Convenio Colectivo de Emp...de Ourense

Última revisión
01/07/2023

Revisión. Convenio Colectivo de Empresa de ECOURENSE, UTE (32100021012011) de Ourense

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2023 en adelante

Tiempo de lectura: 5 min

Tiempo de lectura: 5 min

Tabla salarial 2023 Ecourense (Boletín Oficial de Ourense num. 150 de 01/07/2023)

Expediente: 32/01/0015/2023

Data: 14/06/2023

Asunto: resolución de inscrición e publicación

Destinatario: Luis Suárez Zarcos

Código de convenio número 32100021012011

Unha vez vista a acta na que se acorda a revisión salarial para o ano 2023 da empresa Unión Temporal de Empresas Ecourense, con código de convenio núm. 32100021012011 que subscribiu, o día 19/01/2023, a Comisión Paritaria do convenio conformada pola dirección da empresa e a representación social e, de conformid de co que dispón o artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores [BOE 255/2015, do 24 de outubro], o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo [BOE 143, do 12 de xuño de 2010] o Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo [BOE 232, do 28 de setembro de 1982], polo Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, o Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 123/2022, do 23 de xuño de 2022, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Promoción do

Emprego e Igualdade, resolve:

Primeiro. Ordenar a súa inscrición e depósito no Rexistro de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e planes de igualdade da Comunidade Autónoma de Galicia e notificación a representación empresarial e social da Comisión Negociadora. 

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Ourense, na data da sinatura electrónica. O xefe territorial da Consellería de Emprego e Igualdade en Ourense.

Asdo.: Yago Borrajo Sánchez.

Acta da reunión da Comisión Paritaria do Convenio colectivo da Unión Temporal de Empresas Ecourense para o seu persoal adscrito aos Servizo de Recollida de Residuos Sólidos Urbanos e Limpeza Viaria do Concello de Ourense.

Parte social:

Adelina Basteiro González (Presidenta)

Victor M. García Carballo (CIG)

Juan Marcos Pérez Pego (STL)

Francisco Álvarez Álvarez (UGT)

Rubén Iglesias Álvarez (CC. OO)

Por Ecourense:

Javier David García

Juan Carlos Solveira Pereira

Fernando Caamaño de Aramburu

En Ourense, ás 11.00 horas do día 19 de xaneiro de 2023, reúnense as persoas mencionadas ao marxe, na representación que ostentan como Comisión Paritaria de Ecourense, UTE

Orden do día

1. Comunicación dos posibles cambios na representación sindical da Comisión Paritaria.

2. Táboas salariais de 2023.

3. Interpretación do artigo 31 do convenio Colectivo (plus de vehículo lixeiro)

Orde do día

1. Comunicación dos posibles cambios na representación sindical da Comisión Paritaria.

Adelina Basteiro González comunica que, a partir da data de hoxe, o delegado do sindicato CIG, na Comisión Mixta será Víctor Manuel García Carballo.

2. Táboas salariais de 2023

Realízase a actualización das táboas salariais de aplicación para o ano 2023, de acordo co disposto no artigo 22 do convenio colectivo, unha vez coñecido o IPC real do 31 de decembro de 2022, que se sitúa no 5,7% e incrementado o 0,5% acordado.

As ditas táboas serán de aplicación na nómina do próximo mes de febreiro. As táboas serán enviadas e rexistradas a través do programa REGCON, do Ministerio de Emprego, e autorízase expresamente, para este trámite, a Luís Suárez Zarcos.

3. Interpretación do artigo 31 do convenio colectivo (plus de vehículo lixeiro).

A parte social manifesta que levan case un ano transmitíndolle á empresa que non procede a aplicación do artigo 31: para os vehículos especiais: varredoras, tractores, decapadoras e lava-beirarrúas, porque se necesita o carné C.

Segundo a Dirección Xeral de Tráfico, a denominación destas máquinas é a seguinte: vehículos especiais non agrícolas que superan os 3.500 kg e teñen un tope de velocidade de 40 km/h, definición pola que non se poden acoller baixo a epígrafe de vehículo lixeiro.

A parte social recorda que no regulamento para a cobertura para as necesidades puntuais do servizo para tarefas de condutor ou condutora asinado polas partes o pasado 25 de novembro do 2019, os traballadores e traballadoras que se anotaron voluntariamente tiñan que ter o carné C+CAP e só publicouse unha lista o 07/02/2020 sen distinguir cando se conducía un camión ou unha máquina das que estamos a falar.

A parte empresarial manifesta que está aplicando correctamente a compensación recollida no convenio colectivo para a condución de vehículos lixeiros.

Sen máis asuntos que tratar, ás 11.45 horas, dáse por concluída a reunión e levántase acta, que asinan os/as asistentes en proba de conformidade.

Folla de identificación

Parte social:

Adelina Basteiro González (CIG) (presidenta), DNI, Firma

Víctor M. García Carballo (CIG), DNI, Firma

Juan Marcos Pérez Pego (STL), DNI, Firma

Francisco Álvarez Álvarez (UGT), DNI, Firma

Rubén Iglesias Álvarez (CC.OO.), DNI, Firma

Por Ecourense:

Javier David García, DNI, Firma

Juan Carlos Solveira Pereira, DNI, Firma

Fernando Caamaño de Aramburu, DNI, Firma

TABLA SALARIAL

(TABLA OMITIDA. CONSULTAR BOP OURSENTE 01/07/2023)