Convenio Colectivo de Emp... de Coruña

Última revisión
30/09/2011

C. Colectivo. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE NEGREIRA. PERSONAL FUNCIONARIO de Coruña

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 30 de Septiembre de 2011 en adelante

Tiempo de lectura: 123 min

Tiempo de lectura: 123 min

Documento oficial en PDF(Páginas 15-51)

Resolucion de inscricion e publicacion do acordo regulador do persoal funcionario ao servizo do Concello de Negreira (Boletín Oficial de A Coruña num. 188 de 30/09/2011)

Preambulo

Resolución de inscrición e publicación do acordo regulador do persoal funcionario ao servizo do Concello de Negreira

Visto o expediente do acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario ao servizo do Concello de Negreira, aprobado pola mesa de negociación, composta, dunha parte pola representación do Concello e, doutra, polos representantes do persoal funcionario, dous do sindicato C.C.O.O., dous da U.X.T. e un da C.I.G., o 04.05.2011, cos votos favorables dos representantes de C.C.O.O. e U.X.T. e a abstención do de C.I.G, e ratificado polo Pleno da Corporación o 12.05.2011, de acordo co establecido no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo e na Orde de 29 de outubro de 2010 pola que se crea o Rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, e en aplicación do disposto polo artigo 38 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público

ESTA XEFATURA DE TRABALLO E BENESTAR ACORDA:

1º.

Ordenar a súa inscripción no Rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2º.

Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

A Coruña, 16 de setembro de 2011.

O xefe territorial de Traballo e Benestar

Luís A. Álvarez Freijido

ACORDO REGULADOR PARA O PERSOAL FUNCIONARIO AO SERVIZO DO CONCELLO DE NEGREIRA

CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS (arts. 1 a 12).

CAPÍTULO II. SEGUIMENTO E CONTROL (arts. 13 a 14).

CAPÍTULO III. SOLUCIÓN EXTRAXUDICIAL DE CONFLICTOS COLECTIVOS (arts. 15 a 16).

CAPÍTULO IV. DEREITOS SINDICAIS.

SECCIÓN 1.ª. DO DEREITO Á ACTIVIDADE SINDICAL (arts. 17 a 20).

SECCIÓN 2.ª. DAS SECCIÓNS SINDICAIS (arts. 21 a 25).

SECCIÓN 3.ª. DO DEREITO Á REPRESENTACIÓN COLECTIVA (arts. 26 a 29).

SECCIÓN 4.ªDO DEREITO DE REUNIÓN (arts. 30 a 32).

SECCIÓN 5.ªDOS DEREITOS DE NEGOCIACIÓN E PARTICIPACIÓN COLECTIVA (arts. 33 a 36).

SECCIÓN 6.ª. DO DEREITO DE FOLGA (art. 37).

CAPÍTULO V. DEREITOS E DEBERES DOS EMPREGADOS MUNICIPAIS.

SECCIÓN 1.ª. DOS DEREITOS DOS EMPREGADOS DO CONCELLO (art. 38).

SECCIÓN 2.ª. DEREITOS DE CARRERA PROFESIONAL, PROMOCION E EVALUACION DO DESEMPEÑO (art. 39).

SECCIÓN 3.ª. DEBERES DOS EMPREGAOS, PRINCIPIOS ETICOS E DE CONDUCTA (art. 40).

CAPÍTULO VI. CALIDADE DOS SERVIZOS E ABSENTISMO LABORAL (art. 41).

CAPÍTULO VII. CALENDARIOS LABORAIS, XORNADAS E HORARIOS (arts. 42 a 50).

CAPÍTULO VIII. VACACIÓNS, PERMISOS, LICENCIAS E EXCEDENCIAS (arts. 51 a 54).

CAPÍTULO IX. PLANIFICACION DOS RECURSOS HUMANOS DO CONCELLO DE NEGREIRA (arts. 55 a 58).

CAPÍTULO X. EMPREGADOS PUBLICO DO CONCELLO DE NEGREIRA.

SECCIÓN 1.ª. INSTRUMENTOS DE ORDENACION DO PERSOAL (art. 59).

SECCIÓN 2.ªCLASIFICACION DO PERSOAL (arts. 60 a 66).

CAPÍTULO XI. ACCESO DE CONDICION DE EMPLEADO PUBLICO DO CONCELLO DE NEGREIRA.

SECCIÓN 1.ª. SELECCIÓN E ACCESO (arts. 67 a 70).

SECCIÓN 2.ª. PROVISIÓNS DE POSTOS DE TRABALLO (arts: 71 a 73).

SECCIÓN 3.ª. OUTRAS FORMAS DE PROVISIÓN (arts. 74 a 75).

CAPÍTULO XII. CARRERA PROFESIONAL E PROMOCIÓN INTERNA (arts. 76 a 78).

CAPÍTULO XIII. INCOMPATIBILIDADES (art. 79).

CAPÍTULO XIV. NORMALIZACIÓN LINGUÍSTICA (art. 80).

CAPÍTULO XV. SISTEMA RETRIBUTIVO (arts. 81 a 91).

CAPÍTULO XVI. ACCIÓN SOCIAL E OUTROS DEREITOS (arts. 92 a 98).

CAPÍTULO XVII. RÉXIME DISCIPLINARIO (art. 99).

CAPÍTULO XVIII. FORMACIÓN NAS ENTIDADES LOCAIS (arts. 100 a 102).

CAPÍTULO XIX. SAÚDE E SEGURIDADE (arts. 103 a 110).

CAPÍTULO XX. XUBILACIÓN (arts. 111 a 113).

DISPOSICIONES ADICIONALES

D.A. UNICA. CLASIFICACIÓN DOS FUNCIONARIOS DE POLICÍA LOCAL.

DISPOSICIONES TRANSITORIAS

D.T. 1ª. CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL.

D.T. 2ª.CLASIFICACIÓN PROVISIONAL TRANSITORIA.

ANEXOS.

I. RETRIBUCIÓNS.

II. INDEMNIZACIÓNS POR RAZÓN DE SERVIZO.

III. REGULAMENTO DE ACCIÓN SOCIAL.

CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS

 
Artigo 1. Representación e lexitimidade.

As partes que concertan este acordo son o Concello de Negreira, no exercicio da súa autonomía local, e os órganos de representación sindical do mesmo, a través da mesa xeral de negociación ao abeiro do previsto na Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, a Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, e demais normativas de aplicación.

Artigo 2. Ámbito de aplicación persoal e funcional.

O acordo aplicarase ás condicións de emprego do persoal funcionario ao servizo do Concello de Negreira.

Artigo 3. Ámbito territorial.

O presente acordo será de aplicación no ente territorial Concello de Negreira e na totalidade de organismos e entes públicos que formen ou poidan formar parte do mesmo.

Artigo 4. Ámbito temporal, vixencia e denuncia.

1. O presente acordo regulador entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, abarcando o seu período de vixencia ata o 31 de decembro de 2011, data na que se entenderá prorrogado por anualidades de non existir denuncia dalgunha das partes ata que a entrada en vigor do novo acordo substitúa ao anterior trala oportuna negociación.

2. O ACR considerarase denunciado cando así o faga calquera das partes por escrito con tres meses de antelación á finalización da súa vixencia ou de calquera prórroga, a fin de iniciar as negociacións e deliberacións do novo acordo, en data non posterior a un mes contado a partir da data de denuncia.

Artigo 5. Obxecto.

O presente acordo, e co alcance normativo a que fai referencia o artigo 2, regula e facilita o normal desenvolvemento das relacións de traballo dentro do seu ámbito de aplicación e deroga as normas iguais ou de inferior rango no que se opoñan ao seu contido.

Artigo 6. Carácter.

O acordo ten un carácter necesario e indivisible para todos os efectos, no sentido de que as condicións pactadas neste constitúen un todo orgánico e unitario.

Artigo 7. Condicións máis beneficiosas.

Enténdese este acordo como o marco global máis favorable. A comisión de seguimento e interpretación estudará, caso por caso, a aplicación a persoas determinadas de condicións laborais máis beneficiosas que estean recoñecidas con anterioridade á entrada en vigor do mesmo.

As condicións do presente acordo, teñen carácter supletorio da normativa vixente reguladora do réxime estatutario do persoal das administracións públicas. En todo caso as melloras que se establezan de carácter normativo para os empregados públicos que afecte ao ámbito da administración local incorporaranse baixo o principio de norma mais favorable ou condición máis beneficiosa, sen prexuízo das actualizacións e adaptacións a que fai referencia o artigo 13.d) deste acordo.

Artigo 8. Irrenunciabilidade.

Terase por nula e por non feita a renuncia por parte dos traballadores de calquera beneficio establecido no acordo.

Artigo 9. Aplicación favorable.

Como norma xeral, unha vez aplicado o acordo, e trala consulta á comisión de seguimento e interpretación, tódalas condicións establecidas no mesmo, en caso de dúbida, ambigüidade ou escuridade, en canto ao seu sentido e alcance, terán que ser interpretadas e aplicadas do xeito que resulte máis beneficioso para os traballadores, con sometemento pleno á lei e ao dereito.

Artigo 10. Aplicación directa.

As partes signatarias do acordo comprométense á aplicación directa deste e a non promover cuestións que puideran supoñer modificacións das condicións pactadas no texto.

Artigo 11. Rexistro e publicidade.

Este acordo rexistrase diante da autoridade laboral, ao abeiro do artigo 38 da Lei 7/2007, do 12 de abril, e do artigo 90 do R.D. lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, e con independencia da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, a publicidade do presente texto farase por conta do Concello de Negreira, dando coñecemento do mesmo a todos os empregados,

Artigo 12. Conflitividade laboral.

Antes de adoptar medidas disciplinarias ou actitudes conflitivas de carácter colectivo, as partes asinantes do acordo comprométense a esgotar a vía do diálogo dentro da propia institución, acudindo á comisión paritaria.

CAPÍTULO II. SEGUIMENTO E CONTROL

 
Artigo 13. Comisión paritaria de control e seguimento.

1. A mesa de negociación do persoal funcionario do Concello, actuará como comisión de control e seguimento. Cada unha das partes, polo Concello e por cada representación sindical designarán un voceiro na comisión.

2. A comisión de control e seguimento terá as seguintes funcións:

a) Interpretar a totalidade dos artigos e cláusulas do acordo.

b) Vixiar o cumprimento do pactado e denunciar, no seu caso, os incumprimentos.

c) Estudar, propor e, cando proceda, resolver aquelas cuestións ou reclamacións que, de común acordo, lle sexan sometidas polas partes.

d) Actualizar o contido do presente acordo para adaptalo ás modificacións que poidan derivarse de cambios normativos ou de acordos ou pactos subscritos entre as administracións públicas e os sindicatos.

e) Facer o seguimento e, no seu caso, desenvolvemento da aplicación do acordo. A tal efecto a comisión emitirá, cando o considere conveniente, un informe sobre estes extremos.

f) Asegurar a non discriminación da muller, controlando a igualdade de trato, os posibles abusos, agresións de orde sexual, laborais, físicas ou psíquicas, tanto por parte dos compañeiros de traballo, como dos superiores.

g) Impedir a realización de toda conduta abusiva ou de violencia psicolóxica que se realice de xeito sistemático sobre un traballador, manifestada especialmente a través de reiterados comportamentos, palabras ou actitudes que lesionan a dignidade ou integridade psíquica do mesmo e que poñan en perigo ou degraden as súas condicións de traballo.

h) Aprobar un regulamento interno no que se concretará o seu réxime de funcionamento e as funcións a desenvolver.

i) Calquera outra función que expresamente se lle atribúa no acordo ou que, de común as partes consideren conveniente.

Artigo 14. Réxime de funcionamento.

1. A comisión paritaria reunirase con carácter ordinario semestralmente e de xeito extraordinario cando o solicite polo menos o 50% dos seus compoñentes.

2. A comisión paritaria poderá utilizar os servizos ocasionais ou permanentes de asesores, con voz pero sen voto.

3. A comisión paritaria contará cun secretario, que será un técnico designado polo Concello e que actuará na mesma con voz pero sen voto.

4. As convocatorias das sesións realizaraas o secretario, co visto e prace dos voceiros, mediante citación por escrito na que conste, lugar data e hora, así como a orde do día. A convocatoria enviarase ás partes cunha antelación mínima de sete días hábiles, respecto da data prevista de celebración, no caso de sesións ordinarias, e dous días para o caso de sesións extraordinarias.

5. A orde do día das sesións da comisión será fixada polo secretario, co visto e prace dos voceiros.

6. Para que as sesións da comisión paritaria poidan celebrarse validamente será precisa a asistencia de, polo menos, o 51% dos seus membros, así como do secretario ou de quen o substitúa no cargo.

7. Os acordos deberán adoptarse por mais do 50% de cada unha das dúas representacións, sendo de carácter obrigatorio e vinculantes para ambas partes.

8. De cada xuntanza e ao seu remate, o secretario da comisión redactará a correspondente acta na que haberá de constar o lugar, data e hora de comezo e remate da reunión, nomes e apelidos dos presentes, os asuntos tratados, os acordos adoptados cun resumo das opinións emitidas e a expresión dos votos. A correspondente acta así redactada pasarase inmediatamente á aprobación e sinatura de tódolos asistentes.

9. As actas das sesións arquivaranse nun rexistro que custodiará o secretario, baixo a súa responsabilidade, tendo que expedir as certificacións oportunas dos acordos que as referidas actas conteñan, cando así se reclame por parte lexitimamente interesada.

10. Cando ámbalas partes así o consideren, crearanse comisións de traballo específicas para tratar temas concretos e predeterminados. Estas comisións elaborarán ditames que logo serán presentados á comisión paritaria, non sendo estes vinculantes senón de natureza informativos.

11. As comunicacións oficiais da comisión verificaranse sempre directamente e por escrito, sen que poidan admitirse traslados e reproducións a través doutras instancias.

CAPÍTULO III. SOLUCIÓN EXTRAXUDICIAL DE CONFLITOS COLECTIVOS

 
Artigo 15. Solución extraxudicial de conflitos colectivos.

1. O Concello de Negreira e a representación de persoal acordan como mecanismo de resolución e mediación nos posibles conflitos colectivos ou discrepancias significativas e insolubles, o diálogo e a negociación.

2. Esgotadas as vías de negociación e diálogo, a resolución extraxudicial de conflitos deberá levarse a cabo por procedementos de mediación e arbitraxe.

Artigo 16. Sistemas de mediación e arbitraxe.

1. As discrepancias no ámbito do persoal funcionario, resolveranse a través dos procedementos de mediación e arbitraxe a que fai referencia o artigo 35 da Lei 7/2007, do 12 de abril, e cos efectos, eficacia e tramitación dos Pactos de acordos, a través dun sistema regulado de solución extraxudicial de conflitos colectivos (1). A comisión negociadora determinará os criterios de xestión, designación, no seu caso, de mediadores e árbitros, e alcance e sistemas de reclamación de resolucións emitidas.

(1) Proporase un sistema de solución extraxudicial pactado coas entidades locais, en ausencia do desenvolvemento deste apartado no ámbito da Comunidade Autónoma. Namestres, nunha disposición transitoria, fixarase a posibilidade de arbitraxe e mediación, mediante designación polas partes de mediadores e árbitros.

CAPÍTULO IV. DEREITOS SINDICAIS

 

SECCIÓN 1.ª. DO DEREITO Á ACTIVIDADE SINDICAL

 
Artigo 17. Dereito á sindicación.

1. O persoal do Concello de Negreira ten dereito a sindicarse libremente en defensa e promoción dos seus intereses profesionais, económicos e sociais.

2. O dereito á libre sindicación comprende o dereito a afiliarse ao sindicato da súa elección, a separarse do que estivese afiliado, non podendo ninguén ser obrigado a afiliarse a un sindicato, e a elixir libremente aos seus representantes.

Artigo 18. Protección para o exercicio do dereito a actividade sindical.

1. O Concello proporcionará a axeitada protección ao persoal ao seu servizo contra todo acto antisindical que implique discriminación ou demérito relacionado co seu emprego.

2. A dita protección exercerase especialmente contra todo tipo de accións ou actuacións que persigan:

a) Influír nas condicións de emprego do traballador para que este se afilie ou non a unha central sindical, que deixe de ser membro dela, ou que renuncie á actividade sindical.

b) Fustrigar ou relegar a calquera traballador no seu lugar de traballo, ou prexudicalo de calquera xeito a causa da súa pertenza a unha central sindical ou da súa participación nas actividades sindicais.

c) Condicionar o emprego público á esixencia de afiliación ou non a calquera central sindical, ou á esixencia de causar baixa na mesma.

Artigo 19. Exercicio da actividade sindical.

1. Os empregados do Concello teñen dereito a dedicarse á acción sindical no lugar, tempo e forma previstos na Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, así como en calquera outra norma que sexa de aplicación.

2. Para estes efectos, entenderase como ámbito material inmediato para a acción sindical no Concello os centros de traballo, considerándose como tales, tanto o propio de cada traballador como calquera outra dependencia, establecemento ou local pertencente ao Concello, aínda que se encontre situado en sede distinta.

