Convenio Colectivo de Emp...de Galicia

Última revisión
19/09/2013

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de EDITORIAL LA CAPITAL, S.L. (82000663012002) de Galicia

Empresa Autonómico. Versión Validez desde 19 de Septiembre de 2013 en adelante

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Documento oficial en PDF(Páginas 11-12)

RESOLUCION do 5 de setembro de 2013, da Direccion Xeral de Traballo e Economia Social, pola que se ordena o rexistro, o deposito e a publicacion, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de prorroga do convenio colectivo da empresa Editorial La Capital, S.L., extensivo a empresa Artes Graficas La Capital, S.A. (Diario Oficial de Galicia num. 179 de 19/09/2013)

Preambulo

Visto o acordo de prórroga subscrito entre a parte empresarial e os representantes dos traballadores o 28 de xuño de 2013, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, a Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.

Ordenar o rexistro e o depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, de 18 de novembro).

Segundo.

Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez

Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO. ACTA FINAL DE ANEXO AO CONVENIO COLECTIVO DE 2008 DA EMPRESA EDITORIAL LA CAPITAL, S.L., EXTENSIVO Á EMPRESA ARTES GRÁFICAS LA CAPITAL, S.A.

Representación social:

- Carolina Regueira Arévalo, 53169460S (CIG).

- Javier Quintana Vázquez, 32832220L (CIG).

- Ana María López Suárez, 32822426T (CIG).

- Fernando Mosquera Crespo, 32406393Z (CIG).

- Paola Feal Pinto, 71435764H (UGT).

- María Luisa Castro Hereder, 35288903A (UGT).

- Daniel Alexandre Espada Prieto, 32680129G (CIG).

Representación empresarial:

- Juan Ramón Díaz.

- Ana Lorenzo Benito.

- José María Rioboo Núñez.

Reunidos na sede social da empresa Editorial La Capital, S.L., sita no polígono de Pocomaco, parcela C-12, da cidade da Coruña, o día 28 de xuño de 2013, as persoas arriba indicadas, compoñentes da representación legal dos traballadores e da parte empresarial,

ACORDARON:

1.

Prorrogar o convenio colectivo vixente a día de hoxe, que foi publicado no DOG do 14.5.2008 co número 92, código de convenio 8200663, en todos os seus termos ata o 21.12.2014.

2.

O presente acordo formará anexo inseparable do citado convenio colectivo de 2008, para a empresa Editorial La Capital, S.L., extensivo á empresa Artes Gráficas La Capital, S.A., xunto cos demais anexos xa acordados con anterioridade ata esta data.