Convenio Colectivo de Emp...Pontevedra

Última revisión
29/01/2015

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE POIO. PERSOAL LABORAL (36003742012003) de Pontevedra

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 20 de Enero de 2015 en adelante

Tiempo de lectura: 8 min

Tiempo de lectura: 8 min

Documento oficial en PDF(Páginas 6-10)

MODIFICACION DE ARTIGOS DO CONVENIO COLECTIVO PARA O PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DE POIO. (Boletín Oficial de Pontevedra num. 19 de 29/01/2015)

Preambulo

Código de Convenio número 36003742012003

Despois de examinada a Certificación de Dna. Paula E. Ramos Díaz, Secretaria Xeral do Concello de Poio, onde se da conta do acordo acadado no Pleno do concello, de data 25-11-2014, referente á modificación de varios artigos do convenio colectivo para o persoal laboral do CONCELLO DE POIO. Dita modificación foi acordada pola Mesa de Negociación en reunión de data 20 de novembro de 2014.

Primeiro.-Dita modificación foi presentada na Xefatura Territorial de Vigo en data 2 de xaneiro de 2015.

Segundo.-Que no mesmo non se aprecia nengunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en perxuizo de terceiros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.-Que o artigo 90.2 y 3 do Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orden ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.

Segundo.-Real Decreto 713/2010, de 28 de mayo, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.-Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

Esta xefatura territorial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).

Segundo.-Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Terceiro.-Ordenar a notificación desta Resolución a Mesa Negociadora do mesmo.

MODIFICACIÓN CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DE POIO

Dª. Paula E. Ramos Díaz, Secretaria Xeral do Concello de Poio

CERTIFICO: Que na sesión ordinaria do Pleno desta Corporación realizada o 25 de novembro de 2014, presidida polo Sr. Alcalde, adoptou entre outros o seguinte acordo:

4037.-PERSOAL, MODIFICACIÓN CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DE POIO.-De conformidade co disposto no Real decreto lexislativo 256871986, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais sométese a votación a ratificación da inclusión do presente asunto na orde do día ao non ser ditaminado previamente por comisión informativa ningunha a que queda aprobada polo voto favorable dos catorce membros presentes sendo dezasete o seu número legal de membros.

A continuación dáse conta do expediente e da proposta conxunta asinada polos representantes sindicais do CSI, CIG e CCOO no que se propón a modificación do Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Poio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do día 13 de febreiro de 2014 no seguintes termos:

Artigo 13º.- Permisos

…//…7.-Permiso por asuntos particulares:

- Cinco días ó ano sen necesidade de xustificación ou os que legalmente se establezan. Estes días non poderán acumularse aos períodos de vacacións anuais. Cando por razóns de servizo non sexa posible disfrutar do mencionado permiso antes de finalizar o mes de decembro estes poderanse disfrutar dentro do mes de xaneiro do ano seguinte. Igualmente, concederase un día adicional de asuntos particulares por cada unha das festividades laborais de ámbito nacional ou autonómico de carácter retribuído, non recuperable e non substituíble, cando coincidan con sábado no dito ano.

- Sen perxurio do anterior, e sempre que as necesidades do servizo o permitan, os días por asuntos particulares así como, no seu caso, os días de permiso previstos no artigo 20.2. parágrafo primeiro, poderanse acumular aos días de vacacións que se disfruten de forma independente.

- Os días de asuntos particulares non disfrutados non poderán ser compensados en metálico. …//…

Artigo 34º.- Estrutura salarial e clasificación.

A estrutura retributiva do persoal incluído no ámbito de aplicación deste convenio colectivo configúrase a través dos seguintes conceptos, que se definirán na táboa salarial anexa a este convenio:

…//…d) Complemento do posto de traballo: Corresponde ao nivel do posto de traballo que se desempeñe. Engadir: Non se lle aboará este complemento ao persoal contratado a través de axudas e/ou subvencións destinadas ao financiamento de programas de emprego ou similar en colaboración con outras administracións públicas ...//...