Artigo 20. Respecto ás necesidades do servizo.

Os dereitos recoñecidos aos empregados municipais neste capítulo, exercitaranse co debido respecto ás persoas e bens, procurando sempre non interferir na boa marcha do traballo e na atención ás necesidades do servizo.

SECCIÓN 2.ª. DAS SECCIÓNS SINDICAIS

 
Artigo 21. Dereito a constituír seccións sindicais.

Os empregados públicos do Concello afiliados a centrais sindicais legal e validamente constituídas e recoñecidas poderán constituír seccións sindicais de conformidade co establecido no presente capítulo e coa lexislación vixente.

Artigo 22. Constitución das seccións sindicais.

Para a atribución das garantías, facultades, funcións e competencias recoñecidas neste acordo, as seccións sindicais deberán acreditar que as centrais sindicais ás que pertencen obtiveron polo menos o 10% dos votos nas eleccións dos órganos de representación do persoal celebradas no Concello, ou que teñen a condición de centrais sindicais maioritarias, de conformidade co previsto na LOLS.

Artigo 23. Atribucións das seccións sindicais.

As seccións sindicais terán, entre outras, as seguintes facultades, garantías, funcións e competencias:

a) Representar e defender os intereses da central sindical a que pertencen e dos afiliados da mesma.

b) Posuír e exercer a través dos correspondentes órganos de representación, a representación legal para asuntos sociolaborais de todos e cada un dos seus afiliados, sen prexuízo doutras formas legais de representación que puidesen recabar os mesmos.

c) A atribución de representación ás seccións sindicais implica, entre outras facultades, a de realizar calquera clase de intervención, pedimento, reivindicación ou reclamación de índole sociolaboral, por escrito ou mediante comparecencia, en nome e representación de calquera afiliado, sen menoscabo do exercicio individualizado das mesmas que puidese realizar este.

d) Recibir, do xeito previsto na normativa vixente, a máis completa información en todos os asuntos do persoal do Concello por medio dos seus delegados.

e) Recoller as diversas reivindicacións sociolaborais do persoal ao servizo do Concello e propoñelas ás autoridades ou órganos correspondentes, diante da Xunta de persoal, do comité de empresa ou da asemblea xeral.

f) Informarse por iniciativa propia de todas as cuestións que afecten ao persoal do Concello. Para estes efectos, os delegados ou representantes sindicais poderán ter acceso a toda a documentación relativa a ditas cuestións, previa autorización da Alcaldía, dentro dos límites legais, así como da reserva e o non abuso, garantindo o Concello a consulta ou reprodución gratuíta daqueles que se consideren precisos para o exercicio da actividade sindical, sen prexuízo das garantías que se consideren oportunas para evitar o extravío dos documentos, así como das responsabilidades legais en que os solicitantes puidesen incorrer por incumprimento do deber de reserva profesional e sindical.

g) Exhibir e difundir libremente, en horas e lugares de traballo, calquera tipo de información, prensa, propaganda e publicacións de carácter sindical ou de interese laboral ou profesional.

h) Convocar e celebrar reunións e asembleas, tanto de afiliados como de todo ou parte do persoal nos mesmos termos previstos para os funcionarios na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico dos Empregados Públicos.

i) Empregar asesoresen calquera actividade que realicen no exercicio das súas competencias.

k) Para recadar as cotas sindicais, a sección sindical poderá acordar co Concello o seu desconto en nómina, logo da autorización dos seus afiliados.

l) Presentar e negociar perante os órganos resolutorios correspondentes cantos asuntos procedan en materia de condicións de traballo, seguridade e saúde laboral, réxime de asistencia, seguridade e previsión social, no que sexa competencia do Concello e de conformidade coa regulamentación relativa aos dereitos de negociación e participación que se recollen na lei e no presente acordo.

m) Expresar libremente opinións respecto das materias relativas á súa esfera de actividade.

n) Proporcionar asistencia e defensa, e obter audiencia no suposto de seguirse procedemento disciplinario contra calquera dos seus afiliados, sen prexuízo do dereito individual de audiencia, regulada no dito procedemento.

Artigo 24. Delegados sindicais.

1. As seccións sindicais que obtivesen un 10% dos votos nas eleccións sindicais do Concello, terán dereito a designar un delegado sindical.

2. Os delegados sindicais terán as seguintes funcións e dereitos:

a) Exercitar as competencias atribuídas á sección sindical que representan.

b) Autentificar coa súa firma o que a súa sección sindical expoña nos taboleiros de anuncios.

c) Convocar as reunións da sección sindical.

d) Dispoñer, sen menoscabo das súas retribucións, do mesmo número de horas sindicais que os membros dos órganos de representacións dos traballadores dentro da xornada de traballo, sen prexuízo das que lle poidan corresponder por ser tamén membro dos mesmos.

e) Exercer en nome e representación da súa sección sindical cantas accións xudiciais ou administrativas requira o cumprimento da súa función.

f) Serlle admitida a súa abstención ou escusa no suposto de ser designado como instrutor ou secretario nun expediente disciplinario.

Artigo 25. Sixilo profesional.

Tanto os delegados de persoal, como as seccións sindicais no seu conxunto observarán sixilo profesional no exercicio das súas funcións en todas aquelas materias sobre as que o Concello sinale expresamente o carácter reservado. En todo caso, ningún tipo de documento entregado polo Concello ás seccións sindicais e aos seus delegados poderá ser utilizado fóra do estrito ámbito municipal e para fins distintos dos que motivaron a súa entrega.

SECCIÓN 3.ª. DO DEREITO Á REPRESENTACIÓN COLECTIVA

 
Artigo 26. A representación colectiva.

Por representación enténdese a capacidade de elixir representantes e constituír órganos unitarios a través dos que se instrumente a interlocución entre o Concello e os seus empregados. Estes órganos unitarios, son:

A representación do persoal funcionario, articularse a través de Delegados de persoal ou Xuntas de persoal, de acordo co disposto no artigo 39 e seguintes da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto do Empregado Público, e normas que a desenvolvan.

Artigo 27. Garantías e facultades.

Os membros da representación sindical do Concello terán as seguintes garantías e facultades:

a) Audiencia do órgano ao que pertencen no suposto de seguirse procedemento disciplinario a un traballador, sempre que exista pedimento expreso neste senso por parte do inculpado.

b) Expresar individual ou colexiadamente con liberdade as súas opinións nas materias relativas á esfera da súa representación, podendo confeccionar, publicar e distribuír información de interese profesional, laboral ou social.

c) Para estes efectos, o Concello facilitará aos órganos de representación idénticos medios que os sinalados para as seccións sindicais.

d) Non ser trasladados, sancionados nin discriminados no seu traballo, promoción económica ou profesional, durante o exercicio das súas funcións nin dentro dos dous anos seguintes á expiración do seu mandato por razón do desempeño da súa representación.

e) Dispor dun crédito de 25 horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións. Para estes efectos non se computarán as horas empregadas en xuntanzas con representantes da corporación.

f) Poderanse acumular nun ou varios membros dos representantes electos, ou delegados da sección sindical as horas sindicais correspondentes a outros delegados da mesma sección sindical, podendo quedar relevado ou relevados do traballo, sen prexuízo da súa remuneración, e da súa promoción e carreira profesional tanto a nivel horizontal como vertical.

g) Utilizar un local facilitado polo Concello, na medida das súas posibilidades e previa solicitude, para actividades sindicais cunhas características e equipamento que satisfagan as diversas necesidades que en canto a capacidade, dotación, material e situación física puidesen presentarse. Este local será compartido coas seccións sindicais.

h) O Concello de Negreira, dotará aos órganos de representación sindical dun orzamento anual para actividades sindicais, que se dotará dunha cantidade anual de 500 €, que experimentará anualmente os incrementos de natureza xeral que se establezan para retribucións de persoal.

i) Seralles admitida a súa abstención ou escusa no suposto de ser designados como instrutores ou secretarios nun expediente disciplinario.

Artigo 28. Competencias.

Sen prexuízo do previsto na normativa, os órganos de representación terán as seguintes competencias:

a) Recibir a máis completa información en todos os asuntos de persoal do Concello.

b) Coñecer os nomeamentos do persoal funcionario do Concello. Para isto o Concello entregará aos órganos de representación sindical os nomeamentos de dito persoal.

c) Propoñer e negociar perante os correspondentes órganos resolutorios do Concello cantos asuntos procedan en materia de condicións de traballo, seguridade e saúde laboral, réxime de asistencia, seguridade e previsión social, no que sexa competencia do Concello.

d) Ser oídos na fase preparatoria do proceso de formación da vontade administrativa orientada á adopción de acordos en materia de persoal, consonte co previsto no presente capítulo e na normativa de xeral aplicación, sen prexuízo da preceptiva negociación sobre os asuntos indicados no presente acordo e na lexislación vixente.

Artigo 29. Capacidade e sixilo profesional.

1. Recoñéceselle aos órganos de representación de persoal do Concello, de xeito individual, capacidade para exercer accións administrativas ou xudiciais en todo o relativo ao ámbito das súas competencias, por decisión maioritaria dos seus membros.

2. En canto ó deber de manter sixilo no exercicio das súas funcións, aos representantes do persoal, seranlles de aplicación as regras previstas neste acordo para as seccións sindicais e os seus delegados.

SECCIÓN 4.ª. DO DEREITO DE REUNIÓN

 
Artigo 30. Dereito de reunión e lexitimación.

1. Os traballadores do Concello poderán exercitar o dereito de reunión cos requisitos e condicións sinaladas nesta sección e na demais normativa de aplicación.

2. Están lexitimados para convocar reunións:

• A xunta de persoal.

• Os delegados de persoal.

• As organizacións sindicais, directamente ou a través dos delegados sindicais.

• Un número de traballadores non inferior ao 40%.

Artigo 31. Do lugar e momento da reunión.

1. As reunións no centro de traballo dentro da xornada laboral non poderán superar as 36 horas anuais, e só poderanse denegar por mor de forza maior. A resolución denegatoria deberá ser motivada.

2. Sen prexuízo do anterior, en período electoral as candidaturas que se presenten poderán convocar e celebrar asembleas de persoal dentro da xornada laboral, por un tempo máximo para todas elas de 4 horas en cada centro de traballo.

3. Non existirá ningún tipo de limitación para celebrar reunións fóra da xornada de traballo, sempre que se garanta a seguridade das instalacións ou dependencias que deberán ser previamente solicitadas con tempo suficiente.

4. En calquera caso, a celebración da reunión non prexudicará a prestación dos servizos.

5. O Concello facilitará, na medida das súas posibilidades, os locais adecuados para que as reunións poidan celebrarse.

Artigo 32. Convocatoria da reunión.

Os requisitos para celebrar unha reunión son os seguintes:

a) Comunicar por escrito a súa celebración con antelación de dous días hábiles se a reunión ten lugar fóra da xornada de traballo, e de cinco días se é dentro da xornada laboral, debendo acusar recibo.

b) Indicar no escrito:

1. Día, hora e lugar de celebración.

2. Colectivo ao que se convoca.

3. Orde do día.

4. Identificación dos asinantes, que deberán estar lexitimados para convocar a reunión consonte o disposto neste capítulo

c) As reunións entenderanse autorizadas e poderán celebrarse sen outro requisito se a autoridade competente non formula obxeccións á mesma mediante resolución motivada cando menos vintecatro horas antes da celebración.

SECCIÓN 5.ª. DOS DEREITOS DE NEGOCIACIÓN E PARTICIPACIÓN COLECTIVA

 
Artigo 33. Do dereito á negociación colectiva.

1. Principios xerais.

a) Os empregados públicos teñen dereito á negociación colectiva, representación e participación institucional para a determinación das súas condicións de traballo.

b) Por negociación colectiva, enténdese o dereito a negociar á determinación das condicións de traballo dos empregados da Administración Pública.

c) Por participación institucional, enténdese o dereito a participar, a través das organizacións sindicais nos órganos de control e seguimento das entidades u organismos que a lei contemple ou por acordo se decida na mesa xeral de negociación.

d) As organizacións sindicais máis representativas no ámbito da función pública están lexitimadas para a interposición de recursos en vía administrativa e xurisdicional contra das resolución dos órganos de selección.

2. A negociación colectiva e a participación na determinación das condicións de traballo dos funcionarios do Concello de Negreira efectuarase mediante a capacidade representativa recoñecida ás organizacións sindicais na Lei orgánica de liberdade sindical, no Estatuto Básico do Empregado Público e normas que o desenvolvan.

Artigo 34. Mesas de negociación do Concello de Negreira.

1. No ámbito do Concello de Negreira, a negociación colectiva levarase a cabo polos seguintes órganos, a mesa xeral de negociación do persoal do Concello e as mesas de negociación de funcionarios e a comisión negociadora do convenio colectivo.

2. A mesa xeral de negociación constituirase de xeito paritario pola representación do Concello e os órganos da representación sindical de persoal funcionario e laboral, sen prexuízo da representación que ao respecto se recoñece as organizacións sindicais máis representativas ao abeiro do establecido no artigo 36.3 da Lei 7/2007, do 12 de abril. A composición da mesa de negociación será paritaria.

a) Por acordo entre as partes, designarase un empregado municipal do Concello para asumir as funcións de secretario da mesa de negociación, que será o encargado de redactar a correspondente acta de cada reunión, da que dará fe. Esta acta será ademais asinada por todos os membros da mesa. O secretario encargarase tamén das tarefas administrativas propias da preparación, convocatoria e publicidade da mesa de negociación.

b) As reunións da mesa de negociación do Concello terán lugar cunha periodicidade semestral. Igualmente terán lugar reunións cando o soliciten de común acordo as partes ou por decisión dos representantes do Concello, ou de todas as organizacións sindicais presentes.

c) A orde do día das reunións será determinada conxuntamente, podendo incluír calquera das partes cantos asuntos consideren oportunos. As partes recibirán notificación formal da celebración das reunións cunha antelación mínima de 48 horas, poñendo simultaneamente á súa disposición toda a documentación relativa aos asuntos incluídos na orde do día para os efectos do seu coñecemento e estudo previo.

d) Calquera das partes poderá deixar sobre a mesa os asuntos que, ao seu entender, requiran dun máis detido exame ou emisión de informe, ou cando considere que faltan datos ou antecedentes de importancia para fundamentar a adopción de acordos ou resolucións. Do mesmo xeito, calquera dos representantes sindicais poderá facer constar, tanto na acta da reunión como na parte expositiva da posterior resolución, o ditame ou informe que emitan ao respecto os órganos da corporación, as discrepancias de calquera índole e os argumentos en que se fundamenten.

3. A mesa de negociación de funcionarios, estará constituída paritariamente polo Concello e os órganos de representación destes, así como as organizacións mais representativas na Comunidade Autónoma. O seu réxime de reunións e funcionamento de igual xeito que o disposto nos apartados a), b), c) e d) do punto anterior deste artigo.

4. A mesa de negociación do convenio constituírase ao amparo do disposto no Estatuto dos Traballadores, e conformarase paritariamente polo Concello e o comité de empresa, sen prexuízo do dereito de representación que recoñece a Lei orgánica de liberdade sindical.

5. Por acordo das representacións sindicais, a mesa xeral de negociación, pode desenvolver a negociación colectiva da mesa de negociación de funcionarios e da mesa de negociación do convenio, cos límites que ao respecto das materias de negociación fixa a lei.

Artigo 35. Materias obxecto da negociación.

1. Serán obxecto de negociación, no seu ámbito respetivo e en relación coas competencias de cada Administración Pública e co alcance que legalmente proceda en cada caso, as materias seguintes:

a) A aplicación do incremento das retribucións do persoal ao servizo das Administracións Públicas que se estableza na Lei de orzamentos xerais do Estado e das comunidades autónomas.

b) A determinación e aplicación das retribucións complementarias dos funcionarios.

c) As normas que fixen os criterios xerais en materia de acceso, carreira, provisión, sistemas de clasificación de postos de traballo, e plans e instrumentos de planificación de recursos humanos.

d) As normas que fixen os criterios e mecanismos xerais en materia de avaliación do desempeño.

e) Os plans de Previsión Social Complementaria.

f) Os criterios xerais dos plans e fondos para a formación e a promoción interna.

g) Os criterios xerais para a determinación de prestacións sociais e pensións de clases pasivas.

h) As propostas sobre dereitos sindicais e de participación.

i) Os criterios xerais de acción social.

k) As que así se establezan na normativa de prevención de riscos laborais.

l) As que afecten ás condicións de traballo e ás retribucións dos funcionarios, cuxa regulación esixa norma con rango de lei.

m) Os criterios xerais sobre ofertas de emprego público.

n) As referidas o calendario laboral, horarios, xornadas, vacacións, permisos, mobilidade funcional e xeográfica, así como os criterios xerais sobre a planificación estratéxica dos recursos humanos, naqueles aspectos que afecten a condicións de traballo dos empregados públicos.

