Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE OURENSE. PERSOAL FUNCIONARIO de Ourense
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...de Ourense

Última revisión
14/10/2009

C. Colectivo. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE OURENSE. PERSOAL FUNCIONARIO de Ourense

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2009 en adelante

Tiempo de lectura: 61 min

Tiempo de lectura: 61 min

Documento oficial en PDF(Páginas 6-17)

Acordo regulador das condicions de traballo para os/as empregados/as publicos do Concello de Ourense, anos 2009/2010 (Boletín Oficial de Ourense num. 236 de 14/10/2009)

Preambulo

Unha vez visto o texto do Acordo regulador das condicións de traballo para os funcionarios públicos do Excmo. Concello de Ourense para os anos 2009 e 2010, que foi subscrito o día 23 de xaneiro de 2009 dunha parte, en representación do Pleno do Concello de Ourense, polo concelleiro delegado de Persoal e Réxime Interior e o xefe de servizo de Persoal e, de outra, en representación dos/as traballadores/as, polos/as representantes das organizacións sindicais Confederación Intersindical Galega (CIG), Comisións Obreiras (CC OO) e Unión Xeral de Traballadores (UXT) e, de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, sobre órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servizo das administracións públicas, segundo a redacción dada pola Lei 7/1990, do 19 de xullo, este Departamento Territorial acorda:

Primeiro.-

Dispoñe-la súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Ourense, 22 de setembro de 2009. O xefe territorial. Asdo.: José Selas Souto.

Acordo regulador das condicións de traballo para os empregados públicos do Concello de Ourense

 

CAPÍTULO 1º: Ámbito de aplicación

 
Artículo 1. - Ámbito persoal.

As normas contidas neste acordo son de aplicación ó persoal funcionario de carreira, funcionario interino e persoal eventual do Concello de Ourense e do organismo autónomo do Consello Municipal de Deportes, ós pensionistas e orfos/as menores de idade naquelas materias que lles afecten.

Este acordo regulador será de aplicación así mesmo ó persoal laboral no que resulte compatible coa lexislación laboral vixente.

Artículo 2. - Ámbito temporal.

Este acordo, na súa parte social, rexerá dende o 1 de xaneiro de 2009 ata o 31 de decembro de 2010, prorrogándose automat icamente ata ser substituído por un novo acordo, salvo denuncia dalgunha das partes asinantes no prazo dos tres meses anteriores ó seu vencemento. Neste caso a Mesa xeral deberá comeza-la negociación no prazo máximo dun mes dende o vencemento do acordo. As materias retributivas serán sometidas á negociación anual.

De non existir novo acordo á finalización deste período producirase a súa prórroga, actualizando tódalas partidas económicas na mesma porcentaxe fixada para as retribucións dos funcionarios na Lei de orzamentos xerais do Estado.

CAPÍTULO 2º: Garantías

 
Artículo 3. - Garantías.

As condicións pactadas neste acordo forman un todo orgánico e indivisible e, para os efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas global e conxuntamente, quedando subordinada a calquera disposición xeral de rango superior.

Respectaranse os dereitos adquiridos con anterioridade á entrada en vigor deste acordo en canto resulten acordes coa legalidade.

Artículo 4. - Negociación colectiva.

No ámbito do Concello de Ourense e en relación coas súas competencias quedan reservadas á negociación colectiva as seguintes materias.

a) A aplicación do incremento das retribucións do persoal que se establezan na Lei de orzamentos xerais do Estado e das comunidades autónomas.

b) A determinación e aplicación das retribucións complementarias.

c) As normas que fixen os criterios xerais en materia de acceso, carreira, ocupación, sistemas de clasificación de postos de traballo, e plans e instrumentos de planificación de recursos humanos.

d) As normas que fixen os criterios e mecanismos xerais en materia de avaliación do desempeño.

e) Os plans de previsión social complementaria

f) Os criterios xerais dos plans e fondos para a formación e a promoción interna.

g) Os criterios xerais para a determinación de prestacións sociais e pensións de clases pasivas.

h) As propostas sobre dereitos sindicais e de participación

i) Os criterios xerais de acción social

j) As que así se establezan na normativa de prevención de riscos laborais.

k) As que afecten ás condicións de traballo e ás retribucións do persoal funcionario.

l) Os criterios xerais sobre ofertas de emprego público

m) As referidas ó calendario laboral, horarios, xornadas, vacacións, permisos, mobilidade funcional e xeográfica, así como os criterios xerais sobre a planificación estratéxica dos recursos humanos, naqueles aspectos que afecten ás condicións de traballo dos empregados públicos.

Artículo 5. - Seguimento do acordo.

Ós 30 días da aprobación do acordo constituirase unha Comisión de Seguimento, en forma paritaria entre membros designados pola Xunta de Goberno Local e as organizacións sindicais.

A Comisión será presidida por quen designen as partes de mutuo acordo, sendo designado polo mesmo procedemento un/ha secretario/a. Calquera membro poderá ser asistido por asesores así como presentar ante a Comisión os diferentes conflitos e irregularidades que se poidan formular sobre a interpretación e aplicación do acordo.

A Comisión reunirase nun prazo máximo de 72 horas dende a petición de calquera das partes sendo os seus acordos de aplicación práctica nos termos en que se conclúan. As funcións e actividades da Comisión non impedirán, en ningún caso, o libre exercicio das correspondentes accións ante a xurisdición contencioso-administrativa ou laboral previstas no ordenamento xurídico.

CAPÍTULO 3º. Organización do traballo

 
Artículo 6. - Organización do traballo.

A organización do traballo será competencia do alcalde con suxeición á lexislación vixente. Cando se deriven repercusións sobre as condicións de traballo, procederá á negociación nos t ermos fixados no art. 4.

Artículo 7. - Relación de postos de traballo (RPT).

É o instrumento de ordenación do persoal do Concello de Ourense. Ten por obxecto a determinación, ordenación e definición dos diferentes postos do persoal empregado públicos, así como os requisitos esixidos para o seu desempeño e asignación de retribucións complementarias.

Artículo 8. - Regulamento da RPT.

A relación de postos de traballo incluirá un regulamento que regulará como mínimo a descrición e ocupación dos postos, así como o desempeño de postos de superior categoría e segunda actividade.

A realización de traballos de superior categoría ou subescala responderá a necesidades excepcionais, imprevisibles e perentorias e durará o mínimo tempo imprescindible.

A adscrición dun/ha traballador/a a un posto de superior categoría ou subescala farase por decreto da Alcaldía, con comunicación ós representantes legais do persoal traballador, levando consigo automaticamente a remuneración das retribucións complementarias que correspondan ó posto desempeñado. O tempo máximo que un/ha traballador/a pode estar nesta situación será de 6 meses; transcorrido este, outro/a traballador/a ocupará o seu lugar, ata que se produza unha rotación total do persoal capacitado para o desenvolvemento das funcións obxecto de traballo de superior categoría, salvo que ningunha outra persoa poida desenvolvela. Exceptúanse desta regra os postos reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal. En calquera caso, o grao que se poida consolidar será o máximo permitido nos casos admitidos pola lei, en función do grupo de pertenza do funcionario.

Os postos cubertos en situación de superior categoría ou subescala incluiranse obrigatoriamente na seguinte oferta de emprego público, sempre que respondan ás necesidades permanentes do servizo e non estea reservada a praza.

A modificación da RPT negociarase cos representantes do persoal traballador en canto afecte ó complemento específico e á determinación do complemento de destino.

Artículo 9. - Segunda actividade.

1. A relación de postos de traballo determinará cales poden ser desempeñados en segunda actividade. A eles adscribirase o persoal que teña minguadas as súas facultades e así fose considerado polos servizos médicos competentes.

O persoal pasará a segunda actividade nos seguintes casos.

por incapacidade para o exercicio da súa función habitual e voluntariamente por idade ó cumpri-los 55 anos.

2. A adscrición individualizada será realizada, oída a Comisión de Seguimento, tendo en conta as aptitudes necesarias para desempeña-lo posto, por aplicación sucesiva dos seguintes criterios:

a) Enfermidade invalidante

b) Nivel de incapacidade

c) Idade.

3. No suposto de segunda actividade, o/a funcionario/a terá prioridade de acceso ós postos de traballo de segunda actividade, do servizo ó que pertenza, se existiren.

4. Todo o persoal que acceda a un posto de segunda actividade conservará como mínimo o total das retribucións da súa praza e as do posto de orixe ou procedencia obtido con caráct er definitivo, agás pase voluntario á segunda actividade sen ter minguadas as facultades.

5. O Servizo de Persoal elaborará un listado propio de postos de segunda actividade para os Servizos de Policía Local e Extinción de Incendios, que sairán para ser cubertos por membros destes colectivos exclusivamente, aínda que o persoal destes servizos si poderá solicitar segunda actividade noutros destinos.

