Convenio Colectivo de Emp... de Coruña

Última revisión
30/07/2009

C. Colectivo. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE MUROS. PERSONAL LABORAL (15004692012010) de Coruña

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 30 de Julio de 2009 en adelante

Tiempo de lectura: 121 min

Tiempo de lectura: 121 min

Documento oficial en PDF(Páginas 40-74)

Convenio colectivo do Concello de Muros. Codigo convenio 1504692 (Boletín Oficial de A Coruña num. 169 de 30/07/2009)

Preambulo

Convenio colectivo do Concello de Muros

Visto o expediente do convenio colectivo do CONCELLO DE MUROS (código convenio 1504692), que tivo entrada neste Departamento Territorial da Consellería de Traballo e Benestar o día 26.9.08, complementado o 4.6.09 e subscrito pola parte económica polo Concello de Muros e pola parte social polo comité de empresa o día 24.7.08, ratificado polo Pleno da Corporación do 31.7.08 e 27.11.08, de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre Rexistro e Depósito de Convenios Colectivos de Traballo e Real decreto 2412/82, de 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, este Departamento Territorial

ACORDA:

PRIMEIRO.-

Ordena-la súa inscripción no Libro Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, obrante neste Departamento Territorial, e notificación ás representacións económica e social da Comisión Negociadora.

SEGUNDO.-

Ordena-lo depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C).

TERCEIRO.-

Dispoñe-la súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

A Coruña, 29 de xuño de 2009

O xefe territorial de Traballo e Benestar

Luis Alberto Álvarez Freijido

CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL AO SERVIZO DO CONCELLO DE MUROS

ÍNDICE

CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS (arts. 1 a 12)

CAPÍTULO II. SEGUIMENTO E CONTROL (arts. 13 a 14)

CAPÍTULO III. SOLUCIÓN EXTRAXUDICIAL DE CONFLICTOS COLECTIVOS (art. 15).

CAPÍTULO IV. DEREITOS SINDICAIS

SECCIÓN 1ª. DO DEREITO Á ACTIVIDADE SINDICAL (arts. 16 a 19)

SECCIÓN 2ª. DAS SECCIÓNS SINDICAIS (arts. 20 a 24)

SECCIÓN 3ª. DO DEREITO Á REPRESENTACIÓN COLECTIVA (arts. 25 a 28)

SECCIÓN 4ª DO DEREITO DE REUNIÓN (arts. 29 a 32)

SECCIÓN 5ª DOS DEREITOS DE NEGOCIACIÓN E PARTICIPACIÓN COLECTIVA (arts. 33 a 36)

SECCIÓN 6ª. DO DEREITO DE FOLGA (art. 37)

CAPÍTULO V. DEREITOS E DEBERES (arts. 38 e 39)

CAPÍTULO VI. CALIDADE DOS SERVIZOS E ABSENTISMO LABORAL (art. 40)

CAPÍTULO VII. CALENDARIOS LABORAIS, XORNADAS E HORARIOS (arts. 41 a 50)

CAPÍTULO VIII. VACACIÓNS, PERMISOS, LICENCIAS E EXCEDENCIAS (arts. 51 a 53)

CAPÍTULO IX. SELECCIÓN, PROMOCIÓN INTERNA E PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO.

SECCIÓN 1ª CLASIFICACIÓN DO PERSOAL (arts. 54 a 64)

SECCIÓN 2ª SELECCIÓN E ACCESO (arts. 65 a 72)

SECCIÓN 3ª CARREIRA PROFESIONAL (arts. 73 a 80)

CAPÍTULO X. INCOMPATIBILIDADES (art. 81)

CAPÍTULO XI. NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (art. 82)

CAPÍTULO XII. SISTEMA RETRIBUTIVO (arts. 83 a 93)

CAPÍTULO XIII. ACCIÓN SOCIAL (arts. 94 a 98)

CAPÍTULO XIV. RÉXIME DISCIPLINARIO (art. 99)

CAPÍTULO XV. CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL E PROCESOS DE FUNCIONARIZACIÓN (arts. 100 a 101)

CAPÍTULO XVI. FORMACIÓN NO CONCELLO DE MUROS. (arts. 102 a 104)

CAPÍTULO XVII. SAÚDE E SEGURIDADE (arts. 105 a 112)

CAPÍTULO XVIII. XUBILACIÓN (arts. 113 a 115)

CAPÍTULO I DISPOSICIÓNS XERAIS.

 
Artigo 1. Representación e lexitimidade

As partes que concertan este acordo son o Concello de Muros, no exercicio da súa autonomía local, e o comité de empresa do persoal laboral do Concello de Muros, constituídos en Mesa Xeral de Negociación en uso das atribucións conferidas pola Lei 7/2007 de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público.

Artigo 2. Ámbito territorial.

O presente acordo será de aplicación no ente territorial Concello de Muros e na totalidade de organismos e entes públicos que formen ou poidan formar parte do mesmo.

Artigo 3. Ámbito persoal.

As normas contidas no presente convenio serán de aplicación a todo o persoal laboral fixo e indefinido, suxeito a lexislación laboral, excepción feita, no seu caso, do persoal de alta dirección definido segundo establece o artigo 2.1.a) do Estatuto dos Traballadores.

As normas contidas neste convenio aplicaranse así mesmo ao persoal laboral que non teña a condición de indefinido, coas adaptacións singulares que se deriven de cada contrato individual, e no que sexa compatible coas particularidades da súa específica relación laboral.

Artigo 4. Ámbito temporal, vixencia e denuncia.

O presente acordo regulador entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, abarcando o seu período de vixencia ata o 31 de decembro de 2010, data na que se entendera prorrogado por anualidades de non existir denuncia dalgunha das partes ata a entrada en vigor do novo acordo que substitúa ao anterior trala oportuna negociación.

O acordo considerarase denunciado cando así o faga calquera das partes con tres meses de antelación á finalización da súa vixencia ou de calquera prórroga, a fin de iniciar as negociacións e deliberacións do novo acordo, en data non posterior a un mes contado a partir da data de denuncia.

Artigo 5. Obxecto.

O Acordo regula e facilita o normal desenvolvemento das relacións de traballo dentro do seu ámbito de aplicación e derroga as normas iguais ou de inferior rango no que se opoñan ao seu contido.

Artigo 6. Carácter

O acordo ten un carácter necesario e indivisible para todos os efectos, no sentido de que as condicións pactadas neste constitúen un todo orgánico e unitario.

Artigo 7. Condicións máis beneficiosas.

Enténdese este acordo como o marco global máis favorábel. A Comisión de Seguimento e Interpretación estudiará caso por caso a aplicación a persoas determinadas de condicións laborais mais beneficiosas que estean recoñecidas con anterioridade á entrada en vigor do acordo.

As condicións do presente Acordo teñen carácter supletorio da normativa vixente no Réxime Estatutario do Persoal das Administracións Públicas. En todo caso, as melloras establecidas ou que se establezan noutras disposicións de calquera rango que afecten no seu ámbito ao persoal das Administracións Locais, serán de aplicación ao persoal laboral do Concello de Muros, consonte ao principio de norma máis favorable ou condición máis beneficiosa.

Artigo 8. Irrenunciabilidade

Terase por nula e por non feita a renuncia por parte dos traballadores de calquera beneficio establecido no presente acordo.

Artigo 9. Aplicación favorable.

Como norma xeral, unha vez aplicado o acordo, e trala consulta á Mesa de Negociación de control e seguimento, tódalas condicións establecidas no mesmo, en caso de dúbida, ambigüidade ou escuridade, en canto ao seu sentido e alcance, terán que ser interpretadas e aplicadas do xeito que resulte máis beneficioso para os traballadores, con sometemento pleno á lei e ao dereito.

Artigo 10. Aplicación directa.

As partes signatarias do acordo comprométense á aplicación directa deste e a non promover cuestións que puideran supoñer modificacións das condicións pactadas no texto.

Artigo 11. Publicidade do acordo

Con independencia da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia a publicidade do presente texto farase por conta do Concello de Muros, que facilitará unha copia do mesmo a todo o seu persoal laboral.

Artigo 12. Conflictividade laboral.

Antes de adoptar medidas disciplinarias ou actitudes conflictivas de carácter colectivo, as partes asinantes do acordo comprométense a esgotar a vía do diálogo dentro da propia institución, acudindo á Mesa de Negociación.

CAPÍTULO II. SEGUIMENTO E CONTROL

 
Artigo 13. Control e seguimento.

A propia Mesa Xeral de Negociación do convenio será o órgano responsable de velar pola aplicación e seguimento do mesmo, correspondéndolle expresamente as seguintes funcións:

a) Interpretar a totalidade dos artigos e cláusulas do acordo .

b) Vixiar o cumprimento do pactado e denunciar, no seu caso, os incumprimentos.

c) Estudiar, propor e, cando proceda, resolver aquelas cuestións ou reclamacións que, de común acordo, lle sexan sometidas polas partes.

d) Actualizar o contido do presente acordo para adaptalo ás modificacións que poidan derivarse de cambios normativos ou de acordos ou pactos subscritos entre as administracións públicas e os sindicatos.

e) Facer o seguimento e, no seu caso, desenvolvemento da aplicación do acordo. A tal efecto a Comisión emitirá, cando o considere conveniente, un informe sobre estes extremos.

f) Asegura-la non discriminación da muller, controlando a igualdade de trato, os posibles abusos, agresións de orde sexual, laborais, físicas ou psíquicas, tanto por parte dos compañeiros de traballo, como dos superiores.

g) Impedir a realización de toda conducta abusiva ou de violencia psicolóxica que se realice de xeito sistemático sobre un traballador, manifestada especialmente a través de reiterados comportamentos, palabras ou actitudes que lesionan a dignidade ou integridade psíquica do mesmo e que poñan en perigo ou degraden as súas condicións de traballo

h) Aprobar un regulamento interno no que se concretará o seu réxime de funcionamento e as funcións a desenvolver.

i) Calquera outra función que expresamente se lle atribúa no Acordo ou que, de común acordo, as partes consideren conveniente.

Artigo 14. Réxime de funcionamento

1. Para exercer as labores de comisión de seguimento, a Mesa reunirase con carácter ordinario semestralmente e de xeito extraordinario cando o solicite calquera das partes.

2. A comisión paritaria poderá utilizar os servizos ocasionais ou permanentes de asesores, con voz pero sen voto.

3. A comisión paritaria contará cun secretario, que será un técnico designado polo Concello e que actuará na mesma con voz pero sen voto.

4. As convocatorias das sesións da Comisión paritaria realizaraas o secretario, co visto e prace dos voceiros, mediante citación por escrito na que conste, lugar data e hora, así como a orde do día. A convocatoria enviarase ás partes cunha antelación mínima de sete días hábiles, respecto da data prevista de celebración, no caso de sesións ordinarias, e dous días naturais para o caso de sesións extraordinarias.

5. A orde do día das sesións da comisión será fixada polo secretario, co visto e prace dos voceiros.

6. Para que as sesións da Comisión paritaria poidan celebrarse validamente será precisa a asistencia de, polo menos, o 51% dos seus membros, así como do secretario ou de quen o substitúa no cargo.

7. Os acordos deberán adoptarse por mais do 50% de cada unha das dúas representacións, sendo de carácter obrigatorio e vinculantes para ambas partes.

8. De cada xuntanza e ao seu remate, o secretario da comisión redactará a correspondente acta na que haberá de constar o lugar, data e hora de comezo e remate da reunión, nomes e apelidos dos presentes, os asuntos tratados, os acordos adoptados cun resumo das opinións emitidas e a expresión dos votos. A correspondente acta así redactada pasarase inmediatamente á aprobación e sinatura de tódolos asistentes.

9. As actas das sesións arquivaranse nun rexistro que custodiará o secretario, baixo a súa responsabilidade, tendo que expedir as certificacións oportunas dos acordos que as referidas actas conteñan, cando así se reclame por parte lexitimamente interesada.

10. Cando ámbalas partes así o consideren, crearanse comisións de traballo específicas para tratar temas concretos e predeterminados. Estas comisións elaborarán dictames que logo serán presentados á Comisión paritaria, non sendo estes vinculantes senón meramente informativos.

11. As comunicacións oficiais da Comisión verificaranse sempre directamente e por escrito, sen que poidan admitirse traslados e reproduccións a través doutras instancias.

CAPÍTULO III. SOLUCIÓN EXTRAXUDICIAL DE CONFLICTOS COLECTIVOS

 
Artigo 15. Solución extraxudicial de conflictos colectivos

1. O Concello de Muros e os representantes do persoal laboral acordan como mecanismo de resolución e mediación nos posibles conflictos colectivos ou discrepancias significativas e insolubles, o diálogo e a negociación.

2. Esgotadas as vías de negociación e diálogo, a resolución extraxudicial de conflictos deberá levarse a cabo por procedementos de mediación e arbitraxe, sempre e cando o ordenamento vixente o permita.

3. Mediante o procedemento de arbitraxe as partes poderán acordar de mutuo acordo encomendar a un terceiro a resolución de calquera conflicto, comprometéndose de antemán a acepta-lo contido desta

4. O acordo logrado a través da mediación ou da resolución de arbitraxe terá a mesma eficacia xurídica e tramitación que os pactos e acordos regulados por Lei, sempre que quen adoptase o acordo ou subscrito o compromiso arbitral tivese a lexitimación que lles permita acordar, no ámbito do conflicto, un pacto ou acordo conforme ao previsto pola lei.

5. Estes acordos serán susceptibles de impugnación. Especificamente caberá recurso contra a resolución arbitral no caso de que non se observaran no desenvolvemento da actuación arbitral os requisitos e formalidades establecidos para o efecto ou cando a resolución versase sobre puntos non sometidos á súa decisión, ou que esta contradiga a legalidade vixente.

6. A utilización destes sistemas efectuarase conforme aos procedementos que regulamentariamente sexan determinados tralo acordo cos representantes do persoal laboral conforme ao regulado actualmente a este respecto. En todo caso, o esgotamento do procedemento previo ante a comisión paritaria, os procedementos de solución de conflictos e de conciliación e mediación, así como de arbitraxe seguirán o Acordo Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de solución de conflictos de traballo, segundo o publicado no DOG de 4 de maio de 1995.

CAPÍTULO IV. DEREITOS SINDICAIS

 

SECCIÓN 1ª. DO DEREITO Á ACTIVIDADE SINDICAL

 
Artigo 16. Dereito á sindicación.

1. O persoal laboral do Concello de Muros ten dereito a sindicarse libremente en defensa e promoción dos seus intereses profesionais, económicos e sociais.

2. O dereito á libre sindicación comprende o dereito a afiliarse ao sindicato da súa elección, a separarse do que estivese afiliado, non podendo ninguén ser obrigado a afiliarse a un sindicato, e a elixir libremente aos seus representantes.

Artigo 17. Protección para o exercicio do dereito a actividade sindical

1. O Concello proporcionará a axeitada protección ao persoal laboral ao seu servizo contra todo acto antisindical que implique discriminación ou demérito relacionado co seu emprego.

2. A dita protección exercerase especialmente contra todo tipo de accións ou actuacións que persigan:

a) Influír nas condicións de emprego do/a traballador/a para que este se afilie ou non a unha central sindical, que deixe de ser membro dela, ou que renuncie á actividade sindical.

b) Fustigar ou relegar a calquera traballador/a no seu lugar de traballo, ou prexudicalo de calquera xeito a causa da súa pertenza a unha central sindical ou da súa participación nas actividades sindicais.

c) Condicionar o emprego público á esixencia de afiliación ou non a calquera central sindical, ou á esixencia de causar baixa na mesma.

Artigo 18. Exercicio da actividade sindical

1. Os empregados públicos do Concello teñen dereito a dedicarse á acción sindical no lugar, tempo e forma previstos na Lei Orgánica 11/1985, de 2 de agosto, de liberdade sindical, e a Lei 7/2007 de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público.

2. Para estes efectos, entenderase como ámbito material inmediato para a acción sindical no Concello os centros de traballo, considerándose como tales, tanto o propio de cada traballador/a como calquera outra dependencia, establecemento ou local pertencente ao Concello, aínda que se encontre situado en sede distinta.

Artigo 19. Respecto ás necesidades do servizo.

Os dereito recoñecidos aos empregados municipais neste capítulo, exercitaranse co debido respecto ás persoas e bens, procurando sempre non interferir na boa marcha do traballo e na atención ás necesidades do servizo.

SECCIÓN 2ª. DAS SECCIÓNS SINDICAIS

 
Artigo 20. Dereito a constituír seccións sindicais.

Os empregados públicos do Concello afiliados a centrais sindicais legal e validamente constituídas e recoñecidas poderán constituír seccións sindicais de conformidade co establecido no presente capítulo e coa lexislación vixente.

