Convenio Colectivo de Emp... de Coruña

Última revisión
09/03/2022

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE ORTIGUEIRA. PERSONAL LABORAL (15004752012010) de Coruña

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 04 de Diciembre de 2020 en adelante

Tiempo de lectura: 5 min

Tiempo de lectura: 5 min

Documento oficial en PDF(Páginas 14-15)

Resolucion de inscricion e publicacion da modificacion do convenio colectivo polo que se regulan as condicions de emprego do persoal laboral ao servizo do Concello de Ortigueira (Boletín Oficial de A Coruña num. 46 de 09/03/2022)

Logo de constituírse a comisión negociadora, con data 4 de decembro de 2020 as partes lexitimadas asinan a acta do acordo de modificación puntual do Convenio colectivo polo que se regulan as condicións de emprego do persoal laboral ao servizo do CONCELLO DE ORTIGUEIRA (código convenio 15004752012010), publicado no BOP núm. 76 do 26 de abril de 2010, e solicítase a súa inscrición e publicación no rexistro de acordos e convenios colectivos de traballo, o día 9 de febreiro de 2021.

O día 29 de xullo de 2021 emitiuse un requirimento para que emendase os erros na documentación presentada. O día 19 de outubro de 2021 achega documentación que non da resposta totalmente á información solicitada, polo que o día 7 de febreiro de 2022 emitiuse un novo requirimento, que contesta o día 22 de febreiro de 2022.

De acordo co disposto no artigo 90 e concordantes do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (BOE núm. 255, do 24 de outubro de 2015) e no artigo 2.1 e concordantes do Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, (BOE núm.143, do 12 de xuño de 2012), así coma na Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 222, do 18 de novembro) modificada pola Orde do 14 de marzo (DOG Núm. 60 de 26 de marzo de 2013).

Considerando que a Xefatura Territorial de Emprego e Igualdade da Coruña é competente para resolver a inscrición desta modificación de convenio e dispoñer a súa publicación, segundo o disposto no decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 190, do 18 de setembro de 2020) e no artigo 57 en consonancia co artigo 28 do Decreto 215/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego e Igualdade (DOG núm. 253, de 17 de decembro de 2020).

De acordo con todo o indicado, RESOLVO:

1. A inscrición da modificación puntual do Convenio colectivo polo que se regulan as condicións de emprego do persoal laboral ao servizo do CONCELLO DE ORTIGUEIRA, no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A remisión da modificación puntual do Convenio colectivo polo que se regulan as condicións de emprego do persoal laboral ao servizo do CONCELLO DE ORTIGUEIRA, ó Boletín Oficial da Provincia da Coruña para a súa publicación.

A Coruña, 4 de marzo de 2022

A xefa territorial de Emprego e Igualdade

Judit Fontela Baró

MODIFICACIÓN PUNTUAL DO CONVENIO COLECTIVO POLO QUE SE REGULAN AS CONDICIÓNS DE EMPREGO DO PERSOAL LABORAL AO SERVIZO DO CONCELLO DE ORTIGUEIRA (BOP nº 76 26-04-2010)

Na Casa Consistorial do Concello de Ortigueira, a 4 de decembro de 2020

Dunha parte, o Comité de Empresa do Concello de Ortigueira, integrado por Jaime Villar Bellón, Francisco José Fernández Carreja, José Antonio Sierra Vázquez, Eugenia Domínguez Castrillón, Mónica Fernández Aneiros, Diana Bahamonde López, Jesús Eladio Montero Carredeguas, Manuel Formoso Fernández e Lucía García Bouzamayor.

Doutra parte, o Concello de Ortigueira, en calidade de empresario, e no seu nome e representación, Juan Vicente Penabad Muras, Alcalde e xefe de persoal desta Administración.

EXPOÑEN

Que con data 26-11-2020 a Alcaldía comunicou ao comité de empresa a súa vontade de negociar a introdución dun novo artigo no convenio colectivo.

Que, con data 4 de decembro de 2020, previa constitución da comisión negociadora, acadouse por unanimidade o acordo que se transcribe.

ACORDO

Introdución do artigo 18bis coa seguinte redacción:

Os contratos eventuais que se concerten no servizo de axuda a domicilio para atender ás circunstancias do mercado: acumulación de tarefas, excesos de pedidos, contemplados no artigo 15.1ºb) do texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores: poderán ter unha duración máxima de doce meses, dentro dun período de dezaoito meses, contados a partir do momento no que se produzan ditas causas. De celebrarse por un período inferior á duración máxima permitida, poderá prorrogarse unha soa vez, sen que a duración total supere a duración máxima.

E, en proba de conformidade, as partes asinan o presente documento.

En representación da empresa

Juan Vicente Penabad Muras (DNI 32.655.291-Y)

(Alcalde - Presidente Ayuntamiento de Ortigueira)

En representación dos traballadores

Jaime Villar Bellón, (DNI 76.417.407-E) (Sindicato: USTG)

Francisco José Fernández Carreja (DNI 32.681.904-P) (Sindicato: CC.OO)

José Antonio Sierra Vázquez (DNI 79.409.791-L ) (Sindicato: UGT)

Eugenia Domínguez Castrillón (DNI 32.683.023-T) (Sindicato: UGT)

Mónica Fernández Aneiros (DNI 32.676.055-R) (Sindicato: UGT)

Diana Bahamonde López (DNI 79.329.196-B) (Sindicato: USGT)

Jesús Eladio Montero Carredeguas (DNI 76.410.594-V) (Sindicato: USTG)

Manuel Formoso Fernández (DNI 76.418.382-P) (Sindicato: USTG)

Lucía García Bouzamayor. (DNI 32.706.473-J) (Sindicato: CC.OO)

2022/1136