2. Quedan excluídas da obrigatoriedade da negociación, as materias seguintes:

a) As decisións das Administracións Públicas que afecten ás súas potestades de organización.

Cando as consecuencias das decisións das Administracións Públicas que afecten ás súas potestades de organización teñan repercusión sobre condicións de traballo dos funcionarios públicos contempladas no apartado anterior, procederá a negociación de ditas condicións coas Organizacións Sindicais.

b) A regulación do exercicio dos dereitos dos cidadáns e dos usuarios dos servizos públicos, así como o procedemento de formación dos actos e disposicións administrativas.

c) A determinación de condicións de traballo do persoal directivo.

d) Os poderes de dirección e control propios da relación xerárquica.

e) A regulación e determinación concreta, en cada caso, dos sistemas, criterios, órganos e procedementos de acceso o emprego público e a promoción profesional.

Artigo 36. Principio de boa fe na negociación.

En todo caso as negociacións realizaranse sempre baixo o principio de boa fe.

SECCIÓN 6.ª. DO DEREITO DE FOLGA

 
Artigo 37. O dereito de folga.

O persoal do Concello poderá exercer o dereito de folga nos termos recollidos na lexislación vixente e sen prexuízo da peculiaridade que ao respecto establece para a Policía Local a Lei orgánica de forzas e corpos de seguridade.

CAPÍTULO V. DEREITOS E DEBERES

 

SECCIÓN 1.ª. DOS DEREITOS DOS EMPREGADOS DO CONCELLO

 
Artigo 38. Dereitos laborais, de natureza colectiva e individual.

1. Os Empregados do Concello teñen como dereitos básicos, de natureza colectiva, co contido e alcance que para cada un destes dispoña a súa específica normativa, os de:

a) Liberdade sindical.

b) Negociación colectiva e participación na determinación das condicións de traballo.

c) Adopción de medidas de conflito colectivo.

d) Folga, coas garantías que a lei impón ao respecto.

e) Reunión.

f) Participación.

2. Na relación de traballo e sen prexuízo do previsto nas normas de xeral aplicación, os traballadores teñen os seguinte dereitos individuais:

a) Á inamobilidade na condición de funcionario de carreira.

b) Ao desempeño efectivo das funcións e tarefas propias da súa condición profesional e de acordo coa progresión acadada na súa carreira profesional.

c) Á progresión no seu desenvolvemento profesional (carreira) e promoción interna segundo os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, mediante sistemas obxectivos e transparentes de avaliación.

d) A percibir as retribucións que se determinen pola lei e este acordo e as indemnizacións por razón de servizo.

e) A participar na consecución dos obxectivos atribuídos a unidade onde preste servizos e ser informado polos seus superiores das tarefas a desenvolver.

f) Á defensa xurídica e protección polo Concello nos procedementos que se sigan ante calquera orde xurisdicional como consecuencia do exercicio lexítimo das súas función ou cargo público.

g) Á formación continua e actualización permanente dos seus coñecementos e capacidades profesionais, que deberá realizarse, na medida do posible en horario laboral.

h) Ao respecto da súa intimidade, orientación sexual, propia imaxe e dignidade no traballo especialmente fronte ao acoso sexual e por razón de sexo, moral e laboral.

i) Á non discriminación por razón de nacemento, orixe racial ou étnico, xénero, sexo ou orientación sexual, relixión ou conviccións, opinión, razóns da lingua, discapacidade, idade ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

j) Á adopción das medidas que favorezan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

k) Á liberdade de expresión dentro dos límites do ordenamento xurídico.

l) A recibir proteción eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo.

m) Ás vacacións, descansos, permisos e licenzas.

n) Á xubilación segundo os termos e condicións establecidas nas normas aplicables.

o) Ás prestacións da seguridade social correspondentes ao réxime que lles sexa de aplicación.

p) Á libre asociación profesional.

q) Á súa integridade física e a unha adecuada política de seguridade e hixiene.

r) Aos demais dereitos recoñecidos polo ordenamento xurídico.

SECCIÓN 2.ª. DEREITO DE CARREIRA PROFESIONAL, PROMOCIÓN E EVALUACIÓN DO DESEMPEÑO

 
Artigo 39. Dereito a carreira profesional e promoción interna, avaliación do desempeño.

1. Aspectos xerais:

a) Os funcionarios do Concello terán dereito á promoción profesional

b) A carreira profesional é o conxunto de oportunidades de ascenso e expectativas de progreso profesional conforme aos principios de igualdade, mérito e capacidade.

c) No Concello de Negreira fixaranse logo formas de carreira profesional e promoción profesional horizontais e verticais.

d) Os sistemas de avaliación que se establezan como base para valorar o grao de interese, iniciativa ou esforzo do empregado, e a carreira profesional ou sistemas de promoción, deberán manter criterios de transparencia, obxectividade, imparcialidade e non discriminación e serán obxecto de negociación cos órganos de representación.

2. Os procesos de promoción profesional, carreira profesional e avaliación de desempeño, ademais dos cumprimentos legais ao respecto, constituirán materias de negociación colectiva no ámbito do Concello.

SECCIÓN 3.ª. DEBERES DOS EMPREGADOS, PRINCIPIOS ÉTICOS E DE CONDUTA

 
Artigo 40. Deberes laborais.

1. Deberes dos empregados do Concello. Código de conduta.

Os empregados públicos deberán desempeñar con dilixencia as tarefas que teñan asignadas e velar polos intereses xerais con suxeción e obxervancia da constitución, o Estatuto de Autonomía e do resto do ordenamento xurídico, deberán actuar con arranxo aos seguintes principios: obxectividade, integridade, neutralidade, responsabilidade, imparcialidade, confidencialidade, dedicación ao servizo público, transparencia, exemplaridade, austeridade, accesibilidade, eficacia, honradez, promoción do entorno cultural e medioambiental e respecto á igualdade entre mulleres e homes, que inspiran o código de conduta dos empregados públicos.

2. Os principios éticos da conduta dos empregados do Concello, son:

a) Respecto á Constitución, o Estatuto de Autonomía de Galicia e ao resto do normas que integran oordenamento xurídico.

b) A súa actuación perseguirá a satisfacción dos intereses xerais dos cidadáns e fundamentarse en consideracións obxectivas orientadas cara á imparcialidade e o interese común, á marxe de calquera outro factor que exprese posicións persoais, familiares, corporativas, clientelares ou calquera outras que poidan contradicir este principio.

c) Axustarán a súa actuación aos principios de lealdade e boa fe coa Administración na que presten os seus servizos, e cos seus superiores, compañeiros, subordinados e cos cidadáns.

d) A súa conduta basearase no respecto dos dereitos fundamentais e liberdades públicas, evitando toda actuación que poida producir discriminación algunha por razón de nacemento, orixe racial ou étnico, xénero, sexo, orientación sexual, relixión ou conviccións, opinión, discapacidade, idade ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

e) Absteranse naqueles asuntos nos que teñan un interese persoal, así como de toda actividade privada ou interese que poida supor un risco de expor conflitos de intereses co seu posto público.

f) Non contraerán obrigacións económicas nin intervirán en operacións financeiras, obrigacións patrimoniais ou negocios xurídicos con persoas ou entidades cando poida supor un conflito de intereses coas obrigacións do seu posto público.

g) Non aceptarán ningún trato de favor ou situación que implique privilexio ou vantaxe inxustificada, por parte de persoas físicas ou entidades privadas.

h) Actuarán de acordo cos principios de eficacia, economía e eficiencia, e vixiarán a consecución do interese xeral e o cumprimento dos obxectivos da organización.

i) Non influirán na axilización ou resolución de trámite ou procedemento administrativo sen xusta causa e, en ningún caso, cando iso comporte un privilexio en beneficio dos titulares dos cargos públicos ou a súa contorna familiar e social inmediato ou cando supoña un menoscabo dos intereses de terceiros.

k) Cumprirán con dilixencia as tarefas que lles correspondan ou se lles encomenden e, no seu caso, resolverán dentro de prazo os procedementos ou expedientes da súa competencia.

l) Exercerán as súas atribucións segundo o principio de dedicación ao servizo público absténdose non só de condutas contrarias ao mesmo, senón tamén de calquera outras que comprometan a neutralidade no exercicio dos servizos públicos.

m) Gardarán secreto das materias clasificadas ou outras cuxa difusión estea prohibida legalmente, e manterán a debida discreción sobre aqueles asuntos que coñezan por razón do seu cargo, sen que poidan facer uso da información obtida para beneficio propio ou de terceiros, ou en prexuízo do interese público.

3. Principios de conduta:

a) Tratarán con atención e respecto aos cidadáns, aos seus superiores e aos restantes empregados públicos.

b) O desempeño das tarefas correspondentes ao seu posto de traballo realizarase de forma dilixente e cumprindo a xornada e o horario establecidos.

c) Obedecerán ás instrucións e ordes profesionais dos superiores, salvo que constitúan unha infracción manifesta do ordenamento xurídico, nese caso poranas inmediatamente en coñecemento dos órganos de inspección procedentes.

d) Informarán aos cidadáns sobre aquelas materias ou asuntos que teñan dereito a coñecer, e facilitarán o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento das súas obrigacións.

e) Administrarán os recursos e bens públicos con austeridade, e non utilizarán os mesmos en proveito propio ou de persoas achegadas. Terán, así mesmo, o deber de velar pola súa conservación.

f) Rexeitarase calquera agasallo, favor ou servizo en condicións vantaxosas que vaia máis aló dos usos habituais, sociais e de cortesía, sen prexuízo do establecido no Código Penal.

g) Garantirán a constancia e permanencia dos documentos para a súa transmisión e entrega aos seus posteriores responsables.

h) Manterán actualizada a súa formación e cualificación.

i) Observarán as normas sobre seguridade e saúde laboral.

j) Porán en coñecemento dos seus superiores ou dos órganos competentes as propostas que consideren adecuadas para mellorar o desenvolvemento das funcións da unidade na que estean destinados. A estes efectos poderase prever a creación da instancia adecuada competente para centralizar a recepción das propostas dos empregados públicos ou administrados que sirvan para mellorar a eficacia no servizo.

k) Garantirán a atención ao cidadán en castelán ou galego, segundo este o solicite.

CAPÍTULO VI. CALIDADE DOS SERVIZOS E ABSENTISMO LABORAL

 
Artigo 41. Calidade dos servizos e absentismo laboral.

O Concello de Negreira e os órganos de representación dos seus funcionarios potenciarán os instrumentos de control e redución do absentismo laboral a través da proposta, entre outras, de sistemas e procedementos de medidas de mellora da calidade na prestación do servizo público aos cidadáns, da medición cuantitativa e cualitativa do absentismo laboral e seguimento deste, realizando os estudios necesarios sobre as súas causas e adoptando, se é o caso, as medidas que sexan procedentes para a súa redución.

O persoal virá obrigado a comunicar aquelas ausencias que se produzan ao inicio da xornada laboral mediante o correspondente aviso ao superior inmediato, seguíndose igual procedemento no caso de ser causa sobrevida durante a xornada laboral.

Das medidas que se adopten para reducir o absentismo informarase puntualmente á comisión de control e seguimento.

CAPÍTULO VII. CALENDARIOS LABORAIS, XORNADAS E HORARIOS

 
Artigo 42. Calendario laboral ordinario.

O calendario laboral ordinario para o persoal do Concello de Negreira será o que se estableza polos organismos competentes da Administración central, autonómica e do Concello, dentro das súas respectivas competencias, e afecten ao conxunto da Administración local de Galicia e ao Concello de Negreira en particular.

Os calendarios anuais deberán estar expostos antes do 15 de xaneiro de cada ano natural. As modificacións sobrevidas ao calendario, deberán estar suficientemente motivadas e informadas previamente á representación sindical.

Artigo 43. Días non laborables.

Os días 24 e 31 de decembro non serán laborables para o persoal do Concello de Negreira e permanecerán pechadas as oficinas públicas, agás os servizos de Rexistro xeral.

O persoal obrigado a realizar servizo nestes días terá dereito á percepción de doble festividade ou a compensación equivalente.

Tamén terá a condición retributiva de doble festividade os servizos prestados os días 25 de decembro e 1 de xaneiro.

A non ser que o Calendario laboral faga previsións ao respecto, cando os día 24 e 31 de decembro, ou calquera outro festivo coincidan en sábado ou en días non laborables, serán compensados con outros dous días de asuntos particulares.

O día 22 de maio será celebrado como festa dos empregados públicos locais polo que será considerado festivo.

Artigo 44. Xornada laboral.

1. A xornada de traballo do persoal ao servizo do Concello será de 35 horas á semana.

2. A xornada ordinaria diaria realizarase de luns a venres, será de 8:00 horas a 15:00 horas, sen prexuízo dos horarios específicos que se establezan para cada servizo, que serán obxecto da negociación.

3. O persoal por quenda se vexa obrigado á cobertura de rexistro os sábados, cun horario de 10:00 a 13:00, gozará da compensación en tempo de traballo, dentro da semana seguinte.

4. O tempo de asistencia aos cursos de formación programados ou autorizados polo correspondente órgano municipal para a capacitación e cualificación profesional ou para a adaptación a un novo posto de traballo e de asistencia obrigada, considerarase tempo de traballo para todos os efectos.

5. Durante o período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro (ámbolos dous inclusive), xornada de verán, reducirase o horario nunha hora principiando ás 8:00 e terminando as 14:00 horas.

O persoal do Concello con redución de xornada disporá dunha redución proporcional durante este período.

Cando polas características do servizo ou do posto de traballo, non sexa posible esta redución, o tempo de redución computarase a efectos de compensación en xornadas completas.

Artigo 45. Tempo de traballo efectivo.

Todo o persoal en réxime de xornada continuada gozará dunha pausa mínima de 30 minutos no medio da xornada, computándose como de traballo efectivo.

O persoal en réxime de xornada partida, gozará de dúas pausas de 15 minutos, distribuídas nas dúas partes da xornada laboral, e no medio de cada unha delas respectivamente, computándose como de traballo efectivo.

O tempo de traballo computarase de modo que tanto ao comezo como ao remate da xornada diaria, o traballador se atope no seu posto de traballo, considerándose como traballo efectivo aquel que sexa imprescindible para recoller, ordenar e gardar roupa, materiais e útiles de traballo. A mesma consideración terá o tempo utilizado para cumprir coas normas de seguridade e hixiene.

Para o persoal que desenvolva a súa actividade en lugares de traballo non fixos ou itinerantes, o cómputo da xornada normal de traballo comezará a partir da súa presenza no lugar de recollida ou reunión establecido ou no centro de control, tanto na entrada como na saída do traballo.

Artigo 46. Calendario de servizos especiais.

Naqueles servizos municipais que pola natureza da súa actividade deban organizarse por quendas de traballo, estas efectuaranse mediante a rotación entre todos os traballadores. Procurarase que nos servizos nos que a actividade se desenvolva en domingos, festivos, horas nocturnas, ou en condicións de perigosidade, penosidade ou toxicidade, as xornadas traballadas nas devanditas circunstancias sexan repartidas equitativamente entre todo o persoal adscrito ao servizo, sen prexuízo das situacións que por saúde laboral impidan o traballo a quendas ou nocturno, especialmente no período de maternidade.

Os calendarios de servizos especiais poderán dispor dun sistema de quendas, atendendo á dispoñibilidade de persoal e os servizos a realizar, respectando, en todo caso, o descanso entre xornadas, que non poderá ser inferior a 12 horas, e o descanso semanal ininterrompido de 24 horas que se engadirá ao anterior. En todo caso, este deberá coincidir alomenos con dous fins de semana de descanso ao mes.

A xornada non excederá anualmente da sinalada ao resto do persoal. Os calendarios de servizos especiais preverán a xornada laboral ordinaria dos mesmos, así como, de selo caso, a parte variable do horario.

A elaboración e tramitación destes calendarios rexerase polos mesmos criterios establecidos para os calendarios ordinarios.

Entenderase por distorsión horaria, a organización do traballo que obrigue a prestar servizo alternativamente en quendas variables de mañá, tarde ou noite.

Artigo 47. Servizos extraordinarios fóra da xornada laboral.

1. Terá a consideración de hora extraordinaria cada hora de traballo que se realice sobre a duración máxima da xornada de traballo establecida no presente acordo.

2. Os servizos extraordinarios realizados fóra da xornada laboral terán unha consideración excepcional e terán que ser motivados por extraordinarias ou urxentes necesidades, e deberán ser compensados economicamente ou en tempo de descanso dentro dos trinta días seguintes. Con carácter xeral deberán ser compensados e so excepcionalmente ante a imposibilidade delo retribuíranse segundo o disposto no presente acordo.