Artículo 10. - Xubilación.

1. No suposto de que un/a traballador/a presente incapacidade manifesta para o exercicio das súas funcións, poderá solicitar pensión de invalidez, sen prexuízo de situacións de segunda actividade. En caso de obtela, o Concello farase cargo da diferenza existente entre a súa pensión e as retribucións da súa praza e mailas do posto obtido con carácter definitivo que ocupase no momento da xubilación, sen que en ningún momento a devandita diferenza resulte inferior á existente na data da declaración da invalidez. As devanditas cantidades percibiranse ata que o traballador reúna os requisitos para a xubilación forzosa.

Será de aplicación para os bombeiros o RD 383/2008, do 14 de marzo, polo que se establece o coeficiente redutor da idade de xubilación.

2. O Concello tamén estará facultado para tramitar esta xubilación de oficio, sendo oída pola Comisión de Seguimento.

3. En caso de invalidez por accidente laboral, que leve consigo a incapacidade permanente, ou grande invalidez, a diferenza que teña que achega-lo Concello sufrirá un incremento progresivo, cos incrementos normais do persoal funcionario.

4. Sempre que o/a funcionario/a reúna as condicións necesarias para a súa xubilación voluntaria e esta lle sexa concedida, produciranse os mesmos efectos económicos que os sinalados no apartado primeiro.

5. Se a devandita invalidez non se producise por accidente laboral, o dito incremento progresivo, reflectido no punto anterior, tería só efectos mentres os/as fillos/as fosen dependentes e ata a idade de 28 anos como máximo. Este límite de idade non operará naqueles/as fillos/as que presenten calquera tipo de minusvalía oficialmente recoñecida que impida a obtención dun traballo remunerado.

6. O total das pensións a cargo da Corporación para os exercicios 2009-2010 non poderá supera-la contía total de 255.000,para o cal se habilitará a correspondente partida orzamentaria.

En caso de que as solicitudes superen a devandita partida reunirase a Comisión de Seguimento para cubrir tal incidencia.

Artículo 11. - Respecto no traballo.

1. A funcionaria municipal embarazada terá dereito a que, se o posto de traballo que desempeña é prexudicial para o seu estado, se lle encomenden funcións acordes coas súas circunstancias.

2. Todo comportamento ou situación que atente contra o respecto ou a intimidade dos/as traballadores/as, e as condutas de acoso sexual, verbais ou físicas, serán tratadas como faltas disciplinarias, en función da repercusión persoal do feito.

No suposto de que se leven a cabo as devanditas condutas servíndose da súa relación xerárquica coa persoa ou persoas, con relación non permanente, a sanción aplicarase no seu grao máximo.

O Comité de Empresa, a Xunta de Persoal, Seccións Sindicais ou representantes dos/as traballadores/as, así como os responsables da administración velarán polo dereito á intimidade do t raballador/a afectado/a, silenciando a súa identidade cando así fose requirido e gardando reserva sobre os feitos.

Artículo 12. - Ingreso no Concello de Ourense.

1. O Concello de Ourense aprobará anualmente no prazo dun mes a súa oferta de emprego público, que conterá obrigatoriamente tódalas prazas vacantes e executarase necesariamente no prazo máximo de tres anos.

A oferta de emprego público reservará

a) Unha cota non inferior ó 7% das vacantes para seren cubert as entre persoas con discapacidade cun grao de minusvalía igual ou superior ó 33%. Se as prazas reservadas ou que foron cubertas polas persoas con incapacidade non alcanzasen o 3% das prazas convocadas, as prazas non cubertas acumularanse á cota do 7% da oferta seguinte cun límite máximo do 12%.

b) Para a mobilidade dos/as traballadores/as de distintos colectivos doutras administracións locais de Galicia, reservarase a porcentaxe legalmente establecida na lexislación vixente.

c) A porcentaxe máxima que a lei prevexa para a promoción interna, acompañándose con medidas organizativas que permitan o pleno aproveitamento dos recursos humanos existentes. En todo caso, as convocatorias correspondentes á promoción interna realizaranse mediante convocatoria independente anterior á oferta pública de emprego e non serán esixidos os coñecementos acreditados en probas anteriores.

2. - A oferta de emprego público será obxecto de consulta no ámbito da mesa de negociación, cos representantes legais dos traballadores e traballadoras do Concello de Ourense.

3. - Os procedementos de selección, contratación, promoción e ocupación realizaranse mediante convocatoria pública, baixo principios de igualdade, mérito e capacidade e aténdose ó disposto na normativa de acceso á función pública.

4. - O ingreso no Concello de Ourense realizarase de conformidade coa lexislación vixente.

5. - Nos procedementos selectivos que incorporen fase de concurso serán valorados os servizos previos prestados en prazas análogas nas administracións públicas.

6. - O conxunto de vacantes existentes no equipo conforma a oferta pública de emprego. Son vacantes os postos de traballo dotados orzamentariamente e non ocupados por persoal fixo de equipo, e que non sexan obxecto de reserva por permiso, excedencias, comisións de servizo, servizos especiais ou IT.

As vacantes cubriranse, dándolle preferencia ó persoal excedente que solicite o reingreso, pola seguinte orde de preferencia.

- Reingreso do persoal excedente.

- Promoción interna horizontal.

- Promoción interna vertical.

- Promoción profesional.

- Oferta pública de emprego

7. - Carreira profesional horizontal de acordo co Estatuto Básico do empregado público.

8. - O Concello de Ourense fomentará entre o funcionariado a promoción interna que se realizará mediante procesos selectivos que garantan o cumprimento dos principios de igualdade, mérito e capacidade, así como a publicidade das convocatorias e as súas bases, a transparencia, a imparcialidade e profesionalidade dos órganos de selección, a independencia e discreción técnica na actuación nos órganos de selección, a adecuación entre o contido do proceso e as funcións para desenvolver e a axilidade, sen prexuízo da obxectividade nos procesos.

Artículo 13. - Tribunais de selección e comisións de valoración.

1. Os órganos de selección serán colexiados e constituídos por un número impar de membros, e a súa composición deberá axustarse ós principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, e tenderase, así mesmo, á paridade entre muller e home.

2. O persoal de elección ou de designación política, o funcionariado interino e o persoal eventual non poderán formar parte dos órganos de selección.

3. A pertenza ós órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén.

4. A totalidade dos membros deberán posuír unha praza en propiedade de igual ou superior nivel ó esixido para o acceso á praza convocada e terase en conta o principio de especialidade.

Artículo 14. - Vacacións.

1. O persoal funcionario terá dereito, por ano completo de servizos, a gozar dunhas vacacións retribuídas dun mes natural ou de 22 días hábiles anuais, ou ós días que correspondan proporcionalmente ó tempo de servizos efectivos. Os sábados para os efectos de vacacións serán considerados inhábiles. Gozaranse preferentemente no verán (xullo, agosto e setembro).

2. Así mesmo, terá dereito a un día hábil adicional ó cumprir 15 anos de servizo, ó que se lle engadirá un día hábil máis ó cumprirse 20, 25 e 30 anos de servizo respectivamente ata un total de 26 días hábiles por ano natural. Este dereito farase efectivo a partir do seguinte ano natural ó do cumprimento dos anos de servizo sinalados no parágrafo anterior. Para os efectos do recollido neste apartado computarase o tempo traballado para outras administracións debidamente certificado e recoñecido. Os devanditos días adicionais poderanse sumar tanto ós de vacacións coma ós de asuntos propios.

3. Recoñécese o dereito a fracciona-lo período anual de vacacións.

4. O calendario de vacacións elaborarase anualmente antes do 1 de abril de cada ano, tendo en conta as necesidades dos distintos servizos, oídos os órganos de representación do persoal traballador.

5. Recoñécese o dereito á elección do período de vacacións a favor das mulleres xestantes e a preferencia de elección de mulleres e homes con fillos/as menores de 12 anos ou maiores dependentes ó seu coidado.

6. Se por necesidades do servizo e causas imprevisibles, o/a traballador/a se vise forzado a interromper ou adianta-las súas vacacións terá dereito a gozar de 7 días naturais adicionais.

7. As vacacións quedarán en suspenso cando con anterioridade ó seu inicio o persoal se atope en situación de IT. Neste suposto as vacacións gozaranse dentro do ano natural noutro período segundo as dispoñibilidade do servizo.

8. Os permisos de maternidade, paternidade e lactación, así como os períodos de incapacidade temporal derivados do embarazo, poderanse acumular ó período de vacacións, mesmo despois da fin do ano natural ó que aquelas correspondan.

Artículo 15. - Licenza, permisos, excedencias e permutas.