Esta modificación será de aplicación ás contratacións formalizadas a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Artigo 67º.-Préstamos sen xuro

Engadir: As cuestións non previstas neste artigo referentes a concesión destes préstamos a súa devolución ou reintegro anticipado así como a súa fiscalización posterior regularase nas bases de execución do presuposto.

Anexo I.-Táboa Salarial

...//... Persoal laboral fixo, indefinido e persoal contratado dependente do Concello de Poio agás o persoal contratado a través de subvencións e/ou axudas de plans de emprego ou similar con outras administracións públicas: ...//...

Constan no expediente informes de disconformidade emitidos pola Intervención Municipal de data 10 de novembro e 2014 e por secretaria de 13 de novembro de 2014 así como acta da reunión da Mesa de Negociación de data 20 de novembro de 2014.

Non suscitándose debate ningún o Pleno da Corporación polo voto favorable dos catorce membros presentes sendo dezasete o seu número legal de membros aprobou a proposta realizada polos representantes sindicais adoptándose o seguinte acordo:

Primeiro: Aprobar a modificación dos artigos 13, 34, 67 e Anexo I do Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Poio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra de data 13 de febreiro de 2014 quedando redactados da seguinte maneira:

- Artigo 13º.- Permisos. 7.-Permiso por asuntos particulares:

- Cinco días ó ano sen necesidade de xustificación ou os que legalmente se establezan. Estes días non poderán acumularse aos períodos de vacacións anuais. Cando por razóns de servizo non sexa posible disfrutar do mencionado permiso antes de finalizar o mes de decembro estes poderanse disfrutar dentro do mes de xaneiro do ano seguinte. Igualmente, concederase un día adicional de asuntos particulares por cada unha das festividades laborais de ámbito nacional ou autonómico de carácter retribuído, non recuperable e non substituíble, cando coincidan con sábado no dito ano.

- Sen perxurio do anterior, e sempre que as necesidades do servizo o permitan, os días por asuntos particulares así como, no seu caso, os días de permiso previstos no artigo 20.2. parágrafo primeiro, poderanse acumular aos días de vacacións que se disfruten de forma independente.

- Os días de asuntos particulares non disfrutados non poderán ser compensados en metálico.&//&

- Artigo 34º.- Estrutura salarial e clasificación.

A estrutura retributiva do persoal incluído no ámbito de aplicación deste convenio colectivo configúrase a través dos seguintes conceptos, que se definirán na táboa salarial anexa a este convenio:

d) Complemento do posto de traballo: Corresponde ao nivel do posto de traballo que se desempeñe. Engadir: Non se lle aboará este complemento ao persoal contratado a través de axudas e/ou subvencións destinadas ao financiamento de programas de emprego ou similar en colaboración con outras administracións públicas.

Esta modificación será de aplicación ás contratacións formalizadas a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

- Artigo 67º.-Préstamos sen xuro

Engadir: As cuestións non previstas neste artigo referentes a concesión destes préstamos a súa devolución ou reintegro anticipado así como a súa fiscalización posterior regularase nas bases de execución do presuposto.

Anexo I.-Táboa Salarial.-Persoal laboral fixo, indefinido e persoal contratado dependente do Concello de Poio agás o persoal contratado a través de subvencións e/ou axudas de plans de emprego ou similar con outras administracións públicas.

Segundo: Remitir o presente acordo á Consellería de Traballo e Benestar, Servizo de Relacións Laborais aos efectos da súa inscrición no Libro Rexistro de Convenios colectivos, depósito no Servizo de Relacións Laborais así como a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Terceiro: Facultar ao Sr. Alcalde para os trámites sucesivos do expediente. .

E para que conste expido a presente certificación de orde co visto e prace do Sr. alcalde, coa salvidade do art. 206 do Real Decreto 2568/1986. do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.

Poio, 17 de decembro de 2014.-A Secretaria Xeral.-Vº. e pr., O Alcalde, Luciano Sobral Fernández.

Vigo, 20/01/2015.-A Xefa Territorial, María Rita Peón Fernández.