Convenio Colectivo de Sec... de Coruña

Última revisión
18/04/2005

Revision. Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIA SIDEROMETALURGICA (15000825011982) de Coruña

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2004

Tiempo de lectura: 4 min

Tiempo de lectura: 4 min

Resolución do 16 de marzo de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector da industria siderometalúrxica. (Diario Oficial de Galicia num. 73 de 18/04/2005)

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector da industria siderometalúrxica, que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións

Laborais o día 11-2-2005 e subscrito pola comisión paritaria do convenio o día 25-1-2005, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e o Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de marzo de 2005. Cristina Azpilcueta González Delegada provincial da Coruña

Na Coruña, ás dezaoito horas do día 25 de xaneiro de 2005, no local da Asociación de Talleres de Reparación de Automóbiles da Coruña, sito no polígono de Elviña, 2ª fase, edificio San Carlos, reúnese a comisión negociadora do convenio colectivo provincial para as industrias siderometalúrxicas, intervindo pola parte empresarial José Ardavín Álvarez e Roberto Derungs Cachaza, por Sidero; Juan Manuel García Varela e José Manuel Cascales Giner, por Talleres de Reparación de Vehículos; Manuel Miñones Trillo por Asinec e Manuel Pereira Freire, por Agasca. Actúa en condición de asesor Javier García Ruiz. Pola parte social interveñen Nicolás Pato Pérez por CC. OO. e Celestino Pérez Vázquez por UGT. Realiza as funcións de secretario Juan B. de La Salle Barreiro Pérez.

Iniciada a sesión e para dar cumprimento aos artigos 38 e 39 do convenio colectivo vixente, procédese ao cálculo da revisión salarial correspondente ao ano 2004 e ao incremento das táboas salariais para o ano 2005.

En virtude da conformidade e aceptación de ambas as partes, adóptanse por unanimidade os seguintes acordos:

Manifestar a súa plena conformidade co documento anexo que contén a revisión salarial do ano 2004 que se aproba e que asinan todos os comparecentes.

Manifestar a súa plena conformidade co documento anexo que contén as novas táboas salariais para o ano 2005 que se aproba e que asinan todos os comparecentes.

Acórdase tamén incrementar os demais conceptos salariais nos seguintes termos:

1. Axudas de custo. 27,31 A se o desprazamento que se realiza é inferior ou igual a 125 km e 32,78 A se é superior a 125 km. A media axuda de custo establécese en 10,93 A.

2. Complemento de toxicidade, penosidade ou perigosidade. A bonificación de 5,06 A pasa a ser de 5,27 A por día efectivo de traballo. A establecida en 6,32 A pasa a 6,58 A e a de 7,59 A pasa a 7,91 A.

3. Complemento de xefe de equipo. O complemento establecido de 153,86 A pasa a ser de 160,32 A.

4. Complemento de traballo en construción e reparación de buques. O importe fixado de 1,47 A pasa a ser de 1,53 A.

5. Traballo nocturno. O suplemento de nocturnidade establecido en 6,32 A pasa a ser de 6,58 A.

En virtude do recoñecemento da mutua capacidade e lexitimidade, ambas as partes acordan remitir o actuado e o convenio anexo á Delegación Provincial de Traballo da Coruña co fin de solicitar que se proceda á súa homologación.

E sendo as dezanove horas da data anteriormente sinalada, levántase esta acta da cal, eu como secretario, dou fe.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)