1. Poderá concederse licenza nos seguintes casos e condicións.

1.1. Por matrimonio, dereito a unha licenza retribuída de quince días naturais ininterrompidos.

1.2. Por embarazo, nas condicións e duración previstas na lexislación xeral.

1.3. Por asuntos propios poderá concederse licenza sen retribución dunha duración acumulada que non poderá exceder de tres meses cada dous anos, a concesión de licenza por asuntos propios subordinarase, en todo caso, ás necesidades do servizo.

1.4. A licenza por enfermidade fixarase de acordo co réxime da Seguridade Social á que pertenza o/a funcionario/a.

1.5. Poderá concederse licenza para a realización de estudos sobre materias directamente relacionadas coa administración pública, logo de informe favorable de superior xerárquico, reportando ó traballador/a retribucións básicas e o complemento familiar.

2. Concederanse permisos polas seguintes causas xustificadas:

2.1. Polo falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, tres días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade e cinco días hábiles cando sexa en distinta localidade.

Cando se trate do falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do segundo grao de consanguinidade ou afinidade, o permiso será de dous días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade e de catro días hábiles cando sexa en distinta localidade.

2.2. Por traslado de domicilio sen cambio de residencia, un día na mesma localidade e dous días se hai cambio de localidade. Se a unidade familiar está composta por dous ou máis membros, o permiso será de dous días sen cambio de localidade e de catro se existe cambio.

2.3. Para realizar funcións sindicais, de formación sindical ou de representación do persoal, nos termos legalmente establecidos.

Os/as empregados/as municipais que participen en procesos de negociación colectiva gozarán do permiso suficiente para o estudo e negociación establecido legalmente.

2.4. Para concorrer a exames finais e demais probas definitivas de aptitude, durante os días da súa celebración.

2.5. Por lactación dun fillo ou filla menor de doce meses, a empregada terá dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderá dividir en dúas fraccións.

Este dereito poderá substituírse por unha redución da xornada normal en media hora ó inicio e final da xornada, ou nunha hora ó inicio ou final da xornada.

Este dereito poderá ser exercido indistintamente por un ou outro dos proxenitores, en caso de que ámbolos dous traballen.

Igualmente, poderá substituírse o tempo de lactación por un permiso retribuído que acumule en xornadas completas o tempo correspondente, ou por un crédito de horas, podéndose aproveitar, en ámbolos dous casos, en calquera momento, despois do goce do permiso de maternidade.

A cantidade de horas incluídas no crédito será o resultado de contabiliza-lo total de horas ás que se tería dereito se se dispuxese do permiso de lactación na súa modalidade dunha hora de ausencia.

Este permiso incrementarase proporcionalmente nos casos de parto múltiple.

Nos supostos de adopción ou acollemento, este dereito computarase durante o primeiro ano dende a resolución xudicial ou administrativa de adopción ou acollemento.

2.6. Por nacemento de fillos prematuros ou que por calquera outra causa deban permanecer hospitalizados a continuación do parto, o/a funcionario/a terá dereito a ausentarse do traballo durante un máximo de dúas horas diarias, percibindo as retribucións íntegras.

2.7. Por razóns de garda legal, cando o persoal funcionario teña ó coidado directo algún menor de doce anos, unha persoa maior que requira especial dedicación ou unha persoa con discapacidade que non desempeñe actividade retribuída, terá dereito a unha redución dun terzo ou un medio da xornada de traballo, coa diminución proporcional das súas retribucións.

Terá o mesmo dereito o persoal funcionario que precise encargarse do coidado directo dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída.

2.8. As funcionarias embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto polo tempo necesario para a súa práct ica e logo de xustifica-la necesidade de realización dentro da xornada de traballo.

2.9. O persoal funcionario terá dereito a un permiso retribuído para tratamentos de fecundación asistida polo tempo necesario para a súa práctica, con aviso previo e xustificación da necesidade de realización dentro da xornada de traballo. Se fose necesario o desprazamento, o permiso será de dous días.

2.10. Para acompaña-lo seu cónxuxe ou parella en análoga relación de afectividade a tratamentos de fecundación asistida, exames prenatais e técnicas de preparación ó parto, o persoal funcionario terá dereito a un permiso retribuído en idénticos termos e condicións de exercicio que os previstos para estes permisos.

2.11. Nos supostos de accidente ou enfermidade moi grave do cónxuxe, parella en análoga relación de afectividade, familiares en primeiro grao, acollidos/as ou familiares conviventes, e para atender ó seu coidado, o persoal funcionario terá dereito a un permiso retribuído, a duración máxima do cal será de trinta días naturais. Cada accidente ou enfermidade xerará un único permiso, que, dentro da duración máxima de trinta días, poderá utilizarse de xeito separado ou acumulado.

2.12. Por ser preciso atender ó coidado dun familiar de primeiro grao, o persoal funcionario terá dereito a solicitar unha redución de ata o 50% da xornada laboral, con carácter retribuído, por razóns de enfermidade moi grave e polo prazo máximo dun mes, prorrogable en circunstancias excepcionais e atendendo á extrema gravidade da enfermidade padecida, ata un período máximo de dous meses.

Se houbese máis dun titular deste dereito polo mesmo feito causante, o tempo de goce desta redución poderá ratearse entre eles, respectando, en todo caso, o prazo máximo dun mes ou, se é o caso, o de dous meses.

2.13. O persoal funcionario terá dereito a ausentarse para acompañar ás revisións médicas os fillos e fillas e as persoas maiores ó seu cargo polo tempo necesario, con aviso previo e xustificación da necesidade de realización dentro da xornada de traballo.

2.14. Poderá concederse permiso polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal e por deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral.

2.15. Poderá dispoñerse de ata nove días ó ano de permiso para asuntos persoais sen xustificación, atendendo sempre ás necesidades do servizo. Así mesmo, terase dereito ó goce de dous días adicionais ó cumpri-lo sexto trienio, que se incrementará nun día adicional por cada trienio cumprido a partir do oitavo.

De non poder gozar dentro do ano natural por razóns de servizo, os días de asuntos persoais poderanse gozar dentro do mes de xaneiro do ano seguinte.

2.16. Permiso por parto: terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas.

Este permiso ampliarase en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do fillo ou filla, e por cada fillo a partir do segundo, nos supostos de parto múltiple. O permiso distribuirase segundo a opción da funcionaria sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto. En caso do falecemento da nai, o outro proxenitor poderá facer uso da totalidade ou, se é o caso, da parte que reste do permiso.

Malia o anterior, e sen prexuízo das seis semanas inmediatas posteriores ó parto de descanso obrigatorio para a nai, en caso de que ámbolos dous proxenitores traballen, a nai, ó iniciarse o período de descanso por maternidade, poderá optar por que o outro proxenitor goce dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ó parto, sexa de forma simultánea ou sucesiva co da nai.

O outro proxenitor poderá seguir gozando do permiso de maternidade inicialmente cedido, aínda que no momento previsto para a reincorporación da nai ó traballo esta se atope en situación de incapacidade temporal.

Nos casos de goce simultáneo de períodos de descanso, a súa suma non poderá exceder das dezaseis semanas ou das que correspondan en caso de discapacidade do fillo ou filla ou de parto múltiple.

Este permiso poderá gozarse a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades do servizo o permitan, e nos termos que regulamentariamente se determinen.

Nos casos de parto prematuro e naqueles en que, por calquera outra causa, a criatura teña que permanecer hospitalizada a continuación do parto, este permiso ampliarase tantos días como dure a hospitalización, cun máximo de trece semanas adicionais.

Durante o goce deste permiso poderase participar nos cursos de formación que convoque a administración.

2.17. Permiso por adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple: terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas. Este permiso ampliarase en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do menor adoptado ou acollido e por cada fillo/a, a partir do segundo, nos supostos de adopción ou acollemento múltiple.

O cómputo do prazo contarase á elección do persoal funcionario, a partir da decisión administrativa ou xudicial do acollemento ou a partir da resolución xudicial pola cal se constitúa a adopción, sen que en ningún caso un mesmo menor poida dar dereito a varios períodos de goce deste permiso.

En caso de que ámbolos dous proxenitores traballen, o permiso distribuirase segundo á opción dos interesados, que poderán gozalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre en períodos ininterrompidos.

Nos casos de goce simultáneo de períodos de descanso, a súa suma non poderá excede-las dezaseis semanas ou das que correspondan en caso de adopción ou acollemento múltiple e de discapacidade do menor adoptado ou acollido.

Este permiso poderá gozarse a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades do servizo o permitan, e nos termos que regulamentariamente se determinen.

Se for necesario o desprazamento previo dos proxenitores ó país de orixe do adoptado ou acollido, nos casos de adopción ou acollemento internacional, terase dereito, ademais, a un permiso de ata tres meses de duración, e durante este período percibiranse exclusivamente as retribucións básicas, podendo gozarse de forma fraccionada, sempre que non se superen os tres meses.

Con independencia do permiso de ata tres meses previsto no parágrafo anterior e para o suposto contemplado no devandito parágrafo, o permiso por adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, poderá iniciarse ata catro semanas antes da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou a decisión administrativa ou xudicial do acollemento.

Durante o goce deste permiso poderase participar nos cursos de formación que convoque a administración.

Os supostos de adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, previstos neste artigo serán os que así se establezan na normativa de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia, debendo te-lo acollemento simple unha duración non inferior a un ano.

2.18. Permiso de paternidade polo nacemento, acollemento ou adopción dun fillo ou filla: terá unha duración de vinte e nove días naturais, que gozará o pai funcionario a partir da data de nacemento, da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción. En caso de parto, acollemento ou adopción múltiple, o permiso será de trinta e cinco días naturais.

Nos supostos de adopción ou acollemento, se ámbolos dous proxenitores fosen persoal ó servizo do Concello de Ourense, o permiso poderá distribuírse a opción dos interesados, os cales poderán gozalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre en períodos ininterrompidos, respectando en todo caso o prazo de duración.

Este permiso é independente do goce compartido dos permisos por parto e adopción-acollemento.

A nai poderá gozar deste permiso de paternidade a continuación dos permisos previstos por parto e adopción-acollemento nos supostos seguintes:

- Cando o pai faleza antes da utilización íntegra do devandito permiso.

- Se a filiación paterna non estivese determinada.

- Cando os proxenitores non estivesen casados nin estivesen unidos de feito en análoga relación de afectividade.

- Cando en resolución xudicial ditada en proceso de nulidade, separación ou divorcio, iniciado antes da utilización do permiso, se lle recoñecese á nai a garda do fillo ou filla acabado de nacer.

No suposto de matrimonio de mulleres ou de unións de feito en análoga relación de afectividade, ó ser unha delas a nai biolóxica, a que non o sexa terá dereito ó permiso de paternidade nos termos fixados neste apartado.

2.19. Permiso por razón de violencia de xénero sobre o persoal funcionario: as faltas de asistencia do persoal funcionario vítima da violencia de xénero, total ou parcial, terán a consideración de xustificadas polo tempo e nas condicións en que así o determinen os servizos sociais de atención ou de saúde, segundo proceda.

Así mesmo, o persoal funcionario vítima de violencia de xénero, para facer efectiva a súa protección ou dereito á asistencia social integral, terá dereito á redución da xornada coa diminución proporcional da retribución ou á reordenación do tempo de traballo, a través da adaptación do horario, da aplicación do horario flexible ou doutras formas de ordenación do tempo de traballo que poidan serlles de aplicación, nos termos que para estes supostos estableza a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

2.20. Por asistencia a cursos de formación e perfeccionamento laboral directamente relacionados coa especialidade persoal do traballador, sempre que se derive unha mellora directa para o funcionamento dos servizos municipais e fosen autorizados previamente.

Nos casos previstos por parto, adopción-acollemento e paternidade, o tempo transcorrido durante o goce destes permisos computarase como de servizo efectivo para tódolos efectos, garantíndose a plenitude de dereitos económicos do persoal funcionario durante todo o período de duración do permiso, e, se é o caso, durante os períodos posteriores ó seu goce, se, de acordo coa normativa de aplicación, o dereito a percibir algún concepto retributivo se determina en función do período de goce do permiso.

Os funcionarios que fixesen uso do permiso por parto ou maternidade, paternidade e adopción ou acollemento terán dereito, unha vez finalizado o período de permiso, a reintegrarse ó seu posto de traballo nos termos e condicións que non lles resulten menos favorables ó goce do permiso, así como a beneficiarse de calquera mellora nas condicións de traballo á que puidesen ter dereito durante a súa ausencia.

3. As excedencias regularanse de conformidade coa lexislación vixente.

4. Serán de aplicación ás materias reguladas neste capítulo tódalas melloras derivadas de variacións lexislativas que se produzan durante a vixencia deste acordo.

5. Poderanse realizar permutas entre o funcionariado do Concello e doutras administracións públicas sempre que se cumpran as condicións establecidas legalmente, exista acordo entre as administracións afectadas e se preste o debido consentimento por parte dos e das interesadas.

CAPÍTULO 4º: Xornada e descansos

 
Artículo 16. - Xornada laboral.

1. A xornada laboral ordinaria será a legalmente establecida. Desenvolverase preferentemente en réxime de xornada continua e en xornada de mañá de luns a venres, garantindo en todo caso dúas fins de semana (sábado e domingo) completas e libres ó mes como mínimo.

Para os efectos de asistencia e puntualidade fíxase unha tolerancia, tanto á entrada coma á saída da xornada diaria, de 30 minutos que se reducirá a 15 m en xornada de verán.

Establécese un horario de verán do 15 de xuño ó 15 de setembro que levará consigo a redución da xornada diaria nunha hora e corenta e cinco minutos.

Como anexo a este acordo procederase a determina-los cadros horarios específicos aplicables a cada servizo municipal nos cales se contemplará a implantación do horario flexible. No suposto de aplicar xornadas especiais ou sistemas de traballo baseados en cantidade de obra (tarefas, por ex.) entenderase cumprida a totalidade da xornada unha vez finalizado o traballo fixado.

2. Todo o persoal con fillos/fillas ou acollidos/acollidas menores de doce anos, ou con familiares conviventes que, por enfermidade ou avanzada idade, necesiten a asistencia doutras persoas, poderá solicitar, e concedéndoselle se as necesidades do servizo o permitisen, a flexibilización da xornada de traballo dentro dun horario diario de referencia, determinado en cada caso, por petición da persoa interesada e oída a representación legal do persoal. A decisión, se as necesidades do servizo o permitisen, recoñecerá o máis amplo horario diario de referencia posible. Dentro do horario diario de referencia establecido, a persoa interesada poderá cumpri-la súa xornada de traballo con absoluta liberdade, sempre e cando, en cómputo mensual, resulten cumpridas tódalas horas mensuais de traballo aplicables.

Idéntico dereito terá quen, sexa home ou muller, se atope en proceso de nulidade, separación ou divorcio dende a interposición da demanda xudicial ou, por decisión do interesado/interesada, dende a solicitude de medidas provisionais previas, ata transcorridos tres meses dende a citada demanda ou, se é o caso, dende a citada solicitude.

3. Ó traballador/a municipal que curse estudos oficiais facilitaráselle a elección correspondente de traballo, se tal é o sistema que se segue no seu servizo, para permitirlle unha maior compatibilidade co horario lectivo, ou de titoría. Tal elección non poderá ser revogada se non existe reclamación doutro traballador afectado, ou resolución motivada da Corporación.

4. Establécense como días non laborables e non recuperables o 24 de decembro (Noiteboa), o 31 de decembro (Noitevella) e o 22 de maio (Santa Rita), trasladándose ó día laborable máis próximo no caso de que os devanditos días sexan sábado ou domingo e garantindo en todo caso os servizos mínimos das dependencias consideradas indispensables.

5. Determinaranse 4 pontes anuais para gozar dous a dous en quendas do 50% polos traballadores de cada servizo, de forma que o servizo nunca quede desatendido. En caso de que o calendario non permita establecer catro pontes estas poderán ser substituídas por días anteriores ou posteriores a fins de semana ou festivos. Durante estes días nonse permitirán asuntos persoais.

6. Calquera redución de xornada por festas, Nadal, etc.. alcanzará a tódolos traballadores do Concello, compensando coa mesma redución noutras datas os que non poidan gozalas por razóns de servizo e por petición do traballador segundo as necesidades do servizo.

7. Nos servizos que requiran cambio de vestiario, os traballadores terán 10 minutos á entrada e 15 minutos antes da saída para a muda de roupa e o seu aseo persoal.

8. O sábado considerarase como xornada festiva ó igual que os domingos para tódolos efectos.

Artículo 17. - Rexistro xeral.

Establécese, por imperativo legal, a obrigatoriedade de manter aberto os sábados o Rexistro Municipal. A atención dos sábados do Rexistro realizarase, mentres non se dispoña o contrario, nas dependencias da Policía Local, polo persoal que ese día estea prestando servizo.

Artículo 18. - Descansos.

Todo o persoal municipal terá dereito a gozar dun descanso de 30 minutos durante a súa xornada diaria que se computará, para tódolos efectos, como tempo traballado efectivo. Nos supostos de xornadas especiais ou traballos que dificulten o descanso diario ó longo da xornada, poderase concentrar ó principio ou ó final da xornada.