Artigo 21. Constitución das seccións sindicais

Para a atribución das garantías, facultades, funcións e competencias recoñecidas neste acordo, as sección sindicais deberán acreditar que as centrais sindicais ás que pertencen obtiveron polo menos o 10% dos votos nas eleccións dos órganos de representación do persoal celebradas no Concello ou que teñen a condición de centrais sindicais maioritarias, de conformidade co previsto na LOLS.

Artigo 22. Atribucións das seccións sindicais

As seccións sindicais terán, entre outras, as seguintes facultades, garantías, funcións e competencias:

a) Representar e defender os intereses da central sindical a que pertencen e dos afiliados da mesma.

b) Posuír e exercer a través dos correspondentes comités, delegados ou representantes sindicais, a representación legal para asuntos sociolaborais de todos e cada un dos seus afiliados, sen prexuízo doutras formas legais de representación que puidesen solicitar os mesmos.

A atribución de representación ás seccións sindicais implica, entre outras facultades, a de realizar calquera clase de intervención, pedimento, reivindicación ou reclamación de índole sociolaboral, por escrito ou mediante comparecencia, en nome e representación de calquera afiliado, sen menoscabo do exercicio individualizado das mesmas que puidese realizar este.

c) Recibir, do xeito previsto na normativa vixente, a máis completa información en todos os asuntos do persoal do Concello por medio dos seus delegados.

d) Recoller as diversas reivindicacións sociolaborais do persoal laboral ao servicio do Concello e propoñelas ás autoridades ou órganos correspondentes dos representantes do persoal ou da asemblea xeral

e) Informarase por iniciativa propia de todas as cuestións que afecten ao persoal laboral do Concello. Para estes efectos, os delegados ou representantes sindicais poderán ter acceso a toda a documentación relativa ás ditas cuestións, previa autorización da Alcaldía, dentro dos límites legais, así como da reserva e o non abuso. O concello garantirá a consulta ou reproducción gratuíta daqueles que se consideren precisos para o exercicio da actividade sindical, sen prexuízo das garantías que se consideren oportunas para evitar o extravío dos documentos, así como das responsabilidades legais en que os solicitantes puidesen incorrer por incumprimento do deber de reserva profesional e sindical.

f) Exhibir e difundir libremente, en horas e lugares de traballo, calquera tipo de información, prensa, propaganda e publicacións de carácter sindical ou de interese laboral ou profesional.

Para estes efectos, o Concello disporá a colocación, ás súas expensas, de taboleiros de anuncios sindicais para a exposición e divulgación de calquera documentación do tipo anteriormente sinalado en todos os centros de traballo pertencentes ao Concello, en lugares adecuados e visibles. O número, tamaño e distribución dos taboleiros, será o adecuado ás dimensións e estructura do centro, de xeito que se garanta a máis ampla publicidade e accesibilidade ao que se expoña.

g) Convocar e celebrar reunións e asembleas, tanto de afiliados como de todo ou parte do persoal nos termos previsto na Lei 9/1987, de 12 de xuño de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ao servizo das administracións públicas.

h) Empregar asesoresen calquera actividade que realicen no exercicio das súas competencias.

i) Para recadar as cotas sindicais, a sección sindical poderá acordar co Concello o seu desconto en nómina, logo da autorización dos seus afiliados

j) Presentar e negociar perante os órganos resolutorios correspondentes cantos asuntos procedan en materia de condicións de traballo, seguridade e saúde laboral, réxime de asistencia, seguridade e previsión social, no que sexa competencia do Concello e de conformidade coa regulamentación relativa aos dereitos de negociación e participación que se recollen na lei e no presente acordo.

k) Expresar libremente opinións respecto das materias relativas á súa esfera de actividade.

l) Proporcionar asistencia e defensa, e obter audiencia no suposto de seguirse procedemento disciplinario contra calquera dos seus afiliados, sen prexuízo do dereito individual de audiencia, regulada no dito procedemento.

Artigo 23. Delegados sindicais

1. As seccións sindicais que obtivesen un 10% dos votos nas eleccións aos representantes do persoal terán dereito a elixir un delegado de sección sindical.

2. Os delegados sindicais terán as seguintes funcións e dereitos:

a) Exercitar as competencias atribuídas á sección sindical que representan

b) Autenticar coa súa firma o que a súa sección sindical expoña nos taboleiros de anuncios

c) Convocar as reunións da sección sindical

d) Dispoñer, sen menoscabo das súas retribucións, do mesmo número de horas sindicais que os membros dos órganos de representacións dos traballadores dentro da xornada de traballo, sen prexuízo das que lle poidan corresponder por ser tamén membro dos mesmos.

e) Exercer en nome e representación da súa sección sindical cantas accións xudiciais ou administrativas requira o cumprimento da súa función.

f) Serlle admitida a súa abstención ou escusa no suposto de ser designado como instructor ou secretario nun expediente disciplinario.

Artigo 24. Sixilo profesional

Tanto os delegados de persoal, como as seccións sindicais no seu conxunto observarán sixilo profesional no exercicio das súas funcións en todas aquelas materias sobre as que o Concello sinale expresamente o carácter reservado. En todo caso, ningún tipo de documento entregado polo Concello ás seccións sindicais e aos seus delegados poderá ser utilizado fóra do estricto ámbito municipal e para fins distintos dos que motivaron a súa entrega.

SECCIÓN 3ª DO DEREITO Á REPRESENTACIÓN COLECTIVA

 
Artigo 25. Os representantes do persoal.

Os delegados sindicais do persoal laboral son os representantes específicos deste persoal diante do Concello de Muros, sen prexuízo da representación que corresponda aos delegados e seccións sindicais en relación cos seus afiliados

Artigo 26. Garantías e facultades.

Os representantes do persoal laboral terán as seguintes garantías e facultades:

a) Audiencia do órgano ao que pertencen no suposto de seguirse procedemento disciplinario a un traballador, sempre que exista pedimento expreso neste senso por parte do inculpado

b) Expresar individual ou colexiadamente con liberdade as súas opinións nas materias relativas á esfera da súa representación, podendo confeccionar, publicar e distribuír información de interese profesional, laboral ou social.

Para estes efectos, o Concello facilitará aos órganos de representación idénticos medios que os sinalados para as seccións sindicais

c) Non ser trasladados, sancionados nin discriminados no seu traballo, promoción económica ou profesional, durante o exercicio das súas funcións nin dentro dos dous anos seguintes á expiración do seu mandato por razón do desempeño da súa representación

d) Dispor dun crédito de 21 horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións. Cando non se consuma o crédito de horas no mes natural, poderán acumularse nos meses sucesivos, dentro do ano natural. Para estes efectos non se computarán as horas empregadas en xuntanzas con representantes da Corporación.

e) Poderanse acumular nun ou varios membros dos representantes do persoal ou delegados da sección sindical as horas sindicais correspondentes a outros delegados da mesma sección sindical ou membros dos órganos de representación, sen exceder do máximo total, podendo quedar relevado ou relevados do traballo, sen prexuízo da súa remuneración.

f) Utilizar un local facilitado polo Concello na medida das súas posibilidades para actividades sindicais cunhas características e equipamento que satisfagan as diversas necesidades que, en canto a capacidade, dotación, material e situación física puidesen presentarse. Este local será compartido coas seccións sindicais

g) Seralles admitida a súa abstención ou escusa no suposto de ser designados como instructores ou secretarios nun expediente disciplinario.

Artigo 27. Competencias

Sen prexuízo do previsto na normativa vixente, os representantes do persoal laboral terán as seguintes competencias:

a) Recibir, do xeito previsto na normativa vixente, a máis completa información en todos os asuntos de persoal do Concello.

b) Coñecer os contratos laborais que o Concello asine. Para isto o Concello entregará aos órganos de representación sindical unha copia básica de todos os contratos.

c) Propoñer e negociar perante os correspondentes órganos resolutorios do Concello cantos asuntos procedan en materia de condicións de traballo, seguridade e saúde laboral, réxime de asistencia, seguridade e previsión social, no que sexa competencia do Concello.

d) Ser oídos na fase preparatoria do proceso de formación da vontade administrativa orientada á adopción de acordos en materia de persoal, consonte co previsto no presente capítulo e na normativa de xeral aplicación., sen prexuízo da preceptiva negociación sobre os asuntos indicados no presente acordo e na lexislación vixente.

Artigo 28 Capacidade e sixilo profesional

1. Recoñéceselle aos representantes do persoal capacidade para exercer accións administrativas ou xudiciais en todo o relativo ao ámbito das súas competencias.

2. En canto ao deber de manter sixilo no exercicio das súas funcións, aos representantes do persoal seranlles de aplicación as regras previstas neste acordo para as seccións sindicais e os seus delegados.

SECCIÓN 4ª DO DEREITO DE REUNIÓN.

 
Artigo 29. Dereito de reunión

Os traballadores/as do Concello de Muros poderán exercitar o dereito de reunión cos requisitos e condicións sinaladas nesta sección e na demais normativa de aplicación.

Artigo 30. Lexitimación para o exercicio.

Están lexitimados para convocar reunións:

- Os delegados sindicais de persoal laboral

- As organizacións sindicais, directamente ou a través dos delegados sindicais.

- Un número de traballadores non inferior ao 40% do colectivo convocado.

Artigo 31. Do lugar e momento da reunión.

1. O Concello poderá autorizar reunións no centro de traballo dentro da xornada laboral ata un máximo de 36 horas anuais. Destas, dezaoito horas corresponderán ás Seccións sindicais e o resto aos órganos de representación do persoal laboral.

2. Sen prexuízo do anterior, en período electoral as candidaturas que se presenten poderán convocar e celebrar asembleas de persoal dentro da xornada laboral, por un tempo máximo para todas elas de 4 horas en cada centro de traballo.

3. Non existirá ningún tipo de limitación para celebrar reunións fóra da xornada de traballo, sempre que se garanta a seguridade das instalacións ou dependencias.

4. En calquera caso, a celebración da reunión non prexudicará a prestación dos servizos.

5. O Concello facilitará os locais adecuados para que as reunións poidan celebrarse. As súas características e equipamento satisfará ás diversas necesidades que en canto a capacidade, material e situación puidesen presentarse.

Artigo 32. Convocatoria da reunión.

Os requisitos para celebrar unha reunión son os seguintes:

a) Comunicar por escrito a súa celebración con antelación de dous días hábiles se a reunión ten lugar fóra da xornada de traballo, e de cinco días se é dentro da xornada laboral

b) Indicar no escrito:

a. Día, hora e lugar de celebración

b. Colectivo ao que se convoca

c. Orde do día

d. Identificación dos asinantes, que deberán estar lexitimados para convocar a reunión consonte o disposto neste capítulo

c) As reunións entenderanse autorizadas e poderán celebrarse sen outro requisito se a autoridade competente non formula obxeccións á mesma mediante resolución motivada cando menos vintecatro horas antes da celebración.

SECCIÓN 5ª DOS DEREITOS DE NEGOCIACIÓN E PARTICIPACIÓN COLECTIVA.

 
Artigo 33 Do dereito á negociación colectiva

A negociación colectiva e a participación na determinación das condicións de traballo do persoal laboral do Concello de Muros efectuarase mediante a capacidade representativa recoñecida aos sindicatos segundo dispón a Lei 7/2007 de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público.

Artigo 34. Mesa Xeral de Negociación do Concello de Muros

Para os efectos do disposto no artigo anterior constituirase unha Mesa Xeral de Negociación no ámbito do Concello de Muros na que estarán presentes dunha parte os representantes do Concello e doutra os delegados de persoal laboral. A composición da Mesa Xeral de Negociación será paritaria.

Por acordo entre as partes designarase a un empregado municipal do Concello para asumir as funcións de secretario da mesa de negociación, que será o encargado de redactar a correspondente acta de cada reunión, da que dará fe. Esta acta será ademais asinada por todos os membros da mesa. O secretario encargarase tamén das tarefas administrativas propias da preparación, convocatoria e publicidade da mesa de negociación.

As reunións da Mesa Xeral de Negociación do Concello terán lugar cunha periodicidade anual. Igualmente terán lugar reunións cando o soliciten de común acordo as partes ou por decisión dos representantes do Concello, ou de todas as organizacións sindicais presentes.

A orde do día das reunións será determinada conxuntamente, podendo incluír calquera das partes cantos asuntos consideren oportunos. As partes recibirán notificación formal da celebración das reunións cunha antelación mínima de 48 horas, poñendo simultaneamente á súa disposición toda a documentación relativa aos asuntos incluídos na orde do día para os efectos do seu coñecemento e estudio previo.

Calquera das partes poderá deixar sobre a mesa os asuntos que, ao seu entender, requiran dun máis detido exame ou emisión de informe, ou cando considere que faltan datos ou antecedentes de importancia para fundamentar a adopción de acordos ou resolucións. Do mesmo xeito, calquera dos representantes sindicais poderá facer constar, tanto na acta da reunión como na parte expositiva da posterior resolución, o dictame ou informe que emitan ao respecto os órganos da corporación, as discrepancias de calquera índole e os argumentos en que se fundamenten.

Artigo 35. Obxecto da negociación.

1. Serán obxecto de negociación no ámbito da Mesa Xeral de Negociación do Concello de Muros:

a) O incremento das retribucións do persoal do Concello que proceda incluír nos orzamentos ordinarios.

b) A determinación e aplicación das retribucións.

c) A preparación e deseño dos programas de oferta de emprego público

d) A clasificación de postos de traballo

e) A determinación dos programas e fondos para a acción de promoción interna, formación e perfeccionamento

f) A determinación das prestacións e pensións das clases pasivas e, en xeral, todas aquelas materias que afecten, dalgún xeito, á mellora das condicións de vida dos traballadores/as xubilados.

g) Os sistemas de ingreso, provisión e promoción dos empregados municipais

h) As propostas sobre dereitos sindicais e de participación.

i) Medidas sobre saúde laboral

j) As materias de índole económica, de prestación de servicios, sindical, asistencial e, en xeral, cantas outras afecten ás condicións de traballo e ao ámbito de relacións laborais do persoal e representantes sindicais co Concello

2. Quedan excluídas da obrigatoriedade da negociación, no seu caso, as decisións do Concello que afecten ás súas potestades de organización, ao exercicio do dereito dos cidadáns ante os empregados/as públicos e ao procedemento de formación dos actos e disposicións administrativas. Cando as consecuencias das decisións do Concello que afecten ás súas potestades de organización poidan ter repercusión sobre as condicións de traballo do persoal ao seu servicio, as mesmas serán adoptadas previa audiencia e informe dos representantes do persoal.

Artigo 36. Principio de boa fe.

En todo caso as negociacións realizaranse sempre baixo o principio de boa fe.

SECCIÓN 6ª. DO DEREITO DE FOLGA.

 
Artigo 37. O dereito de folga.

O persoal municipal poderá exercer o dereito de folga nos termos recollidos na lexislación vixente, sen prexuízo do establecido especificamente para a Policía local na Lei Orgánica de Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.

CAPÍTULO V. DEREITOS, DEBERES E CÓDIGO DE CONDUCTA DOS EMPREGADOS MUNICIPAIS

 
Artigo 38. Dereitos dos empregados municipais.

1.- Dereitos individuais. Os empregados públicos teñen os seguintes dereitos de carácter individual en correspondencia coa natureza xurídica da súa relación de servizo:

a) Ao posto de traballo e cargo que lle corresponde segundo a praza do cadro de persoal na que se lle adscribe.

b) Ao desempeño efectivo das funcións ou tarefas propias da súa condición profesional e de acordo coa progresión alcanzada na súa carreira profesional.

c) Á progresión na carreira profesional e promoción interna segundo principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade mediante a implantación de sistemas obxectivos e transparentes de avaliación.

d) A percibir as retribucións e as indemnizacións por razón do servizo.

e) A participar na consecución dos obxectivos atribuídos á unidade onde preste os seus servizos e a ser informado polos seus superiores das tarefas a desenvolver.

f) Á defensa xurídica e protección da Administración Pública nos procedementos que se sigan ante calquera orde xurisdiccional como consecuencia do exercicio lexítimo das súas funcións ou cargos públicos.

g) Á formación continua e á actualización permanente dos seus coñecementos e capacidades profesionais, preferentemente en horario laboral.

h) Ao respecto da súa intimidade, orientación sexual, propia imaxe e dignidade no traballo, especialmente fronte ao acoso sexual e por razón de sexo, moral e laboral.

i) Á non discriminación por razón de nacemento, orixe racial ou étnico, xénero, sexo ou orientación sexual, relixión ou conviccións, opinión, discapacidade, idade ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

j) Á adopción de medidas que favorezan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

k) Á liberdade de expresión dentro dos límites do ordenamento xurídico.

l) A recibir protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo.

m) Ás vacacións, descansos, permisos e licenzas.

n) Á xubilación segundo os termos e condicións establecidas nas normas aplicables.

o) Ás prestacións da Seguridade Social correspondentes ao réxime que lles sexa de aplicación.

p) A libre asociación profesional.

q) Aos demais dereitos recoñecidos polo ordenamento xurídico.

