Última revisión
Revision. Convenio Colectivo de Sector de RESIDENCIAS PRIVADAS DA TERCEIRA IDADE DE GALICIA (82000475011998) de Galicia
Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2013
RESOLUCION do 20 de xaneiro de 2014, da Direccion Xeral de Traballo e Economia Social, pola que se dispon a inscricion no rexistro e a publicacion no Diario Oficial de Galicia do acordo da Comision Paritaria do Convenio colectivo de residencias privadas da terceira idade. (Diario Oficial de Galicia num. 27 de 10/02/2014)
Visto o acordo da Comisión Paritaria do Convenio colectivo de residencias privadas da terceira idade, polo que se acadaron diversos acordos subscritos na xuntanza do 8 de xaneiro de 2014, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do
ACORDA:
Primeiro.
Ordenar o seu rexistro e o depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18 de novembro).
Segundo.
Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2014
Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social
ACTA DA XUNTANZA DA COMISIÓN PARITARIA DO CONVENIO COLECTIVO DE RESIDENCIAS PRIVADAS DA TERCEIRA IDADE
Santiago de Compostela, ás once horas do día oito de xaneiro de dous mil catorce, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, reúnense as persoas abaixo sinaladas.
- Representación empresarial:
Natalia Zabaleta Rodríguez (Acolle).
Bernardo Dávila Fuertes (Acolle).
Antonio Molina Schmid (Acolle).
Lucía del Campo Redondo (Agarte).
Tamar Hidalgo González (Agarte-asesora).
José Manuel Pazos Seco (Agarte).
Eva María Jove González (Agarte).
José Antonio Patiño Amboage (Agarte).
- Representación social:
•
Ángel Cameselle Corbacho.
• UGT-Galicia.
Javier Martínez Fente.
Eliseo Rivas Pernas.
E acordan:
Primeiro.
Constituír a Comisión Paritaria para a interpretación, aplicación e vixilancia do convenio colectivo indicado, composta por dous representantes de UGT e dous representantes de
Segundo.
En relación coa dúbida interpretativa respecto do artigo 34 do convenio colectivo en relación cos anexos 1 e II, esta comisión expón:
1. Establécese no convenio un incremento do 2,9 % para o ano 2013, do 0,3 % para 2014 e do 0,3 % para 2015.
2. Aquelas empresas que no momento da sinatura do convenio colectivo non estiveren aboando o 2,9 % de incremento salarial aboarán o 1,5 % de incremento en 2013, o 0,7 % en 2014 e o 0,7 % en 2015.
Terceiro.
Realízanse as seguintes correccións de erros detectados no texto do convenio colectivo.
1. No anexo 1, no complemento de domingos dos grupos D e E, onde figura a cantidade de 8,30 €, deben figurar 8,43 €.
2. No primeiro parágrafo do artigo 43, a expresión «non inferior a catro meses nin superior a cinco meses» substitúese por «non inferior a catro meses nin superior a cinco anos».
3. No artigo 9, as referencias do penúltimo e último parágrafo ao artigo 39 deben realizarse ao artigo 40.
Cuarto.
Respecto da consulta formulada sobre a interpretación do artigo 41 do convenio colectivo, esta comisión manifesta que o traballador ten dereito a dous días de permiso en caso de enfermidade grave ou intervención dos parentes a que se refire o propio artigo 41, que se pode ampliar ata sete días coa exixencia da necesidade dun desprazamento, valorarase esta ampliación en cada empresa en función das circunstancias de cada caso.
Quinto.
Facúltase o persoal do Consello Galego de Relacións Laborais para os trámites de rexistro, depósito e publicación desta acta.
Non tendo máis asuntos que tratar, remata a reunión, ás doce trinta horas do día sinalado no encabezamento. Expídese para o efecto esta acta que asinan todos os asistentes, en proba de conformidade.
Se ha alcanzado el límite semanal de acceso por IP a 2 convenios
Para poder acceder al doble de documentos semanales regístrese de manera gratuita:
Registro Gratuito¿Necesita un acceso ilimitado?
Vea aquí nuestras tarifas de suscripciónSi es usted cliente o ya se ha registrado, introduzca sus datos de acceso.
Acceder