Convenio Colectivo de Sec...de Galicia

Última revisión
03/08/2009

Revision. Convenio Colectivo de Sector de PERRUQUERIAS DE DONAS, CABALEIROS, UNISEX E BELEZA (82000535011994) de Galicia

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2009

Tiempo de lectura: 2 min

Tiempo de lectura: 2 min

Documento oficial en PDF(Páginas 15-16)

Resolucion do 10 de xullo de 2009, da Direccion Xeral de Relacions Laborais, pola que se dispon o rexistro, o deposito e a publicacion, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comision paritaria do convenio colectivo de ambito da Comunidade Autonoma de Galicia para o sector de perrucarias de donas, cabaleiros, unisex e beleza, polo que se aproba a taboa salarial para o ano 2009. (Diario Oficial de Galicia num. 150 de 03/08/2009)

Preambulo

Visto o acordo subscrito o 3 de xuño de 2009 pola comisión paritaria do convenio colectivo de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o sector de perrucarías de donas, cabaleiros, unisex e beleza, polo que se aproba a táboa salarial para o ano 2009, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro

Ordenar a inscrición do dito acordo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo

Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro

Dispor a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2009.

Odilo Martiñá Rodríguez

Director xeral de Relacións Laborais

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo da Comunidade Autónoma de Galicia para perrucarías de donas, cabaleiros, unisex e beleza de Galicia 2007-2010

En Ourense, ás 10.00 horas do día 3 de xuño de 2009, reúnense nos locais da CEO, sitos na praza das Damas, número un, a representación sindical e empresarial do convenio colectivo da Comunidade Autónoma de Galicia para perrucarías de donas, cabaleiros, unisex e beleza, formada polas personas que se citan á marxe.

Pola parte empresarial: a Federación de Empresarios de Peluquería y Estética de Galicia (Fepega): Antonio Peiteado Iglesias, Camilo Sotelo Barroso. Asesora: María de Miguel.

Pola parte social: por UGT: Rogelio Cibeira Fernández.

Iniciada a sesión, adóptase o seguinte acordo:

Actualizar a táboa salarial para o terceiro ano de vixencia do convenio, conforme o establecido no artigo 22. Constatado que o IPC real de 2008 foi o 1,4%, procede aplicar ao salario esta porcentaxe incrementada no 0,50%, do que resulta a seguinte táboa salarial para 2009:

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI