Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
22/06/2004

Revision. Convenio Colectivo de Sector de MARMOLES E PEDRAS (36000965011981) de Pontevedra

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2003

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Resolución do 20 de maio de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector de mármores e pedras. (Diario Oficial de Galicia num. 119 de 22/06/2004)

Primeiro

Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo

Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro

Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 20 de maio de 2004. Joaquín Macías Sánchez Delegado provincial de Pontevedra

CONVENIO COLECTIVO DO SECTOR DE MÁRMORES E PEDRAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Acta:

Asistentes:

CC. OO.:

- Amante Campo Lago.

- Francisco Javier Boullosa González.

- José Antonio Ramos Pérez.

- Alberto Costas Hernández.

- Francisco Estévez Rodríguez.

CIG:

- José Ángel Nieto Figueiras.

- José Manuel Corbacho González.

- Agustín González Mojón.

- Alberto Fernández Campo.

- Juan Francisco Rodríguez Pérez.

UGT:

- José Carlos Rodríguez del Río.

- Ramón Carrera Molares.

- Antonio González Rodríguez.

- José Álvarez Loureiro.

- Alfonso Álvarez Alfonso.

Representación empresarial:

- Francisco Javier Blanco Silva.

- José Ángel Lorenzo Ramírez.

Secretario de actas: Pablo Manuel Búa Burgos.

En Vigo, nos locais da Confederación de Empresarios de Pontevedra, ás dezasete trinta horas do día doce de maio de dous mil catro, reúnese a comisión deliberadora do convenio colectivo de traballo do sector de mármores e pedras da provincia de Pontevedra co obxecto de aplicar a cláusula de revisión salarial establecida no convenio.

O artigo 13º.-Retribucións salariais, establece que no caso de que o incremento anual do IPC o 31 de decembro de 2003 fose superior ao 2%, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a dita porcentaxe. A revisión levarase a cabo unha vez que o INE constate oficialmente o IPC real de 2003 e aboarase con efectos do primeiro de xaneiro do ano dous mil catro e sen efectos retroactivos. Os atrasos devengados serán aboados dunha soa vez. O IPC o 31 de decembro de 2003 rexistrou un incremento do 2,6%, polo que deberá efectuarse unha revisión salarial do 0,6% de acordo coa táboa salarial anexa.

Unha vez confeccionada a dita táboa, dáse lectura a esta, asinándoa as partes en proba de conformidade, acordándose a súa remisión á autoridade laboral co obxecto do seu rexistro e posterior publicación no Diario Oficial de Galicia e BOP. Autorízase a Pablo Manuel Búa Burgos para levar a cabo as xestións necesarias.

Non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, ás 17.00 horas do día arriba indicado.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)