O descanso entre xornada e xornada será como mínimo de 12 horas. O descanso semanal mínimo ininterrompido será de dous días, gozándose preferentemente entre a tarde do sábado e o domingo, sen prexuízo das xornadas especiais que se negocien.

Figurarán como anexo deste acordo os cadros de descanso de cada servizo municipal para os casos especiais que se xeren a este respecto.

CAPÍTULO 5º. Réxime de retribucións

 
Artículo 19. - Retribucións.

A estrutura do sistema retributivo para o persoal do Concello de Ourense virá definida na lexislación vixente e que para cada un dos postos as retribucións de carácter permanente estarán definidas nas fichas da relación de postos de traballo. Así mesmo, cada traballador percibirá os trienios que teña consolidados, baseándose na lexislación vixente, no mes natural do seu cumprimento e, se é o caso, o complemento de produtividade por avaliación de desempeño e as gratificacións por traballos extraordinarios que lle correspondesen.

Artículo 20. - Prohibición doutras retribucións.

O persoal municipal só poderá ser remunerado polos conceptos e contías que se determinen na RPT, lexislación aplicable, deste acordo regulador ademais dos pactos que sexan de aplicación, sen poder percibir polo tanto remuneracións diferentes nin participar na distribución de fondos de ningunha clase.

Artículo 21. - Gratificacións por traballos extraordinarios.

1. Establécese a prohibición de realizar traballos extraordinarios fóra da xornada normal, agás as excepcións necesarias e cun tope máximo do equivalente a 80 horas extraordinarias anuais para o persoal laboral e 100 horas para o persoal funcionario. Só se retribuirán aqueles traballos que fosen previamente autorizados pola Alcaldía ou polo concelleiro delegado de Persoal. Exceptúanse da regra anterior os traballos necesarios para prever ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes; neste caso xustificaranse unha vez realizados, nun prazo non superior a 5 días hábiles. Cando exista a necesidade de realizar traballos extraordinarios repartiranse de forma equitativa entre o colectivo afectado.

2. Mensualmente informarase ós representantes dos traballadores de todo o que concirne a gratificacións.

3. O importe da hora extra por grupo ou subgrupo para o ano 2009 será.

Subgrupo A1; 15

Subgrupo A2; 15

Grupo B; 15

Subgrupo C1; 15

Subgrupo C2; 15

AP; 15

No caso de ser necesario supera-lo límite de horas ó ano compensarase con días de descanso que se darán sempre no mes seguinte ó da realización das horas extras, logo de informe favorable do xefe de servizo e non as podendo acumular ás vacacións. Os días de libranza por horas extraordinarias compensaranse na proporción de 1 día de descanso por cada 5 horas. En todo caso recoñécese o dereito do traballador a optar entre a retribución de horas ou a libranza de días no suposto de que non superara o límite de 100 horas extraordinarias retribuídas establecido no parágrafo 1 deste artigo.

No caso de que non se chegase ó mínimo de 5 horas realizadas poderanse acumular no seguinte mes. O aboamento desta compensación farase ó finalizar cada trimestre natural.

Se os traballos se realizan en horario nocturno ou festivo, as cantidades sinaladas incrementaranse nun 20%, tanto en importe económico coma en compensación horaria. Estas cantidades aumentaranse anualmente co incremento sinalado nos orzamentos xerais do Estado en materia de retribucións de persoal funcionario.

Artículo 22. - Sobresoldo de nocturnidade.

O persoal que desenvolva a súa tarefa en horario nocturno percibirá por cada hora de traballo efectivo o seguinte sobresoldo.

(Retribución anual do posto/1575) X 0 ´ 30

Nas nocturnidades realizadas nos días 24 e 31 de decembro multiplicarase por 2 a cantidade resultante da operación determinada no parágrafo anterior.

Entenderase como hora nocturna a comprendida entre as 22.00 horas e as 07.00 horas do día seguinte.

Artículo 23. - Sobresoldo de festividade.

De traballar en domingo ou festivo o persoal municipal percibirá un sobresoldo por hora segundo o seguinte cálculo.

(Retribución anual do posto/1575) X 0 ´ 30

Nas nocturnidades realizadas nos días 24 e 31 de decembro multiplicarase por 2 a cantidade resultante da operación determinada no parágrafo anterior.

Artículo 24. - Traballos para outros concellos ou fóra do termo municipal.

En caso de realizar traballos para outro concello ou fóra do termo municipal, o persoal municipal percibirá por cada hora traballada o seguinte sobresoldo.

(Retribución anual do posto/1575) X 0 ´ 30

Artículo 25. - Compensación por xornada de 24 horas.

En caso de realizar traballos en xornada de 24 horas, o persoal municipal percibirá por cada día traballado un sobresoldo de 12 euros en concepto de axudas para comidas.

Artículo 26. - Avaliación do desempeño.

Os conceptos retributivos regulados nos artigos 22, 23, 24 e 25 incluiranse dentro do complemento de produtividade por avaliación de desempeño en tanto en canto non se inclúan dentro do complemento específico dos postos afectados.

Artículo 27. - Retribucións en casos de IT e baixa por maternidade.

O persoal empregado do Concello de Ourense terá garantida a percepción íntegra das súas retribucións nos supostos de incapacidade temporal que impidan o normal desempeño das súas funcións.

O persoal empregado estará obrigado a someterse ós controis médicos que a administración estime oportunos e a facilita-las visitas médicas.

A plenitude de dereitos económicos tamén se estende mentres duren as situacións de maternidade e incapacidade temporal.

CAPÍTULO 6º. Dereitos sociais e asistenciais

 
Artículo 28. - Seguro de responsabilidade civil.

O Concello formalizará un seguro de cobertura das posibles responsabilidades civís de todo o persoal que preste os seus servizos neste e polos actos que realicen por razón do seu traballo. Este seguro será concertado por unha casa especializada e na súa contratación será oída a Comisión de Seguimento. No seu defecto o Concello asumirá toda a responsabilidade.

Artículo 29. - Defensa xurídica.

O Concello garantirá ó seu cargo a defensa do traballador que, como consecuencia do exercicio das súas funcións, sexa obxecto de actuacións xudiciais, asumindo o Concello a designación do letrado, as custas e gastos que se deriven, incluídas fianzas, salvo nos casos que se recoñeza na sentenza dolo, culpa, neglixencia grave ou mala fe por parte do traballador. En caso de ser designado o letrado por parte do persoal funcionario, o Concello resérvase o dereito de rexeita-la minuta por abusiva cando sexa superior ó establecido polo Colexio Oficial de Avogados de Galicia, tendo que asumir este a diferenza do seu propio pecunio.

O tempo que o empregado municipal empregue nas actuacións xudiciais derivadas da súa función será considerado a tódolos efectos tempo de traballo efectivo.

Artículo 30. - Retirada e renovación do permiso de conducir.

No caso de retirada temporal ou definitiva do carné de conducir o Concello garantirá a adscrición do empregado municipal que preste os seus servizos como condutor a un posto de traballo adecuado ós seus coñecementos, cando a devandita retirada se derive do exercicio das súas funcións e non exista dolo, culpa, neglixencia grave ou mala fe por parte do traballador.

Actuarase do mesmo modo por retirada definitiva do carné, por enfermidade ou mingua de facultades físicas que lle impida a renovación deste sen prexuízo do seu paso un posto de segunda actividade.

O Concello farase cargo dos gastos de renovación do permiso de conducir dos traballadores que pola súa función realicen traballos de condución de vehículos a motor.

Artículo 31. - Anticipos.

A petición do interesado, o Concello concederalles ós seus empregados anticipos de ata 5.500,00.A súa devolución efec tuarase mediante deducións mensuais en nómina sen xerar ningún xuro para devolver nun prazo máximo de 5 anos, mediante 14 cotas anuais, sen que procedan devolucións anticipadas para renova-lo anticipo. En caso de finalización da relación administrativa deberá saldarse a débeda existente nese momento ou, se é o caso, garanti-la súa devolución.

A partida orzamentaria anual será de 317.240 para o persoal do Concello e 48.410 para o Consello Municipal de Deportes.

Para solicitar un anticipo será condición necesaria e imprescindible que estean liquidadas a totalidade das cotas do anticipo concedido con anterioridade nos prazos autorizados e fixados. Se entre os solicitantes se atopasen traballadores que nunca solicitaran un anticipo, estes terán preferencia na concesión.

Artículo 32. - Axudas por natalidade, adopción legal, nupcialidade, defunción e xubilación.

Establécese unha axuda por evento de natalidade ou adopción legal de 972,00 e por evento de nupcialidade de 178,00.Tamén se establece unha axuda por defunción do traballador en servizo activo en cantidade de 974,00.Estas axudas recibiranse logo de presenta-la solicitude.

