Convenio Colectivo de Emp...IO de Lugo

Última revisión
15/05/2013

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE RIBAS DE SIL. PERSONAL LABORAL Y FUNCIONARIO de Lugo

Empresa Provincial. Versión Validez desde 16 de Mayo de 2013 en adelante

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Documento oficial en PDF(Páginas 10-10)

Complementos en supostos de incapacidade temporal do persoal do concello de ribas de sil, (Boletín Oficial de Lugo num. 111 de 15/05/2013)

Preambulo

O Pleno do Concello de Ribas de Sil en sesión ordinaria celebrada o día 6 de maio de 2013 prestou unanimidade aos COMPLEMENTOS EN SUPOSTOS DE INCAPACIDADE TEMPORAL DO PERSOAL DO CONCELLO DE RIBAS DE SIL, que na súa parte dispositiva di o seguinte:

PRIMEIRO.-

O Concello de Ribas de Sil aplicará ademais do previsto na lexislación da seguridade social, as seguintes regras para proceder o abono do complemento por incapacidade temporal para o persoal o seu servizo:

1.- Ao persoal funcionario e laboral do Concello de Ribas de Sil acollidos ao Réxime Xeral da Seguridade Social se lle recoñecerán os seguintes complementos nos supostos de que a incapacidade temporal derive de continxencias comúns: ata o 3º día recoñeceráselle un complemento retributivo do 50% das retribucións que se viñeran percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade. Dende o día 4º ata o 20º, ambos inclusive, recoñecerase un complemento que sumado á prestación económica recoñecida pola Seguridade Social sexa equivalente ao 75% das retribucións que viñeran correspondendo a dito persoal no mes anterior ao de causarse a incapacidade. A partir do día 21º, inclusive, recoñeceráselles unha prestación equivalente ao 100% das retribucións que se viñeran percibindo no mes anterior ao do causarse a incapacidade.

O Concello de Ribas de Sil determina, respecto ao seu persoal, os seguintes supostos nos que con carácter excepcional e debidamente xustificado o complemento alcance o 100% das retribucións que viñera percibindo en cada momento:

A. En cumprimento do disposto no artigo 9.5, nos supostos nos que a situación de incapacidade temporal implique unha intervención cirúrxica ou hospitalización, as retribucións a percibir desde o inicio desta situación equivalerán igualmente ás retribucións que se viñeran percibindo no mes anterior ao da incapacidade, aínda cando a intervención cirúrxica ou a hospitalización teñan lugar nun momento posterior, sempre que corresponda a un mesmo proceso patolóxico e non existise interrupción no mesmo. Para a determinación da intervención cirúrxica á que se refire este apartado, considerarase como tal a que derive de tratamentos que estean incluídos na carteira básica do Sistema Nacional de Saúde.

B. De acordo co previsto no apartado 5 do artigo 9, os procesos de incapacidade temporal que impliquen tratamentos de radioterapia ou quimioterapia, así como os que teñan inicio durante o estado de xestación, aínda cando non dean lugar a unha situación de risco durante o embarazo ou de risco durante a lactancia, terán esta mesma consideración de circunstancia excepcional.

2.- Cando a situación de incapacidade temporal derive de continxencias profesionais, a prestación recoñecida pola Seguridade Social será complementada durante todo o período de duración da mesma, ata o 100 % das retribucións que viñera percibindo dito persoal no mes anterior ao de causarse a incapacidade.

SEGUNDO.-

O presente acordo entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación.

Ribas de Sil, 7 de maio de 2013.

- O Alcalde-Presidente, Miguel Ángel Sotuela Vega

R. 1828