2. Dereitos individuais exercidos colectivamente. Os empregados municipais teñen os seguintes dereitos individuais que se exercen de forma colectiva:

a) Á liberdade sindical.

b) Á negociación colectiva e á participación na determinación das condicións de traballo.

c) Ao exercicio da folga, coa garantía do mantemento dos servizos esenciais da comunidade, coas excepcións previstas no artigo 37.

d) Á formulación de conflictos colectivos de traballo, de acordo coa lexislación aplicable en cada caso.

e) Ao de reunión, nos termos establecidos no presente convenio.

Artigo 39. Deberes dos empregados municipais e principios éticos

Deberes e principios éticos:

1. Os empregados municipais deberán desempeñar con dilixencia as tarefas que teñan asignadas e velar polos intereses xerais con suxeición e observancia da Constitución e do resto do ordenamento xurídico, e deberán actuar con arranxo aos seguintes principios: obxectividade, integridade, neutralidade, responsabilidade, imparcialidade, confidencialidade, dedicación ao servizo público, transparencia, exemplaridade, austeridade, accesibilidade, eficacia, honradez, promoción da contorna cultural e ambiental, e respecto á igualdade entre mulleres e homes, que inspiran o Código de Conducta dos empregados públicos configurado polos principios éticos e de conducta regulados nos artigos seguintes.

2. A súa actuación perseguirá a satisfacción dos intereses xerais dos cidadáns e fundamentarase en consideracións obxectivas orientadas cara á imparcialidade e o interese común, á marxe de calquera outro factor que exprese posicións persoais, familiares, corporativas, clientelares ou calquera outras que poidan chocar con este principio.

3. Axustarán a súa actuación aos principios de lealdade e boa fe coa Administración na que presten os seus servizos, e cos seus superiores, compañeiros, subordinados e cos cidadáns.

4. A súa conducta basearase no respecto dos dereitos fundamentais e liberdades públicas, evitando toda actuación que poida producir discriminación algunha por razón de nacemento, orixe racial ou étnico, xénero, sexo, orientación sexual, relixión ou conviccións, opinión, discapacidade, idade ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

5. Absteranse naqueles asuntos nos que teñan un interese persoal, así como de toda actividade privada ou interese que poida supor un risco de expor conflictos de intereses co seu posto público.

6. Non contraerán obrigacións económicas nin intervirán en operacións financeiras, obrigacións patrimoniais ou negocios xurídicos con persoas ou entidades cando poida supor un conflicto de intereses coas obrigacións do seu posto público.

7. Non aceptarán ningún trato de favor ou situación que implique privilexio ou vantaxe inxustificada, por parte de persoas físicas ou entidades privadas.

8. Actuarán de acordo cos principios de eficacia, economía e eficiencia, e vixiarán a consecución do interese xeral e o cumprimento dos obxectivos da organización.

9. Non influirán na axilización ou resolución de trámite ou procedemento administrativo sen xusta causa e, en ningún caso, cando iso comporte un privilexio en beneficio dos titulares dos cargos públicos ou a súa contorna familiar e social inmediato ou cando supoña un menoscabo dos intereses de terceiros. 10. Cumprirán con dilixencia as tarefas que lles correspondan ou se lles encomenden e, no seu caso, resolverán dentro de prazo os procedementos ou expedientes da súa competencia.

11. Exercerán as súas atribucións segundo o principio de dedicación ao servizo público absténdose non só de conductas contrarias ao mesmo, senón tamén de calquera outras que comprometan a neutralidade no exercicio dos servizos públicos.

12. Gardarán secreto das materias clasificadas ou outras cuxa difusión estea prohibida legalmente, e manterán a debida discreción sobre aqueles asuntos que coñezan por razón do seu cargo, sen que poidan facer uso da información obtida para beneficio propio ou de terceiros, ou en prexuízo do interese público.

Principios de conducta.

1. Tratarán con atención e respecto aos cidadáns, aos seus superiores e aos restantes empregados públicos.

2. O desempeño das tarefas correspondentes ao seu posto de traballo realizarase de forma dilixente e cumprindo a xornada e o horario establecidos.

3. Obedecerán as instruccións e ordes profesionais dos superiores, salvo que constitúan unha infracción manifesta do ordenamento xurídico, nese caso poñeranse inmediatamente en coñecemento dos órganos de inspección procedentes.

4. Informarán aos cidadáns sobre aquelas materias ou asuntos que teñan dereito a coñecer, e facilitarán o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento das súas obrigacións.

5. Administrarán os recursos e bens públicos con austeridade, e non utilizarán os mesmos en proveito propio ou de persoas achegadas. Terán, así mesmo, o deber de velar pola súa conservación.

6. Rexeitarase calquera agasallo, favor ou servizo en condicións vantaxosas que vaia máis aló dos usos habituais, sociais e de cortesía, sen prexuízo do establecido no Código Penal.

7. Garantirán a constancia e permanencia dos documentos para a súa transmisión e entrega aos seus posteriores responsables.

8. Manterán actualizada a súa formación e cualificación.

9. Observarán as normas sobre seguridade e saúde laboral.

10. Porán en coñecemento dos seus superiores ou dos órganos competentes as propostas que consideren adecuadas para mellorar o desenvolvemento das funcións da unidade na que estean destinados. A estes efectos poderase prever a creación da instancia adecuada competente para centralizar a recepción das propostas dos empregados públicos ou administrados que sirvan para mellorar a eficacia no servizo.

11. Garantirán a atención ao cidadán na lingua galega.

CAPÍTULO VI. CALIDADE DOS SERVIZOS E ABSENTISMO LABORAL.

 
Artigo 40. Calidade dos servizos e absentismo laboral.

O Concello de Muros e os representantes do persoal potenciarán os instrumentos de control e reducción do absentismo laboral a través da proposta, entre outras, de medidas de mellora dos sistemas e procedementos, de medidas de mellora da calidade na prestación do servizo público ós cidadáns, da medición do absentismo laboral e seguimento deste, realizando os estudios necesarios sobre as súas causas e adoptando, se é o caso, as medidas que sexan procedentes para a súa reducción, podendo procederse, sempre previa audiencia ao interesado, ao desconto automático, das retribucións correspondentes ao tempo de traballo nos casos de falta inxustificada de asistencia e/ou puntualidade. Todo isto efectuarase sen prexuízo das medidas disciplinarias que, se é o caso, puidesen corresponder.

Será xustificable ante a xefatura de persoal toda ausencia producida na xornada laboral, deducindo dos haberes correspondentes toda ausencia ou falta de puntualidade que acumuladamente supoña mais de dúas horas ó mes. As ausencias debidas a enfermidade xustificaranse co correspondente parte de consulta, baixa médica ou hospitalización.

O persoal virá obrigado a comunicar aquelas ausencias que se produzan ao inicio da xornada laboral mediante o correspondente aviso ao superior inmediato, seguíndose igual procedemento no caso de ser causa sobrevida durante a xornada laboral.

Das medidas que se adopten para reducir o absentismo informarase puntualmente á Comisión paritaria.

CAPÍTULO VII. CALENDARIOS LABORAIS, XORNADAS E HORARIOS

 
Artigo 41. Calendario laboral ordinario.

O calendario laboral ordinario para o persoal laboral do Concello de Muros será o que se estableza polos organismos competentes da Administración central, autonómica e local, dentro das súas respectivas competencias, e afecten ao conxunto da Administración local de Galicia e ao Concello de Muros en particular.

Os calendarios laborais anuais elaboraranse, preferentemente, antes do 15 de decembro de cada ano, e deberán ser expostos nos taboleiros de anuncios ao principio do ano. Poderán ser modificados cando circunstancias imprevistas ou sobrevidas o esixan. As modificacións deberán motivarse e se notificarán con antelación oportuna os interesados e a representación sindical.

Artigo 42. Días non laborábeis.

1. Os días 24, e 31 de decembro non serán laborábeis para o persoal laboral do Concello de Muros e permanecerán pechadas as oficinas públicas, agás os servicios de Información e Rexistro xeral.

2. O día 22 de maio será celebrado como día patronal dos empregados públicos locais polo que se favorecerá a asistencia aos actos institucionais de confraternización e protocolarios que se organicen

Artigo 43. Xornada laboral.

1. A xornada de traballo do persoal laboral ao servizo do Concello de Muros será como máximo de 37,5 horas semanais.

2. A xornada diaria realizarase con carácter ordinario de luns a venres, en quenda de mañá de 8,00 a 15,30 horas,

No caso de persoal laboral de oficinas a xornada diaria será a establecida para os funcionarios de acordo co establecido no convenio colectivo do persoal funcionario ao servizo do Concello de Muros.

3. No ano 2010, revisarase a xornada laboral para que quede establecida nun máximo semanal de 35 horas.

4. Todo o persoal laboral en réxime de xornada continuada disporá dunha pausa mínima de 30 minutos no medio da xornada, computándose como de traballo efectivo. O persoal laboral en réxime de xornada partida, disporá de dúas pausas de 15 minutos, distribuídas nas dúas partes da xornada laboral, e no medio de cada unha delas respectivamente, computándose como tempo de traballo efectivo.

5. O Alcalde ou persoa en quen delegue poderá autorizar con carácter excepcional, a cada persoa ou por tempo determinado, a modificación do horario fixo para atender ás necesidades de conciliación da vida laboral e familiar.

6. O tempo de asistencia aos cursos de formación programados ou autorizados polo correspondente órgano municipal para a capacitación profesional ou para a adaptación a un novo posto de traballo e de asistencia obrigada considerarase tempo de traballo a tódolos efectos.

Artigo 44. Horario de verán.

Durante o período comprendido entre o 1 de xullo e 31 de agosto (ámbolos dous inclusive) quedará establecido o horario de verán que será de 8,00 a 14, 30 horas. Cando por necesidades do servizo e durante o tempo estrictamente necesario, non se poida realizar esta reducción de xornada, deberan ter unha compensación polas horas realizadas que poderá acumularse, ata completar os días libres ao ano que correspondan

No ano 2010, revisarase o horario de verán, para que quede establecido de 15 de xuño a 15 de setembro.

Artigo 45. Tempo de traballo efectivo.

O tempo de traballo computarase de modo que, tanto ao comezo como ao remate da xornada diaria, o traballador se atope no seu posto de traballo, computándose como tempo de traballo efectivo, o estrictamente necesario para vestirse coa roupa de traballo, recoller, gardar ou ordenar a roupa, uniformes, materiais, ferramentas e demais útiles de traballo. En calquera caso, o tempo empregado en cambiarse de roupa non será superior a 7 minutos. A mesma consideración terá o tempo utilizado para cumprir coas normas de seguridade e saúde laboral.

Para o persoal laboral que desenvolva a súa actividade en lugares de traballo non fixos ou itinerantes, o cómputo da xornada normal de traballo comezará a partir da súa presencia no lugar de recollida ou reunión establecido ou no centro de control, tanto na entrada como na saída do traballo.

Artigo 46. Calendario de servizos especiais.

Naqueles servicios municipais que pola natureza da súa actividade deban organizarse por quendas de traballo, estas efectuaranse mediante a rotación entre todos os traballadores. Procurarase que nos servizos nos que a actividade se desenvolva en domingos, festivos, horas nocturnas, ou en condicións de perigosidade, penosidade ou toxicidade as xornadas traballadas nas devanditas circunstancias sexan repartidas equitativamente entre todo o persoal adscrito ao servizo.

Os calendarios de servizos especiais poderán dispor un sistema de quendas, atendendo á dispoñibilidade de persoal e os servizos a realizar, respectando, en todo caso, o descanso entre xornadas, que non poderá ser inferior a 12 horas, con alomenos, dous fins de semana de descanso ao mes. A xornada non excederá en cómputo anual do que se sinale para o resto do persoal. Os calendarios de servizos especiais preverán a xornada laboral ordinaria dos mesmos, así como, de selo caso, a parte variable do horario.

A elaboración e tramitación destes calendarios rexerase polos mesmos criterios establecidos para os calendarios ordinarios.

Entenderase por distorsión horaria o prexuízo do traballador que teña que prestar servizo alternativamente en quendas variábeis de mañá, tarde ou noite.

Artigo 47. Servicios extraordinarios fóra da xornada laboral.

1.- Xustificación:

a) Con carácter xeral, prohíbese a realización de horas extraordinarias estructurais.

b) Poderanse realizar servizos extraordinarios fóra da xornada ordinaria de traballo por razóns de prevención ou reparación de sinistros ou danos, imprevistos, ausencias, acumulación de tarefas, interrupcións do servizo, alteracións nas quendas de persoal ou outras circunstancias excepcionais derivadas das actividades propias do servizo público, cando non sexa posible atender estas situacións coa redistribución dos efectivos do cadro de persoal, mediante modificación dos horarios ordinarios ou, cando polasúa duración, non sexa aconsellable recorrer á contratación temporal en calquera das modalidades existentes na lexislación vixente.

c) A realización de horas extraordinarias, excluídas as motivadas por razóns de forza maior, terá carácter voluntario, sen que ninguén poida ser obrigado a facelas nin represaliado pola súa negativa.

d) Especificamente, terán a consideración de servizos extraordinarios as horas necesarias para asistir a xuízos ou comparecencias derivadas da prestación do servizo fóra da xornada de traballo que teñan lugar fora do horario de traballo. Neste suposto, computaranse un mínimo de cinco horas extraordinarias si o xuízo ou comparecencia ten lugar en Muros, e de sete horas si se trata dunha localidade distinta.

e) Igualmente, consideraranse horas extraordinarias as consumidas polo persoal que realice traballo por quendas na espera do relevo correspondente.

2.- Autorización:

a) Os responsables dos servizos ou unidades administrativas, ante un suposto dos previstos no apartado 1.b), emitirán con carácter preceptivo e previo o correspondente informe-proposta de realización de servizos extraordinarios indicando as causas que os xustifican, a data e hora de realización, a previsión do número de horas e a relación do persoal afectado. Este informe enviarase ao alcalde ou ao concelleiro delegado para recabar a autorización previa, que deberá formalizarse mediante decreto e será amosada aos traballadores/as afectados antes da realización dos servizos extraordinarios. Cando a realización de servizos extraordinarios sexa previsible, o decreto será notificado ao persoal cunha antelación mínima de 72 horas.

b) Os responsables dos servizos ou unidades administrativas responderán persoalmente da certeza e efectividade da realización de servizos extraordinarios, así como da veracidade dos condicionamentos aludidos en apartados anteriores que xustifiquen a súa realización.

3.- Control:

a) Para os efectos de control e compensación, sempre que un traballar/a ou grupo de traballadores/as realice servizos extraordinarios fóra da xornada normal, o responsable do servizo elaborará unha relación mensual na que figure a identificación dos traballadores/as, as horas traballadas, a data da súa realización e a cuantificación das horas realizadas en total, que será exposta no taboleiro de anuncios e enviada á subunidade de persoal, entregándoselle unha copia aos traballadores/as afectados. A subunidade de persoal enviará outra copia ás seccións sindicais representadas na Xunta de persoal e no Comité de empresa.

b) Co fin de repartir equitativamente os traballos realizados fóra da xornada normal, nos servizos especiais estableceranse listas do persoal ordenado por categorías profesionais e alfabeticamente. As tarefas extraordinarias asignaranse pola orde correlativa que figura na lista. Ningún traballador/a repetirá na quenda de dispoñibilidade ata que sexa esgotada pola totalidade dos da lista, a salvo de baixas laborais ou calquera outra causa que implique suspensión na prestación do servizo. Se, chegado o momento de realizar tarefas extraordinarias, o traballar/a que lle corresponde por orde de lista non pode atendelas por coincidírenlle co servizo ordinario, manterase no mesmo lugar da lista.

c) Establécese o seguinte límite de horas extraordinarias:

- 2 horas diarias cando supoñan prolongación de xornada.

- 14 horas mensuais

- 80 horas anuais

Cando en calquera servizo municipal se exceda de 800 horas extraordinarias anuais nun posto de traballo da mesma escala, subescala, grupo e nivel, crearase unha nova praza no cadro de persoal.

4.- Compensación:

a) A realización de traballos fóra da xornada ordinaria compensaranse con horas libres ou con remuneración económica, a razón de 1.5 horas por cada extraordinaria traballada. As horas de compensación acumularanse preferentemente ata chegar a completar xornadas laborais enteiras, que se irán compensando alternativamente con días libres e con remuneración económica. En todo caso, o persoal terá dereito a dispoñer dos días libres de compensación no prazo dos dous meses seguintes á data da realización. Cando os servizos extraordinarios se realicen en domingo, festivo ou de noite compensaranse en todo caso con 2 por cada hora traballada, e 3 horas si concorren as dúas circunstancias.

b) Excepcionalmente, cando dispoñer de horas libres para compensar a realización de horas extraordinarias poida supoñer un grave prexuízo para o funcionamento do servizo, a compensación horaria poderá substituírse pola remuneración económica, nas contías que para cada nivel se establece no capítulo XII. Neste suposto, o responsable do servizo deberá formular a proposta de compensación económica, facendo constar as razóns que desaconsellan a compensación horaria, concretando a identificación dos traballadores/as afectados e o número de horas realizadas. Enviará esta proposta á subunidade de persoal que a trasladará á Comisión delegada de seguimento para que informe o que considere oportuno. A resolución da proposta corresponderá á Comisión de goberno. De ser o caso, o pagamento das horas extraordinarias incluirase na nómina do mes seguinte ao da data da resolución.

c) A petición expresa do/a interesado/a, as horas extraordinarias poderán compensarse, a razón de tres horas por cada hora extraordinaria traballada, mediante a acumulación en días de permiso previo á data de xubilación. Para estes efectos, no rexistro de persoal crearase o correspondente fondo de horas/días, das que poderá dispoñer o/a interesado/a dende un ano antes de cumprir os requisitos para a xubilación obrigatoria ou voluntaria.

d) A Comisión delegada de seguimento revisará trimestralmente a aplicación práctica dos procedementos de xustificación, autorización e compensación definidos no presente acordo.

Artigo 48. Réxime de especial dedicación.

O réxime de especial dedicación implicará a dispoñibilidade por razóns de servizo para o desenvolvemento dunha xornada adicional anual de 163 horas dispoñibles fóra do horario e quenda ordinarios sen dereito a compensación, así como a aplicación do réxime xeral de incompatibilidades previsto neste Acordo.

A Relación de Postos de Traballo determinará os postos de traballo suxeitos ao réxime de especial dedicación, así como as correspondentes retribucións.

Artigo 49. Traballo en período nocturno e festivo.

Entenderase por traballo en período nocturno o efectuado entre as 10 da noite (22:00 p.m) e as 8 da mañá (8:00 a.m.). No suposto de traballo por quendas, terá a consideración de quenda nocturna aquela realizada alomenos durante seis horas no horario propio do traballo en período nocturno.

Entenderase por traballo en período festivo o realizado no tempo que medie entre as 10 da noite (22:00 p.m) do véspera e as 12 da noite (24:00 p.m.) de cada domingo ou festivo.

As horas que se realicen en horario nocturno ou festivo, compensaranse mediante a súa retribución específica ou a reducción da xornada que corresponda. No caso de persoal laboral que debe exerce-las súas funcións, especialmente en horario nocturno ou festivo, e aqueles que, pola natureza do traballo, realicen quendas neste horario, nas súas retribucións teranse en consideración estas circunstancias.

A compensación horaria por traballos nocturnos e festivos será acumulable.

Artigo 50. Descanso entre xornadas.

Calquera que sexa o réxime de organización do traballo de cada servizo municipal, entre o final dunha xornada e o comezo da seguinte mediarán como mínimo 12 horas.

CAPÍTULO VIII. VACACIÓNS, PERMISOS, LICENCIAS E SITUACIÓNS ADMINISTRATIVAS.

 
Artigo 51. Vacacións anuais.

1.Ocalendario de vacacións elaborarase anualmente e nel teranse en conta as necesidades dos servicios, oídos os órganos de representación do persoal

2. As vacacións terán a duración dun mes natural ou de 22 días hábiles anuais por ano completo de servizo ou en forma proporcional ao tempo de servizos efectivos, debéndose disfrutar de forma obrigatoria dentro do ano natural e ata o quince de xaneiro do ano seguinte. Disfrutaranse en períodos mínimos de 5 días hábiles consecutivos, de acordo coa planificación que se efectúe por parte da dirección de cada departamento ou servizo. Para estes efectos, os sábados non serán considerados días hábiles.

3. No suposto de completar os anos de antigüidade na administración reflectidos no cadro posterior terase dereito ao desfrute dos seguintes días de vacacións anuais

15 anos de servizo................23 días hábiles

20 anos de servizo................24 días hábiles

25 anos de servizo................25 días hábiles

30 ou máis anos de servizo........26 días hábiles.

O dereito farase efectivo a partir do ano natural seguinte ao cumprimento da antigüidade referida.

4. No caso do persoal que traballa a quendas, non poderá comeza-lo período de vacacións en descanso semanal establecido

5. No suposto de baixa por maternidade, enfermidade ou accidente, interromperase o cómputo do período de vacacións e reanudarase unha vez recuperada a alta polo traballador, de acordo coas necesidades do servizo.

6. O plan de vacacións anuais será elaborado antes do 1 de abril de cada ano, de xeito que cada un poida coñece-las datas que lle correspondan, polo menos con dous meses de antelación á data de comezo daquelas. O calendario será consultado cos representantes dos traballadores

7. Nos servizos onde se poidan producir colisión de intereses, organizaranse as quendas de forma obrigatoria, de xeito rotativo, comezando polo traballador con maior antigüidade no servizo e, no seu defecto, no Concello.

8. As vacacións non poderán ser compensadas en metálico nin en todo nin en parte, agás cando no transcurso do ano se produza a extinción da relación de emprego do traballador ou sexa declarado este en situación de excedencia ou de suspensión de funcións e aínda non teña desfrutado ou completado na súa totalidade o desfrute do período de vacacións.

9. No suposto de producirse colisión de intereses entre un traballador afectado por unha enfermidade ou por un accidente e aqueles outros do seu mesmo servizo, que xa as teñen programadas, terán estes últimos preferencia sobre aquel, que en todo caso haberá de supeditarse ás necesidades do servizo.

10 O calendario anual de vacacións poderá ser modificado con carácter individualizado, trala solicitude dos interesados, sempre que non exista oposición, fundamentada en razóns obxectivas do servizo, e non se afecte a intereses de terceiros no ámbito das quendas establecidos.

11. Recoñécese o dereito á elección do período de vacacións a favor das mulleres xestantes.

Artigo 52. Permisos e licencias retribuídos.

Sen prexuízo do disposto na lexislación sobre función pública aplicable ao persoal ao servizo da Comunidade autónoma galega en cada momento, establécese o seguinte réxime de permisos e licencias retribuídos.

1.- Concederanse permisos polas seguintes causas xustificadas:

a) Polo falecemento, accidente ou enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización que precise reposo domiciliario dun familiar dentro do primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, tres días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade, cinco días hábiles cando sexa en distinta localidade, e 10 días hábiles si existe convivencia previa co familiar finado.

Nos supostos de accidente ou enfermidade moi grave do cónxuxe, parella en análoga relación de afectividade, familiares en primeiro grao, acollidos/acollidas ou familiares conviventes, e para atender o seu coidado, o persoal ó servizo do Concello de Muros terá dereito a un permiso retribuído cunha duración máxima de trinta días naturais. Cada accidente ou enfermidade xerará un único permiso, que, dentro da duración máxima de trinta días, se poderá utilizar de maneira separada ou acumulada.

Cando se trate do falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do segundo grao de consanguinidade ou afinidade, o permiso será de dous días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade e de catro días hábiles cando sexa en distinta localidade.

Polo falecemento dun familiar do terceiro grao de consanguinidade ou afinidade o permiso consistirá no tempo indispensable para asistir ao enterro.

b) Por traslado de domicilio sen cambio de residencia, un día na mesma localidade e dous días se hai cambio de localidade. Se a unidade familiar está composta por dous ou máis membros, o permiso será de dous días sen cambio de localidade e de catro se existe cambio.

c) Para realizar funcións sindicais, de formación sindical ou de representación do persoal, nos termos legalmente establecidos.

d) Para concorrer a exames e demais probas de aptitude ou avaliación en centros oficiais, durante os días da súa celebración e coa debida xustificación.

e) Por matrimonio propio, o persoal terá dereito a unha licencia retribuída de 15 días consecutivos, podendo acumulalos ás vacacións.

Por matrimonio de parentes (ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade), 1 día; 2 días se fose a máis de 200 qms. de distancia e 3 días se fose a máis de 500 km. O permiso deber coincidir coa data da celebración.

f) As traballadoras embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto polo tempo necesario para a súa práctica e logo de xustificación da necesidade de realización delas dentro da xornada de traballo.

g) O persoal terá dereito a un permiso retribuído para tratamentos de fecundación asistida polo tempo necesario para a súa práctica, con aviso previo e xustificación da necesidade de realización dentro da xornada de traballo. Se fose necesario o desprazamento, o permiso será de dous días.

h) Para acompañar o seu cónxuxe ou parella en análoga relación de afectividade a tratamentos de fecundación asistida, a exames prenatais e a técnicas de preparación ao parto, o persoal ó servizo do Concello de Muros terá dereito a un permiso retribuído en idénticos termos e condicións de exercicio que os previstos para estes permisos.

i) Por nacemento de fillos prematuros ou que por calquera outra causa deban permanecer hospitalizados a continuación do parto, o/a traballador/a terá dereito a ausentarse do traballo durante un máximo de dúas horas diarias e percibirá as retribucións íntegras.

j) Por lactancia dun fillo ou filla menor de doce meses, a traballadora terá dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderá dividir en dúas fraccións. Este dereito poderase substituír por unha reducción da xornada normal en media hora ao inicio e ao final da xornada ou ben nunha hora ao inicio ou ao final da xornada. Este dereito poderá ser exercido indistintamente por un ou outro dos proxenitores, no caso de que ambos traballen.

Igualmente, poderase substituír o tempo de lactancia por un permiso retribuído que acumule en xornadas completas o tempo correspondente ou ben por un crédito de horas, podéndose aproveitar, en ambos os casos, en calquera momento, despois do gozo do permiso de maternidade.

A cantidade de horas incluídas no crédito será o resultado de contabilizar o total de horas ás que se tería dereito se se dispuxese do permiso de lactación na súa modalidade dunha hora de ausencia.

Este permiso incrementarase proporcionalmente nos casos de parto múltiple.

Nos supostos de adopción ou acollemento, este dereito computarase durante o primeiro ano desde a resolución xudicial ou administrativa de adopción ou acollemento.

k) Por razóns de garda legal, cando o persoal teña o coidado directo dalgún menor de doce anos, de persoa maior que requira especial dedicación ou dunha persoa con discapacidade que non desempeñe actividade retribuída, terá dereito a unha reducción dun tercio ou un medio da xornada de traballo, coa diminución proporcional das súas retribucións.

Terá o mesmo dereito o persoal que precise encargarse do coidado directo dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non se poida valer por si mesmo e que non desempeñe actividade retribuída.

l) Por ser preciso atender o coidado dun familiar de primeiro grao, o persoal terá dereito a solicitar unha reducción de ata o 50 % da xornada laboral, con carácter retribuído, por razóns de enfermidade moi grave e polo prazo máximo dun mes, prorrogable en circunstancias excepcionais e atendendo á extrema gravidade da enfermidade padecida, ata un período máximo de dous meses.

Se houbese máis dun titular deste dereito polo mesmo feito causante, o tempo de gozo desta reducción poderase ratear entre eles, respectando, en todo caso, o prazo máximo dun mes ou, se é o caso, o de dous meses.

m) O persoal municipal terá dereito a ausentarse do seu posto de traballo por acudir a consultas, tratamentos e exploracións de tipo médico, ou para acompañar ás revisións médicas os fillos e as fillas e as persoas maiores ao seu cargo polo tempo necesario, con aviso previo e xustificación da necesidade de realización dentro da xornada de traballo.

2.- Poderase conceder permiso polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal e por deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral.

3.- Poderase dispoñer de ata nove días ao ano, como máximo, de permiso para asuntos persoais sen xustificación, atendendo sempre ás necesidades do servizo. Así mesmo, terase dereito ao gozo de dous días adicionais ao cumprir o sexto trienio, que se incrementará nun día adicional por cada trienio cumprido a partir do oitavo.

O persoal que se incorpore ao longo do ano natural contarán con días na proporción que corresponda ao período efectivamente traballado.

4.- En todo caso, concederanse os seguintes permisos:

a) Permiso por parto: terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas. Este permiso ampliarase en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do fillo ou filla, e por cada fillo a partir do segundo, nos supostos de parto múltiple. O permiso distribuirase á opción da traballadora sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ao parto. No caso de falecemento da nai, o outro proxenitor poderá facer uso da totalidade ou, se é o caso, da parte que reste do permiso.

Malia o anterior, e sen prexuízo das seis semanas inmediatas posteriores ao parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que ambos os proxenitores traballen, a nai, ao iniciarse o período de descanso por maternidade, poderá optar por que o outro proxenitor goce dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ao parto, ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai. O outro proxenitor poderá seguir gozando do permiso de maternidade inicialmente cedido, aínda que no momento previsto para a reincorporación da nai ao traballo esta se atope en situación de incapacidade temporal.

Nos casos de gozo simultáneo de períodos de descanso, a suma destes non poderá exceder das dezaseis semanas ou das que correspondan no caso de discapacidade do fillo ou filla ou de parto múltiple.

Nos casos de parto prematuro e naqueles nos que, por calquera outra causa, o neonato deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, este permiso ampliarase en tantos días como o neonato se encontre hospitalizado, cun máximo de trece semanas adicionais.

Durante o gozo deste permiso poderase participar nos cursos de formación que convoque a administración.

b) Permiso por adopción ou acollemento, tanto preadoptivo coma permanente ou simple: terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas. Este permiso ampliarase en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do menor adoptado ou acollido e por cada fillo, a partir do segundo, nos supostos de adopción ou acollemento múltiple.

O cómputo do prazo contarase á elección do empregado/a, a partir da decisión administrativa ou xudicial do acollemento ou a partir da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción, sen que un mesmo menor non poida dar, en ningún caso, dereito a varios períodos de gozo deste permiso.

No caso de que ambos os proxenitores traballen, o permiso distribuirase á opción dos interesados, que poderán gozalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre en períodos ininterrompidos.

Nos casos de gozo simultáneo de períodos de descanso, a suma destes non poderá exceder das dezaseis semanas ou das que correspondan en caso de adopción ou acollemento múltiple e de discapacidade do menor adoptado ou acollido.

Este permiso poderase gozar a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades do servizo o permitan, e nos termos que regulamentariamente se determinen.

Se fose necesario o desprazamento previo dos proxenitores ao país de orixe do adoptado ou acollido, nos casos de adopción ou acollemento internacional, terase dereito, ademais, a un permiso de ata tres meses de duración, e durante este período percibiranse exclusivamente as retribucións básicas, podendo gozarse de forma fraccionada, sempre que non se superen os tres meses.

Con independencia do permiso de ata tres meses previsto no parágrafo anterior e para o suposto previsto no devandito parágrafo, o permiso por adopción ou acollemento, tanto preadoptivo coma permanente ou simple, poderase iniciar ata catro semanas antes da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou a decisión administrativa ou xudicial do acollemento.

Durante o gozo deste permiso poderase participar nos cursos de formación que convoque a administración.

Os supostos de adopción ou acollemento, tanto preadoptivo coma permanente ou simple, previstos neste artigo serán os que así se establezan na normativa aplicable na Comunidade Autónoma de Galicia, e o acollemento simple deberá ter unha duración non inferior a un ano.

c) Permiso por paternidade polo nacemento, acollemento ou adopción dun fillo ou filla: terá unha duración de vinte e nove días naturais, que gozará o pai a partir da data de nacemento, da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción. No caso de parto, acollemento ou adopción múltiple, o permiso será de trinta e cinco días naturais.

Nos supostos de adopción ou acollemento, se ambos os proxenitores fosen persoal ao servizo da Administración pública galega, o permiso poderase distribuír á opción dos interesados, que poderán gozalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre en períodos ininterrompidos, respectando en todo caso o prazo de duración.

Este permiso é independente do gozo compartido dos permisos previstos nas alíneas a) e b).

A nai poderá gozar deste permiso de paternidade a continuación dos permisos previstos nas alíneas a) e b) nos seguintes supostos:

Cando o pai falecese antes da utilización íntegra do devandito permiso.ü

Se a filiación paterna non estivese determinada.ü

Cando os proxenitores non estivesen casados nin estivesen unidos de feito en análoga relación de afectividade.ü

Cando en resolución xudicial dictada en proceso de nulidade, separación ou divorcio, iniciado antes da utilización do permiso, se lle recoñecese á nai a garda do fillo ou da filla que acaba de nacer.ü

No suposto de matrimonio de mulleres ou de unións de feito en análoga relación de afectividade, ao ser unha delas a nai biolóxica, a que non o sexa terá dereito ao permiso de paternidade nos termos fixados nesta alínea.

Nos casos previstos nas alíneas a), b) e c), o tempo transcorrido durante o gozo destes permisos computarase como de servizo efectivo para todos os efectos, garantíndose a plenitude de dereitos económicos do persoal ó servizo do Concello de Muros durante todo o período de duración do permiso, e, se é o caso, durante os períodos posteriores ao gozo deste, se, de acordo coa normativa aplicable, o dereito a percibir algún concepto retributivo se determina en función do período de gozo do permiso.

