Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
08/07/2019

Correccion. Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE PUBLICO DE VIAXEIROS POR ESTRADA (36002145011991) de Pontevedra

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 08 de Julio de 2019 en adelante

Tiempo de lectura: 2 min

Tiempo de lectura: 2 min

CORRECCION DE ERROS CONVENIO TRANSPORTE PUBLICO DE VIAXEIROS POR ESTRADA. Codigo de Convenio numero 36002145011991 (Boletín Oficial de Pontevedra num. 129 de 08/07/2019)

Visto o acordo de Convenio colectivo do sector de transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Pontevedra, publicado no BOP número 204 do 23 de outubro do 2018, e advertido erro na publicación, procede rectificar a devandita publicación de conformidade cos antecedentes de feito e de dereito que se mencionan a continuación.

No encabezado e exposición de motivos da resolución da publicación do Convenio colectivo do sector de transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Pontevedra dise que o devandito convenio colectivo foi asinado polos representantes das centrais sindicais UGT, CCOO e CIG, en data 13 de xullo do 2018, cando na devandita acta figura de maneira explícita que a central sindical CCOO non asinou o convenio colectivo deste sector na provincia de Pontevedra.

Por todo o anterior, ó abeiro do disposto no artigo 109-2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento común das administracións públicas (BOP núm. 236 do 2/10/2015), as administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos, esta Xefatura territorial,

ACORDA

Primeiro.-Rectificar na publicación do Convenio colectivo do sector de transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Pontevedra, publicado no BOP número 204 do 23 de outubro do 2018, e modificar a resolución desta xefatura territorial de data 5 de outubro de 2018, do seguinte xeito, onde di: ' Visto o Acordo da Comisión Negociadora polo que se aproba o texto do convenio colectivo do sector de Transporte Público de Viaxeiros por Estrada da provincia de Pontevedra, subscrito en representación da parte económica, por unha representación das asociacións Apotrans-Febabus, Pontecar-Transgacar, Servicar-Fegatravi, Anetra e da parte social polos representantes das Centrais sindicais UGT, CCOO e CIG, en data 13 de xullo do 2018 ', debe dicir 'Visto o Acordo da Comisión Negociadora polo que se aproba o texto do convenio colectivo do sector de Transporte Público de Viaxeiros por Estrada da provincia de Pontevedra, subscrito en representación da parte económica, por unha representación das asociacións Apotrans-Febabus, Pontecar-Transgacar, Servicar-Fegatravi, Anetra e da parte social polos representantes das Centrais sindicais UGT e CIG, en data 13 de xullo do 2018 '

Segundo.-Ordenar a súa publicación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra ( BOP)

Vigo, 26/06/2019.-O Xefe Territorial, Ignacio Rial Santomé.