Convenio Colectivo de Emp...Pontevedra

Última revisión
24/07/2019

Calendario. Convenio Colectivo de Empresa de MADERAS IGLESIAS, S.A. (36003612012002) de Pontevedra

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2019 en adelante

Tiempo de lectura: 5 min

Tiempo de lectura: 5 min

CALENDARIO LABORAL PARA 2019 DA EMPRESA MADERAS IGLESIAS, S.A. CÓDIGO DE CONVENIO NÚMERO 36003612012002 (Boletín Oficial de Pontevedra num. 141 de 24/07/2019)

XUNTA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL

 

Convenios colectivos

 

CALENDARIO LABORAL PARA 2019 DA EMPRESA MADERAS IGLESIAS, S.A.

CÓDIGO DE CONVENIO NÚMERO 36003612012002

 

Visto o Acordo da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo da empresa MADERAS IGLESIAS, SA, polo que se aproba o calendario laboral para o ano 2019, subscrito en representación da parte económica, por unha representación da empresa e da parte social polo comité de empresa en data 21 de xuño do 2019.

 

Primeiro.—Dito Acordo foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 26 de xuño do 2019.

Segundo.—Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.

 

FUNDAMENTOS  DE  DEREITO

Primeiro.—Que o artigo 90.2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orde ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.

Segundo.—Disposición adicional segunda do Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.—Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

Esta xefatura territorial,

 

A  C  O  R  D A

Primeiro.—Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).

Segundo.—Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. 

Terceiro.—Ordenar a notificación desta Resolución a Mesa Negociadora do mesmo. 

Vigo, 12/07/2019.—O Xefe Territorial, Ignacio Rial Santomé.

 

CALENDARIO LABORAL 2019

(Omitido. Consultar PDF de la disposición)