Convenio Colectivo de Emp... de Coruña

Última revisión
03/09/2015

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE TEO. PERSONAL LABORAL (15004742012010) de Coruña

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 04 de Septiembre de 2015 en adelante

Tiempo de lectura: 1 min

Tiempo de lectura: 1 min

Documento oficial en PDF(Páginas 25-25)

Suspension temporal da vixencia dos apartados 1 ao 7 do artigo 116 do acordo regulador das condicions de traballo dos funcionarios, e apartados 1 ao 7 do artigo 113 do convenio colectivo de persoal laboral (Boletín Oficial de A Coruña num. 168 de 03/09/2015)

ANUNCIO

O Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria de 31 de agosto de 2015, acordou suspender temporalmente a vixencia dos apartados 1 ao 7 do artigo 116 do acordo regulador das condicións de traballo dos funcionarios, e apartados 1 ao 7 do artigo 113 do convenio colectivo de persoal laboral (BOP n.º 76, do 26 de abril de 2010), referentes aos incentivos por xubilación de persoal, mentres estean vixentes as fortes restricións en materia de incorporación de novo persoal e o Concello non acade o obxectivo de estabilidade financeira.

O citado acordo entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín oficial da provincia da Coruña e será aplicable ás xubilacións que se produzan a partir desa data.

Teo, a 1 de setembro de 2015.

O alcalde

Rafael C. Sisto Edreira

2015/9072