Convenio Colectivo de Emp...Pontevedra

Última revisión
23/11/2009

Correccion. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE NIGRAN. PERSOAL LABORAL (36004452012010) de Pontevedra

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2009 en adelante

Tiempo de lectura: 2 min

Tiempo de lectura: 2 min

Documento oficial en PDF(Páginas 31-31)

Correccion de erros do convenio colectivo do persoal laboral do CONCELLO DE NIGRAN (Boletín Oficial de Pontevedra num. 226 de 23/11/2009)

Preambulo

Visto o erro padecido na redacción do artigo 21.8.d do texto do convenio colectivo do persoal laboral do CONCELLO DE NIGRÁN, que foi publicado no BOP nº 181, de data 18-092009, onde di:"Os/as empregados/as públicos/as do Concello de Nigrán por razóns de garda legal, cando teñan o coidado directo dalgún/ha menor de doce anos, de persoa maior que requira especial dedicación ou dunha persoa con discapacidade que non desempeñe actividade retribuida, terá dereito a unha reducción dun terzo ou un medio da xornada". Debe dicir: "Os/as empregados/as públicos/as do Concello de Nigrán por razóns de garda legal, cando teñan o coidado directo dalgún/ha menor de doce anos, de persoa maior que requira especial dedicación ou dunha persoa con discapacidade que non desempeñe actividade retribuida, terá dereito a unha reducción entre, alomenos, un octavo e un máximo da metade da duración da xornada". Que ó abeiro do disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), as administración poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos, este departamento territorial,

ACORDA:

Primeiro.

Rectificar o erro material sufrido no artigo 21.8.d do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Nigrán.

Segundo.

Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante neste departamento territorial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Terceiro.

Ordenar o seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Cuarto.

Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Vigo, a 2 de novembro de 2009.A xefa territorial, Carmen Bianchi Valcarce.