Todo empregado municipal en activo percibirá no momento da súa xubilación un premio de xubilación que ascenderá a 1.069,00,agás nos casos de xubilación anticipada.

Estas axudas son independentes das que poidan conceder outros organismos e aboaranse ó presenta-la solicitude.

Estes dereitos solicitaranse necesariamente dentro do ano natural en que se produciu o feito causante ou do seguinte ano como máximo.

Artículo 33. - Axuda de matrícula e de librería.

Establécese unha axuda de matrícula para os/as traballadores/as municipais que cursen estudos en centros de ensino oficial, consistentes no 80% do importe da matrícula, tamén se inclúen os cursos de posgrao (mesurado e doutorado) impartidos en centro oficiais públicos cun límite de 720.

Establécese unha axuda de librería para o/a empregado/a municipal e tamén para cada fillo/a matriculado/a en centro de ensino oficial polas contías seguintes.

Educación infantil, primaria; 180,00 Educación secundaria; 250,00 Educación superior; 425,00 A axuda para facultades, escolas técnicas ou ensinanzas universitarias será dunha por curso académico, sempre que sexan obxecto de matrícula un mínimo de tres materias.

Para ter dereito a estas axudas o beneficiario deberá aprobar 1/3 das materias matriculadas.

Establécese unha axuda para sufraga-los gastos de gardería de fillos menores de 4 anos na contía de 65,00/mes. Estes gastos terán que ser xustificados con factura oficial.

Artículo 34. - Axuda por discapacidade.

O/a funcionario/a municipal que teña compañeiro/a ou fillos/as en situación de incapacidade absoluta, incapacidade parcial ou minusvalía igual ou superiores ó 33%, e que non realicen traballo retribuído, percibirá a cantidade de 100 men suais salvo que perciban pensión de minusvalía ou incapacidade de organismo oficial superior ó 75% do SMI.

Artículo 35. - Axuda por odontoloxía, oftalmoloxía e outros.

1. Establécese unha axuda para o funcionario/a municipal, compañeiro/a e fillos/as para gastos de odontoloxía, consistentes no 60% do importe da factura oficial, sen que a devandita axuda poida supera-la cantidade de 370/ano de axuda por beneficiario. Exclúense desta axuda os gastos de ortodoncia que teñan só unha finalidade estética e que non teñan unha xustificación médica, e as extraccións a excepción das motivadas polo tratamento da piorrea. En ningún caso se incluirán as consultas médicas.

2. Establécese unha axuda para o/a empregado/a municipal, compañeiro/a e fillos/as para gastos de oftalmoloxía (lentes ou lentes de contacto graduadas), consistente no 60% do importe da factura oficial, sen que a devandita axuda poida supera-la cantidade de 370 ó ano por beneficiario/a. Esta axuda só se aboará cando os gastos se deriven de modificacións das condicións oculares debidamente acreditadas e non por perda ou deterioro, e limitarase ó custo de substitución dos elementos ópticos, non afectando a monturas ou similares.

3. Establécese unha axuda para o/a empregado/a municipal, compañeiro/a e fillos/as para gastos de adquisición de próteses ortopédicas, auditivas, etc.. eque non sexan cubertas pola Seguridade Social ou seguro de accidentes. A devandita axuda ascenderá ó 60% da factura oficial e non poderá supera-la cantidade de 370 ó ano por beneficiario/a.

Artículo 36. - Instalacións deportivas e de recreo.

O Concello de Ourense aboará o 60% dos gastos que os/as empregados/as municipais soporten polo uso de instalacións deportivas e de recreo de titularidade municipal. Esta axuda alcanzará ó/á compañeiro/a e fillos/as economicamente dependentes.

Artículo 37. - Gastos médico-farmacéuticos.

O/a traballador/a ou o seu compañeiro/a ou fillos/as economicamente dependentes del ou dela que se atopen en situacións que requiran tratamento médico-farmacéutico, cun custo superior ó 20% do seu salario mensual, terá dereito ó pago do 60% dos gastos farmacéuticos que se deriven deste, sempre e cando os medicamentos se atopen incluídos nas listas dos que facilita a Seguridade Social. Esta axuda é incompatible con calquera outra co mesmo fin, especialmente coas de oftalmoloxía e odontoloxía.

Artículo 38. - Dereitos a axudas.

1. As axudas asistenciais (artigos 32-37) solicitaranse cada ano en que se teña dereito e antes do 31 de decembro, e pagaranse dentro dos dous primeiros meses do ano seguinte. No suposto de que o montante das solicitudes supere a cantidade dispoñible procederase ó rateo, unha vez deducidas as axudas de defunción, nupcialidade, natalidade e adopción.

2. Para ter dereito a estas axudas é necesario estar en activo un prazo mínimo de 6 meses dentro do ano de aplicación do fondo, exceptuándose o persoal que se xubile nese ano, ós/ás pensionistas e ós/ás orfos/as menores de idade ou con discapacidade física ou psíquica debidamente acreditada respecto das axudas que lle correspondan.

Artículo 39. - Plan de pensións.

O Concello de Ourense establecerá de acordo cos traballadores un Plan de pensións que cubrirá as situacións de morte, viuvez, orfandade e invalidez. As contraprestacións ascenderán no caso de morte ou invalidez permanente por causas comúns a 30.000 e por causa de accidente de traballo a 39.000.

O Concello garantirá con fondos propios as contías anteriores en canto o plan non as cubra na súa totalidade.

Artículo 40. - Xubilación incentivada.

Así mesmo, os/as funcionarios/as fixos/as, condicionado a que se exerza o devandito dereito dentro do primeiro trimestre de cada ano, poderán solicita-la xubilación voluntaria a partir dos 60 anos ou dos 58 ou 59 no caso dos corpos especiais, e terán dereito a unha prima por xubilación anticipada nas contías seguintes, igualmente con cargo ó citado plan de pensións. O Concello garantirá con fondos propios as contías seguintes en canto o plan non as cubra na súa totalidade.

Ós 60 anos; 53.875

Ós 61 anos; 43.490

Ós 62 anos; 32.455

Ós 63 anos; 25.315

Ós 64 anos; 16.230

Non haberá dereito á percepción das contías sinaladas no apartado anterior cando se perciba o 100% da pensión por xubilación. Este dereito é incompatible co establecido no artigo 10. Esta situación non implicará amortización do posto de traballo. No caso de percibi-lo 100% da pensión de xubilación, as contías para percibir serán as seguintes:

Ós 60 anos; 32.325

Ós 61 anos; 29.570

Ós 62 anos; 24.660

Ós 63 anos; 21.260

Ós 64 anos; 14.930

Artículo 41. - Quebranto de moeda.

O Concello de Ourense garantirá en todo caso o quebranto de moeda sempre que non exista dolo, culpa, neglixencia grave ou mala fe do funcionario/a.

Artículo 42. - Transporte público.

O Concello asumirá o gasto por utilización do transporte público para os seus empregados/ás no exercicio das súas funcións profesionais.

Ábrese a posibilidade de chegar a un acordo coa empresa concesionaria do servizo de autobuses para lograr descontos na adquisición de bonobuses para o persoal traballador fixo do Concello, levando a cabo a negociación a Comisión de Seguimento.

Artículo 43. - Apoio á adquisición da vivenda.

Establécense dous instrumentos para facilita-lo acceso para unha única vivenda e unha soa vez dos empregados municipais.

1. A mesma axuda que se lles concede ós traballadores da Xunta de Galicia.

2. O Concello xestionará unha liña preferencial de créditos para a adquisición da vivenda habitual do seu persoal.

CAPÍTULO 7º: Seguridade e higiene

 
Artículo 44. - Servizo de prevención.

1. O servizo interno de prevención de riscos estará constituído por un conxunto axeitado de medios humanos e materiais dedicados á prevención e protección da seguridade e da saúde dos/as traballadores/as e instalacións municipais.

2. A política de seguridade e saúde laboral realizarase anualmente a través dun programa de servizos de prevención que, en todo caso, deberá comprender estudos e proxectos necesarios para defini-los riscos máis significativos pola súa gravidade ou frecuencia e a adaptación de locais e de postos de traballo. Incluirá, así mesmo, os programas de execución de medidas preventiva e os de control e inspección destes, así como os plans de formación e adestramento do persoal que sexan necesarios. Será de obrigado cumprimento o recollido a este respecto na lexislación correspondente.

Artículo 45. - Recoñecemento médico.

O Concello garantiralles ós/ás traballadores/as a vixilancia do seu estado de saúde en función dos riscos inherentes ó traballo. Neste sentido levará a cabo un recoñecemento médico inicial en función do posto de traballo para desempeñar ou cando ó/á traballador/a se lle asignen tarefas específicas con novos riscos.