3. Especificamente, terán a consideración de servizos extraordinarios as horas necesarias para asistir a xuízos ou comparecencias fóra da xornada de traballo, derivados da prestación do servizo. Para estes efectos, computaranse un mínimo de cinco horas extraordinarias se o xuízo ou comparecencia ten lugar no mesmo partido xudicial (Santiago de Compostela), e de sete horas se trata dun partido distinto, sen prexuízo da xustificación oportuna. Igualmente, para o persoal da quenda de noite da Policía Local que teña que acudir a xuízo na mañá seguinte a da súa quenda, autorizaráselle a ausencia do servizo para facilitar a asistencia ao xuízo.

Se o día convocado para asistir a declarar ó Xulgado o traballador estivera gozando do seu día de descanso, será substituído por outro día de descanso.

Igualmente, considéranse horas extraordinarias as consumidas polo persoal que realice traballo por quendas na espera do relevo correspondente, sen prexuízo da esixencia da responsabilidade correspondente polo incumprimento do horario.

4. Os responsables dos servizos ou unidades administrativas responderán persoalmente da certeza e efectividade da realización de servizos extraordinarios, así como da veracidade das circunstancias que xustifiquen a súa realización.

5. Para o debido control do número de horas extraordinarias feitas, levarase un rexistro por servizos co número de horas realizado trimestralmente que, en todo caso, será entregado tamén trimestralmente aos representantes dos traballadores.

6. O número de horas extraordinarias realizadas por cada traballador non poderá exceder de 80 ao ano. Non se computarán a estes efectos as motivadas por danos extraordinarios e urxentes, independentemente da súa compensación económica.

7. As horas extraordinarias compensaranse preferentemente con descansos, a razón de 1,5 horas por cada hora traballada. No caso de que sexan realizadas en domingos, festivos ou de noite compensaranse con 2 horas e 3 se concorren as dúas circunstancias. As horas de compensación acumularanse preferentemente ata chegar a completar xornadas laborais completas.

Artigo 48. Réxime de especial dedicación.

1. O réxime de especial dedicación implicará a dispoñibilidade por razóns de servizo para o desenvolvemento dunha xornada adicional anual dun 10% sobre a xornada ordinaria, e en réxime de incompatibilidades ao amparo da normativa aplicable para o persoal ao servizo das Administracións Públicas. Inclúense neste réxime:

b) Os postos singularizados de nivel 22 ou superior, que se obteñan por concurso ou libre designación.

c) Os postos singularizados correspondentes a categorías profesionais que teñan recoñecido un nivel de complemento de destino superior ao mínimo do grupo de clasificación no que se encadre a categoría, igual ou superior ao nivel 22.

d) Os postos de traballo de niveis inferiores aos indicados, que se determinen na relación de postos de traballo

2. Os empregados en réxime de especial dedicación poderán renunciar a dito réxime. Dita renuncia, de ser concedida conlevará a redución do complemento específico ata o valor máximo legal que permite a compatibilidade.

Artigo 49. Traballo en período nocturno, festivo e a quendas.

1. Entenderase por traballo en período nocturno o efectuado entre as 10 da noite (22:00 p.m) e as 8 da mañá (8:00). Deberán realizarse alomenos 3 horas ou 1/3 da xornada neste horario.

2. Entenderase por traballo en período festivo o realizado no tempo que medie entre as 22 horas do venres e as 22 horas de cada domingo ou vésperas de festivo.

3. Entenderase por traballo a quendas o que esixa diferentes horarios de mañá e tarde, e no seu caso noites. Tamén terán esta consideración cando as quendas inclúan festivos ou domingos. A organización do traballo a quendas obrigará ao reparto das cargas de traballo con rotación nas mesmas a todos os empregados da unidade ou servizo correspondente.

4. As quendas de mañá e tarde contarán, cando menos, con 10 días de franqueo cada mes.

5. Entenderase por traballo en xornada partida o realizado en horario de mañá e tarde para completar a xornada ordinaria.

6. O sistema retributivo terá en conta as xornadas antes indicadas. As horas que se realicen en horario nocturno ou festivo compensaranse mediante a súa retribución específica e/ou a redución da xornada que se determine.

7. A compensación horaria por traballos nocturnos e festivos será acumulable.

Artigo 50. Descanso entre xornadas.

Calquera que sexa o réxime de organización do traballo de cada servizo municipal, entre o final dunha xornada e o comezo da seguinte mediarán como mínimo 12 horas.

CAPÍTULO VIII. VACACIÓNS, PERMISOS, LICENZAS E EXCEDENCIAS

 
Artigo 51. Licenzas retribuídas.

Sen prexuízo do disposto na lexislación sobre función pública aplicable ao persoal ao servizo da Comunidade autónoma galega en cada momento, establécese o seguinte réxime de permisos e licenzas retribuídos.

Poderanse conceder licenzas nos seguinte casos e condicións:

1. Por matrimonio ou inicio de vida en común o traballador terá dereito a unha licenza de 25 días naturais ininterrompidos, que poderán sumarse ás vacacións anuais. O inicio da convivencia deberá demostrase mediante certificación rexistral de matrimonio ou de parella de feito, ou por calquera outro medio que acredite debidamente dito feito.

Por matrimonio de parentes (ata o 2.ºgrao de consanguinidade ou afinidade),1 día; se o matrimonio se celebrase a máis de 200 km, 2 días e se fose a máis de 500 km, 3 días.

2. Por embarazo, nas condicións e duración prevista na lexislación xeral.

3. Por asuntos propios poderanse conceder licenzas sen retribución dunha duración acumulada que non poderá exceder de 3 meses, cada dous anos. A Concesión de licenzas por asuntos propios subordinarase, en todo caso, ás necesidade do servizo.

4. As licenzas por enfermidade fixaranse de acordo co réxime da Seguridade Social ó que pertenza o empregado.

5. Poderanse conceder licenzas para a realización de estudios sobre materias directamente relacionadas coa Administración Pública, logo do informe favorable do superior xerárquico, e o empregado terá dereito a percibir as retribucións básicas.

Artigo 52. Vacacións.

1. O persoal terá dereito, por ano completo de servizos, a gozar dunha vacación retribuída dun mes natural ou de vinte e dous días hábiles anuais, ou aos días que correspondan proporcionalmente ao tempo de servizos efectivos. Poderanse gozar en períodos mínimos de cinco días hábiles consecutivos.

2. Así mesmo, terá dereito a un día hábil adicional ao cumprir quince anos de servizo, ao que se lle engadirá un día hábil máis ao cumprir os vinte, vinte e cinco e trinta anos de servizo, respectivamente, ata un total de vinte e seis días hábiles por ano natural.

Este dereito farase efectivo a partir do ano natural seguinte ao do cumprimento dos anos de servizo sinalados no parágrafo anterior.

3. Para os efectos previstos neste artigo, non se considerarán como días hábiles os sábados, sen prexuízo das adaptacións que se establezan para os horarios especiais.

4. No caso de que o período de vacacións coincida co permiso previsto no punto 4 do artigo 53, a persoa interesada terá dereito á fixación dun período alternativo.

5. O calendario de vacacións elaborarase anualmente, téndose en conta as necesidades dos servizos, oídos os órganos de representación dos empregados.

Recoñécese o dereito á elección do período de vacacións a favor das mulleres xestantes e a preferencia de elección de mulleres e homes con fillas ou fillos menores de doce anos ou maiores dependentes ao seu coidado.

6. Os permisos de maternidade, paternidade e lactación, así como os períodos de incapacidade temporal derivados do embarazo, poderanse acumular ao período de vacacións, mesmo despois do remate do ano natural ao que aquelas correspondan.

7. A organización das vacacións permitirá a distribución equitativa das mesmas a través de sistemas de rotación, de tódolos afectados pola unidade ou servizo correspondente, se prexuízo do dereito de elección que se recoñece nos apartados 5 e 8 deste artigo.

8. A baixa por maternidade, enfermidade ou accidente interromperá o cómputo de período vacacional e reanudarase de acordo coas necesidades do servizo despois da alta. De producirse colisión de intereses entre un traballador afectado por unha enfermidade ou por un accidente e aqueles outros do seu mesmo servizo, que xa as teñen programadas, terán estes últimos preferencia sobre aquel, que en todo caso haberá de supeditarse ás necesidades do servizo.

9. Cando o período de vacacións coincida cunha incapacidade temporal derivada do embarazo, parto ou lactancia natural, ou co permiso de maternidade, ou coa súa ampliación por lactancia, a empregada terá dereito a gozar as vacacións en data distinta, aínda que houbera terminado o ano natural ao que correspondan. Gozarán deste mesmo dereito quen estean gozando do permiso de paternidade (2).

10. No caso de que o funcionario cese por xubilación ou falecemento sen gozar das vacacións que lle corresponderan, terá dereito (el ou os seus derechohabientes) a que se lle inclúa na liquidación o importe da parte proporcional das vacacións devengadas e non disfrutadas polo período de tempo traballado durante o ano.

Artigo 53. Permisos.

1. Concederanse permisos polas seguintes causas xustificadas:

a) Polo falecemento, accidente ou enfermidade grave ou intervención cirúrxica dun familiar dentro do primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, tres días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade e cinco días hábiles cando sexa en distinta localidade, e 10 días hábiles se existe convivencia previa có familiar finado.

Nos supostos de accidente ou enfermidade moi grave do cónxuxe, parella en análoga relación de afectividade, familiares en primeiro grao, acollidos/as ou familiares convivintes, e para atender ó seu coidado, o persoal do Concello de Negreira terá dereito a un permiso retribuído cunha duración máxima de trinta días naturais. Cada accidente ou enfermidade xerará un único permiso, que dentro da duración máxima de trinta días, se poderá utilizar de maneira separada ou acumulada.

(2) Lei 3/2007, do 22 de marzo, de igualdade entre homes e mulleres (artigo 59).

Cando se trate do falecemento, accidente ou enfermidade grave ou intervención cirúrxica dun familiar dentro do segundo grao de consanguinidade ou afinidade, o permiso será de dous días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade e de catro días hábiles cando sexa en distinta localidade.

Polo falecemento de familiares de terceiro grado, polo tempo necesario para o enterramento ou funeral (máximo 1 día).

Nos supostos de accidente ou enfermidade moi grave do cónxuxe, parella en análoga relación de afectividade, familiares en primeiro grao, acollidos/acollidas ou familiares convivintes, a para atender ó seu coidado, o persoal do Concello de Negreira terá dereito a un permiso retribuído cunha duración máxima de 30 días naturais. Cada accidente ou enfermidade, xerará un único permiso que, dentro da duración máxima de 30 días, poderase utilizar de xeito acumulado ou separado.

b) Por traslado de domicilio sen cambio de residencia, un día na mesma localidade e dous días se hai cambio de localidade. Se a unidade familiar está composta por dous ou máis membros, o permiso será de tres días sen cambio de localidade e de catro se existe cambio.

c) Para realizar funcións sindicais, de formación sindical ou de representación do persoal, nos termos legalmente establecidos e os recoñecidos neste acordo.

d) Por asistencia a xuntas, asembleas, congresos.. de carácter sindical, o tempo de duración e número de funcionarios que se determine pola mesa de negociación.

e) Para concorrer a exames finais ou parciais liberatorios e demais probas definitivas de aptitude, catro días antes da celebración, ademais do mesmo día do exame.

f) Por doazón de sangue, o día da doazón.

g) Por lactancia dun fillo ou filla menor de doce meses, a funcionaria terá dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderá dividir en dúas fraccións. Este dereito poderase substituír por unha redución da xornada normal en media hora ao inicio e ao final da xornada ou ben nunha hora ao inicio ou ao final da xornada. Este dereito poderá ser exercido indistintamente por un ou outro dos proxenitores, no caso de que ambos traballen.

Igualmente, poderase substituír o tempo de lactancia por un permiso retribuído que acumule en xornadas completas o tempo correspondente ou ben por un crédito de horas, podéndose aproveitar, en ambos os casos, en calquera momento, despois do gozo do permiso de maternidade.

A cantidade de horas incluídas no crédito será o resultado de contabilizar o total de horas ás que se tería dereito se se dispuxese do permiso de lactación na súa modalidade dunha hora de ausencia.

Este permiso incrementarase proporcionalmente nos casos de parto múltiple.

Nos supostos de adopción ou acollemento, este dereito computarase durante o primeiro ano desde a resolución xudicial ou administrativa de adopción ou acollemento.

h) Por nacemento de fillos prematuros ou que por calquera outra causa deban permanecer hospitalizados a continuación do parto, a empregada ou o empregado terá dereito a ausentarse do traballo durante un máximo de dúas horas diarias e percibirá as retribucións íntegras.

i) Por razóns de garda legal, cando o persoal teña o coidado directo dalgún menor de doce anos, de persoa maior que requira especial dedicación ou dunha persoa con discapacidade que non desempeñe actividade retribuída, terá dereito a unha redución dun terzo ou un medio da xornada de traballo, coa diminución proporcional das súas retribucións.

Terá o mesmo dereito o persoal que precise encargarse do coidado directo dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non se poida valer por si mesmo e que non desempeñe actividade retribuída.

Con independencia do dereito á redución de xornada fixada neste apartado, nestes supostos o persoal poderá flexibilizar nunha hora o seu horario habitual fixo, que poderá elevarse a dúas horas no suposto de familia monoparental. En todo caso o persoal disporá do tempo necesario para acudir a reunións de coordinación e apoio asistencial no suposto de fillos con discapacidade.

O Concello poderá autorizar con carácter excepcional a modificación do horario fixo para atender as necesidades de conciliación da vida familiar e laboral.

k) As empregadas embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto polo tempo necesario para a súa práctica e logo de xustificación da necesidade de realización delas dentro da xornada de traballo.

l) O persoal terá dereito a un permiso retribuído para tratamentos de fecundación asistida polo tempo necesario para a súa práctica, con aviso previo e xustificación da necesidade de realización dentro da xornada de traballo. Se fose necesario o desprazamento, o permiso será de dous días.

m) Para acompañar o seu cónxuxe ou parella en análoga relación de afectividade a tratamentos de fecundación asistida, a exames prenatais e a técnicas de preparación ao parto, o persoal terá dereito a un permiso retribuído en idénticos termos e condicións de exercicio que os previstos para estes permisos.

n) Nos supostos de accidente ou enfermidade moi grave do cónxuxe, parella en análoga relación de afectividade, familiares en primeiro grao, acollidos/acollidas ou familiares que convivan, e para atender o seu coidado, o persoal terá dereito a un permiso retribuído cunha duración máxima de trinta días naturais. Cada accidente ou enfermidade xerará un único permiso, que, dentro da duración máxima de trinta días, se poderá utilizar de maneira separada ou acumulada.

o) Por ser preciso atender o coidado dun familiar de primeiro grao, o persoal terá dereito a solicitar unha reducción de ata o 50% da xornada laboral, con carácter retribuído, por razóns de enfermidade moi grave e polo prazo máximo dun mes, prorrogable en circunstancias excepcionais e atendendo á extrema gravidade da enfermidade padecida, ata un período máximo de dous meses.

Se houbese máis dun titular deste dereito polo mesmo feito causante, o tempo de gozo desta reducción poderase ratear entre eles, respectando, en todo caso, o prazo máximo dun mes ou, se é o caso, o de dous meses.

p) O persoal terá dereito a ausentarse para acompañar ás revisións médicas aos fillos e as fillas e as persoas maiores, ao seu cargo, polo tempo necesario, con aviso previo e xustificación da necesidade de realización dentro da xornada de traballo.

q) Por matrimonio de parentes (ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade), 1 día; 2 días se fose a máis de 200 km de distancia e 3 días se fose a máis de 500 km. O permiso deber coincidir coa data da celebración.

r) Por separación ou divorcio, dous días laborables, que comezarán a contarse a partir do primeiro día hábil seguinte a que se produza.

s) No caso de enviudar tendo fillos menores ou diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais, que estean ao cargo do funcionario e que non desempeñen actividade retribuída, un mínimo de 15 días naturais dende a data de falecemento do cónxuxe.

t) Por asuntos propios xustificados e non recollidos nos apartados anteriores, ata 15 días laborais o ano.

2. Permisos por cumprimento de un deber inescusable.

a.-Concederasepermiso polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal e por deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral.

b.-Por acudir a consultas, tratamentos e exploracións de tipo médico, sempre que non se poida acudir fóra do horario de traballo, o persoal municipal terá dereito a permiso polo tempo preciso para a súa realización, sempre que estea debidamente xustificado.

3. Asuntos particulares. Poderase dispoñer de ata nove días ao ano, como máximo, de permiso para asuntos particulares sen xustificación, atendendo sempre ás necesidades do servizo. Así mesmo, terase dereito ao gozo de dous días adicionais ao cumprir o sexto trienio, que se incrementará nun día adicional por cada trienio cumprido a partir do oitavo.

4. Permisos por motivos da conciliación da vida familiar e laboral e por razón de violencia de xénero.

A) Permiso por parto: terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas. Este permiso ampliarase en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do fillo ou filla, e por cada fillo a partir do segundo, nos supostos de parto múltiple. O permiso distribuirase á opción da empregada sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ao parto. No caso de falecemento da nai, o outro proxenitor poderá facer uso da totalidade ou, se é o caso, da parte que reste do permiso.

