Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
27/05/2019

Revision. Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE PUBLICO DE VIAXEIROS POR ESTRADA (36002145011991) de Pontevedra

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2019 en adelante

Tiempo de lectura: 8 min

Tiempo de lectura: 8 min

Documento oficial en PDF(Páginas 22-25)

TABOA SALARIAL 2019 DO SECTOR DE TRANSPORTE PUBLICO DE VIAXEIROS POR CARRETERA. Codigo de Convenio numero 36002145011991 (Boletín Oficial de Pontevedra num. 99 de 27/05/2019)

Visto o Acordo da Comisión Paritaria polo que se aproba a táboa salarial para o ano 2019 do convenio colectivo do sector de Transporte Público de Viaxeiros por Estrada da provincia de Pontevedra, subscrito en representación da parte económica, por unha representación das asociacións Apotráns-Fegabús, Pontecar-Transgacar, Servicar-Fegatravi e Anetra, e da parte social por unha representación dos sindicatos , UGT e CIG, en data 26 de febreiro do 2019.

Primeiro.-Dito Acordo foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 10 de abril do 2019.

Segundo.-Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.-Que o artigo 90.2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orden ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.

Segundo.-Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.-Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

Esta xefatura territorial,

RESOLVE:

Primeiro.-Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro do 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).

Segundo.-Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, en galego e castelán

Terceiro.-Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo.

Vigo, 16/04/2019.-O xefe territorial, Ignacio Rial Santomé.

ACTA DA COMISIÓN PARITARIA DO CONVENIO DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS

POR ESTRADA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

En Vigo, sendo as 16,30 horas do día 26 de febreiro de 2019, na sede la Confederación de Empresarios de Pontevedra sita na cidade de Vigo reúnense, co fin de firmar as táboas salariais do Convenio Colectivo de transporte de viaxeiros por estrada de Pontevedra, as seguintes persoas:

Pola parte patronal:

Leandro Arruti Baqueiro (PONTECAR-TRANSGACAR)

Luís Lozano Barreda (SERVICAR-FEGATRAVI)

Alejandro Cuíña Souto (APOTRANS-FEGABUS)

Fidel Martínez Gil (ANETRA)

Pola parte social:

Carlos Díaz Álvarez (UGT)

Miguel A. Reboiras Casais (UGT)

Enrique Iglesias Pazos (UGT)

Carlos Martínez Lamosa (CIG)

Silverio Antela Alfaya (CIG)

Acórdase revisar as táboas salariais do ano 2018, co incremento pactado no convenio colectivo para o ano 2019 e que será do 2,2 %

Neste mesmo acto, procédese a sinatura das táboas salariais do ano 2019 que se adxuntan a esta acta.

Acórdase remitir os documentos necesarios ao Consello Galego de Relacións Laborais para que na persoa que eles designen procedan aos trámites de rexistro e posterior publicación no Diario Oficial correspondente.

Sendo as 17.00 h. Do mesmo día e lugar, as partes dan por finalizada a reunión.

Firman a presente os asistentes ós efectos oportunos

ANEXO I-TÁBOAS SALARIAIS 2019

Salario Base

Grupo I

Subgrupo A)

Personal superior e técnicos

I.- Xefe de Servizo

1.492,00 ¬

II.- Inspector Principal

1.305,48 ¬

Subgrupo B)

I.- Enxeñeiros e Licenciados

1.369,60 ¬

II.- Enxeneiros Técnicos e Aux. Titulados

1.049,07 ¬

III.-Axudantes Técnicos Sanitarios

955,87 ¬

Grupo II

I.- Xefe de Sección

1.141,17 ¬

Persoal Administrativo

II.- Xefe de Negociado

1.059,66 ¬

III.-Oficial de Primeira

987,25 ¬

IV.- Oficial de Segunda

904,89 ¬

V.- Auxiliar Administrativo

858,32 ¬

Grupo III

Subgrupo A) Estacións ou Administracións:

Persoal de Movemento

Sección 1ª. Persoal de Estacións:

Clase 1ª.

I.- Xefe de Estación de Primeira

1.126,82 ¬

II.- Xefe de Estación de Segunda

1.074,93 ¬

Clase 2ª.

I.- Xefe de Administración de Primeira

1.023,16 ¬

II.- Xefe de Administración de Segunda

876,59 ¬

Clase 3ª.

I.- Xefe de Administración en Ruta

876,59 ¬

II.- Taquilleiros e Taquilleiras

876,59 ¬

III.-Factor

876,59 ¬

IV.- Encargado de Consigna

876,59 ¬

V.- Repartidor de Mercandorías (salario diario)

29,09 ¬

VI.- Mozo (salario diario)

29,09 ¬

Subgrupo C) Transporte de Viaxeiros en Autobuses e Trolebuses Interurbanos.

Subgrupo D) Transporte de Viaxeiros en Autobuses Urbanos:

I.- Xefe de Tráfico de Primeira

1.126,82 ¬

II.- Xefe de Tráfico de Segunda

1.074,93 ¬

III.-Xefe de Tráfico de Terceira

1.023,16 ¬

IV.- Inspector (salario diario)

32,38 ¬

V.- Condutor (salario diario)

32,23 ¬

VI.- Condutor-Perceptor (salario diario)

32,23 ¬

VII.-Cobrador (salario diario)

27,44 ¬

VIII.-Azafata

883,29 ¬

Grupo IV

I.- Xefe de Taller

1.234,91 ¬

Persoal de Talleres

II.- Encargado ou Contramestre

1.057,61 ¬

III.- Encargado Xeral

1.033,18 ¬

IV.- Encargado de Almacén

993,33 ¬

V.- Xefe de Equipo (salario diario)

35,32 ¬

VI.- Oficial de Primeira (salario diario)

33,94 ¬

VII.- Oficial de Segunda (salario diario)

32,49 ¬

VIII.- Oficial de Terceira (salario diario)

31,21 ¬

IX.- Mozo de Taller (salario diario)

27,86 ¬

X.- Traballadores en Formación

Según artigo 36 Convenio

Grupo V

I.- Cobrador de Facturas

818,26 ¬

Perosal Subalterno

II.- Telefonista

818,26 ¬

III.- Porteiro

818,26 ¬

IV.- Vixilante

818,26 ¬

V.- Limpadora (salario por hora)

3,23 ¬

VI.- Botóns de 16 e 17 anos

SMI según idade

Outros conceptos

Dieta Galicia completa

45,68 ¬

Desglose:

Comida

12,45 ¬

Cea

12,45 ¬

Pernocta

20,78 ¬

Dieta Territorio nacional e Portugal

54,82 ¬

Desglose:

Comida

14,95 ¬

Cea

14,95 ¬

Pernocta

24,92 ¬

Dieta resto países europeos

100,49 ¬

Desglose:

Comida

27,40 ¬

Cea

27,40 ¬

Pernocta

45,69 ¬

Dieta adicional Art. 13 (por día)

3,71 ¬

Dieta desayuno Art. 13

3,28 ¬

Plus distancia (por día efectivo)

0,94 ¬

Dieta adicional Art. 15

3,40 ¬

Quebranto de moeda

1,15 ¬

Plus de circulación

2,10 ¬

Plus Art. 16

35,01 ¬

Suplemento conductor perceptor de liñas integradas (por hora)

0,81 ¬