Ademais efectuarase un recoñecemento médico anual de xeito voluntario, exceptuando os supostos previstos no art. 22.1 da LPRL 31/95, que será realizado dentro da xornada laboral, conforme ós protocolos establecidos legalmente para a vixilancia da saúde, e sempre en función do posto de traballo.

As medidas de vixilancia e control da saúde dos traballadores levaranse a cabo respectando sempre o dereito á intimidade e a dignidade da persoa do traballador e a confidencialidade de toda a información relacionada co seu estado de saúde. O resultado porase en coñecemento de cada traballador/a individualmente.

Artículo 46. - Delegados de prevención.

1. Os delegados de prevención son os representantes dos/as traballadores/as con funcións específicas en materia de prevención de riscos no traballo.

2. No ámbito do Concello de Ourense existirán tantos delegados de prevención como se recolle na Lei 31/95, de prevención de riscos laborais, que serán elixidos polas organizacións sindicais representativas mediante voto proporcional ós membros obtidos nas eleccións ó Comité de Empresa e Xunta de Persoal.

3. As competencias, facultades e garantías dos delegados de prevención serán as que sinala a lexislación vixente.

Artículo 47. - Comité de Seguridade e Saúde.

1. O Comité de Seguridade e Saúde é o órgano paritario e colexiado de participación destinado á consulta regular e periódica das actuacións do Concello de Ourense en materia de prevención de riscos laborais.

2. Estará constituído paritariamente por membros da Comisión de Prevención e igual número de representantes da administración. Nas súas reunións poderán participar con voz e sen voto, de non ser membros de pleno dereito, os delegados sindicais das seccións sindicais, os técnicos de prevención e os traballadores que conten con cualificación ou información ó respecto de cuestións concretas.

3. As competencias e facultades do Comité de Seguridade e Saúde serán as que sinale a lexislación vixente.

Artículo 48. - Primeiros auxilios.

Cada servizo, sección, negociado ou unidade de traballo contará imperativamente cos medios necesarios de primeiros auxilios en perfectas condicións de utilización en todo momento, así como axeitados servizos hixiénicos, armarios individuais e duchas de auga quente naquelas dependencias onde os/as traballadores/as utilicen para desempeña-lo seu labor roupa distinta á da rúa.

Tamén contará co material necesario de seguridade persoal en perfectas condicións de uso.

Artículo 49. - Obrigas en materia de prevención de riscos laborais.

1. A administración proporcionará protección eficaz en materia de seguridade e saúde laboral. Polo tanto, entre outras, adoptará as seguintes medidas.

a) Proporcionaralles protección colectiva ós traballadores e, no seu defecto, proporcionará equipos de protección individual axeitados e suficientes. O Gabinete de Prevención de Riscos será o encargado de estudar e decidir que tipo de protección individual é necesario segundo o posto de traballo.

b) Dotará anualmente ó traballador/a de uniformes de acordo co posto de traballo asignado, debendo ser substituídos cando sufran deterioro polo uso. Unha vez finalizada a relación contractual o uniforme deberá ser devolto á administración.

c) Proporcionará equipos de traballo e medios de protección acordes co posto de traballo e riscos potenciais.

d) Informará das medidas de actuación en caso de emerxencia e risco grave e inminente. Así mesmo, informará ós traballadores sobre os riscos que poidan afectar á súa integridade, seguridade e saúde.

e) Dará a coñece-las medidas e actividades de prevención e protección a través das canles correspondentes.

f) Aceptará propostas de mellora nos niveis de protección dos traballadores.

g) Proporcionará formación e información axeitada ós/ás traballadores/as en materia preventiva preferentemente dentro da xornada laboral.

h) En función do resultado do recoñecemento médico adscribirá o traballador a un posto compatible coas súas condicións psicofísicas.

i) Favorecerá que as traballadoras en situación de embarazo ou lactación limiten a súa exposición a riscos ou condicións de traballo que poidan influír negativamente na súa saúde. De ser insuficiente esta medida, a traballadora será adscrita a un posto de traballo compatible co seu estado.

j)Informará ós menores de idade e ós seus pais ou titores dos posibles riscos do traballo e das medidas adoptadas para a súa redución.

k) A administración non repercutirá economicamente ós/ás traballadores/as calquera gasto derivado das medidas de prevención que tomen en cada caso.

2. As obrigas do traballador/a veñen recollidas na Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais e nos art. 5 b) e 19.2 do Estatuto dos traballadores. En particular o/a traballador/a deberá:

a) Usar axeitadamente os medios cos que desenvolva a súa actividade (máquinas, ferramentas, equipos de protección individual, etc.).

b) Usar correctamente os medios e equipos de protección e seguridade facilitados polo Concello de Ourense.

c) Informar de inmediato ó seu mando directo superior e ós/ás traballadores/as designados/as para os labores de protección e prevención ou, se é o caso, ó Servizo de Prevención, acerca de calquera situación que entrañe risco para a seguridade ou a saúde dos/as traballadores/as.

d) Contribuír ó cumprimento das obrigas establecidas pola autoridade laboral para protexe-la saúde e a seguridade dos/as traballadores/as.

e) O incumprimento por parte do traballador das normas de seguridade e saúde poderá ser obxecto de expediente sancionador.

f) O traballador poderá abandona-lo seu posto de traballo en caso de risco real para a súa vida ou a súa integridade física.

CAPÍTULO 10º: Dereitos sindicais

 
Artículo 50. - Liberdade sindical.

A Corporación e os representantes legais dos/as traballadores/as comprométense a desenvolve-las condicións que permitan o pleno exercicio da liberdade sindical.

Artículo 51. - Representación dos/as empregados/as municipais.

A representación do persoal desenvolverase de conformidade coa lexislación vixente.

Artículo 52. - Medios materiais.

1. Para cumprir coas súas funcións, a administración porá a disposición dos representantes legais dos/as funcionarios/as un local axeitado para o cumprimento das súas funcións e que contará tanto con espazo para cada sección sindical coma cos medios materiais necesarios.

2. A administración facilitaralles ós representantes dos/as traballadores/as o acceso a internet nos espazos destinados para o desenvolvemento do seu traballo, así como unha liña telefónica independente por sección sindical restrinxida ó ámbito nacional.

3. Tódolos centros de traballo e dependencias contarán con taboleiros de anuncios exclusivamente sindicais repartidos a partes iguais. Calquera representante legal ou delegado sindical poderá acceder ás dependencias, oficinas e servizos municipais, tendo dereito a ser informado dos asuntos que deban coñecer pola representación que exercen. En todo caso este dereito compatibilizarase coa boa marcha das dependencias en cuestión.

Artículo 53. - Dereito de información.

É competencia dos representantes dos/as traballadores/as a defensa dos intereses xerais e específicos dos/as empregados/as públicos/as.

Os representantes dos traballadores terán dereito a ser informados dos contratos facilitando copias básicas destes a tódalas seccións sindicais, da asignación de complementos, gratificacións, honras e distincións. Así mesmo, facilitaráselles resumos documentais de horas extras e copia das actas das xuntas da Área de Persoal.

Artículo 54. - Exercicio de accións.

Os representantes dos/as traballadores/as terán a capacidade xurídica que o ordenamento lles outorgue para o exercicio de accións administrativas ou xudiciais que procedan no ámbit o da súa competencia.

Artículo 55. - Consulta previa.

Os representantes dos/as traballadores/as terán que ser consultados preceptivamente en relación coas materias establecidas na lexislación vixente, sobre todo no referente ós cambios de horario, quendas e postos de traballo, así como a reestruturación ou reorganización do equipo.

Artículo 56. - Dereito á folga.

Recoñécese o dereito á folga de conformidade co disposto tanto na Constitución coma na normativa de desenvolvemento.

Os servizos esenciais serán negociados co Comité de Folga.

Artículo 57. - Garantías dos representantes dos empregados públicos.

Os representantes legais dos/as traballadores/as non poderán ser discriminados/as na súa promoción profesional ou económica. Ningún deles poderá ser trasladado nin sancionado por motivos sindicais durante o exercicio das súas funcións nin dentro do ano seguinte á expiración da súa condición.

Cada un dos membros dos órganos de representación, o secretario da sección sindical e os dous delegados sindicais disporán das horas mensuais establecidas na lexislación vixente para a realización das súas actividades representativas, de acordo co numero de funcionarios existentes no Concello de Ourense no momento de aprobarse o censo para a realización das eleccións sindicais correspondentes. A comunicación do seu uso realizarase con 24 horas de antelación, ou 48 se se ten traballo a quendas, ante o Servizo de Persoal e Recursos Humanos e ante o propio servizo. En caso de non poder facelo así, respectaranse as necesidades do servizo pasando posteriormente notificación ó Servizo de Persoal.

