ª Plc

1.000,00 €

8,33 €

12,50 €

4,17 €

Téc. Básico 2ª Robótica

1.000,00 €

8,33 €

12,50 €

4,17 €

Especialista 1ª Plc

900,00 €

8,33 €

12,50 €

4,17 €

Especialista 1ª Robótica

900,00 €

8,33 €

12,50 €

4,17 €

Especialista 2ª Plc

800,00 €

8,33 €

12,50 €

4,17 €

Especialista 2ª Robótica

800,00 €

8,33 €

12,50 €

4,17 €

Aspirante

680,00 €

Concepto Bruto Mensual No Rbm

8,33 €

12,50 €

4,17 €

Concepto Bruto Anual No Rba

100,00 €

150,00 €

50,00 €

COMPLEMENTO POR FORMACIÓN

O COMPLEMENTO POR FORMACIÓN é un complemento para todas as categorías agás ASPIRANTES, e pertencerá a aqueles que poidan acreditar a titulación na que se basean, e que pode ser superior ao nivel requirido da categoría.

Grupo

Categorías

Concepto

Complemento De Posto

B

Categorías

Salario Base

Comp. Flex. Xorn.

Flex Vac.

Top Leader

Enxeñeiro De Proxectos

1.164,02 €

115,00 €

20,83 €

62,50 €

Enxeñeiro De Obra

1.164,02 €

115,00 €

20,83 €

62,50 €

Téc. Programador Avanzado

1.164,02 €

115,00 €

20,83 €

62,50 €

Programador Plc

1.164,02 €

115,00 €

20,83 €

Robótico

1.164,02 €

115,00 €

20,83 €

Téc. Básico 1ª Plc

1.070,00 €

115,00 €

20,83 €

Téc. Básico 1ª Robótica

1.070,00 €

115,00 €

20,83 €

Téc. Básico 2ª Plc

1.000,00 €

115,00 €

20,83 €

Téc. Básico 2ª Robótica

1.000,00 €

115,00 €

20,83 €

Especialista 1ª Plc

900,00 €

115,00 €

20,83 €

Especialista 1ª Robótica

900,00 €

115,00 €

20,83 €

Especialista 2ª Plc

800,00 €

115,00 €

20,83 €

Especialista 2ª Robótica

800,00 €

115,00 €

20,83 €

Aspirante

680,00 €

115,00 €

20,83 €

Concepto Bruto Mensual No Rbm

115,00 €

20,83 €

62,50 €

Concepto Bruto Anual No Rba

1.380,00 €

250,00 €

750,00 €

COMPLEMENTO POR POSTO

O COMPLEMENTO POR POSTO é un complemento que se divide en tres:

Por un lado, o de FLEXIBILIDADE DE XORNADA, que supón fixar a xornada en 40 horas semanais de maneira flexible, descansando dous días á semana.

Por outro, o de FLEXIBILIDADE DE VACACIONS (posibilidade de interrompir as súas vacacións ou varialas urxentemente por necesidades do servicio ao cliente)

Finalmente, o TOP LEADER: Mínimo programador avanzado, que pode dirixir un equipo de traballo, resolver problemas en obra e responsabilizarse dos obxectivos de unha intervención na planta. Desígnao a empresa pola confianza que poidan depositar nel, segundo a súa traxectoria dentro de LEDISSON A&IT.

ANEXO III. MAPA DE DIETAS INTERNACIONAIS.

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Nota:

A contía enténdese por dieta completa. A dieta simple ou media dieta será a metade do importe estipulado. Nos paises non definidos neste anexo estipúlase unha dieta completa de 50 euros/día.

En O Porriño, a xxx de xxxxxxx de 2014.- Pola Empresa.- Polos Traballadores