Os empregados/as que fixesen uso do permiso por parto ou maternidade, paternidade e adopción ou acollemento terán dereito, así que finalice o período de permiso, a reintegrarse ao seu posto de traballo nos termos e nas condicións que non lles resulten menos favorables ao gozo do permiso, así como a beneficiarse de calquera mellora nas condicións de traballo ás que puidesen ter dereito durante a súa ausencia.

d) Permiso por razón de violencia de xénero: as faltas de asistencia do persoal víctima da violencia do xénero, totais ou parciais, terán a consideración de xustificadas polo tempo e nas condicións nas que así o determinen os servizos sociais de atención ou de saúde, segundo proceda.

Así mesmo, o persoal víctima de violencia de xénero, para facer efectiva a súa protección ou o seu dereito á asistencia social integral, terá dereito á reducción da xornada coa diminución proporcional da retribución ou á reordenación do tempo de traballo, a través da adaptación do horario, da aplicación do horario flexible ou doutras formas de ordenación do tempo de traballo que lles poidan ser aplicables, nos termos que para estes supostos estableza a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.»

e) Permiso por xubilación: Os/as traballadores/as municipais poderán acumular ás vacacións anuais correspondentes ao ano da xubilación un permiso retribuído de 1 día natural por cada ano se servizos prestados o Concello de Muros.

5.- Poderanse conceder licencias nos seguintes casos e condicións:

a) Por asuntos propios poderanse conceder licencias sen retribución dunha duración acumulada que non poderá exceder de tres meses cada dous anos. A concesión de licencias por asuntos propios subordinarase, en todo caso, ás necesidades do servicio.

b) Para a realización de estudios directamente relacionados coa Administración Pública. O empregado/a terá dereito a percibir as retribucións básicas.

c) Para a asistencia a eventos colectivos de carácter técnico, científico, profesional, colexial, asociativo ou sindical. Se a asistencia fose promovida polo propio Concello por tratarse de materias de interese para o mesmo, o/a empregado/a ter dereito a indemnización por axudas de custo, gastos de viaxe, de estancia, inscrición e outros.

6.- Flexibilidade horaria en supostos especiais:

Quenes teñen ao seu cargo persoas maiores, fillos menores de 12 anos ou persoas con discapacidade terán dereito a flexibilizar nunha hora o seu horario fixo habitual.

En casos de familias monoparentais, os empregados públicos con fillos con discapacidade, terán dúas horas de flexibilidade horaria a fin de conciliar os horarios dos centros de educación especial e outros centros onde o fillo reciba atención cos horarios propios do posto de traballo. Igualmente, existirá o dereito a ausentarse do traballo para asistir a reunións de coordinación e apoio asistencial.

7.- Tramitación.

a) As solicitudes de permisos que sexan previsibles faranse mediante escrito presentado no Rexistro Xeral do Concello. Para estes efectos, o Rexistro Xeral do Concello disporá duns modelos normalizados de solicitude. Estes impresos deberán ser cubertos polo/a interesado/a, facendo constar a clase de permiso ou licencia que se solicita e a súa duración, e achegando de ser o caso a xustificación documental pertinente. Os modelos dos impresos normalizados de solicitude deberán ser revisados pola Comisión de Seguimento deste Acordo Regulador. Así mesmo, a Comisión debe concretar as xustificacións documentais pertinentes a presentar con cada tipo de solicitude.

b) As comunicacións dos permisos sobrevidos ou imprevisibles, comunicaranse verbalmente no Negociado de Persoal e ao xefe do servizo correspondente.

En calquera caso, presentarase a oportuna xustificación documental do permiso dentro do prazo de sete días naturais a partir da data de comezo do mesmo.

c) Os permisos e licencias deberán solicitarse con cinco días hábiles de antelación, sempre que se achegue o visto e prace do xefe do servizo, salvo os casos de urxente necesidade nos que non será necesario o cumprimento do indicado preaviso. De non achegar o visto e prace do xefe do servizo será necesario solicitar a licencia con dez días de antelación.

d) En todo caso os días de permiso por: traslado de domicilio, concurrencia a exames, matrimonio de parentes, enfermidade, accidentes ou falecemento de familiares deberán coincidir necesariamente co día en que se produza o evento.

e) A tramitación das solicitudes das licencias dos/as empregados/as municipais corresponden ao Departamento Persoal, que se encargará de efectuar as dilixencias e procurar os informes oportunos para determinar a correspondente resolución. A concesión dos permisos e licencias corresponder ao Alcalde Presidente do Concello ou persoa en quen delegue, quen dictará para o efecto a oportuna resolución.

f) No eido do establecido no apartado anterior, as solicitudes das licencias formuladas en forma e prazo (consonte o establecido no presente capítulo) deberán ser resoltas e notificadas aos solicitantes coa debida antelación data en que deba comezar a licencia solicitada. No caso de que tal resolución non se produza, entenderase concedida nos termos do solicitado sempre que se axuste ao establecido no presente Convenio Colectivo.

g) As licencias e permisos debidamente xustificados constitúen un dereito do persoal municipal, polo que calquera resolución negativa de permisos ou licencias deber ser debidamente motivada e argumentada. Previamente adopción de calquera resolución denegatoria deber ser oído o interesado e o Órgano de Representación Sindical.

h) Carecerán de validez e consideraranse nulos para todos os efectos os permisos e licencias que non sexan tramitados e resoltos consonte ao establecido no presente acordo, sen prexuízo do establecido no apartado b) para os casos imprevisibles de urxente necesidade.

Artigo 53. Situacións administrativas

En relación coas situacións do persoal ó servizo do Concello de Muros, estarase ao disposto no Título VI da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público.

CAPÍTULO IX.- CLASIFICACIÓN, SELECCIÓN E CARREIRA PROFESIONAL DO PERSOAL MUNICIPAL

 

SECCIÓN 1ª.- CLASIFICACIÓN DO PERSOAL

A) TIPOS DE PERSOAL

Artigo 54. O cadro de persoal do Concello.

O Concello aprobará anualmente, a través do seu orzamento, o cadro de persoal no que figuren tódolos postos de traballo reservados a funcionarios, persoal laboral e eventual.

De acordo co establecido neste Acordo e na normativa básica, o cadro de persoal será negociado cos representantes sindicais do persoal funcionario e laboral do Concello, previa a aprobación polo Pleno da Corporación.

B) GRUPOS DE CLASIFICACIÓN

Artigo 62.- Grupos de clasificación do persoal laboral

As distintas Categorías do persoal laboral municipal clasifícanse, de acordo coa titulación esixida para o acceso aos mesmos, e que será elaborado polo Concello e os representantes dos traballadores

C) INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN

Artigo 63.- A Relación de Postos de Traballo.

1.- O Concello de Muros estructura a súa organización a través da relación de postos de traballo que é o instrumento técnico por medio do cal se realiza a ordenación do seu persoal, de acordo coas necesidades dos servizos, e que comprenden a denominación dos postos, as características esenciais dos mesmos, os grupos de clasificación profesional coa titulación esixida para o desempeño, si é o caso, ás escalas de funcionarios ou as categorías profesionais do persoal laboral, os sistemas de provisión e as retribucións complementarias.

2. A creación, modificación, refundición e supresión de postos de traballo realizarase por medio da relación de postos de traballo.

3.- O persoal comprendido no ámbito de aplicación deste acordo ocupará postos de traballo, singularizados ou non singularizados, de acordo coa correspondente relación. A relación de postos de traballo incluirá os correspondentes a todo o cadro de persoal funcionario e laboral, así como os que haxa que dotar a través da correspondente oferta de emprego. Igualmente, a relación de postos de traballo determinará a forma de provisión e acceso aos postos singularizados nela determinados.

4.- Os postos de traballo do Concello de carácter administrativo serán desempeñados por funcionarios públicos. Exceptúanse da regra anterior e poderán ser desempeñados por persoal laboral:

a) Os postos de natureza non permanente e aqueles nos que as súas actividades se dirixan a satisfacer necesidades de carácter periódico e descontinuo.

b) Os postos nos que as súas actividades sexan propias de oficios.

c) Os postos correspondentes a áreas de actividades que requiran coñecementos técnicos especializados cando non existan corpos ou escalas de laborais con membros que teñan a preparación específica necesaria para o seu desempeño.

d) Os postos de carácter instrumental correspondentes ás áreas de mantemento e conservación de edificios, equipos ou instalacións, e artes gráficas, así como os postos das áreas de expresión artística.

e) Os postos de traballo de organismos autónomos de carácter comercial, industrial, financeiro ou análogo, salvo aqueles que impliquen exercicio da autoridade, inspección ou control

f) Os de prestación directa de servizos sociais e protección de menores.

5. A relación de postos de traballo do Concello será pública, e tanto na súa elaboración coma nas modificacións posteriores deberán ser sometidas a informe dos correspondentes órganos de representación do persoal municipal, cando supoñan modificación das condicións de traballo.

Artigo 64. Plans de Emprego.

1.- O Concello de Muros poderá elaborar plans de emprego, referidos tanto a persoal funcionario coma laboral, que conterán de forma conxunta as actuacións que se deben desenvolver para a óptima utilización dos recursos humanos no ámbito a que afecten, dentro dos límites orzamentarios e de acordo coas directrices de política de persoal.

As actuacións previstas para o persoal laboral nos plans de emprego desenvolveranse conforme a normativa específica do ordenamento xurídico laboral e o establecido no presente Acordo.

2.- Os plans de emprego poderán conte-las seguintes previsións e medidas:

a) Previsións sobre modificación de estructuras organizativas e de postos de traballo.

b) Suspensión de incorporacións de persoal externo ó ámbito afectado, tanto as derivadas de oferta de emprego coma de procesos de mobilidade.

c) Reasignación de efectivos de persoal.

d) Establecemento de cursos de formación e capacitación.

e) Autorización de concursos de provisión de postos limitados ó persoal dos ámbitos que se determinen.

f) Medidas específicas de promoción interna.

g) Prestación de servicios a tempo parcial.

h) Necesidades adicionais de recursos humanos, que deberán integrarse, se é o caso, na oferta de emprego público.

i) Outras medidas que procedan en relación cos obxectivos do plan de emprego.

j) As memorias xustificativas dos plans de emprego conterán as referencias temporais que procedan, respecto das previsións e medidas establecidas neles.

3.- O Concello de Muros poderá adoptar, ademais de plans de emprego, outras medidas de racionalización de efectivos así como incentivos á excedencia voluntaria e á xubilación anticipada.

SECCIÓN 2ª: SELECCIÓN E ACCESO

 
Artigo 65. Oferta de emprego

1. De acordo co previsto na lexislación básica, as necesidades de recursos humanos con asignación orzamentaria que deban proverse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso serán obxecto da Oferta de emprego público, ou a través doutro instrumento similar de xestión da provisión das necesidades de persoal, o que comportará a obrigación de convocar os correspondentes procesos selectivos para as prazas comprometidas e ata un dez por cen adicional, fixando o prazo máximo para a convocatoria dos mesmos. En todo caso, a execución da oferta de emprego público ou instrumento similar deberá desenvolverse dentro do prazo improrrogable de tres anos.

2. A Oferta de emprego público ou instrumento similar, que se aprobará anualmente polos órganos de Goberno do Concello, deberá ser negociada cos representantes sindicais do persoal municipal e será publicada no Diario oficial correspondente.

3. A Oferta de emprego público ou instrumento similar poderá conter medidas derivadas da planificación de recursos humanos.

Artigo 66. Principios xerais e normativa aplicable

1. A selección do persoal fixo ao servizo do Concello de Muros realizarase de acordo coa oferta de emprego público, mediante convocatoria pública e a través do sistema de concurso, concurso-oposición ou oposición libre nos que se garantan, en todo caso, os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como os establecidos a continuación:

a) Publicidade das convocatorias e das súas bases.

b) Transparencia.

c) Imparcialidade e profesionalidade dos membros dos órganos de selección.

d) Independencia e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección.

e) Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións ou tarefas a desenvolver.

f) Axilidade, sen prexuízo da obxectividade, nos procesos de selección.

Artigo 67. Regras comúns e requisitos xerais de acceso.

1. As convocatorias de procesos selectivos deberán publicarse nos Diarios oficiais que procedan e nun xornal de tirada provincial no caso de prazas de persoal laboral fixo.

2. Garantirase o anonimato dos aspirantes nas probas eliminatorias nas que sexa posible.

3. Os procesos selectivos rexeranse polas bases que aprobe o órgano da Corporación competente. As bases xerais e específicas de cada convocatoria, tanto de persoal fixo como temporal, así como para a promoción interna, serán aprobadas previa negociación cos representantes do persoal.

4. Nos supostos de concurso ou concurso-oposición especificaranse os méritos e a súa correspondente valoración, así como os medios de acreditación deles.

En ningún caso poderá constituír mérito para acceder ao emprego público o ter desempeñado un posto de traballo con carácter eventual ou de confianza na administración.

5. Para poder participar nos procesos selectivos convocados no Concello de Muros será necesario reuni-los seguintes requisitos:

a) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público.

b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais do Grupo, Categoría ou praza correspondente.

c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. Só por lei poderá establecerse outra idade máxima, distinta da idade de xubilación forzosa, para o acceso ao emprego público.

d) Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin acharse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non acharse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

e) Posuír a titulación esixida.

6. Poderá esixirse o cumprimento doutros requisitos específicos que garden relación obxectiva e proporcionada coas funcións asumidas e as tarefas a desempeñar. En todo caso, haberán de establecerse de xeito abstracto e xeral.

7. A extensión e profundidade dos programas adecuaranse aos niveis de titulación esixidos e á especialidade profesional dos correspondentes grupos de clasificación e categoría profesional de persoal laboral.

Artigo 68. Sistemas selectivos.

1. Os procesos selectivos terán carácter aberto e garantirán a libre concorrencia, sen prexuízo do establecido para a promoción interna e das medidas de discriminación positiva previstas neste convenio en relación coa consolidación de emprego e a funcionarización de persoal laboral fixo.

2. Os procedementos de selección coidarán especialmente a conexión entre o tipo de probas a superar e a adecuación ao desempeño das tarefas dos postos de traballo convocados, incluíndo, no seu caso, as probas prácticas que sexan precisas. As probas poderán consistir na comprobación dos coñecementos e a capacidade analítica dos aspirantes, expresados de forma oral ou escrita, na realización de exercicios que demostren a posesión de habilidades e destrezas, na comprobación do dominio de linguas estranxeiras e, no seu caso, na superación de probas físicas.

3. Os procesos selectivos que inclúan, ademais das preceptivas probas de capacidade, a valoración de méritos dos aspirantes só poderán outorgar a devandita valoración unha puntuación proporcionada que non determinará, en ningún caso, por si mesma o resultado do proceso selectivo.

4. O Concello de Muros poderá crear órganos especializados e permanentes para a organización de procesos selectivos, podéndose encomendar estas funcións aos Institutos ou Escolas de Administración Pública.

5. Para asegurar a obxectividade e a racionalidade dos procesos selectivos, as probas poderán completarse coa superación de cursos, de períodos de prácticas, coa exposición curricular polos candidatos, con probas psicotécnicas ou coa realización de entrevistas. Igualmente poderán esixirse recoñecementos médicos.

6. A selección por oposición consistirá en supera-las probas teóricas e prácticas esixidas na convocatoria pública, axeitadas ó exercicio da función.

7. A selección por concurso-oposición consistirá en supera-las correspondentes probas, así como posuír determinadas condicións debidamente valoradas de formación, méritos ou graos de experiencia.

8. A prestación de servicios noutras administracións públicas valorarase en méritos, de acordo co principio de reciprocidade.

9. Nos sistemas de selección que se realicen para o acceso ás prazas do Concello terá que demostrarse o coñecemento da lingua galega. Para estes efectos, as bases das convocatorias establecerán que unha ou máis das probas do proceso selectivo se deberán realizar exclusivamente en lingua galega, sen prexuízo doutras probas adicionais que se puidesen prever para aqueles postos de traballo que requiran un especial coñecemento da lingua galega.

Artigo 69.- Órganos de selección

1. Os órganos de selección serán colexiados e a súa composición deberá axustarse aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, e tenderase, así mesmo, á paridade entre muller e home. O persoal de elección ou de designación política, e o persoal eventual non poderán formar parte dos órganos de selección. Así mesmo, a pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén.

2.- Os órganos de selección velarán polo cumprimento do principio de igualdade de oportunidades no acceso ao emprego público entre homes e mulleres.

3. Os órganos de selección non poderán propor o acceso dun número superior de aprobados ao de prazas convocadas, excepto cando así o prevexa a propia convocatoria. Sempre que os órganos de selección propoñan o nomeamento de igual número de aspirantes que o de prazas convocadas, e co fin de asegurar a cobertura das mesmas cando se produzan renuncias dos aspirantes seleccionados, antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convócante poderá requirir do órgano de selección relación complementaria dos aspirantes que sigan aos propostos, para o seu posible nomeamento. Igualmente, as relacións complementarias dos aspirantes a prazas de persoal fixo constituirán listas de agarda para contratacións de persoal temporal, de acordo co que se estableza regulamentariamente.