Mensualmente poderanse acumula-las horas dos empregados presentes nos distintos órganos de representación entre os membros do mesmo órgano e da mesma candidatura. Non se poderán ceder horas ó sindicato polo carácter persoal do devandito dereito senón que se cederán as horas a unha ou varias persoas. Os dous delegados sindicais e o secretario da sección sindical acumularán horas en función da súa condición de funcionarios ou laborais. Estas horas comunicaranse con suficiente antelación ó Servizo de Persoal e Recursos Humanos, expresando quen acumula e de quen procede.

Artículo 58. - Asembleas e reunións dos empregados públicos.

Están autorizadas as reunións e asembleas nos centros de traballo fóra da xornada laboral.

Estarán autorizadas as reunións e asembleas nos centros de traballo dentro da xornada laboral e ata un máximo de 40 horas anuais, das que 20 corresponderán ás seccións sindicais e as restantes á Xunta de Persoal.

Procurarase que a realización de asembleas e reunións en xornada laboral coincida coa entrada e saída dos traballadores.

Artículo 59. - Obrigas dos representantes dos empregados públicos.

Os representantes dos/as traballadores/as obríganse expresamente a.

a) Cumprir e respecta-lo pactado e negociado coa Corporación.

b) Desenvolver labores de estudo e asistencia ó labor sindical

c) Notificarlle á Corporación calquera cambio de membros que se produzan no seu seo.

CAPÍTULO 8º: Formación profesional

 
Artículo 60. - Cursos.

O/a empregado/a municipal poderá acceder á realización de calquera curso de formación, perfeccionamento ou reciclaxe relacionado co seu posto de traballo, convocado polo Concello ou calquera outro organismo, respectándose o principio de igualdade e de oportunidade.

Artículo 61. - Gastos de asistencia a cursos.

Os gastos de asistencia a cursos serán aboados polo Concello dentro das posibilidades orzamentarias, logo de autorización administrativa.

Os gastos dos cursos obrigatorios dos/as empregados/as públicos/as en prácticas para a toma de posesión serán integramente aboados polo Concello.

Poderase autoriza-la asistencia a cursos sen autoriza-los seus gastos, correndo, nese caso, por conta do funcionario.

Artículo 62. - Faltas e sancións.

O réxime disciplinario do persoal ó servizo deste Concello será o recollido na lexislación vixente.

Disposicións adicionais.

 
Primeira. -

Baseándose no acordo adoptado polo Concello en sesión plenaria do 2 de marzo de 1991, recóllese a equiparación salarial do persoal laboral co funcionario con efectos do 1 de xaneiro de 1991.

Segunda. -

Seranlles de aplicación ós xubilados ata a idade de 65 anos, exceptuando os que se acolleran á xubilación incentivada incluídos no art. 40, as materias referentes a.

Xubilación voluntaria por invalidez. Revisión salarial (por liquidación de atrasos). Responsabilidade civil e defensa xurídica. Axuda de estudos, librería e gardaría. Axudas por minusvalías familiares. Axudas de odontoloxía, oftalmoloxía e próteses. Gastos médico-farmacéuticos. Distribución fondo social. Bonificación de tarifas. Xubilación voluntaria anticipada.

Terceira. - Seranlles de aplicación ós orfos menores de idade e ata os 28 anos cunha minusvalía do 50% e os ingresos dos cales non superen o dobre do salario mínimo interprofesional, as materias incluídas nos seguintes artigos deste acordo:

Axudas de estudos, libros, e garderías. Axudas por minusvalías familiares. Axudas de odontoloxía, oftalmoloxía e próteses. Gastos medico-farmacéuticos. Distribución fondo social. Bonificación tarifas.

Disposicións finais.

Primeira. - Os conceptos retributivos regulados nos artigos 22, 23, 24 e 25 incluiranse, nos casos en que así se determine e logo de negociación, dentro do complemento específico dos postos afectados na relación de postos de traballo, dotándose orzamentariamente para o exercicio 2010.

Nos seis primeiros meses do ano 2009 a Comisión de seguimento deste acordo levará a cabo os trámites necesarios para realiza-la súa incorporación ó citado complemento, tras solicita-los informes que resulten precisos.

Segunda. -

Este acordo regulador aplicaráselle ó persoal laboral en todo o que non estea regulado no convenio colectivo. Igualmente aplicarase nas materias recollidas no convenio cando así se acorde entre o Comité de Empresa e a Administración conforme á lexislación laboral aplicable.

Terceira. - Xubilación parcial dos empregados/as públicos/as. A Comisión de Seguimento deste acordo estudará a posibilidade de que os funcionarios/as do Concello, unha vez que se aprobe a normativa que o autorice, poidan acollerse á devandita modalidade de xubilación, precisando as súas condicións.

Cuarta. -

O montante económico das prestacións e axudas previstas nos artigos 10 (xubilación-invalidez), 28 (seguro de responsabilidade civil), 29 (defensa xurídica), 32 (natalidade, adopción, nupcialidade, defunción e xubilación), 33 (matrícula e librería), 34 (discapacidade, 35 (oftalmoloxía, odontoloxía e outros), 36 (instalacións deportivas e de recreo), 37 (gastos médico-farmacéuticos), 39 (plan de pensións/seguro de accidentes), 40 (xubilación anticipada), 41 (quebranto de moeda), 42 (transporte público) e 43 (apoio á adquisición da vivenda) non poderá superar durante o exercicio 2009 o importe 1.368.465 euros. Tal cantidade máxima dispoñible é a suma de tódalas partidas previstas nos orzamentos do Concello para facer fronte a cada unha das citadas prestacións e axudas no exercicio 2009.

Unha vez esgotada a partida orzamentaria destinada a cada unha das prestacións e axudas sociais poderá acudirse a calquera das restantes, logo de audiencia de Comisión de Seguimento deste acordo. No suposto de que se consumisen o total das partidas orzamentarias, non se admitirían máis solicitudes, nin poderá recoñecerse ningunha prestación ou axuda durante o ano 2009.

Para o ano 2010 a cantidade dispoñible será o resultado de incrementa-la cantidade máxima determinada para o ano 2009 coa porcentaxe de aumento previsto na Lei de orzamento xerais do Estado. Malia o anterior, as axudas asistenciais consideradas nos artigos 32, 33, 34, 35 e 37 actualizaranse conforme á porcentaxe que experimente o IPC.

O Concello negociará con distintas entidades crediticias ou outras entidades bancarias ou financeiras a concesión de créditos persoais e créditos de vivenda a un baixo tipo de interese para o persoal en activo, sempre que non implique custo ningún para o Concello.

Quinta. -

O Concello negociará con distintas entidades dedicadas á prestación de servizos médico-sanitarios a posibilidade de que aqueles empregados/as que o desexen poidan acollerse á subscrición dunha póliza que contemple tales coberturas en condicións especiais, tanto en prezos coma en prestacións. A contratación do devandito seguro médico será voluntaria para tódolos empregados/as, non poderá supoñer custo ningún para o Concello e levaraa a cabo a Comisión de Seguimento deste acordo.

Sexta. -

Durante o ano 2009 a Mesa de negociación manterá as reunións que resulten precisas coa finalidade de estuda-los criterios que puidesen ser tidos en consideración en canto á "avaliación do desempeño". A devandita "avaliación" terá como obxecto obte-la máxima eficiencia institucional, estimula-lo rendemento dos/as empregados/as municipais e determinar resultados na xestión de recursos humanos; ademais poderá terse en conta, unha vez fixados os criterios, para a promoción na carreira, a provisión e a determinación dunha parte das retribucións complementarias, vinculadas á produtividade ou ó rendemento.

Sétima. -

No suposto de que fose anulada pola xurisdición competente algunha disposición deste acordo, esta tornarase ineficaz, e, volverase negocia-lo precepto ou disposición anulada polo mesmo órgano que o pactou por solicitude de calquera das partes.

Anexo. Vestiario de traballo

O contido deste anexo queda sometido á revisión e á adaptación permanente por acordo ou pacto entre a administración e os representantes dos empregados públicos. Anexo ó acordo regulador das condicións de traballo dos empregados públicos do Excmo. Concello de Ourense.

De acordo coa normativa vixente, debe engadirse o seguinte artigo no que se determinan as partes asinantes:

Artículo 63. - Partes concertantes.

Actúan como partes concertantes deste acordo.

En representación do Pleno do Concello de Ourense: o concelleiro delegado de Persoal e Réxime Interior e o xefe de Servizo de Persoal.

En representación dos traballadores os representantes das organizacións sindicais CIG, CC OO e UXT.