Malia o anterior, e sen prexuízo das seis semanas inmediatas posteriores ao parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que ambos os proxenitores traballen, a nai, ao iniciarse o período de descanso por maternidade, poderá optar por que o outro proxenitor goce dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ao parto, ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai. O outro proxenitor poderá seguir gozando do permiso de maternidade inicialmente cedido, aínda que no momento previsto para a reincorporación da nai ao traballo esta se atope en situación de incapacidade temporal.

Nos casos de gozo simultáneo de períodos de descanso, a suma destes non poderá exceder das dezaseis semanas ou das que correspondan no caso de discapacidade do fillo ou filla ou de parto múltiple.

Este permiso poderase gozar a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades do servizo o permitan, e nos termos que regulamentariamente se determinen.

Nos casos de parto prematuro e naqueles nos que, por calquera outra causa, o neonato deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, este permiso ampliarase en tantos días como o neonato se encontre hospitalizado, cun máximo de trece semanas adicionais.

Durante o gozo deste permiso poderase participar nos cursos de formación que convoque a administración.

B) Permiso por adopción ou acollemento, tanto preadoptivo coma permanente ou simple: terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas. Este permiso ampliarase en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do menor adoptado ou acollido e por cada fillo, a partir do segundo, nos supostos de adopción ou acollemento múltiple.

O cómputo do prazo contarase á elección do empregado, a partir da decisión administrativa ou xudicial do acollemento ou a partir da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción, sen que un mesmo menor poida dar, en ningún caso, dereito a varios períodos de gozo deste permiso.

No caso de que ambos os proxenitores traballen, o permiso distribuirase á opción dos interesados, que poderán gozalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre en períodos ininterrompidos.

Nos casos de gozo simultáneo de períodos de descanso, a suma destes non poderá exceder das dezaseis semanas ou das que correspondan en caso de adopción ou acollemento múltiple e de discapacidade do menor adoptado ou acollido.

Este permiso poderase gozar a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades do servizo o permitan, e nos termos que regulamentariamente se determinen.

Se fose necesario o desprazamento previo dos proxenitores ao país de orixe do adoptado ou acollido, nos casos de adopción ou acollemento internacional, terase dereito, ademais, a un permiso de ata tres meses de duración, e durante este período percibiranse exclusivamente as retribucións básicas, podendo gozarse de forma fraccionada, sempre que non se superen os tres meses.

Con independencia do permiso de ata tres meses previsto no parágrafo anterior e para o suposto previsto no devandito parágrafo, o permiso por adopción ou acollemento, tanto preadoptivo coma permanente ou simple, poderase iniciar ata catro semanas antes da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou a decisión administrativa ou xudicial do acollemento.

Durante o gozo deste permiso poderase participar nos cursos de formación que convoque a administración.

Os supostos de adopción ou acollemento, tanto preadoptivo coma permanente ou simple, previstos neste artigo serán os que así se establezan na normativa aplicable na Comunidade Autónoma de Galicia, e o acollemento simple deberá ter unha duración non inferior a un ano.

C) Permiso por paternidade polo nacemento, acollemento ou adopción dun fillo ou filla: terá unha duración de vinte e nove días naturais, que gozará o pai a partir da data de nacemento, da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción. No caso de parto, acollemento ou adopción múltiple, o permiso será de trinta e cinco días naturais.

Nos supostos de adopción ou acollemento, se ambos os proxenitores fosen persoal ao servizo do Concello, o permiso poderase distribuír á opción dos interesados, que poderán gozalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre en períodos ininterrompidos, respectando en todo caso o prazo de duración.

Este permiso é independente do gozo compartido dos permisos previstos nas alíneas a) e b).

A nai poderá gozar deste permiso de paternidade a continuación dos permisos previstos nas alíneas a) e b) nos seguintes supostos:

- Cando o pai falecese antes da utilización íntegra do devandito permiso.

- Se a filiación paterna non estivese determinada.

- Cando os proxenitores non estivesen casados nin estivesen unidos de feito en análoga relación de afectividade.

- Cando en resolución xudicial ditada en proceso de nulidade, separación ou divorcio, iniciado antes da utilización do permiso, se lle recoñecese á nai a garda do fillo ou da filla que acaba de nacer.

No suposto de matrimonio de mulleres ou de unións de feito en análoga relación de afectividade, ao ser unha delas a nai biolóxica, a que non o sexa terá dereito ao permiso de paternidade nos termos fixados nesta alínea.

Nos casos previstos nas alíneas a), b) e c), o tempo transcorrido durante o gozo destes permisos computarase como de servizo efectivo para todos os efectos, garantíndose a plenitude de dereitos económicos do persoal durante todo o período de duración do permiso, e, se é o caso, durante os períodos posteriores ao gozo deste, se, de acordo coa normativa aplicable, o dereito a percibir algún concepto retributivo se determina en función do período de gozo do permiso.

Os empregados que fixesen uso do permiso por parto ou maternidade, paternidade e adopción ou acollemento terán dereito, así que finalice o período de permiso, a reintegrarse ao seu posto de traballo nos termos e nas condicións que non lles resulten menos favorables ao gozo do permiso, así como a beneficiarse de calquera mellora nas condicións de traballo ás que puidesen ter dereito durante a súa ausencia.

D) Permiso por razón de violencia de xénero sobre o persoal: as faltas de asistencia do persoal vítima da violencia do xénero, totais ou parciais, terán a consideración de xustificadas polo tempo e nas condicións nas que así o determinen os servizos sociais de atención ou de saúde, segundo proceda.

Así mesmo, o persoal vítima de violencia de xénero, para facer efectiva a súa protección ou o seu dereito á asistencia social integral, terá dereito á redución da xornada coa diminución proporcional da retribución ou á reordenación do tempo de traballo, a través da adaptación do horario, da aplicación do horario flexible ou doutras formas de ordenación do tempo de traballo que lles poidan ser aplicables, nos termos que para estes supostos estableza a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

5. Xestión de permisos. Con carácter xeral os permisos, deberán ser concedidos, entendéndose o silencio de natureza positiva.

A súa solicitude deberá realizarse alomenos con 5 días de anticipación de xeito que faga fe, e no seu caso xustificarase dentro da semana seguinte ao seu gozo.

A área de persoal normalizará no seu caso se o considera oportuno o sistema de solicitudes dos diferentes permisos.

Artigo 54. Situacións administrativas.

As situacións nas que poden atoparse os empregados do Concello de Negreira son as de:

a) Servizo activo

b) Servizo en Comunidades Autónomas

c) Excedencia forzosa ou voluntaria

d) Excedencia voluntaria por razón de violencia sobre a muller funcionaria.

e) Servizos especiais

f) Suspensión de funcións.

g) Excedencia derivada da existencia dun caso de violencia de xénero; Dereito a unha excedencia para facer efectiva a súa protección ou a súa asistencial integrada sen necesidade de ter prestado un tempo mínimo de servizo e sen prazo de permanencia na mesma. Durante os dous primeiros meses de esta excedencia percibiranse retribucións íntegras.

Ditas situacións regularanse pola normativa básica estatal, e pola lexislación da función pública da Comunidade Autónoma Galega e, supletoriamente, pola lexislación dos funcionarios da Administración do Estado, tendo sempre en conta as singularidades do Concello de Negreira.

CAPÍTULO IX. PLANIFICACIÓN DOS RECURSOS HUMANOS DO CONCELLO

 
Artigo 55. Obxecto e instrumentos de planificación.

1. A planificación dos recursos humanos no Concello, será a base para a eficacia na prestación dos servizos e a eficiencia na utilización dos seus recursos económicos, a través dunha axeitada dimensión, distribución, formación e promoción profesional e mobilidade.

2. O Concello poderá elaborar plans de emprego para a ordenación dos seus recursos humanos que inclúan:

a) Análise das dispoñibilidades e necesidades de persoal, tanto dende o punto de vista do seu número de efectivos, como dos perfís profesionais ou niveis de cualificación dos mesmos.

b) Previsións sobre os sistemas de organización do traballo e modificación de estructuras dos postos de traballo.

c) Medidas de mobilidade, entre as que poderá figurar a suspensión de persoal externo a un determinado ámbito ou a convocatoria de concursos de provisión de postos limitado a persoal dos ámbitos que se determinen.

d) Medidas de promoción interna e de formación do persoal.

e) A previsión e incorporación dos recursos humanos a través do acceso as Ofertas de Emprego que regula o capítulo XI deste acordo.

3. O plan de Emprego, será obxecto de negociación na mesa xeral de negociación e disporá dunha memoria xustificativa das necesidades e obxectivos do plan.

Artigo 56. Programación funcional.

A programación funcional dun área de traballo, determinará as instruccións que en uso das capacidade de organización e dirección do traballo determine cada responsable da área de xestión ou actividade, en orde a articular coordinadamente as actividades do servizo e entre estes no seu caso, e servirá para valorar o adecuado cumprimento das funcións do persoal, e como base nos procesos de avaliación dos mesmos.

Artigo 57. Ofertas de emprego.

1. As necesidades de recursos humanos con asignación orzamentaria que deban proverse coa incorporación de persoal de novo ingreso serán obxecto de oferta de emprego público, obrigando a convocar os correspondentes procesos de selección para as prazas comprometidas e ata un dez por cento adicional, fixando un prazo máximo para a convocatoria dos mesmos. En todo caso a execución do proceso non poderá superar o máximo legal actual de tres anos.

2. A oferta de emprego será aprobada polo órgano de goberno do Concello e publicada no Diario Oficial correspondente.

3. A Oferta de Emprego, poderá conter medidas derivadas da planificación dos recursos humanos.

Artigo 58. Rexistro de persoal.

O Concello constituirá un rexistro de persoal no que inscribirá todo o persoal funcionario ao seu servizo, incluíndo os datos da súa historia curricular e de carreira profesional desenvolvida.

CAPÍTULO X. EMPREGADOS PÚBLICOS DO CONCELLO DE NEGREIRA

 

SECCIÓN 1.ª. INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN DO PERSOAL

 
Artigo 59. Relación de postos de traballo.

1. A relación de postos de traballo do Concello de Negreira é o instrumento técnico por medio do que se realiza a ordenación do seu persoal, de acordo coas necesidades dos servizos.

2. A Relación de postos de traballo, se fará pública anualmente, e as súas modificacións serán obxecto de información e no seu caso negociación en atención ao disposto, no artigo 35. 3 deste acordo.

3. Os datos mínimos que conterá a relación incluirá a dependencia administrativa ou area de actividade organizativa a que se adscribe o empregado, a relación xurídico laboral, denominación do posto, tipo e sistema de provisión, requisitos para o seu desempeño, nivel de clasificación e contía das retribucións complementarias que lle correspondan e que sexan independentes do nivel.

SECCIÓN 2.ª. CLASIFICACIÓN DO PERSOAL

 
Artigo 60. Clases de empregados.

4. Os empregado do Concello de Negreira, poderán ser:

a) Funcionarios de carreira.

b) Funcionarios interinos.

c) Persoal Laboral, fixo, indefinido ou temporal.

d) Persoal eventual.

Artigo 61. Funcionarios de carreira.

1. Son funcionarios de carreira quen en virtude de nomeamento legal están vinculados ao Concello por unha relación estatutaria regulada polo Dereito Administrativo para o desempeño de servizos profesionais retribuídos de carácter permanente.

2. En todo caso o exercicio das funcións que impliquen a participación directa ou indirecta no exercicio das potestades públicas ou na salvagarda dos intereses xerais do Estado, e do Concello corresponderán exclusivamente a funcionarios públicos nos termos que a Lei de función pública de Galicia determine.

Artigo 62. Funcionarios interinos.

1. Son funcionarios interinos os que por razóns expresamente xustificadas de necesidade e urxencia, son nomeados como tales para o desempeño de funcións propias de funcionarios de carreira cando se dea algunha das seguintes circunstancias:

a) A existencia de prazas vacantes cando non sexa posible a súa cobertura por funcionarios de carreira.

b) A substitución transitoria dos titulares.

c) A execución de programas de carácter temporal.

d) O exceso ou acumulación de tarefas por prazo máximo de seis meses, dentro dun período de doce meses.

2. A selección de funcionarios interinos haberá de realizarse mediante procedementos áxiles que respectarán en todo caso os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

3. O cese dos funcionarios interinos ademais de polas mesmas causas que os funcionarios de carreira producirase cando finalice a causa que deu lugar ao seu nomeamento.

4. Nos supostos previstos na letra a) do apartado 1 deste artigo as vacantes desempeñadas por funcionarios interinos deberán incluírse na oferta de emprego do exercicio no que se produce o nomeamento e, se non fora posible, na seguinte.

5. Aos funcionarios interinos lles será aplicable en canto sexa axeitado a natureza da súa condición o réxime xeral dos funcionarios de carreira, e o previsto neste acordo.

Artigo 63. O persoal laboral.

1. É persoal laboral o que en virtude de contrato de traballo formalizado por escrito, en calquera das modalidades de contratación previstas na lexislación laboral, presta servizos retribuídos polo Concello. En función da duración do contrato este poderá ser fixo, por tempo indefinido ou temporal.

2. Poderán ser desempeñadas por persoal laboral:

a) Os postos de natureza non permanente e aqueles en que as súas actividades se dirixan a satisfacer necesidades de carácter periódico e descontinuo.

b) Os postos en que as súas actividades sexan propias de oficios.

c) Os postos correspondentes a áreas de actividades que requiran coñecementos técnicos especializados cando non existan corpos ou escalas de persoal funcionario en que as persoas integrantes teñan a preparación específica necesaria para o seu desempeño.

d) Os postos de carácter instrumental correspondentes ás áreas de mantemento e conservación de edificios, equipamentos e instalacións, e artes gráficas, así como os postos das áreas de expresión artística.

e) Os postos de traballo de organismos autónomos de carácter comercial, industrial, financeiro ou análogo, agás aqueles que impliquen exercicio de autoridade, inspección ou control correspondente a área de xestión a que estean adscritos, que se reservarán a persoal funcionario.

Artigo 64. O persoal eventual.

1. Persoal eventual é o que en virtude de nomeamento e con carácter non permanente, so realiza funcións expresamente cualificadas como de confianza ou asesoramento especial, sendo retribuído con cargo aos créditos orzamentarios consignados para este fin.

2. O número máximo deste persoal establecerase polo pleno. Este número e as condicións retributivas serán públicas.

3. O nomeamento e cese do persoal eventual serán libres. O cesamento terá lugar, en todo caso, cando se produza o da autoridade a que preste a función de confianza ou asesoramento.

4. A condición de persoal eventual non poderá constituír mérito para o acceso á función pública ou para a promoción interna.

5. Ao persoal eventual seralle de aplicación, no que sexa axeitado a súa condición, o réxime xeral dos funcionarios de carreira e o presente acordo.

Artigo 65. Organización do persoal funcionario, clases e escalas.

As características das clases de empregados do Concello, as escalas e subescalas de funcionarios, son as fixadas polos artigos 9 ao 12 da Lei 7/2007, do 12 de abril, a Lei da función pública de Galicia, a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, da Lei de réxime local, e a lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación das policías locais de Galicia.

Artigo 66. Grupos de clasificación de persoal funcionario.

Os distintos corpos e escalas do persoal funcionario municipal clasifícanse, de acordo coa titulación esixida para o acceso aos mesmos, nos seguintes grupos:

1.-Grupo A, dividido en dous Subgrupos A1 e A2.

Para o acceso aos corpos ou escalas deste grupo esixirase estar en posesión do título universitario de grao. Naqueles supostos nos que a lei esixa outro título universitario será este o que se teña en conta.

A clasificación dos corpos e escalas en cada subgrupo estará en función do nivel de responsabilidade das funcións a desempeñar e das características das probas de acceso.

2.-Grupo B. Para o acceso aos corpos ou escalas do grupo B esixirase estar en posesión do título de técnico superior.

3.-Grupo C. Dividido en dous subgrupos, C1 e C2, segundo a titulación esixida para o ingreso.

C1: título de bacharelato ou técnico.

C2: título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

4.-Grupo D. Equivalente ás agrupacións profesionais á que fai referencia a disposición transitoria terceira da Lei 7/2007, do 12 de abril, no que se integrarán as prazas para as que non se esixirá para o acceso estar en posesión de ningunha das titulacións previstas no sistema educativo.

CAPÍTULO XI. ACCESO A CONDICIÓN DE EMPREGADO PÚBLICO DO CONCELLO DE NEGREIRA

 

SECCIÓN 1.ª. SELECCIÓN E ACCESO

 
Artigo 67. Acceso ao emprego e adquisición da relación de servizo.

1. O Acceso ao emprego, tanto de persoal funcionario como laboral, cumprirá cos principios reitores e requisitos xerais a que fai referencia o título IV da Lei 7/2007, do 12 de abril, do empregado público.

2. Nos termos recoñecidos e cos límites que a mencionada Lei 7/2007, do 12 de abril, indica recoñécese o acceso ao emprego público dos nacionais dos Estados membros da unión europea e dos estranxeiros con residencia legal en España.

3. De acordo con sinalado na disposición adicional sétima do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e nas condicións que a mesma sinala, reservarase un cupo non inferior ao 7 por cento para ser cubertas con persoas con discapacidade.

4. En tanto non se dite a Lei de función pública de Galicia en desenvolvemento do Estatuto Básico e as normas que o desenrolen na selección do seu persoal laboral, o Concello de Negreira estará ao disposto no presente acordo, no Real Decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma Galega e no Real Decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se aproban as regras básicas e programas mínimos do procedemento de selección dos funcionarios de Administración local.

Artigo 68. Órganos de selección.

1. Os órganos de selección serán colexiados e a súa composición deberá axustarse aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros e cumprirá coa normativa de paridade que ao respecto esixe a Comunidade Autónoma de Galicia.

2. O persoal de elección o de designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual non poderán formar parte dos órganos de selección.

3. A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta en representación o por conta de ninguén.

4. A representación sindical poderá participar no desenvolvemento dos procesos de selección conforme se establece nas bases da convocatoria e de acordo coa negociación que se realice ao amparo do artigo 35 deste acordo, podendo designar membros dos tribunais na condición indicada neste artigo ou observadores nos procesos de selección.

Artigo 69. Sistemas selectivos.

1. Os procesos selectivos terán carácter aberto e garantirán a libre concorrencia, sen prexuízo do establecido para a promoción interna e das medidas de discriminación positiva previstas neste acordo. Os órganos de selección velarán polo cumprimento do principio de igualdade de oportunidades entre sexos.

2. Os procedementos de selección coidarán especialmente a conexión entre o tipo de probas a superar e a adecuación ao desempeño das tarefas dos postos de traballo convocados, incluíndo, no seu caso, as probas prácticas que sexan precisas. As probas poderán consistir na comprobación dos coñecementos e a capacidade analítica dos aspirantes, expresados de forma oral ou escrita, na realización de exercicios que demostren a posesión de habilidades e destrezas, na comprobación do dominio de linguas estranxeiras e, no seu caso, na superación de probas físicas.

3. Os procesos selectivos que inclúan, ademais das preceptivas probas de capacidade, a valoración de méritos dos aspirantes só poderán outorgar a devandita valoración unha puntuación proporcionada que non determinará, en ningún caso, por si mesma o resultado do proceso selectivo.

4. O Concello poderá crear órganos especializados e permanentes para a organización de procesos selectivos, podéndose encomendar estas funcións aos Institutos ou Escolas de Administración Pública.

5. Para asegurar a obxectividade e a racionalidade dos procesos selectivos, as probas poderán completarse coa superación de cursos, de períodos de prácticas, coa exposición curricular polos candidatos, con probas psicotécnicas ou coa realización de entrevistas. Igualmente poderán esixirse recoñecementos médicos.

6. Os sistemas selectivos dos funcionarios de carreira serán os de oposición e concurso oposición, que deberán incluír en todo caso unha ou varias probas para determinar a capacidade dos aspirantes e establecer a orde de prelación. So nas previsións feitas por lei poderá aplicarse a selección mediante concurso.

7. Os sistema selectivos de persoal laboral fixo serán os de oposición, concurso-oposición, coas características establecidas no apartado anterior, ou concurso de valoración de méritos.

8. Os Órganos de selección non poderán propoñer o acceso a condición de funcionario dun número superior de aprobados ao de prazas convocadas, agás que estea previsto na convocatoria. No obstante cando se produzan renuncias dos aspirantes seleccionados antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir do órgano de selección unha relación complementaria de aspirantes que sigan aos propostos co fin do seu nomeamento como funcionarios de carreira.

9. A prestación de servizos noutras administracións públicas valorarase en méritos, de acordo co principio de reciprocidade.

10. Nos sistemas de selección que se realicen para o acceso ás prazas do Concello terá que demostrarse o coñecemento da lingua galega. As bases das convocatorias establecerán a forma para a súa avaliación.

Artigo 70. Selección do persoal temporal.

1. A selección do persoal temporal farase de acordo cos principios de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade. O referido sistema deberá permiti-la máxima axilidade na selección, en razón da urxencia requirida para o desempeño transitorio dos postos de traballo ou das funcións correspondentes. En todo caso, o persoal laboral temporal deberá reunir os requisitos xerais de titulación e as demais condicións esixidas para participar nas probas de acceso aos correspondentes postos fixos.

2. Elaborarase a través da negociación colectiva un regulamento de selección de persoal temporal. En tanto o mesmo non sexa aprobado y publicado, a cobertura de prazas vacantes, esixirá a convocatoria pública en libre concorrencia.

SECCIÓN 2.ª. PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO

 
Artigo 71. Principios e sistemas de provisión.

1. O Concello proverá os postos de traballo mediante procedementos baseados nos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

2. O sistema ordinario de provisión de postos de traballo do persoal funcionario será o concurso e de xeito excepcional e conforme indique a relación de postos de traballo, a libre designación con convocatoria pública. As convocatorias en ámbolos dous supostos deberán ser publicadas no Boletín Oficial Provincial.

Artigo 72. Concurso de provisión.

1. O concurso constitúe o sistema normal de provisión. No mesmo teranse en conta unicamente os méritos esixidos na correspondente convocatoria, entre os que figurarán os adecuados ás características de cada posto de traballo, a categoría profesional adquirida, a valoración do traballo desenvolvido en anteriores postos, o coñecemento do idioma galego e os cursos de formación e perfeccionamento superados que teñan relación cos postos de traballo a cubrir.

2. Co fin de valorar os méritos referidos crearanse comisións de valoración que axustarán a súa composición as regras sobre paridade e o seu funcionamento aos principios de imparcialidade e obxectividade.

3. Os traballadores deberán permanecer en cada posto de traballo de destino definitivo obtido por concurso un mínimo de dous anos para poder participar nos concursos ordinarios ou específicos de provisión, a non ser por supresión do posto de traballo. No cómputo de dito período incluirase o tempo de destino provisional.

4. As convocatorias dos concursos, conterán nas dúas bases a denominación, nivel, descrición e localización dos postos de traballo ofrecidos, os requisitos indispensables para o seu desempeño, os méritos a valorar e o baremo por medio do que se puntuarán os mesmos, puntuación mínima para a adxudicación das vacantes. Os prazos de presentación de solicitudes que, en ningún caso, poderá ser inferior a 15 días hábiles.

Artigo 73. Libre designación.

1. Consiste na apreciación discrecional polo órgano competente da idoneidade dos candidatos en relación cos requisitos esixidos para o desempeño dun posto. Polo sistema de libre designación só se cubriran aqueles postos que así se determinen nas relacións de postos de traballo, que poderán admitir que o posto sexa cuberto por vínculo funcionarial ou laboral.

2. Poderán cubrirse por este sistema os postos que a Lei da función pública de Galicia en desenvolvemento da Lei 7/2007, do 12 de abril, determine.

3. A convocatoria indicará ademais da denominación, grupo, categoría, localización OS requisitos para o seu desempeño. O prazo mínimo de presentación de solicitudes será de 15 días. O órgano competente para o seu nomeamento poderá asesorarse a través de especialistas.

4. Os traballadores nomeados para postos de libre designación poderán ser cesados con carácter discrecional. A motivación desta resolución referirase á competencia.

SECCIÓN 3.ª. OUTRAS FORMAS DE PROVISIÓN

 
Artigo 74. Mobilidade por razóns de saúde laboral.

1. Cando por razóns de saúde laboral o traballador perciba comunicación de que non é apto para o desempeño da profesión habitual, a Administración deberá establecer outros procedementos de provisión por motivos de saúde noutro posto de traballo.

2. O expediente de mobilidade por motivos de saúde iniciarase pola propia Administración, mediante acordo do órgano competente, ou a petición do traballador afectado, acompañado da documentación que xustifique a mesma, e informado polo comité de saúde, ou no seu defecto o comité de empresa, quen fixará a vacante ou vacantes que podan ser obxecto desta mobilidade.

3. De non existir vacante a ofertar por este sistema, garantirase as retribucións, evitando o esgotamento do tempo de Incapacidade temporal, e mantendo as retribucións do posto de traballo.

Artigo 75. Adscrición provisional.

1. Os postos de traballo poderán proverse por medio de adscrición provisional nos supostos de remoción ou cese nun posto de traballo, supresión do posto de traballo ou reingreso ao servizo activo de traballadores sen reserva de posto.

2. No caso de adscrición provisional por remoción, cese ou supresión do posto ao traballador deberá asignárselle un posto de traballo non inferior en dous niveis ao que viña ocupando e de similar categoría profesional e retribucións.

3. Os postos cubertos mediante adscrición provisional convocaranse para a súa cobertura con carácter definitivo polos sistemas de provisión.

CAPÍTULO XII. CARREIRA PROFESIONAL E PROMOCIÓN INTERNA

 
Artigo 76. Conceptos, principios e modalidade de carreira profesional dos funcionarios.

1. Os funcionarios terán dereito ao desenvolvemento persoal a través da promoción profesional e a carreira profesional.

2. A carreira profesional é o conxunto ordenado de oportunidades de ascenso e expectativas de progreso profesional conforme aos principios de igualdade, mérito e capacidade.

3. As modalidades de desenvolvemento profesional son:

a) Carreira horizontal, que consiste na progresión de grao ou categoría, sen necesidade de cambiar de posto de traballo e con criterios obxectivos de avaliación.

b) Carreira vertical, que permite o ascenso a través dos sistemas de provisión contemplados nos artigos 72 e seguintes deste acordo.

c) Promoción interna, que consiste no ascenso dende un corpo o escala dun subgrupo profesional, e de acordo co regulado no artigo 80 deste artigo.

d) Promoción interna horizontal, que consiste no acceso a corpos ou escalas do mesmo subgrupo ou grupo de clasificación profesional.

Artigo 77. Carreira horizontal. Grao de persoal.

1. Todo empregado do Concello posúe un grao persoal correspondente a un dos niveis nos que se clasifican os postos de traballo que figuran na relación de postos.

a) O grao de persoal adquírese polo desempeño dun ou mais postos do nivel correspondente durante dous anos continuados ou durante tres con interrupción. Se durante o tempo en que o empregado desempeña un posto se modificase o nivel destes, o tempo de desempeño computarase no nivel máis alto co que tal posto estivese clasificado.

Maila o disposto no parágrafo anterior, os empregados que obteñan un posto de traballo superior en dous niveis ao correspondente ao seu grao persoal consolidarán cada dous anos de servizos continuados o grao superior en dous niveis ao grao que posuísen sen que en ningún caso poidan superar o correspondente ao do posto desempeñado.

b) Os empregados principiarán a consolidar o grao correspondente ao nivel de complemento de destino do primeiro posto a que sexan adscritos, de forma provisional ou definitiva trala superación dos procesos de selección.

c) Os empregados terán dereito, calquera que sexa o posto de traballo que desempeñen, a percibir polo menos o complemento de destino dos postos de nivel correspondente ao seu grao persoal. Non obstante, a percepción do complemento específico será a correspondente ao posto realmente desempeñado.

d) As persoas funcionarias que cesen nun posto de traballo sen obter outro polos sistemas regrados de provisión quedarán a dispor do Alcalde, que lles atribuirá o desempeño dun posto provisional correspondente ao seu corpo ou escala, ou categoría no seu caso, sen que sexa inferior en mais de dous niveis ao do seu grao persoal, en tanto, non obteña outro posto con carácter definitivo, con efectos do día seguinte ao seguinte a data de cesamento.

e) O tempo de permanencia en situación de servizos especiais será computado, para efectos de consolidación de grao persoal, como prestado no último posto desempeñado en situación de servizo activo ou no que posteriormente se obtivese por concurso.

f) Os graos superiores dos corpos ou escalas, ou categorías, no seu caso, poderán coincidir cos inferiores no corpo ou escala inmediatamente superior.

2. A través da negociación colectiva, poderán establecerse outras formas de recoñecemento de carreira profesional horizontal, en atención a experiencia desenvolvida, grado de formación, complexidade e dificultade técnica, nivel de competencia, compromiso coa organización e iniciativa no desempeño das funcións, co correspondente recoñecemento retributivo. En todo caso se relacionarán con sistemas obxectivos de avaliación do desempeño, e marcos de formación continúa obrigatoria que será obxecto de negociación.

Artigo 78. Promoción interna.

1. A promoción interna consiste no acceso dende unha categoría profesional dun grupo de titulación a outra do grupo inmediatamente superior.

2. Se realizará mediante procesos de selección que garanten os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como os demais requisitos esixidos para o acceso, e ter unha antigüidade de dous anos en servizo activo no inferior subgrupo, ou grupo de clasificación profesional, de non existir subgrupo.

3. Nas convocatorias reservarase un mínimo do 50% para a promoción interna. As prazas non cubertas por esta modalidade se sumarán as de acceso ordinario.

4. O persoal que acceda por promoción interna terá preferencia para na prelación de elección de postos de traballo nos procesos de selección sobre os aspirantes que opten por outras quendas de acceso.

5. O sistema de promoción a que se refire este artigo, ten carácter xeral para o persoal funcionario, sen prexuízo do disposto no artigo 75 deste acordo.

CAPÍTULO XIII. INCOMPATIBILIDADES

 
Artigo 79. Réxime de incompatibilidade.

A todo o persoal incluído no ámbito de aplicación deste acordo aplicaráselle o réxime de incompatibilidades de conformidade coas normas estatais e autonómicas vixentes na materia.

CAPÍTULO XIV. NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

 
Artigo 80. Normalización lingüística.

1. Os traballadores do Concello teñen o dereito e o deber de desenvolve-la súa actividade laboral e profesional en idioma galego, como lingua propia de Galicia e da súa Administración local, e polo tanto a acceder á formación lingüística precisa para un adecuado desempeño do seu posto de traballo.

2. O Concello proporcionará os instrumentos axeitados para propiciar un coñecemento adecuado da lingua galega. Os traballadores do Concello teñen o dereito e o deber de asistir a cursos de aprendizaxe, perfeccionamento e especialización do idioma galego precisos para un adecuado desempeño do seu posto de traballo.

3. O tempo investido na asistencia aos devanditos cursos será computado como tempo efectivo de traballo e os gastos de desprazamento e axudas de custo xeradas pola asistencia aos mesmos serán de conta do Concello cando se trate de cursos programados ou autorizados polo correspondente órgano municipal e de asistencia obrigada.

4. Para darlle cumprimento a normalización do idioma galego no Concello de Negreira e para garantir o dereito dos administrados, en atención ao artigo 6.3 da Lei de normalización lingüística, nas probas de selección, terase que demostrar o coñecemento da lingua galega.

A estes efectos, alomenos unha das probas do proceso selectivo deberá realizarse en galego.

CAPÍTULO XV. SISTEMA RETRIBUTIVO

 
Artigo 81. Estrutura retributiva.

1. A estrutura retributiva do persoal do Concello de Negreira, integrarase polas seguintes retribucións básicas e complementarias. As retribucións dos funcionarios son:

a) Retribucións básicas:

a).1. O soldo, que se asigna en función da pertenza a cada subgrupo, ou grupo de clasificación profesional cando este non teña subgrupo en que se organizan as categorías profesionais e os postos de traballo.

a).2. Os trienios, consistentes nunha cantidade igual para cada subgrupo, ou grupo de clasificación profesional cando este non teña subgrupo, por cada tres anos de servizo na categoría profesional correspondente.

Para estes efectos computaranse a totalidade dos servizos prestados mediante relación laboral ou estatutaria en calquera administración pública.

No caso de que o traballador preste os seus servizos sucesivamente en diferentes categorías de distinto grupo, terá dereito a seguir percibindo os trienios devengados en grupos anteriores. O cómputo da fracción para completar un trienio no grupo dende que se promociona se valorará a favor do grupo superior acadado.

a).3. As pagas extraordinarias, que serán dúas ao ano por un importe mínimo cada unha delas dunha mensualidade do soldo e trienios e as retribucións complementarias de destino e específico.

Incrementarase progresivamente a contía do complemento específico anual para que no ano 2009 se perciban as pagas extraordinarias pola mesma contía que as mensuais

b) Retribucións complementarias:

b).1. O complemento de destino correspondente ao nivel do posto que se desempeñe, e que estará recollido na relación de postos de traballo, e será igual para todos os postos do mesmo nivel.

b).2. O complemento específico destinado a retribuír as condicións particulares dos postos de traballo en atención á súa especial dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, incompatibilidade, perigosidade ou penosidade. En ningún caso poderá asignarse máis dun complemento específico a cada posto de traballo.

b).3. O complemento de produtividade destinado a retribuír o especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese ou iniciativa con que o traballador desempeñe o seu traballo.

O seu límite será fixado nos orzamentos anuais, e a súa asignación obedecerá a criterios obxectivos establecidos regulamentariamente coa necesaria información e participación dos representantes do persoal. As cantidades que perciba cada empregado serán públicas.

b).4. As gratificacións por servizos extraordinarios fóra da xornada laboral, non poderán en ningún caso ser fixas na contía, nin periódicas no súa percepción.

b).5. Complementos de carreira profesional. Retribuirán no valor que se fixe, a carreira profesional nos niveis ou graos que se establezan en atención o reflictido no apartado 2 do artigo 77.

b).6. Complemento de I.T. que se recolle no artigo 89 do presente acordo.

b).6. Os postos de traballo que esixan o mesmo nivel de titulación e que teñan no seu exercicio similar grao de dificultade terán os mesmos complementos de destino e específico se son semellantes as condicións de traballo.

c) Retibución diferida. O Concello destinará unha porcentaxe de masa salarial que fixe nos orzamentos, logo da negociación colectiva para o finanzamento de plans de pensións ou contratos de seguro colectivos con cobertura de contixencias de xubilacións, e cuias cantidades terán a consideración de retribución difererida.

d) Os empregados percibirán tamén as correspondentes indemnizacións por razón do servizo.

Artigo 82. Retribucións dos funcionarios interinos.

Os funcionarios interinos percibirán as retribucións básicas e complementarias, que correspondan o empregado de carreira no mesmo posto de traballo. Tamén terán dereito á percepción da antigüidade, para o que se lles recoñecerá os servizos que con independencia da relación contractual houberan prestado en outras Administracións, organismos públicos, axencias e demais entidades de dereito público do mesmo xeito que ao funcionario fixo.

Artigo 83. Retribución dos funcionarios en prácticas.

O persoal en prácticas percibirá como mínimo o soldo do subgrupo ou grupo no suposto de que este non teña subgrupo ao que aspiren a ingresar. En todo caso se as prácticas se desenvolven no posto a ocupar percibirán a totalidade de retribucións correspondentes ao funcionario de carreira nese posto.

Artigo 84. Contía das retribucións e indemnización por razón de servizo.

1. As retribucións básicas dos traballadores do Concello axustaranse ao disposto pola xeral orzamentaria e da Comunidade Autónoma para os empregados públicos. O Valor do soldo e do complemento de destino recóllense no anexo I.

Grupo

Nivel mínimo

Nivel máximo

A1

22

30

A2

18

26

B

18

22

C1

16

22

C2

14

20

D (AP)

12

14

D. Grupo correspondente á Agrupación profesional (disposición adicional 7.ªLei 7/2007), disposición adicional segunda do acordo.

2. O complemento de destino dos traballadores do Concello distribuirase en atención ao nivel asignado a cada posto de traballo. A tal fin, fíxanse como niveis mínimos e máximos dos postos de traballo en función do seu subgrupo o grupo en ausencia de subgrupo, de pertenza:

3. O complemento Específico, será o que recolle a relación de postos de traballo do Concello.

4. Indemnización por razón de servizo. Os seus conceptos, desprazamento, asistencia e axudas de custo se corresponderán co definido no Decreto 462/2002 de 24 de maio e demais normas que o desenvolvan. Son

a) Comisións de servizo con dereito a indemnización.

b) Desprazamentos por razón de servizo.

c) Traslados de residencia.

d) Asistencias por concorrencia a consellos de Administración ou órganos colexiados, por participación en tribunais de oposicións e concursos e pola colaboración en centros de formación e perfeccionamento do persoal das Administracións públicas, así como compoñentes da mesa de eleccións sindicais.

As contías recóllense no anexo I.

Artigo 85. Indemnización especial.

Defínese como tal a compensación que corresponde ao empregado polos danos, perdas ou gastos extraordinarios que se produzan por razón ou como consecuencia dos servizos encomendados.

Excepcionalmente o Concello poderá aboar unha indemnización especial polos dano, perdas ou gastos extraordinarios derivados de sinistro ou catástrofe que afecte aos empregados municipais de xeito individual ou colectivamente.

A avaliación da contía corresponderá a Xunta de Goberno, logo de examinar tanto o ditame pericial oportuno como o informe da representación sindical.

Artigo 86. Gratificacións extraordinarias.

No suposto excepcional de que, de conformidade co previsto no artigo 47, os servizos extraordinarios realizados fóra da xornada laboral sexan remuneradas economicamente, seguiranse os seguintes criterios:

a) Con carácter xeral, cada hora extraordinaria traballada será retribuída co valor de 1,75 horas normais.

b) As horas extraordinarias traballadas en horario nocturno, en domingos ou en festivos retribuiranse co valor de 2,5 horas normais.

c) As horas extraordinarias traballadas os domingos ou festivos en horario nocturno retribuiranse co valor de 3 horas normais.

Artigo 87. Gratificación especial.

O persoal que por necesidades do servizo se vexa obrigado a traballa-las noites dos días 24 e 31 de Nadal, será compensado cunha gratificación especial de 150 euros.

Artigo 88. Plus de nocturnidade

Todo o persoal que preste o seu servicio para o Concello entre as 22.00 e as 8.00 horas, percibirá un plus de nocturnidade, que consistirá nun incremento do 25% da hora ou fracción traballada. Dita cantidade poderá ser aboada en cantidades fixas para o persoal que realice traballos nocturnos durante todo o ano.

Plus de festividade.

Todo o persoal que preste os seus servizos en Domingos, festivos, días libres (enténdese como xornada festiva) percibirá un incremento do 50% da hora ou fracción traballada. Para os servizos que traballen todos os días do ano, poderán percibir ditas cantidades de forma fixa.

Este incremento tamén se aplicará cando calquer traballador teña que incorporarse o seu traballo de forma imprevista por unha urxencia ou necesidade do servizo.

Artigo 89. Complemento por Incapacidade laboral.

O Concello completará as percepcións dos empregados durante a situación de baixa por I.T. ata o 100%.

Cando o motivo da baixa, sexa accidente laboral, se incluirán no complemento o prorrateo das retribucións correspondentes a festividade, nocturnidade e distorsión horaria dos últimos seis meses.

Artigo 90. Actualización das contías das retribución.

1. Durante a súa vixencia as retribucións dos empregados experimentarán o incremento que a Lei de presupostos xerais do Estado fixe para o persoal ao servizo das administracións Públicas, sen prexuízo das adecuacións que os postos de traballo podan dispor en atención os conceptos que condicionan o valor do complemento específico, do valor dos complementos de produtividade, ou da negociación que en materia de carreira profesional poda producirse.

2. En todo caso o Concello establecerá os mecanismos de compensación que corresponda para evitar que durante a vixencia do presente acordo, os empregados, na súa condición individual, perdan poder adquisitivo por mor da evolución do índice de prezos ao consumo.

Artigo 91. Nómina.

Tódalas percepcións do persoal realizaranse a través da nómina, establecéndose a prohibición de facelo doutro xeito. O cobro da nómina deberá poder efectuarse o último día do mes, podendo derivarse responsabilidades noutro caso. A nómina, que se deriva do Libro de Rexistro de Persoal, deberá conter tódolos datos persoais precisos e os conceptos retributivos detallados e en concreto, sempre de xeito claro, o importe bruto, as deducións e o importe líquido, procurando a maior transparencia e claridade posibles.

CAPÍTULO XVI. ACCIÓN SOCIAL E OUTROS DEREITOS

 
Artigo 92. Plan de pensións.

A partir do 1 de xaneiro do ano 2009, implantarase un plan de pensións para o personal fixo do Concello, coa contía do 0,5% da masa salarial.

Artigo 93. Fondo de acción social.

1. O Concello dotará anualmente no seu orzamento unha partida ou fondo para o financiamento de gastos de natureza social e sanitaria do seu persoal. A dotación desta partida será do 1,5% da masa salarial.

2. Esta partida destinarase ao financiamento ou subvención, entre outros, dos gastos de gardería, estudos, mantemento de fillos ou cónxuxes, diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais, asistencia sanitaria, compra da primeira vivenda, etc.

3. A xestión e asignación individualizadado importe desta partida rexirase polo Regulamento de acción social do presente acordo que figura como anexo.

Artigo 94. Dereito a anticipo.

1.-O Concello determinará nas normas de xestión dos orzamentos anuais unha contía máxima sobre a masa salarial anual, para a concesión de anticipos ao persoal cos seguintes criterios:

a. Os empregados/as municipais terán dereito a percibir anticipadamente ata o 90% das súas retribucións mensuais brutas, que se descontará automaticamente na nómina do mes en que se conceda.

b. Os empregados municipais terán dereito a percibir anticipadamente o importe das súas retribucións de dúas mensualidades, que se reintegrarán sen xuro no prazo máximo de 14 meses.

2.-A súa devolución se realizará mediante dedución en cada haber mensual. Por pedimento do/a interesado/a, os anticipos poderán amortizarse en prazos inferiores aos establecidos ou mediante entrega de contías a tanto alzado.

A concesión dos distintos tipos de anticipos que se establecen serán compatibles entre sí. Nembargante, a concesión simultánea de anticipos previstos no presente artigo obriga aos beneficiarios á amortización simultánea e individualizada de cada un deles.

3. Será requisito imprescindible para poder solicitar o anticipo salarial que o traballador se atope incluído na nómina de haberes, polo menos, dende o mes anterior á formalización da solicitude, que a súa vinculación laboral co Concello teña, de principio, unha duración superior ao período de devolución do anticipo e que non teña outro anticipo sen cancelar.

4. No suposto de que o traballador a quen se lle outorgou un anticipo causara baixa no seu posto de traballo, como consecuencia da extinción da súa relación laboral, concesión de calquera tipo de excedencia, permiso sen soldo ou suspensión da relación laboral, con excepción da dimanante de incapacidade temporal ou maternidade na muller traballadora, deberá reintegrar as cantidades non devoltas dentro do mesmo mes en que se produza a mencionada baixa.

Artigo 95. Asistencia xurídica e responsabilidade civil.

1. O Concello garantirá a prestación de asistencia xurídica a todo o persoal que a precise por razón de conflitos con terceiros derivados da prestación do servizo.

2. Así mesmo, o Concello asumirá as posibles responsabilidades civís, que puidesen derivarse da prestación do servizo dos empregados municipais, agás nos casos de neglixencia debidamente probada. A estes efectos, o Concello poderá subscribir unha póliza de seguro que garanta unha cobertura adecuada por este concepto.

Artigo 96. Seguro de accidentes.

O Concello concertará unha póliza de seguro colectivo de accidentes para os seus traballadores que cubra os riscos de morte e invalidez garantindo os seguintes capitais:

a) Morte por accidente e invalidez total ….30.100 Euros

b) Invalidez parcial en atención a baremos.

A ausencia de cobertura mediante seguro, obriga ao Concello a asumir subsidiariamente e directamente dita indemnizacións.

Artigo 97. Prima por xubilación.

Os/as empregados/as municipais poderán acumular ás vacacións anuais correspondentes ao último ano previo á data da súa xubilación un permiso retribuído de 1 día natural por cada ano de servizos prestados ao Concello.

Os empregados municipais suxeitos a este acordo percibirán unha gratificación consistente en tres mensualidades do salario no momento da xubilación.

Artigo 98. Segundo actividade.

1. A segunda actividade é o recoñecemento a través dunha situación administrativa especial que permite garantir unha axeitada aptitude psicofísica dos traballadores mentres permanecen en activo, cohonestando a prestación do servizo coa situación individual do empregado.

2. Esta situación mantense ata o pase a xubilación ou a outra situación que impedira o servizo activo, ágas de que a causa de segunda actividade fose a insuficiencia das aptitudes psicofísica e a mesma tivera desaparecido, suposto no que o empregado deberá reincorporarse ao seu posto de orixe.

3. En función da dispoñibilidade de persoal e das necesidade estructurais e funcionais doo Concello, o persoal que pase á situación de segunda actividade poderá ocupar aqueles postos de traballo que o Concello sinal na relación de postos, previa negociación cos representantes sindicais. O posto ocupado en segunda actividade non terá a consideración de vacante aos efectos da súa provisión e oferta de emprego.

4. As causas que dan orixe a segunda actividade son as seguintes.

a) A petición propia ao cumprir 55 anos ou 25 anos de servizo efectivo, como membro da policía local, sempre que non estean destinados en actividades exclusivamente administrativas.

b) Por insuficiencia das aptitudes psico-físicas cando o empregado estea incapacitado para o exercicio da súa función habitual, sempre que non dea orixe a xubilación anticipada por incapacidade permanente. Neste caso o pase a segunda actividade requirirá do exame da correspondente comisión de valoración de incapacidades.

5. Durante o pase a segunda actividade, o empregado nesta situación percibirá a totalidade das retribucións xerais que correspondan ao persoal da súa categoría en activo, as de carácter persoa que teña recoñecidas ou perfeccione, e ademais as específicas inherentes ao posto de traballo que desenvolva e, se procede o complemento de productividade.

Artigo 99. Incapacidade temporal.

Mentres persista a situación de baixa por Incapacidade Temporal, o Concello completará as percepcións dos funcionarios ata o 100% das súas retribucións mensuais, durante un período máximo de 12 meses, debéndose xustificar esta situación mediante a presentación dos correspondentes partes facultativos de confirmación de baixa. Se a incapacidade temporal se producira como consecuencia dun accidente laboral ou enfermidade profesional, esta cobertura perdurará mentres dure a situación de incapacidade.

CAPÍTULO XVII. RÉXIME DISCIPLINARIO

 
Artigo 100. Réxime disciplinario.

Os empregados co Concello, quedan suxeitos ao réxime disciplinario recollido no título VII, da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público e na Lei da función pública de Galicia e nas normas que a desenvolven.

Dito réxime entendese nos seus diferentes aspectos de exercicio da potestade disciplinaria, falta e sancións, prescricións e procedemento disciplinario e será de aplicación o Decreto 94/1991, do 20 de marzo do Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Comunidade Autónoma.

O réxime disciplinario establecido enténdese sen prexuízo da responsabilidade civil ou penal en que poidan incorrer os empregados públicos, que se fará efectiva na forma que determine a lei.

En todo caso garantirase a audiencia do interesado e a representación pola súa parte das alegacións que considere oportunas ao longo do procedemento, así como a audiencia dos órganos de representación sindical nos momentos procesuais determinantes da resolución final, como son a incoación do expediente e a formulación do prego de cargos e da proposta de resolución.

CAPÍTULO XVIII. FORMACIÓN NAS ENTIDADES LOCAIS

 
Artigo 101. Principios xerais.

O Concello recoñece como principio básico da súa política de recursos humanos o valor fundamental da formación continua como eixo fundamental na mellora dos servizos que presta e do dereito individual a progresión profesional dos seus empregados.

A formación constitúe o instrumento esencial da adquisición de novas competencias e permite a mellora da cualificación profesional necesarias para a mellora dos obxectivos de eficiencia, eficacia e calidade que inspiran a actuación pública e da planificación de recursos humanos tal como se recoñece no capítulo IX deste acordo.

No aspecto individual, constituirá un elemento esencial non so do recoñecemento na carreira profesional se non que servirá de base para a promoción nos supostos que recolle este acordo.

Artigo 102. Plans de formación.

1. De xeito xeral o Concello contará como base para a política de formación dun Plan de formación continua, ou establecerá a súa adhesión a plans agrupados que permitan acadar os fins da formación, a tal efecto deberán terse en conta as actividades que con carácter xeral se desenvolven noutras administracións públicas e de xeito especial as da Administración autonómica.

2. O Plan de formación do Concello de existir, o no suposto da súa participación activa na elaboración doutros plans deberá fixar como mínimo.

a) Os obxectivos de carácter xeral de dito plan, así como es fixados para as diferentes areas de xestión de servizos municipais e o presuposto do mesmos.

b) Os obxectivos, modalidade formativa, descrición, destinatarios e sistemas de selección que respectará o principio de igualdade, de cada acción formativa a desenvolver, incluíndo aos responsables das mesmas, sexan persoas física ou xurídicas.

c) O ámbito temporal do plan e os calendario de execución das accións formativas.

Artigo 103. Acceso a formación.

Os empregados do Concello terán a posibilidade de acceso á formación establecida nos plans de formación do Concello ou aos que estea acollido, a estes efectos disporá dun crédito de 40 horas anuais que terán a consideración de xornada efectiva de traballo.

Complementariamente o Concello permitirá se as necesidades do servizo o permiten, a asistencia do persoal a seminarios ou en encontros de profesionais. Cando o contido destas accións o aconsellen, a súa asistencia poderá imputarse como xornada de traballo e ser sufragados polo Concello.

CAPÍTULO XIX. SAÚDE E SEGURIDADE

 
Artigo 104. Introdución.

1. Aos efectos de prevención, seguridade e saúde laboral, será de aplicación no Concello a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

2. A acción en saúde laboral debe estar dirixida á prevención e ao control dos riscos nos lugares de traballo.

Artigo 105. Funcións de prevención.

1. A Alcaldía designará a un ou varios empregados municipais para ocuparse da actividade de prevención de riscos profesionais. Para estes efectos será oída a representación sindical.