4. Os representantes sindicais do persoal municipal terán dereito a participar no desenvolvemento dos procesos selectivos mediante a presencia dun representante nas sesións dos órganos de selección onde actuara con voz pero sen voto e velará polo cumprimento das bases e dos principios establecidos neste capítulo e na lexislación vixente.

Para estes efectos poderá facer constar nas actas das sesión dos órganos de selección calquera incidencia que considere oportuna en relación cos actos do proceso selectivo, e sen prexuízo das accións administrativas e xudiciais que considere oportunas de acordo coa lexislación vixente.

Os representantes sindicais nos órganos de selección serán designados polos delegados de persoal funcionario ou Comité de Empresa, segundo se trate de persoal funcionario ou laboral.

Artigo 70. Selección de persoal temporal:

1.- Para os efectos da selección do persoal laboral temporal, actuarase de acordo coas Bases Xerais de selección do persoal laboral temporal do Concello de Muros, aprobadas por este Concello

2.- Os funcionarios interinos e persoal laboral temporal so poderán desempeñar postos de traballo non singularizados. As súas retribucións básicas e complementarias serán idénticas ás do persoal fixo de igual grupo ou nivel de complemento de destino.

3.- Así mesmo, seralles de aplicación o disposto na Lei 53/84, de incompatibilidades do persoal ó servizo das administracións públicas.

Artigo 71. Acceso de persoas con discapacidade.

1. Nas ofertas de emprego público reservarase unha cota non inferior ao 7% das vacantes para seren cubertas entre persoas con discapacidade cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%, de modo que progresivamente se acade o 2% dos efectivos totais do cadro de persoal do Concello, sempre que superen as probas selectivas e que, no seu momento, acrediten o indicado grao de minusvalidez e a compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes, segundo se determine regulamentariamente.

2. A reserva farase sobre o cómputo total das vacantes incluídas na oferta de emprego público, e poderanse concentrar as prazas reservadas para persoas con discapacidade naquelas convocatorias que se refiran a corpos, escalas ou categorías cuxo desempeño se adapte mellor ás peculiaridades das persoas discapacitadas.

3. Cando da aplicación da porcentaxe resulten fraccións decimais redondearase por exceso para o seu cómputo.

4. Se as prazas reservadas e que foron cubertas polas persoas con discapacidade non acadasen a taxa do 3% das prazas convocadas, as prazas non cubertas acumularanse á cota do 7% da oferta seguinte, cun límite máximo do 12%.

5. Ao acadarse o obxectivo do 2% ao que se refire a alínea 1 desta disposición, a porcentaxe mínima de reserva será do 5%, e non serán aplicables as alíneas 3 e 4 desta disposición mentres a porcentaxe se manteña ou se incremente.

6. Poderanse realizar convocatorias independentes, non supeditadas ás ordinarias, nas cales as prazas estarán reservadas a persoas con discapacidade cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%. As probas terán o mesmo contido e grao de esixencia que as que se realicen nas convocatorias ordinarias. En calquera caso, as persoas que participen na convocatoria deberán acreditar a discapacidade e o grao de minusvalidez. As prazas incluídas nestas convocatorias computaranse, en todo caso, na cota reservada na oferta de emprego público para a súa cobertura entre persoas con discapacidade.

7. Nas probas selectivas, incluíndo os cursos de formación ou os períodos de prácticas, estableceranse para as persoas con discapacidade con grao de minusvalidez igual ou superior ao 33% que o soliciten as adaptacións e os axustes razoables necesarios de tempo e medios para a súa realización, para asegurar que as persoas con discapacidade participan en condicións de igualdade.

Artigo 72. Rexistro de persoal.

Constituirase un rexistro de persoal do Concello, no que se inscribirá todo o persoal ó seu servizo e se anotarán todos os actos que afecten á súa vida administrativa.

SECCIÓN 3ª.- CARREIRA PROFESIONAL

 
Artigo 73. A carreira profesional.

1.- A carreira administrativa consiste na promoción desde unha Categoría dun determinado grupo ou subgrupo a outra superior (promoción interna), no ascenso dentro dos graos asignados á mesma Categoría (ascenso por provisión de postos de traballo) ou no acceso a outra Categoría do mesmo grupo.

Artigo 74. A promoción interna.

1. A promoción interna consistente no ascenso desde Corpos ou Escalas dun grupo de titulación a outros do inmediato superior. Os empregados municipais deberán para iso posuír a titulación esixida para o ingreso nos últimos, ter unha antigüidade de polo menos dous anos no Corpo ou escala a que pertenzan, así como reunir os requisitos e superar as probas que para cada caso se establezan

2. Nas convocatorias das probas selectivas reservarase un mínimo dun 25% das vacantes convocadas para persoal laboral pertencente a corpos ou escalas do grupo inmediatamente inferior que, posuíndo a titulación esixida, si é o caso, e os demais requisitos inherentes á vacante que se vai cubrir, prestasen servizos efectivos durante polo menos dous anos no corpo ou na escala de pertenza.

As devanditas convocatorias deberán respectar en todo caso os principios de igualdade, mérito e capacidade, e poderán levarse a cabo en procesos separados dos de ingreso cando, por conveniencia da planificación xeral dos recursos humanos, así o acorde o Pleno da Corporación.

3. Para o acceso por promoción interna ás prazas do grupo I esixirase estar en posesión do título universitario de Grao. Naqueles supostos nos que a Lei esixa outro título universitario será este o que se teña en conta.

Os Laborais do grupo III que reúnan a titulación esixida poderán promocionar ao Grupo I sen necesidade de pasar polo Grupo II, coas condicións e requisitos establecidos na normativa básica.

Para o acceso por promoción interna a prazas do grupo II esixirase estar en posesión do título de Técnico Superior.

Poderá participar nos procesos de promoción interna para o acceso ao grupo III o persoal municipal do grupo IV, aínda que careza da titulación esixida para a pertenza ao dito grupo III, sempre que acredite unha antigüidade mínima de dez anos no grupo IV ou ben teña unha antigüidade mínima de cinco anos e supere os cursos de formación que se determinen polos órganos da Corporación.

Igualmente, o persoal municipal integrado no subgrupo V, poderá participar nos procesos de promoción interna para o acceso a prazas do grupo IV, aínda que careza da titulación esixida para a pertenza ao dito grupo, sempre que acredite unha antigüidade mínima de cinco anos no subgrupo V ou ben teña unha antigüidade mínima de dous anos e supere os cursos de formación que se determinen polos órganos da Corporación.

4.- O persoal que acceda a outros corpos ou escalas polo sistema de promoción interna terán, en todo caso, preferencia para cubri-los postos vacantes ofertados sobre os aspirantes que non procedan desta quenda.

Ademais, os aspirantes que superen tal proceso selectivo poderán tomar posesión da praza que xa viñesen desempeñando con carácter definitivo cando o nivel desta se encontre incluído no intervalo de niveis do corpo e grupo ó que accedan.

Igualmente,osaspirantes aprobados na quenda de promoción interna poderán solicitar que se lles adxudique destino no posto que viñesen desempeñando ou noutros postos vacantes dotados orzamentariamente, sempre que sexan de necesaria cobertura e cúmpranse os requisitos establecidos na Relación de Postos de Traballo. Neste caso, quedarán excluídos do sistema de adxudicación de destinos pola orde de puntuación obtido no proceso selectivo.

As prazas reservadas a promoción interna que non se cubran por este procedemento acumularanse ás de provisión libre.

5.-Así mesmo, o persoal que acceda a outros corpos ou escalas polo sistema de promoción interna conservarán o seu grao persoal que xa consolidasen no corpo ou na escala de procedencia, sempre que estea incluído no intervalo de niveis correspondente ó novo corpo ou escala, e o tempo de servicios prestados naqueles será aplicable, se é o caso, para a consolidación do grao persoal neste.

O disposto no presente Artigo seralles tamén aplicable ao persoal laboral que accedan por integración a outros corpos ou escalas do mesmo grupo ou grupo superior de acordo co previsto nesta lei.

6.- Os empregados municipais poderán acceder a outros corpos ou escalas encadradas no mesmo grupo que teñan asignadas funcións substancialmente coincidentes no seu contido profesional e no seu nivel técnico, sempre que estean na posesión da titulación esixida en cada caso e superen as probas selectivas.

Poderán ser eximidos dalgunha das probas aqueles laborais que procedan da mesma área de especialidade profesional cá correspondente ó corpo ou escala á que se pretende promocionar.

7. O Concello poderá determinar na relación de postos de traballo ou outro procedemento de xestión de recursos humanos, os Corpos e Escalas de funcionarios aos que poderá acceder o persoal laboral dos grupos e categorías profesionais equivalentes ao Grupo de titulación correspondente ao Corpo ou Escala a que se pretenda acceder, sempre que desempeñen funcións substancialmente coincidentes ou análogas no seu contido profesional e no seu nivel técnico, se deriven vantaxes para a xestión dos servizos, se encontren en posesión da titulación académica requirida e superen as correspondentes probas.

Artigo 75.- Fomento da promoción interna no Concello.

As condicións do exercicio do dereito á promoción profesional do persoal municipal negociarase entre o Concello e a representación dos traballadores/as cada ano en función da situación do cadro de persoal e as vacantes a prover en cada oferta de emprego. A provisión de prazas por promoción interna xestionaranse separadamente da oferta de emprego público, e requirirá en calquera caso que os aspirantes reúnan os requisitos das prazas ás que queren acceder así como a superación das probas de capacidade que se determinen en cada convocatoria.

Artigo 76.- O grao persoal.

1.- Todo empregado municipal posúe un grao persoal que corresponderá a un dos niveis nos que se clasifican os postos de traballo na relación de postos de traballo do Concello

2.- A carreira profesional do persoal laboral iniciarase no grao, nivel, categoría, chanzo e outros conceptos análogos correspondentes á praza inicialmente asignada ao traballador tras a superación do correspondente proceso selectivo, que terán a consideración de mínimos. A partir daqueles, produciranse os ascensos que procedan segundo a modalidade de carreira aplicable en cada ámbito.

O grao persoal adquírese polo desempeño dun ou máis postos de nivel correspondente durante dous anos continuados ou durante tres con interrupción. Se durante o tempo en que o empregado desempeña un posto se modificase o nivel destes, o tempo do desempeño computarase no nivel máis alto co que tal posto estivese clasificado.

Malia o disposto no parágrafo anterior, os empregados que obteñan un posto de traballo superior en máis de dous niveis ó correspondente ó seu grao persoal consolidarán cada dous anos de servicios continuados o grao superior en dous niveis ó que posuísen sen que en ningún caso poidan supera-lo correspondente ó do posto desempeñado.

3.- O Pleno da Corporación asignará nivel a cada posto a través da relación de postos de traballo, atendendo a criterios de especialización, responsabilidade, competencia e mando, así como á complexidade funcional dos postos, dentro dos seguintes límites.

4. En ningún caso os empregados municipais poderán obter postos de traballo non incluídos nos niveis do intervalo correspondente ao grupo de titulación en que figure clasificada a súa Escala, Subescala, clase ou categoría.

5.- Os empregados municipais terán dereito, calquera que sexa o posto de traballo que desempeñen, a percibir polo menos o complemento de destino dos postos de nivel correspondente ó seu grao persoal. Non obstante, a percepción do complemento específico será sempre a que lle corresponda ó posto realmente desempeñado.

6.- Os empregados que cesen nun posto de traballo sen obter outro polos sistemas de provisión previstos no presente Acordo quedarán ao dispor do Alcalde, que lles atribuirá o desempeño dun posto provisional correspondente ao seu corpo ou escala, non inferior en máis de dous niveis ao do seu grao persoal, en tanto non obteñan outro con carácter definitivo, con efectos do día seguinte á data do cesamento.

7.- O tempo de permanencia na situación de servicios especiais será computado, para efectos de consolidación do grao persoal, como prestado no último posto desempeñado en situación de servicio activo ou no que posteriormente se obtivese por concurso.

8.- A adquisición e os cambios de grao inscribiranse no Rexistro de Persoal logo de recoñecelos o órgano competente.

9.- Os graos superiores dos corpos ou escalas poderán coincidir cos inferiores do corpo ou escala inmediatamente superior.

10.- A adquisición dos graos superiores polo persoal dos corpos e escalas de cada grupo poderá realizarse tamén mediante a superación de cursos de formación ou outros requisitos obxectivos que determine o Pleno. O procedemento de acceso aos cursos e a fixación dos outros requisitos obxectivos fundamentarase exclusivamente en criterios de mérito e capacidade, e a selección deberá realizarse mediante concurso.

Artigo 77.- Requisitos para a provisión.

A provisión de postos de traballo, así como a formalización de novos contratos, requirirá que os correspondentes postos figuren detallados na relación de postos. Este requisito non será preciso cando se trate de realizar tarefas de carácter non permanente e con cargo a créditos correspondentes a persoal laboral eventual ou ao capítulo de investimentos.

Artigo 78.- Principios e procedementos de provisión de postos de traballo do persoal.

1. O Concello de Muros proverá os postos de traballo mediante procedementos baseados nos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

2. A provisión de postos de traballo levarase a cabo polos procedementos de concurso e de libre designación con convocatoria pública, e axustaranse ao previsto na normativa dos funcionarios da Xunta de Galicia.

3. As convocatorias para a provisión de postos de traballo por concurso ou por libre designación, así como as correspondentes resolucións, deberán facerse públicas nos Boletíns ou Diarios Oficiais correspondentes.

Artigo 79. Concurso de provisión dos postos de traballo.

1. O concurso, como procedemento normal de provisión de postos de traballo, consistirá na valoración dos méritos e capacidades e, no seu caso, aptitudes dos candidatos por órganos colexiados de carácter técnico. A composición destes órganos responderá ao principio de profesionalidade e especialización dos seus membros e adecuarase ao criterio de paridade entre muller e home. O seu funcionamento axustarase ás regras de imparcialidade e obxectividade.

2. Nas convocatorias de concurso deberán incluírse, en todo caso, os seguintes datos e circunstancias:

• Denominación, nivel e localización do posto.

• Requisitos indispensables para desempeñalo.

• Baremo para puntuar os méritos.

• Puntuación mínima para a adxudicación das vacantes convocadas.

CAPÍTULO X. INCOMPATIBILIDADES.

 
Artigo 81. Réxime de incompatibilidade.

A todo o persoal incluído no ámbito de aplicación deste Acordo aplicaráselle o réxime de incompatibilidades establecido na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.

CAPÍTULO XI. NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

 
Artigo 82. Normalización lingüística

1. Os traballadores do Concello de Muros teñen o dereito e o deber de desenvolve-la súa actividade laboral e profesional en idioma galego, como lingua propia de Galicia e da súa Administración local, e polo tanto a acceder á formación lingüística precisa para un adecuado desempeño do seu posto de traballo.

2. En todo o relacionado co uso do galego no Concello, será de aplicación o estipulado na normativa vixente en materia de normalización lingüística, así como o especificado na Ordenanza de impulso do uso do Galego no Concello de Muros.

3. O Concello de Muros proporcionará os instrumentos axeitados para propiciar un coñecemento adecuado da lingua galega. Os traballadores do Concello de Muros teñen o dereito e o deber de asistir a cursos de aprendizaxe, perfeccionamento e especialización do idioma galego precisos para un adecuado desempeño do seu posto de traballo.

4. O tempo investido na asistencia aos devanditos cursos será computado como tempo efectivo de traballo e os gastos de desprazamento e axudas de custo xeradas pola asistencia aos mesmos serán de conta do Concello cando se trate de cursos programados ou autorizados polo correspondente órgano municipal e de asistencia obrigada.

CAPÍTULO XII. SISTEMA RETRIBUTIVO.

 
Artigo 83.- Normas comúns.

1.- Os empregados públicos do Concello de Muros só serán remunerados segundo os conceptos e contías que se determinan no presente Acordo.

2.- Non poderán percibir participación en tributos ou en calquera outro ingreso das Administracións Públicas como contraprestación de calquera servizo, participación ou premio en multas impostas, aínda cando a xestión estivese atribuída aos servizos, nin retribucións ou contraprestacións distintas ás determinadas nos artigos seguintes por ningún outro concepto, nin sequera por confección de proxectos, dirección ou inspección de obras ou presupostos, asesorías ou emisión de dictames ou informes.

3.- A orde de pagamento de gastos de persoal terá preferencia sobre calquera outra que deba realizarse con cargo ao orzamento ordinario do Concello.

4.- As retribucións do persoal ao servizo do Concello de Muros teñen carácter público e, polo tanto, poderán ser coñecidas, cotexadas, comprobadas, por calquera que o desexe.

Artigo 84.- Conceptos retributivos.

As retribucións que poden percibir os empregados públicos do Concello de Muros son básicas e complementarias. A súa aplicación e conceptos retributivos determínanse consonte o establecido na Lei 30/84, en tanto non sexa desenvolvido pola Lei da Función Pública Galega o novo réxime de retribucións previsto na Lei 7/2007 de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público.

