Última revisión
19/07/2013
Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de XUNTA DE GALICIA. PERSOAL LABORAL (82000302012002) de Galicia
Empresa Autonómico. Versión VIGENTE. Validez desde 19 de Julio de 2013 en adelante
RESOLUCION do 10 de xullo de 2013, da Direccion Xeral de Traballo e Economia Social, pola que se dispon a inscricion no rexistro e a publicacion no Diario Oficial de Galicia do acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacion sindicais CIG e CC.OO., relativo a aplicacion ao persoal do V Convenio colectivo unico do persoal laboral da Xunta de Galicia do rexime de vacacions, permisos e licenzas do persoal funcionario. (Diario Oficial de Galicia num. 137 de 19/07/2013)
Visto o acordo relativo á aplicación ao persoal do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia do réxime de vacacións, permisos e licenzas do persoal funcionario, subscrito na xuntanza que tivo lugar o 5 de xullo de 2013, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 26 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.
Esta dirección xeral
ACORDA:
Primeiro.
Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18 de novembro).
Segundo.
Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2013
Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social
ANEXO. Aplicación ao persoal do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia do réxime de vacacións, permisos e licenzas do persoal funcionario
En aplicación do disposto no artigo 21.4 do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, o pasado 25 de xuño de 2013, na xuntanza entre a Admi-nistración da Xunta de Galicia e o Comité Intercentros do persoal laboral acordouse o seguinte:
1. Aplicar ao persoal laboral da Xunta de Galicia o réxime de vacacións, permisos e licenzas establecido para o persoal funcionario no vixente texto do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e na Resolución do 12 de marzo do 2013, da Dirección Xeral da Función Pública pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas; ou logo de negociación, en normas posteriores que as substitúan.
2. Queda sen efecto o disposto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas, agás o establecido para as vacacións nos suposto de peche do centro de traballo e de ausencia masiva de asistidos, e a determinación da consideración de día inhábil no goce dos vinte e dous días de vacacións do persoal que desenvolva o seu traballo a quendas.
3. Acordar a creación dunha comisión de seguimento, de composición paritaria entre os representantes da Administración da Xunta de Galicia e os representantes das organizacións sindicais presentes no Comité Intercentros do persoal laboral da Xunta de Galicia, encargada de estudar e propoñer as medidas necesarias para a súa resolución.
4. O presente acordo quedará recollido como anexo IV bis do dito convenio colectivo.