Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
06/07/2023

Revision. Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE PUBLICO DE VIAXEIROS POR ESTRADA (36002145011991) de Pontevedra

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2023 en adelante

Tiempo de lectura: 4 min

Tiempo de lectura: 4 min

CONVENIO COLECTIVO TRANSPORTE PÚBLICO DE VIAXEIROS POR ESTRADA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (Boletín Oficial de Pontevedra num. 130 de 06/07/2023)

CONVENIO COLECTIVO TRANSPORTE PÚBLICO DE VIAXEIROS POR ESTRADA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA



Código de Convenio número 36002145011991



Visto o Acordo da Comisión negociadora do convenio colectivo polo que se aproba o texto do acordo sobre actualización e incremento da táboa salarial do ano 2023 e as táboas salariais definitivas do devandito ano, para o persoal das empresas do sector TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, con domicilio na provincia de Pontevedra, conforme ao acordado no expediente AGA 21/2023, subscrito en representación da parte económica, por unha representación das empresas do sector, en concreto polas organizacións empresariais FEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE TRANSPORTE DE PASAXEIROS(FEGATRI), FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS EN AUTOCAR(TRANSGACAR), FEDERACIÓN GALEGA DE SERVICIOS DE TRANSPORTE EN AUTOBUS (FEGABUS) e a ASOCIACIÓN NACIONAL DE TRANSPORTE EN AUTOCARES GALICIA(ANETRA-GALICIA) e da parte social, polas organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT, que foi asinado en data 16 de xuño do 2023.



Primeiro.- Dito Acordo foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 27 de xuño do 2023.



Segundo.- Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.



FUNDAMENTOS DE DEREITO



Primeiro.- Que o artigo 90.2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orde ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.



Segundo.- Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.



Terceiro.- Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,



Esta xefatura territorial,



A C O R D A:



Primeiro.- Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro do 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).



Segundo.- Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.



Terceiro.- Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo



Vigo, 28/06/2023



A Xefa Territorial



ACTA PROVINCIAL DE RATIFICACIÓN E APLICACIÓN DO ACORDO DO EXPDTE. AGA 51/23–CONVENIO COLECTIVO DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA



En Santiago, a 16 de xuño de 2023, sendo las 11.00 horas, reúnese na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, a comisión representativa da mesa negociadora do convenio colectivo do sector de TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, coa asistencia das seguintes persoas, as cales se recoñecen lexitimación mutua para este acto.



Representación sindical



— Rubén Bernárdez Gómez (UGT)



— Benigno Caride Táboas (CCOO)



— Silverio Antela Alfaya (CIG)



Representación empresarial



— José Carlos García Cumplido (TRANSGACAR)



— Fernando Javier de Bidegain García (FEGATRAVI)



— Jesús Lurigados Veiga (ANETRA GALICIA)



— José Menéndez Zapico (FEGABUS)



Tras varias deliberacións adóptanse os seguintes acordos:



PRIMEIRO.- Realizar a aplicación salarial segundo o acordado no expediente do AGA 51/23, sendo expresado nas táboas salariais anexas á presente acta. Dito acordo salarial será trasladado ó texto final do convenio provincial unha vez acadado un acordo final na mesa de negociación da provincia.



SEGUNDO.- Si a suma do conxunto das retribucións salariais previstas para algún ou algúns dos postos de traballo ou categorías contemplados nas táboas salariais do convenio colectivo resulta inferior ao importe establecido para o SMI, ambos en cómputo anual, dará lugar ao abono dun complemento que será equivalente á diferenza entre o importe do SMI que se fixe para cada ano e as retribucións salariais brutas abonadas no mesmo ano. Este complemento denominarase “Complemento a SMI” e será abonado mensualmente en canto se coñeza a diferenza ao comezo de cada ano. Dito complemento terá carácter absorbible e compensable ca finalidade de axustar o devandito complemento ás retribucións salariais brutas anuais das táboas salariais en relación ó SMI.



TERCEIRO.- Acórdase facultar ó Consello galego de relacións laborais para que, na persoa que eles designen, leven a cabo o rexistro e publicación no boletín oficial da provincia do presente acordo.



Non tendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión sendo as 12,30 horas do día sinalado no encabezamento, asinando os asistentes en proba de conformidade.



(ANEXO OMITIDO. CONSULTAR EN DOCUMENTO PDF DE PUBLICACIÓN)