Artigo 85. Retribucións básicas

As retribucións básicas, estarán integradas única e exclusivamente por:

a) O soldo, que se fixará pola Lei de Orzamentos Xerais do Estado en función do grupo ou subgrupo de clasificación profesional en que se organizan as escalas de persoal funcionario e laboral do Concello, segundo o establecido no Capítulo IX deste Acordo.

O soldo do persoal laboral do grupo I non poderá exceder en máis de tres veces o soldo dos laborais do grupo V

b) Os trienios, que consisten nunha cantidade, que será igual para cada Subgrupo ou Grupo de clasificación profesional, no caso de que este non teña Subgrupo, por cada tres anos de servizo.

No caso de que un empregado municipal preste os seus servizos sucesivamente en diferentes corpos, escalas, clases ou categorías de distinto grupo de clasificación, terá dereito a seguir percibindo os trienios devengados nos grupos anteriores. Cando un empregado cambie de adscrición ó grupo antes de completar un trienio, a fracción do tempo transcorrido considerarase como tempo de servicios prestados no novo grupo.ü

Para os efectos de recoñecemento de trienios, recoñecerase ao persoal municipal a totalidade dos servizos previos indistintamente prestados en calquera administración pública, así como o período de prácticas do persoal que teñan superado as probas de ingreso na Administración Pública. Consideraranse servizos efectivos todos os indistintamente prestados en todas as esferas da Administración Pública, tanto en calidade de funcionario de emprego (eventual ou interino) como os prestados en réxime de contratación administrativa ou laboral.ü

Asemade, os empregados municipais terán dereito a percibir o importe dos trienios que tivesen recoñecidos por servizos sucesivos prestados, desempeñando praza ou destino en propiedade, en calquera esfera da Administración, ou na Administración militar e Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.ü

Os dereitos individuais de natureza económica que resulten do establecido no presente Acordo, deberán ser computados polo Servicio de Persoal a instancia de parte, xustificando o interesado á súa pretensión mediante certificación acreditativa dos servizos prestados.ü

c) As pagas extraordinarias, que serán de dúas ao ano por un importe mínimo cada unha delas de unha mensualidade de soldo, trienios, complemento de destino e complemento específico.

Incrementarase progresivamente a contía do complemento específico anual para que no ano 2009 se perciban as pagas extraordinarias pola mesma contía que as mensuais. Para estes efectos seguiranse os mesmos criterios para o persoal da Xunta de Galicia.

As pagas extraordinarias percibiranse nos meses de xuño e decembro.

Artigo 86- Retribucións complementarias.

Son retribucións complementarias:

a) O complemento de destino correspondente ó nivel do posto desempeñado, de acordo co establecido na relación de postos de traballo e será igual para todos os postos do mesmo nivel.

Os complementos de destino asignados pola Corporación na relación de postos de traballo deberán figurar nos Orzamentos anuais coa contía que estableza a Lei de Orzamentos Xerais do Estado para cada nivel.

b) O complemento específico, destinado a retribuír as condicións particulares dos postos de traballo en atención á súa especial dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, incompatibilidade, perigosidade ou penosidade. En ningún caso poderá asignarse máis de un complemento específico a cada posto de traballo. Este complemento figurará na relación de postos de traballo. A cantidade global destinada á asignación de complementos específicos figurará no Orzamento ordinario do Concello.

O establecemento ou modificación do complemento específico esixirá, con carácter previo, que pola Corporación se efectúe unha valoración do posto de traballo atendendo ás circunstancias expresadas no parágrafo anterior. Efectuada a valoración, o Pleno da Corporación, ao aprobar a modificación da relación de postos de traballo determinará a contía que lle corresponda.

Os postos de traballo que esixan o mesmo nivel de titulación e que teñan similar grao de dificultade terán os mesmos complementos de destino e específico se son semellantes as condicións de traballo.

c) O complemento de productividade, destinado a retribuír o especial rendemento, a actividade extraordinaria, e o interese ou a iniciativa con que o laboral desempeñe o seu traballo.

A súa asignación realizarase conforme criterios obxectivos establecidos regulamentariamente coa necesaria información e participación dos representantes do persoal. En calquera caso, as cantidades que perciba cada empregado municipal por este concepto serán de coñecemento público dos demais empregados municipais, así como dos representantes sindicais.

Corresponde ao Pleno determinar no orzamento a cantidade global destinada á asignación do complemento de productividade. Corresponde ao Alcalde a asignación individual do complemento de productividade, ao abeiro dos criterios que teña establecido o Pleno, sen prexuízo das delegacións que poida conferir.

d) As gratificacións, que en ningún caso poderán ser fixas na súa contía nin periódicas na súa percepción, terán que responder a servizos extraordinarios realizados fora da xornada normal de traballo.

Corresponde ao Pleno da Corporación determinar no orzamento anual a cantidade global destinada á asignación de gratificacións. Corresponde ao Alcalde a asignación individual das gratificacións, ao abeiro dos criterios que teña establecido o Pleno, sen prexuízo das delegacións que poida conferir.

Artigo 87. Retribucións do persoal interino.

1. O persoal interino percibirán as retribucións básicas e as pagas extraordinarias correspondentes ao Subgrupo ou Grupo de adscrición, no caso de que este non teña Subgrupo. Percibirán así mesmo as retribucións complementarias as que se refire este capítulo

CONTÍA DAS RETRIBUCIÓNS

Artigo 89.- Contías das retribucións básicas

As contías retributivas básicas e as contías do complemento de destino serán as que, anualmente establece a lei do orzamentos xerais do estado para os funcionarios públicos

Artigo 90.- Contías das retribucións complementarias

1.- Contía do complemento Específico.

As contías dos complementos específicos de cada posto de traballo serán as que se determinan na RPT- para cada un dos anos de vixencia do presente Acordo, e que será a que figure no cadro de persoal que acompaña aos orzamentos ordinarios do Concello de cada ano.

2.- Contía das gratificacións.

2.1.- No suposto de que os servizos extraordinarios realizados fora da xornada normal de traballo non poidan ser compensados en tempo libre, segundo o disposto no Capítulo VII deste Acordo, serán compensados consonte as seguintes formula:

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

2.2.- Os importes das horas extraordinarias incrementaranse de acordo co establecido no artigo 47.7 cando sexan en día festivo ou nocturno.

2.3.- O persoal que teña que traballar en xornada ordinaria no turno de noite dos días 24 de xullo, noiteboa ou fin de ano, percibirá unha gratificación extraordinaria única de 60 € por noite.

Artigo 91. Indemnizacións por razóns de servicio.

Os/as traballadores/as municipais percibirán as indemnizacións por razón do servizo que lles correspondan, de acordo coa normativa básica.

Darán orixe a indemnización ou compensación por razón de servizo os supostos previstos no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio.

1. Gastos de desprazamento

a) Terán a consideración de gastos de desprazamento as cantidades a pagar ao persoal polos gastos ocasionados pola utilización de calquera medio de transporte por razón do servizo encomendado. Este concepto equivale a viaxar por conta da entidade utilizando o medio de transporte que se determine e procurando que o desprazamento se efectúe por liñas regulares de transporte.

Para o ano 2008, o importe da indemnización a percibir como gastos de viaxe por uso do vehículo particular establécese en 0,19 € por km percorrido polo uso de automóbiles e 0.078 € por motocicletas.

2. Indemnización por asistencia

Para o ano 2008 a indemnización por asistencia a sesións de tribunais ou comisións de seleccións para o acceso ou promoción no emprego público serán as seguintes, segundo o grupo da praza seleccionada:

Categoría

I

II

III

Presidente/Secretario

45,89

42,83

39,78

Vocal

42,83

39,78

36,72

Categoría primeira: acceso a prazas dos grupos I e II.

Categoría segunda: acceso a prazas dos grupos III e IV

Categoría terceira: acceso a prazas do grupo grupo V

3. Axudas de custo

Entenderase por axuda de custo a cantidade que se pagará polos gastos orixinados cada día pola estancia e manutención fóra da residencia habitual por razóns do servizo. As contías para o ano 2008 serán as establecidas no Real Decreto 462/2002 de 24 de maio

Artigo 92.- Indemnización especial.

1.- Defínese como indemnización especial a compensación que se outorga ao empregado polos danos, perdas ou gastos extraordinarios que se produzan por razón ou como consecuencia dos servizos encomendados.

2.- Excepcionalmente, o Concello poderá aboar unha indemnización especial polos danos, perdas ou gastos extraordinarios que se deriven de sinistro ou catástrofe que afecte aos/as traballadores/as municipais, individual ou colectivamente.

A avaliación exacta da contía que corresponde a este concepto corresponderá á Xunta de Goberno, logo de examinar tanto o dictame pericial oportuno como o informe do correspondente órgano de representación sindical.

Artigo 93. Actualización das contías das retribucións.

1.- Durante o período de vixencia do presente Acordo, as retribucións establecidas no mesmo experimentarán o incremento que determine a lexislación do Estado para o persoal o servizo das Administracións Públicas, sen prexuízo das adecuacións necesarias para asegurar que as asignadas a cada posto de traballo garden relación con contido de especial dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, perigosidade ou penosidade do mesmo, así como as que se deriven do grado de consecución dos obxectivos fixados e do resultado individual da súa aplicación.

2.- En todo caso, o Concello de Muros establecerá os mecanismos de compensación que corresponda para evitar que durante a vixencia deste Acordo as retribucións do persoal municipal, consideradas individualmente, perdan poder adquisitivo por mor da desviación do IPC neste período.

CAPÍTULO XIII. ACCIÓN SOCIAL

 
Artigo 94. Fondo social

1. Poderá optar a estas axudas o persoal laboral con máis de dous anos de antiguidade.

2. O concello dotará anualmente no seu orzamento unha partida ou fondo para o financiamento de gastos de natureza social e sanitaria do seu persoal. A dotación desta partida negociarase anualmente na mesa xeral.

3.Estapartida destinarase ao financiamento ou subvención dos conceptos contidos no Regulamento de Acción Social do Concello de Muros.

4.Acontía da partida do fondo de acción social será do 1,5% da masa salarial para o ano 2009 e sucesivos.

5. A xestión e a asignación individualizadado importe desta partida realizarase de conformidade co establecido no Regulamento de Acción social

Artigo 95. Anticipos.

1. O Concello determinará nas normas de xestión dos orzamentos anuais unha contía máxima sobre a masa salarial anual, para a concesión de anticipos ao persoal indefinido cos seguintes criterios.

a) Os empregados municipais terán dereito a percibir anticipadamente ata o 90% das súas retribucións mensuais brutas, que se descontará automaticamente na nómina do mes en que se conceda

b) Os empregados municipais terán dereito a percibir anticipadamente o importe das súas retribucións de dúas mensualidades, que se reintegrarán sen xuro no prazo máximo de 24 meses.

2. Por pedimento do interesado os anticipos poderán amortizarse en prazos inferiores aos establecidos ou mediante entrega de contías a tanto alzado

A concesión dos distintos tipos de anticipos que se establecen serán compatibles entre si. Nembargante, a concesión simultánea de anticipos previstos no presente artigo obriga aos beneficiarios á amortización simultánea e individualizada de cada un deles

3. Será requisito imprescindible para poder solicitar o anticipo salarial que o traballador se atope incluído na nómina de haberes, polo menos, dende o mes anterior á formalización da solicitude, que a súa vinculación laboral co Concello de Muros teña, de principio, unha duración superior ao período de devolución do anticipo e que non teña outro anticipo sen cancelar.

4. A devolución das cantidades anticipadas practicarase por cantidades iguais en cada mensualidade, mediante deduccións nas nóminas correspondentes e a partir do mes seguinte ao da concesión do anticipo, cun máximo de 24 mensualidades.

5. No suposto de que o traballador a quen se lle outorgou un anticipo causara baixa no seu posto de traballo, como consecuencia da extinción da súa relación laboral, concesión de calquera tipo de excedencia, permiso sen soldo ou suspensión da relación laboral, con excepción da dimanante de incapacidade temporal ou maternidade na muller traballadora, deberá reintegrar as cantidades non devoltas dentro do mesmo mes en que se produza a mencionada baixa.

Artigo 96. Asistencia xurídica e responsabilidade civil.

1. O Concello garantirá a prestación de asistencia xurídica a todo o persoal que a precise por razón de conflictos con terceiros derivados da prestación do servizo.

2. Así mesmo, o Concello asumirá as posibles responsabilidades civís que puidesen derivarse da prestación do servizo dos empregados municipais, agás nos casos de neglixencia debidamente probada. A estes efectos, o Concello poderá subscribir unha póliza de seguro que garanta unha cobertura adecuada por este concepto

3. O Concello concertará unha póliza de seguro colectivo de accidentes para os seus traballadores, que cubra os riscos de morte e invalidez garantindo os seguintes capitais

a) Morte por accidente……………30.100 €

b) Invalidez total…………………. 30.100 €

c) Invalidez parcial………………..segundo baremos.

O incumprimento do disposto no presente artigo suporá a obriga do Concello de asumir subsidiaria e directamente as indemnizacións establecidas en cada caso

Artigo 97. Incapacidade laboral.

En caso de baixa por enfermidade ou accidente, e ata que o traballador pasa a situación de IP ou IA ou se produza a alta médica, o Concello aboará a diferenza entre o aboado nesta situación pola Seguridade Social e o soldo total que viña percibindo o traballador antes de se producir a baixa.

O parágrafo anterior será aplicable sempre e cando o traballador teña unha antigüidade neste Concello de polo menos dous anos.

Artigo 98. Segunda actividade.

1. A segunda actividade é unha situación administrativa especial que ten por obxecto fundamental garantir unha adecuada aptitude psicofísica dos traballadores mentres permanezan en activo, asegurando a eficacia no servizo.

2. Na situación de segunda actividade permanecerase ata o pase á xubilación ou a outra situación que non poderá ser a de servicio activo, agás no caso de que a causa de pase á situación de segunda actividade fose a insuficiencia das aptitudes psicofísicas e a mesma teña desaparecido, suposto no que o traballador deberá reintegrarse ao seu posto de orixe.

3. En función da dispoñibilidade de persoal e das necesidades orgánicas e funcionais do Concello, os laborais que pasen á situación de segunda actividade poderán ocupar aqueles postos de traballo que o Concello sinale na relación de postos de traballo, previa negociación cos representantes sindicais.

4. As causas polas que se poderá pasar a segunda actividade son as seguintes:

a) Polo cumprimento de 55 anos de idade, no caso de pertenza á policía local e sempre que non estean destinados a actividades estrictamente burocráticas.

b) Por petición propia cando se cumprisen 55 anos ou 30 anos de servizos efectivos, no caso de traballadores da policía local, bombeiros e persoal de recollida de lixo, sempre que non estean destinados a actividades estrictamente burocráticas. Neste caso o Concello poderá limitar o número de traballadores que poden pasar á segunda actividade en función da súa idade, das dispoñibilidade de persoal e das necesidades orgánicas e funcionais.

c) Por insuficiencia das aptitudes psico-físicas, cando o traballador estea incapacitado para o exercicio da súa función habitual, sempre que non sexa causa de xubilación anticipada por incapacidade permanente. Neste caso o pase a segunda actividade requirirá do exame dun tribunal médico.

5. Durante o pase a segunda actividade o que ocupe destino percibirá a totalidade das retribucións xerais que correspondan ao persoal da súa categoría en activo, as de carácter persoal que teña recoñecidas ou perfeccione e, ademais, as específicas inherentes ao posto de traballo que desempeñe e, se procede, o complemento de productividade. Se as retribucións totais fosen inferiores ás que se viñan percibindo na situación de activo no momento de producirse o pase á situación de segunda actividade polo desempeño de postos ocupados en virtude de concurso percibirase, ademais, un complemento persoal e transitorio na contía suficiente que permita acadar aquelas.

CAPÍTULO XIV. RÉXIME DISCIPLINARIO

 
Artigo 99. Réxime disciplinario.

1. O persoal do Concello de Muros poderá ser sancionado pola comisión das faltas tipificadas e a través do procedemento establecido no Titulo VII da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público e, subsidiariamente polo Decreto 94/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. O réxime disciplinario establecido enténdese sen prexuízo da responsabilidade civil ou penal en que poidan incorre-los empregados públicos, que se fará efectiva na forma que determine a lei.

3. As faltas cometidas polos traballadores no exercicio dos seus cargos poderán ser moi graves, graves e leves, tal e como se establece na lexislación referida.

4. As persoas responsables, infraccións e sancións disciplinarias, extinción de responsabilidade e tramitación do procedemento configurarán no seu conxunto o réxime disciplinario.

5. En todo caso garantirase a audiencia do interesado e a presentación pola súa parte das alegacións que estime oportunas ao longo do procedemento, así como a audiencia dos órganos de representación sindical nos momentos procesuais determinantes da resolución final, como son a incoación do expediente e a formulación do prego de cargos e da proposta de resolución.

