Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
02/09/2020

Revision. Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE PUBLICO DE VIAXEIROS POR ESTRADA (36002145011991) de Pontevedra

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2020 en adelante

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Documento oficial en PDF(Páginas 17-19)

TABOA SALARIAL 2020 DO SECTOR TRANSPORTE PUBLICO DE VIAXEIROS POR ESTRADA. Codigo de Convenio numero 36002145011991 (Boletín Oficial de Pontevedra num. 169 de 02/09/2020)

Código de Convenio número 36002145011991

Visto o Acordo da Comisión Paritaria polo que se aproba a táboa salarial para o ano 2020 do convenio colectivo do sector de Transporte Público de Viaxeiros por Estrada da provincia de Pontevedra, subscrito en representación da parte económica, por unha representación das asociacións Apotráns-Fegabús, Pontecar-Transgacar, Servicar-Fegatravi e Anetra, e da parte social por unha representación dos sindicatos , UGT e CIG, en data 27 de febreiro do 2020.

Primeiro.- Dito Acordo foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 09 de marzo do 2020.

Segundo.- Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.- Que o artigo 90.2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orden ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.

Segundo.- Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.- Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

Esta xefatura territorial,

RESOLVE:

Primeiro.- Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro do 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).

Segundo.- Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Terceiro.- Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo.

Vigo, 19/08/2020.-O xefe territorial, Ignacio Rial Santomé

ACTA DA COMISION PARITARIA DO CONVENIO DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

En Vigo, sendo as 17,00 horas do día 27 de febreiro de 2020, na sede la Confederación de Empresarios de Pontevedra sita na cidade de Vigo reúnense, co fin de firmar as táboas salariais do Convenio Colectivo de transporte de viaxeiros por estrada de Pontevedra, as seguintes persoas:

Pola parte patronal:

Leandro Arruti Baqueiro (PONTECAR-TRANSGACAR)

Luís Lozano Barreda (SERVICAR-FEGATRAVI)

Alejandro Cuíña Souto (APOTRANS-FEGABUS)

Fidel Martínez Gil (ANETRA)

Pola parte social:

Carlos Díaz Álvarez (UGT)

Miguel A. Reboiras Casais (UGT)

Carlos Martínez Lamosa (CIG)

Silverio Antela Alfaya (CIG)

Acórdase revisar as táboas salariais do ano 2019, co incremento pactado no convenio colectivo para o ano 2020 e que será do 2,55 %

Neste mesmo acto, procédese a sinatura das táboas salariais do ano 2020 que se adxuntan a esta acta.

Acórdase remitir os documentos necesarios ao Consello Galego de Relacións Laborais para que na persoa que eles designen procedan aos trámites de rexistro e posterior publicación no Diario Oficial correspondente.

Sendo as 18.00 h. Do mesmo día e lugar, as partes dan por finalizada a reunión.

Firman a presente os asistentes ós efectos oportunos

TABOAS SALARIAS 2020

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI