Convenio Colectivo de Emp...de Galicia

Última revisión
09/01/2008

Revision. Convenio Colectivo de Empresa de SERVICIO GALEGO DE SAUDE. PERSONAL MEDICO de Galicia

Empresa Autonómico. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Julio de 2007 en adelante

Tiempo de lectura: 5 min

Tiempo de lectura: 5 min

Documento oficial en PDF(Páginas 62-63)

Resolucion conxunta do 28 de decembro de 2007, da Secretaria Xeral do Servizo Galego de Saude e da Direccion Xeral da Division de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se ordena a publicacion do acordo subscrito pola Administracion sanitaria e as organizacions sindicais CIG, CEMSATSE, CSI-CSIF, CC.OO. e UGT, sobre retribucion da atencion continuada do persoal residente en formacion do Servizo Galego de Saude. (Diario Oficial de Galicia num. 6 de 09/01/2008)

O dito acordo tivo lugar con base no disposto no artigo 38 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, e nos artigos 79 e 80 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco de persoal estatutario dos servizos de saúde.

O contido do acordo, que foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 29 de novembro de 2007, publícase como anexo a esta resolución para o seu xeral coñecemento.

Na súa virtude,

RESOLVEN:

Dispoñer a publicación do Acordo sobre retribución de atención continuada do persoal residente en formación no Servizo Galego de Saúde.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2007.

Cayetano Rodríguez Escudero Antonio José Fernández Paniagua

Secretario xeral do Servicio Director xeral da División

Galego de Saúde de Recursos Humanos e

Desenvolvemento Profesinal

Acordo da comisión de seguimento do acordo de mellora das condicións de traballo e retributivas do persoal residente en formación do servizo galego de saúde sobre a retribución da atención continuada.

O Acordo de mellora das condicións de traballo e retributivas do persoal residente en formación do Servizo Galego de Saúde foi asinado o 23 de febreiro de 2007 pola Administración sanitaria e as organizacións sindicais CIG, CEMSATSE, CC.OO., CSI-CSIF e UGT e foi aprobado por Resolución conxunta da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional e a División de Asistencia Sanitaria, do 17 de abril de 2007 (DOG nº 78, do 23 de abril).

O 19 de decembro de 2006 a Administración sanitaria e as organizacións sindicais CEMSATSE, CC.OO., CSI-CSIF, UGT e CIG asinaron unha acta de fin de negociación do Acordo de mellora das condicións de traballo e retributivas do persoal residente en formación, aprobada por Resolución do 4 de maio de 2007 da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional e publicada no DOG nº 92, do 14 de maio de 2007.

O punto terceiro da citada acta recolle a competencia da comisión de seguimento para iniciar o procedemento de adecuación e revisión da retribución da atención continuada do persoal residente en formación, no suposto de que con data 30 de setembro de 2007 as contías acordadas para a retribución continuada resulten inferiores á media nese intre vixente no Sistema Nacional de Saúde.

As contías dos servizos de saúde modificáronse fundamentalmente no primeiro semestre do ano. Así, no remate do ano 2006 asináronse acordos en que se modificaban as contías que se van percibir en concepto de atención continuada polo persoal residente en formación de Cataluña, Madrid e Valencia. No primeiro semestre deste ano 2007, en La Rioja, Cantabria, Castilla La Mancha, Asturias, Andalucía, Aragón, Extremadura, Murcia, Navarra, Castilla y León, Canarias e País Vasco asinaron os seus propios acordos para este persoal residente en formación, aplicando novas retribucións da atención continuada en varios servizos, e desde o 1 de xullo de 2007.

A sinatura destes acordos produciu un incremento da media da retribución por este concepto no Sistema Nacional de Saúde que serviu de referencia en 2006 para fixar as contías no Servizo Galego de Saúde.

Con base nas retribucións de atención continuada anteriores, calculáronse as contías de retribución 2007 que se recollen neste acordo, incorporando o valor da media do sábado, domingo e festivo ao longo do ano, sen que se cree un concepto retributivo propio para este días.

Ademais da subida derivada do cálculo anterior, mantense o incremento previsto no acordo nunha porcentaxe anual do 7% para 2008 e 7% para 2009. Por mor deste acordo diferéncianse por primeira vez as retribucións dos MIR III e IV-V, incrementando estes últimos con respecto aos anteriores.

Con ditos antecedentes a Administración sanitaria e as organizacións sindicais asinantes do acordo citado e con representación na mesa sectorial, CIG, CEMSATSE, CSI-CSIF, CC.OO e UXT con data 24 de xullo de 2007,

ACORDAN:

Primeiro.-Obxecto e ámbito de aplicación.

Revisar e adecuar as contías de atención continuada previstas para o persoal residente en formación no Acordo de mellora das condicións de traballo e retributivas do persoal residente en formación do Servizo Galego de Saúde, aprobado por Resolución conxunta da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional e a División de Asistencia Sanitaria, do 17 de abril (DOG nº 78, do 23 de abril de 2007), recollidas no artigo sexto, punto 2, sobre retribucións de atención continuada.

Segundo.-Retribución de atención continuada.

Será retribuída nas contías que se expresan a continuación:

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Terceiro.-Incrementos 2008-2009.

Estas contías incrementaranse sucesivamente nos anos 2008 e 2009 nun 7%. Este incremento será adicional e independente do establecido con carácter xeral nas sucesivas leis de orzamentos.

Cuarto.-Efectos.

As contías previstas para 2007 terán efectos para as quendas de atención continuada realizadas a partir do 1 de xullo de 2007, incluído.