2. As funcións dos responsables de prevención axustaranse ao disposto no artigo 31 da Lei de prevención de riscos laborais.

Artigo 106. Consulta e participación.

1. O exercicio da función de participación en materia preventiva levarase a cabo a través dos delegados de persoal.

2. A representación sindical terá dereito a participar nos procesos de determinación

Artigo 107. Comité de seguridade e saúde.

1. O comité de seguridade e saúde é o órgano paritario e colexiado de participación, destinado á proposta e consulta regular e periódica dos plans, programas e avaliación de prevención de riscos nas administracións locais.

2. Constituirase un único comité de seguridade e saúde no ámbito do persoal funcionario e laboral ao servizo do Concello, que estará integrado polos delegados de prevención designados nos ditos ámbitos e por representantes do Concello en número non superior ao de delegados.

3. A constitución do comité de seguridade e saúde farase proporcionalmente ao número de efectivos do persoal funcionario e laboral existente.

4. Nas reunións do comité de seguridade e saúde poderán participar, con voz pero sen voto, os delegados sindicais e os responsables técnicos.

5. O comité de seguridade e saúde reunirase trimestralmente e sempre que o solicite algunha das representacións neste.

6. O comité de seguridade e saúde adoptará as súas propias normas de funcionamento.

Artigo 108. Delegados de prevención.

1. Os delegados de prevención, ao abeiro do disposto no artigo 35.4 da Lei de prevención de riscos laborais, serán designados polas organizacións sindicais con representación no Concello.

2. A designación dos delegados de prevención deberá realizarse entre os empregados municipais.

3. O número de delegados de prevención que poderán ser designados no Concello axustarase á escala establecida no artigo 35.2 da Lei de prevención de riscos laborais.

4. O tempo utilizado polos delegados de prevención para o desempeño das funcións previstas no artigo 36 da Lei de prevención de riscos laborais, será considerado como de exercicio de funcións de representación, aos efectos de utilización do crédito de horas mensuais retribuídas previsto na letra e) do artigo 68 do Estatuto dos traballadores e a letra d) do artigo 11 da Lei 9/1987 de órganos de representación, e artigo 10.3 da Lei orgánica de liberdade sindical.

Os empregados públicos designados como delegados de prevención que non gozarán de ningún tipo de crédito horario, a partir da súa designación contarán co mesmo crédito horario que os delegados sindicais.

5. Os órganos competentes proporcionarán aos delegados de prevención os medios e a formación en materia preventiva que resulten necesarios para o exercicio das súas funcións.

6. A formación deberá ser facilitada pola Administración polos seus medios ou mediante concerto con organismos ou entidades especializadas na materia.

7. O tempo dedicado á formación en materia de prevención de riscos será considerado como tempo de traballo, e o custo da súa asistencia asumido polo Concello, cando se trate de cursos programados ou autorizados polo correspondente órgano municipal e sexan de asistencia obrigada.

Artigo 109. Protección da saúde.

1. O Concello garantirá a correcta vixilancia da saúde de todos os seus traballadores por medio das probas e exames médicos previstos neste artigo.

2. As probas e exames médicos serán acordes ás funcións que se realizan en cada categoría, diferenciándoas en funcións dos riscos específicos dos respectivos postos de traballo. As probas médicas serán, por iso, específicas e repetiranse coa periodicidade suficiente para detectar posibles alteracións.

3. Os exames médicos serán voluntarios, agás aqueles imprescindibles para avaliar os efectos negativos das condicións de traballo sobre a saúde, para protexer a saúde, ou se, polas características do posto de traballo, a saúde do traballador puidera constituír un perigo para si mesmo, para os demais traballadores ou para outras persoas.

4. A periodicidade das probas será como mínimo anual, podendo ser menor se o caso o require.

5. O resultado das probas terá carácter persoal e privado, polo que o seu uso e difusión suxeitarase ao previsto na normativa vixente sobre esta materia.

6. As probas e exames efectuaranse, de ser posible, dentro da xornada laboral. O tempo empregado será o estritamente necesario, incluíndo o de desprazamento, e considerarase para todos os efectos como tempo efectivo de traballo no caso das probas de carácter obrigatorio. Nestes suposto os gastos de transporte correrán a cargo do Concello.

7. No suposto de probas ou exames obrigatorios efectuados fóra da xornada laboral o tempo empregado nos mesmos será compensado deducíndose da súa xornada laboral.

Artigo 110. Saúde pública.

1. O Concello desenvolverá as accións e medidas en materia de seguridade e saúde laboral que sexan necesarias para lograr unhas condicións de traballo que non afectan a saúde dos traballadores.

2. A formulación destas accións e medidas deberán estar encamiñadas a lograr unha mellora da calidade de vida e ambiente de traballo, a desenvolver obxectivos de promoción e defensa da saúde, mellora das condicións de traballo, potenciación das técnicas preventivas como medio para a eliminación de riscos na súa orixe e a participación sindical nos centros de traballo, e a dotarse dunha planificación preventiva de acordo coa Lei de prevención de riscos laborais. Os representantes dos traballadores participarán e velarán polo seu cumprimento en todo momento.

3. As técnicas preventivas deberán tender á eliminación do risco para a saúde da persoa traballadora desde a súa propia xeración, tanto no que afecta ás operacións que se realicen como nos elementos empregados no proceso.

4. A formación en materia de saúde laboral e o adestramento profesional é undos elementos esenciais para a mellora das condicións de traballo e seguridade: as partes asinantes do presente convenio significan a importancia da formación como elemento de prevención e comprométense así mesmo a realizala de forma eficiente.

Artigo 111. Roupa de traballo.

1. O Concello facilitará a todo o persoal ao seu servizo, de acordo co comité de empresa, a roupa de traballo e calzado profesional homologado e de uso obrigatorio. Tamén facilitará os equipos de protección individual axeitados para o desempeño das súas funcións, cando as condicións e a natureza do traballo o requiran.

2. Os equipos de protección individual deberán empregarse cando os riscos non se poidan evitar ou non se poidan limitar por medios técnicos de protección colectiva ou mediante medidas, métodos ou procedementos de organización do traballo. Os equipos de protección individual repoñeranse sempre que sexa preciso.

3. O Concello facilitará cada ano, naqueles postos que resulte preciso, un equipamento completo de inverno e outro de verán, que serán entregados en outubro e maio respectivamente. No caso de rotura dalgún dos elementos do equipo, este será substituído.

CAPÍTULO XX. XUBILACIÓN

 
Artigo 112. Xubilación.

1. A xubilación poderá ser voluntaria a solicitude do interesado, forzosa polo cumprimento da idade legalmente establecida ou por declaración de incapacidade permanente para o exercicio das funcións da súa categoría profesional o tras declaración de incapacidade permanente absoluta ou total.

2. Procederá a xubilación voluntaria a solicitude do interesado, sempre que o traballador reúna os requisitos establecidos no réxime xeral da Seguridade Social.

3. Os empregados municipais integrados no Réxime Xeral da Seguridade Social que teñan 60 anos de idade e reúnan as demais condicións esixidas para ter dereito á pensión contributiva de xubilación da Seguridade Social, poderán acceder a xubilación parcial nos seguintes termos:

a) O empregado concertará co Concello un contrato a tempo parcial, polo que aquel reduza a súa xornada e salario entre un mínimo do 25% e o 85% de máximo. Estas porcentaxes entenderanse referidas a unha xornada de traballo dun empregado a tempo completo comparable.

b) Se o traballador accede a esta xubilación parcial con menos de 65 anos de idade sen que, a tales efectos, se teñan en conta as bonificacións ou anticipacións de idade de xubilación correspondentes, a empresa concertará simultaneamente un contrato de substitución, con un desempregado ou empregado con contrato de duración determinada, do traballador que se xubila parcialmente.

Artigo 113. Contrato de substitución a tempo parcial.

O contrato a tempo parcial do empregado que se xubila formalizarase por escrito en modelo oficial, no que figurará os elementos propios do contrato nesta modalidade, así como a xornada realizada con anterioridade e a resultante da redución de xornada, e as características do posto de traballo a desempeñar polo relevo.

O contrato a tempo parcial non suporá perda de dereitos adquiridos e da antigüidade do traballador.

O posto de traballo de relevo poderá ser o mesmo ou similar, entendendo por tal o desempeño de tarefas do mesmo subgrupo, ou grupo de non existir este, ou categoría equivalente. Terá unha duración igual ao tempo que falte para a xubilación do empregado substituído, e será prorrogable, por períodos anuais, se este permanece despois da idade de xubilación ata que esta se produza.

Artigo 114. Incentivos por xubilación.

1. Co fin de favorecer o proceso de renovación de persoal incentivarase a xubilación, de xeito especial daquelas prazas declaradas a extinguir, segunda actividade, ou naquelas circunstancias nas que as condicións psicofísicas do empregado o aconsellen.

2. Os requisitos para esta incentivación son:

a) Ser empregado de natureza fixa no Concello e estar en situación de servizo activo.

b) Non estar inmerso en causa de expediente disciplinario ou pendente de sanción.

c) Cumprir os requisitos legais de dereito a percibir pensión de xubilación.

3. Contía dos incentivos. En atención á idade, abonaranse retribucións mensuais íntegras na seguinte escala:

Idade de xubilación

Incentivo

60 anos

30 mensualidades

61 anos

25 mensualidades

62 anos

20 mensualidades

63 anos

15 mensualidades

64 anos

10 mensualidades

65 anos

5 mensualidades

O persoal terá dereito a percibir os incentivos cando se produza declaración de incapacidade permanente para o exercicio das súas funcións ou, por mor do recoñecemento da incapacidade permanente, absoluta ou total, sempre que tales declaracións impliquen a xubilación.

Para garantir o pagamento dos incentivos o Concello poderá subscribir unha cobertura de seguro colectivo, ou no seu defecto responder directamente dos mesmos.

4. Tramitación. As solicitudes deberán presentarse cun mes de antelación á data prevista para a xubilación, o abono das cantidades condicionarase á baixa efectiva no cadro de persoal.

DISPOSICIONES ADICIONALES

 
D.A. UNICA. Clasificación dos funcionarios de Policía Local.

1. A partir de 1 de xaneiro de 2009, os funcionarios da Policía Local da escala básica e executiva, se clasificarán para os efectos retributivos nos subgrupos que fixa o artigo 24 da Lei 4/2007, de 20 de abril, de coordinación de policías locais de Galicia:

a) Escala superior, que corresponde a categoría de:

- Superintendente: subgrupo A1.

b) Escala Técnica, que comprende as categorías de:

- Intendente superior e intendente. Subgrupo A1

c) Escala executiva:

- Inspector principal e inspector. Subgrupo A2

d) Escala Básica:

- Oficial y Policía. Subgrupo C1.

2. A integración dos policías nos novos subgrupos conlevará aplicación das retribucións básicas e complementarias dos mesmos.

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS

 
D.T. 1ª. Consolidación do emprego temporal e funcionarización de persoal laboral.

1. A disposición transitoria cuarta da Lei 7/2007, do 12 de abril, faculta para convocatorias de consolidación de emprego dos empregados temporais, dita medida debe cohenestarse con lexítimas aspiracións de promoción, e de funcionarización de prazas daqueles postos de persoal laboral, admitindo a posibilidade de promoción e funcionarización conxunta que recoñece a disposición transitoria segunda do mencionado Estatuto Básico. Procesos que deben ser obxecto da oportuna negociación no ámbito da mesa xeral.

2. Os procesos de consolidación de emprego, se negociarán en base aos seguintes elementos:

a) De non dispor de instrumentos de ordenación de recursos humanos, o Concello comprométese a elaborar e aprobar no prazo máis breve posíbel e como máximo nun prazo de seis meses unha relación de postos de traballo, no que se garantirá a participación do persoal.

b) Os procesos garantirán os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

c) En tanto non se desenvolvan ditos procesos, o Concello garantirá a estabilidade do seu persoal vinculado temporalmente.

d) O sistema de acceso será o de concurso-oposición. O contido das probas relacionarase coas tarefas e funcións habituais dos postos a cubrir. A puntuación obtida na fase de oposición non poderá determinar por se mesma o resultado de dito proceso. Na fase de concurso valorarase a experiencia en postos obxecto da convocatoria e noutros de similares características que se teña desenvolvido no Concello.

e) Alomenos se realizarán dúas ofertas adicionais nos termos que se determinen na consolidación de emprego.

3. Os procesos de funcionarización atenderán os seguintes aspectos:

a) Na negociación na mesa xeral definiranse aqueles postos aos que corresponda a condición de funcionarización.

b) Poderán participar nos procesos o persoal laboral fixo que ocupe os postos declarados de natureza funcionarial, e reúnan os requisitos de titulación esixidos para o seu desempeño.

c) Procurarase facilitar ao persoal, dentro dos plans de formación, ou a través de plans específicos formación axeitada ás esixidas para a selección.

D.T. 2ª. Clasificación provisional transitoria.

Ata tanto non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios a que se refire o artigo 76 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, e os artigos 66 e 67 deste acordo para o acceso aos grupos de clasificación definidos neste convenio seguirán sendo válidos os títulos universitarios oficiais vixentes á entrada en vigor do propio Estatuto Básico do Empregado Público.

Co disposto na disposición transitoria terceira da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, e das Leis de función pública que se dicten en desenvolvemento deste Estatuto, a clasificación do persoal en tanto non se desenvolva o disposto no capítulo noveno, así como o modelo retributivo derivado do mesmo, realizarase unha clasificación segundo dita disposición do persoal.

ANEXO I.-RETRIBUCIÓNS

SOLDO E ANTIGÜIDADE ANO 2011

Os funcionarios aos que resulta de aplicación o artigo 76 do Estatuto Básico do Empregado Público e incluídos no ámbito de aplicación da Lei 30/1984, de 2 de agosto, nos términos da disposición final cuarta do citado Estatuto Básico ou das leises de función pública dictadas en desenvolvemento de aquel, percibirán, en concepto de soldos e trienios, nas nóminas ordinarias de xaneiro a decembro de 2011, as seguintes contías, referidas a doce mensualidades:

Grupo/subgrupo Lei 7/2007

Soldo euros

Trienio euros

A1

13.308,60

511,80

A2

11.507,76

417,24

B

10.059,24

366,24

C1

8.640,24

315,72

C2

7.191,00

214,80

E (Lei 30/1984) e agrupacioóns profesionais (Lei 7/2007)

6.581,64

161,64

Os funcionarios a que se refire o punto anterior percibirán, en cada unha das pagas extraordinarias dos meses de xuño e decembro no ano 2011, en concepto de soldos e trienios:

Grupo/subgrupo Lei 7/2007

Soldo euros

Trienio euros

A1

684,36

26,31

A2

699,38

25,35

B

724,50

26,38

C1

622.,30

22,73

C2

593,79

17,73

E (Lei 30/1984) e agrupacións profesionais (Lei 7/2007)

548,47

13,47

COMPLEMENTO DE DESTINO ANO 2011

Os complementos de destino dos funcionarios aos que resulte de aplicación as disposicións legais arriba mencionadas, correspondentes ao nivel do posto de traballo que se desempeñe, será o que aparece na táboa que de seguido se reflicte e nas seguintes contías referidas a doce mensualidades:

NIVEL

Importe euros

10

2.582,28

11

2.851,44

12

3.120,84

13

3.390,36

14

3.660,12

15

3.929,28

16

4.199,16

17

4.467,96

18

4.737,48

19

5.007,00

20

5.276,40

21

5.680,20

22

6.118,08

23

6.556,92

24

6.995,04

25

7.433,64

26

8.378,40

27

9.550,20

28

9.988,80

29

10.427,16

30

11.625,00

COMPLEMENTO ESPECIFICOANO 2011

Os complementos específicos ou retribucións complementarias dos funcionarios aos que resulte de aplicación as disposicións contidas no presente acordo regulador e correspondentes ao nivel do posto de traballo que se desempeñe, serán os que, actualmente, se están a percibir.

ANEXO II.-INDEMNIZACIÓNS POR RAZON DE SERVIZO

• As que fixe a norma anual.

• No suposto de membros das mesas de eleccións sindicais, percibiranse aos do grupo A.

• Custos de desprazamento, manutención e estancia.

DESPRAZAMENTO (ORDEN EHA/3770/2005, do 1 de decembro, por a que se revisa o importe da indemnización por uso de vehículo particular).

0,19 €/kmØ

Gastos de peaxeØ

Estacionamento de vehículo en aparcadoiro de pago (no que se encontre máis preto do lugar de celebración).Ø

MANUTENCIÓN E ESTANCIA. (ORDEN EHA/3771/2005, do 2 de decembro, por a que se revisa a contía de gastos de locomoción e dietas).

GRUPOS

CONTÍA EN EUROS

ALOXAMENTO

MANUTENCIÓN

DIETA ENTEIRA

GRUPO 1

102,56

53,34

155,90

GRUPO 2

65,97

37,40

103,97

GRUPO 3

48,92

28,21

77,13

2011/12337