CAPÍTULO XV.- CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL E FUNCIONARIZACIÓN

 
Artigo 100. Principios xerais.

1. Conscientes da existencia no Concello de Muros dun importante volume de emprego temporal que responde a necesidades de carácter permanente e estructurais, así como dun número de traballadores laborais fixos que, de acordo coa normativa vixente ocupan postos que deberían estar reservados a funcionarios, co obxectivo de solucionar as situacións aludidas formúlase a presente proposta de consolidación de emprego temporal.

Artigo 101. Criterios aplicables aos procesos de consolidación e funcionarización

1. Consolidación do emprego temporal.

1. Co obxectivo de axiliza-los procesos de consolidación de emprego temporal, o Concello comprométese a elaborar e aprobar no prazo máis breve posíbel, e como máximo no prazo dun ano dende a entrada en vigor deste Convenio, unha Relación de Postos de Traballo. No proceso de elaboración da Relación de Postos de Traballo garántese a participación do persoal. Na mesma avaliarase a situación laboral do Concello e proporase a creación das correspondentes prazas co fin de incluír as mesmas na oferta de emprego público. Antes da súa aprobación polo Pleno do Concello a RPT será negociada cos representantes sindicais.

2. Na primeira Oferta de Emprego Público que se aprobe tras a publicación da RPT incluiranse tódolos postos de traballo de carácter permanente que estableza a RPT que estean ocupados con persoal temporal, co fin de garantir e facilitar os procesos de consolidación de emprego temporal

En tanto non se aprobe a correspondente Oferta de Emprego Pública destinada a consolidar o emprego temporal, o Concello comprométese a asegurala continuidade da vinculación contractual daqueles traballadores que teñan contrato laboral en vigor na data de aprobación deste Convenio e xa estiveran contratados antes do 1 de xullo de 2005, sempre que a súa vinculación non responda a funcións ou tarefas de carácter conxuntural e non permanente, e non dependa exclusiva e integramente de financiamento alleo.

3. A consolidación de emprego deberá realizarse de acordo coas necesidades de planificación estratéxica de recursos humanos. En consecuencia, poderá conleva-la recolocación e traslados de prazas e postos precisos, de conformidade coas necesidades dos servizos e ao abeiro dos procedementos de provisión previstos neste Acordo.

4. A convocatoria dos procesos selectivos para a substitución do emprego interino e consolidación do emprego temporal estructural e permanente efectuarase de acordo cos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, mediante os sistemas de concurso-oposición ou concurso. Na fase de concurso valoraranse, entre outros méritos,a experiencia nos postos de traballo obxecto da convocatoria ou noutros de similares características, así como a experiencia en calquera posto desenvolvidos no Concello. As bases da convocatoria de prazas que deban ser obxecto de consolidación serán negociadas coa representación sindical

A puntuación obtida na valoración dos servizos prestados polo persoal ao que se refire o apartado anterior poderá chegar ao 45% do máximo acadable nas probas selectivas correspondentes.

5. As condicións para a consolidación do emprego temporal fixadas nos apartados anteriores aplicaranse nas dúas ofertas de emprego público posteriores á aprobación da RPT.

2. Procesos de funcionarización

Os procesos de funcionarización responden á necesidade de adaptar á normativa vixente o réxime xurídico funcionarial ou laboral dos postos de traballo do Concello, de conformidade coas previsións contidas na Lei de Administración Local de Galicia e neste convenio.

O Concello, trala negociación coa representación sindical, definirá na relación de postos de traballo aqueles postos que deberán ser desempeñados por persoal e que, en consecuencia, deben ser obxecto de funcionarización.

Os procesos de funcionarización regularanse polas bases específicas da convocatoria, que deberán ser obxecto de negociación coa representación sindical, de acordo cos seguintes criterios:

a) So poderán participar nestes procesos os traballadores fixos contratados en réxime laboral que ocupen postos que deban ser desempeñados en réxime funcionarial.

b) Os aspirantes deberán reuni-los requisitos xerais de acceso á función pública local, de acordo coa normativa vixente.

c) As convocatorias poderán ser sectorizadas e esixiranse coñecementos relacionados coas tarefas que se desenvolvan na área de actividade correspondente.

d) Procurarase facilitar ao persoal afectado formación axeitada ás esixencias dos correspondentes procesos selectivos.

e) Os plans de emprego poderán establecer criterios específicos, en particular sobre as oportunidades dos candidatos para concorrer ás probas selectivos.

CAPÍTULO XVI. FORMACIÓN NO CONCELLO DE MUROS

 
Artigo 102. Obxectivos.

A formación dos empregados municipais constitúe un valor fundamental para calquera proxecto que queira afronta-la modernización dunha administración local. Neste contexto a formación debe ser considerada como unha necesidade e unha obriga, constituíndo un obxectivo básico para incrementa-la motivación e a integración dos empregados e un mecanismo eficaz e indispensable para articula-la mobilidade e a promoción.

E manifesta, pois, a importancia da formación no momento actual para desenvolver unha administración máis eficaz, polo que as súas principais funcións serán as seguintes:

a) Unha función de adaptación permanente á evolución das profesións e do contido dos postos de traballo e, polo tanto, de mellora das competencias e cualificacións indispensables para incrementa-la eficacia e a calidade dos servizos que presta o concello e o persoal ao seu cargo.

b) Unha función de promoción que permita aos empregados municipais evita-lo estancamento na súa cualificación profesional.

c) Unha función de adecuación e integración das previsións dos plans de emprego, entendidos como mecanismo de planificación estratéxica de recursos humanos.

Artigo 103. Plans de formación continuado Concello de Muros.

1. O Concello de Muros elaborará un Plan de formación continua para o seu persoal, en congruencia cos obxectivos e as prioridades da organización, e integrado na planificación estratéxica dos recursos humanos do Concello. Para estes efectos levará a cabo unha enquisa cara a detección de necesidades formativas

2. Na elaboración do Plan de formación continua do Concello poderán ser tidas en conta as actividades formativas desenvolvidas por outras administracións públicas.

3. O Plan de formación continua do Concello de Muros poderá agruparse ou integrarse parcialmente noutros plans de concellos limítrofes, co fin de garantir unha maior eficacia e eficiencia da formación.

4. O Plan de formación continuaterá, como mínimo, o seguinte contido:

- Obxectivos e descrición das accións a desenvolver.

- Ámbito de aplicación do plan e unidades administrativas ás que afecta.

- Colectivo afectado e número de participantes.

- Calendario previsto de execución.

- Custo estimativo das distintas actividades formativas

- Criterios de selección, que garantirán o principio de igualdade.

- Modalidade de xestión das actividades formativas.

- Institución responsable da impartición

Artigo 104. Acceso aos plans de formación.

1. Tódolos empregados do concello de Muros deberán ter a posibilidade de acceder aos plans de formación continua, así como a plans agrupados que engloben a esta administración local. Para estes efectos, disporán de 40 horas anuais que serán consideradas xornada efectiva de traballo.

2. Nos plans de formación recolleranse primordialmente accións de formación que teñan unha alta demanda e que non se solapen con accións xa desenvolvidas ou que poidan ser realizadas noutra administración.

CAPÍTULO XVII. SAÚDE E SEGURIDADE.

 
Artigo 105. Introducción.

1. Aos efectos de prevención, seguridade e saúde laboral, será de aplicación no Concello de Muros a Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos laborais.

2. A acción en saúde laboral debe estar dirixida á prevención e ao control dos riscos nos lugares de traballo.

Artigo 106. Funcións de prevención.

1. A alcaldía designará a un ou varios empregados municipais para ocuparse da actividade de prevención de riscos profesionais. Para estes efectos será oída a representación sindical.

2. As funcións dos responsables de prevención axustaranse ao disposto no artigo 31 da Lei de prevención de riscos laborais.

Artigo 107. Consulta e participación.

1. O exercicio da función de participación en materia preventiva levarase a cabo a través dos delegados de persoal.

2. A representación sindical terá dereito a participar nos procesos de determinación

Artigo 108. Comité de seguridade e saúde

1. O Comité de seguridade e saúde é o órgano paritario e colexiado de participación, destinado á proposta e consulta regular e periódica dos plans, programas e avaliación de prevención de riscos nas administracións locais.

2. Constituirase un único Comité de seguridade e saúde no ámbito do persoal funcionario e laboral ao servizo do Concello de Muros, que estará integrado polos delegados de prevención designados nos ditos ámbitos e por representantes do Concello en número non superior ao de delegados.

3. A constitución do Comité de seguridade e saúde farase proporcionalmente ao número de efectivos do persoal funcionario e laboral existente.

4. Nas reunións do Comité de seguridade e saúde poderán participar, con voz pero sen voto, os delegados sindicais e os responsables técnicos.

5. O comité de seguridade e saúde reunirase trimestralmente e sempre que o solicite algunha das representacións neste.

6. O Comité de seguridade e saúde adoptará as súas propias normas de funcionamento.

Artigo 109. Delegados de prevención.

1. Os delegados de prevención, ao abeiro do disposto no artigo 35.4 da Lei de prevención de riscos laborais, serán designados por e entre os órganos unitarios de representación dos traballadores do Concello.

2. A designación dos delegados de prevención deberá realizarse entre os empregados municipais.

3. O número de delegados de prevención que poderán ser designados no Concello de Muros axustarase á escala establecida no artigo 35.2 da Lei de prevención de riscos laborais.

4. O tempo utilizado polos delegados de prevención para o desempeño das funcións previstas no artigo 36 da Lei de prevención de riscos laborais, será considerado como de exercicio de funcións de representación.

Os empregados públicos designados como delegados de prevención que non desfrutaran de ningún tipo de crédito horario, a partir da súa designación contarán co mesmo crédito horario que os delegados sindicais.

5. Os órganos competentes proporcionarán aos delegados de prevención os medios e a formación en materia preventiva que resulten necesarios para o exercicio das súas funcións.

6. A formación deberá ser facilitada pola Administración polos seus medios ou mediante concerto con organismos ou entidades especializadas na materia.

7. O tempo dedicado á formación en materia de prevención de riscos será considerado como tempo de traballo, e o custo da súa asistencia asumido polo Concello, cando se trate de cursos programados ou autorizados polo correspondente órgano municipal e sexan de asistencia obrigada.

Artigo 110. Saúde pública.

1. O Concello de Muros desenvolverá as accións e medidas en materia de seguridade e saúde laboral que sexan necesarias para lograr unhas condicións de traballo que non afectan a saúde dos traballadores.

2. A formulación destas accións e medidas deberán estar encamiñadas a lograr unha mellora da calidade de vida e ambiente de traballo, a desenvolver obxectivos de promoción e defensa da saúde, mellora das condicións de traballo, potenciación das técnicas preventivas como medio para a eliminación de riscos na súa orixe e a participación sindical nos centros de traballo, e a dotarse dunha planificación preventiva de acordo coa Lei de prevención de riscos laborais. Os representantes dos traballadores participarán e velarán polo seu cumprimento en todo momento.

3. As técnicas preventivas deberán tender á eliminación do risco para a saúde da persoa traballadora desde a súa propia xeración, tanto no que afecta ás operacións que se realicen como nos elementos empregados no proceso.

4. A formación en materia de saúde laboral e o adestramento profesional é undos elementos esenciais para a mellora das condicións de traballo e seguridade: as partes asinantes do presente acordo significan a importancia da formación como elemento de prevención e comprométense así mesmo a realizala de forma eficiente.

Artigo 111. Roupa de traballo.

1. O Concello de Muros facilitará a todo o persoal ao seu servizo, de acordo cos representantes do persoal,a roupa de traballo e calzado profesional homologado e de uso obrigatorio, podendo cada traballador solicita-las prendas que precise, aínda que sexan repetitivas, sempre e cando non se supere a contía anual establecida para este concepto. Tamén facilitará os equipos de protección individual axeitados para o desempeño das súas funcións, cando as condicións e a natureza do traballo o requiran.

2. Os equipos de protección individual deberán empregarse cando os riscos non se poidan evitar ou non se poidan limitar por medios técnicos de protección colectiva ou mediante medidas, métodos ou procedementos de organización do traballo. Os equipos de protección individual repoñeranse sempre que sexa preciso.

3. O Concello de Muros facilitará cada ano, naqueles postos que resulte preciso, dous equipamentos completos, que serán entregados en marzo. No caso de rotura dalgún dos elementos do equipo, este será substituído.

Artigo 112. Protección da saúde.

1. O Concello de Muros garantirá a correcta vixilancia da saúde de todos os seus traballadores por medio das probas e exames médicos previstos neste artigo.

2. As probas e exames médicos serán acordes ás funcións que se realizan en cada categoría, diferenciándoas en funcións dos riscos específicos dos respectivos postos de traballo. As probas médicas serán, por iso, específicas e repetiranse coa periodicidade suficiente para detectar posibles alteracións.

3. Os exames médicos serán voluntarios, agás aqueles imprescindibles para avaliar os efectos negativos das condicións de traballo sobre a saúde, para protexer a saúde, ou se, polas características do posto de traballo, a saúde do traballador puidera constituír un perigo para si mesmo, para os demais traballadores ou para outras persoas.

4. A periodicidade das probas será como mínimo anual, podendo ser menor se o caso o require.

5 O resultado das probas terá carácter persoal e privado, polo que o seu uso e difusión suxeitarase ao previsto na normativa vixente sobre esta materia.

6. As probas e exames efectuaranse, de ser posible, dentro da xornada laboral. O tempo empregado será o estrictamente necesario, incluíndo o de desprazamento, e considerarase para todos os efectos como tempo efectivo de traballo no caso das probas de carácter obrigatorio. Nestes suposto os gastos de transporte correrán a cargo do Concello.

7. No suposto de probas ou exames obrigatorios efectuados fóra da xornada laboral o tempo empregado nos mesmos será compensado deducíndose da súa xornada laboral.

CAPÍTULO XVIII. XUBILACIÓN DO PERSOAL

 
Artigo 113. Xubilación.

1. A xubilación do persoal municipal poderá ser:

a) Voluntaria, a solicitude do/a interesado/a.

b) Forzosa, ao cumprir a idade legalmente establecida.

c) Pola declaración de incapacidade permanente para ou exercicio dás funcións propias dá súa categoría profesional, ou polo recoñecemento dunha pensión de incapacidade permanente absoluta ou, incapacidade permanente total en relación co exercicio dás funcións dá súa categoría.

d) Parcial. De acordo co establecido nos artigos seguintes.

2. Procederá a xubilación voluntaria, a solicitude do interesado, sempre que ou/a traballador/a reúna os requisitos e condicións establecidos non Réxime Xeral dá Seguridade Social.

3. A xubilación forzosa declararase de oficio ao cumprir o/a traballador/a os sesenta e cinco anos de idade.

Artigo 114. Xubilación parcial

1. Os/as traballadores/as municipais integrados en calquera Réxime da Seguridade Social, que teñan 60 anos cumpridos e reúnan as demais condicións esixidas para ter dereito á pensión contributiva de xubilación da Seguridade Social, poderán acceder á xubilación parcial nos seguintes termos:

a) O traballador concertará co Concello, un contrato a tempo parcial polo que aquel reduza a súa xornada de traballo e o seu salario entre un mínimo do 25% e un máximo do 85% daqueles. Estas porcentaxes entenderanse referidos a unha xornada de traballo dun traballador a tempo completo comparable.

b). Se o traballador accede á xubilación parcial con menos de 65 anos de idade real (sen que, a tales efectos, se teñan en conta as bonificacións ou anticipacións de idade de xubilación que correspondan), a empresa concertará simultaneamente un contrato de substitución con outro traballador en situación de desemprego ou que teña concertado coa empresa un contrato de duración determinada, con obxecto de substituír a xornada de traballo deixada vacante polo traballador que se xubila parcialmente.

Artigo 115.- Contratos de substitución a tempo parcial

O contrato a tempo parcial do traballador que se xubila formalizarase por escrito e no modelo oficial. Deberán figurar no mesmo os elementos propios do contrato a tempo parcial, así como a xornada que o traballador realizaba antes e a que resulte como consecuencia da reducción da súa xornada de traballo, así como as características do posto de traballo que vaia desempeñar o relevista.

A celebración do contrato non suporá a perda dos dereitos adquiridos e da antigüidade que correspondan ao traballador.

O posto de traballo do traballador relevista poderá ser o mesmo do traballador substituído ou un similar, entendendo por tal o desempeño de tarefas correspondentes ao mesmo grupo profesional ou categoría equivalente. Terá unha duración igual á do tempo que falte ao traballador substituído para alcanzar a idade de xubilación ordinaria. Se ao cumprir a devandita idade, o traballador xubilado parcialmente continuase na empresa, o contrato de substitución que se celebrou por duración determinada poderá prorrogarse mediante acordo das partes por períodos anuais, extinguíndose, en todo caso, ao finalizar o período correspondente ao ano no que se produza a xubilación total do traballador relevado.

2009/10692