Convenio Colectivo de Emp... de Coruña

Última revisión
02/04/2013

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE CABANAS. PERSOAL LABORAL E FUNCIONARIO de Coruña

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 02 de Abril de 2013 en adelante

Tiempo de lectura: 8 min

Tiempo de lectura: 8 min

Documento oficial en PDF(Páginas 21-23)

Publicacion de acordo municipal sobre complemento da prestacion economica en caso de incapacidade temporal do persoal ao servizo do Concello de Cabana de Bergantiños (Boletín Oficial de A Coruña num. 62 de 02/04/2013)

Preambulo

O Pleno de este concello en sesión celebrada con data 29 de novembro de 2011 adoptou entre outros o seguinte acordo:

COMPLEMENTO NA PRESTACIÓN ECONÓMICA PARA SITUACIÓN DE INCAPACIDADE TEMPORAL DO PERSOAL Ó SERVIZO CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS Ó ABEIRO DO RD-LEI 20/2012, 13 DE XULLO

Con data 14 de xullo do 2012 publicouse no BOE número 168 o Real Decreto-Lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competividade. Esta norma introduce unha nova regulación na prestación económica para as situacións de incapacidade temporal do persoal ao servizo das Administracións Públicas, organismos e entidades dependentes e órganos constitucionais.

Esta regulación, contida no título I da norma, goza de carácter básico, como precisa a Disposición final cuarta, e polo tanto resulta aplicable a todas as Administracións Públicas ao ser ditada ao amparo dos artigos 149.1.13 e 149.18.18 da Constitución Española.

O artigo 9 do citado Real Decreto Lei 20/2012, en relación á prestación económica por IT, determina que cada Administración poderá complementar as prestacións que perciba o persoal funcionario e laboral ao seu servizo nas situacións de IT, dentro dos límites establecidos.

Asimesmo, na Disposición Adicional 18ª do citado Real Decreto-Lei se regulan os complementos nos supostos de incapacidade temporal para o personal da Administración Xeral do Estado e organismos e entidades dependentes do mesmo, acollidos ao Réxime Xeral da Seguridade Social.

No marco do disposto no citado artigo 9.2 do Real Decreto-Lei 20/2012, este Concello considera que resulta adecuado aplicar no Concello de Cabana de Bergantiños os complementos nos supostos de incapacidade temporal previstos na normativa estatal para o persoal ao seu servizo.

Este Concello, previa reunión coa representantes do persoal laboral e funcionario do concello celebrada o día 19 de novembro de 2012, considerou adecuado, a fin de non xerar diferencias nesta materia entre os empregados públicos en función do seu vínculo xurídico e evitar agravios comparativos, a adopción do acordo que agora se propón e que suporía complementar as retribucións dos empregados públicos do Concello de Cabana de Bergantiños nas porcentaxes máximas permitidas pola norma e nos supostos excepcionais que se enumeran no acordo.

Polo tanto, en aplicación do disposto no apartado 2 do artigo 9 do Real Decreto-lei 20/2012 do 13 de xullo de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, e tendo en conta o artigo 22.2.i da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, esta Alcaldía propón ao Pleno, previo ditame da Comisión Informativa correspondente, a adopción do seguinte ACORDO:

Primeiro.

O Concello da Cabana de Bergantiños, no ámbito das súas competencias, e de acordo co establecido no artigo 9 do Real Decreto-lei 20/2012, complementará, nas situacións de incapacidade temporal, as prestacións que perciba o persoal funcionario incluído no Réxime xeral da seguridade social e o persoal laboral ao seu servizo, de acordo co seguinte detalle:

1.- incapacidade temporal por continxencias comúns (enfermidade común ou accidente non laboral) o complemento calcularase de conformidade coas seguintes regras:

a) Dende o primeiro día da situación de incapacidade temporal ata o terceiro día, inclusive, aboarase un complemento ata acadar o 50% das retribucións que se viñan percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade.

b) Dende o cuarto día da situación de incapacidade temporal ata o vixésimo día, ambos inclusive, aboarase un complemento ata acadar o 75% das retribucións que se viñan percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade.

c) A partir do vixésimo primeiro día, inclusive, aboarase un complemento ata acadar o 100% das retribucións que se viñan percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade.

2.- incapacidade temporal derivada de continxencias profesionais (enfermidade profesional o accidente de traballo)

- dende o primeiro día da baixa recoñécese ata un máximo do 100% das retribucións percibidas no mes anterior ao da baixa.

3.- supostos excepcionais e debidamente xustificados que permiten complementar ata un máximo do 100% das retribucións percibidas no mes anterior ao da baixa.

a).- hospitalización: terá a consideración de hospitalización aos efectos do abono do 100% das retribucións os seguintes supostos:

- hospitalización en centros sanitarios

- hospitalización a domicilio (previo informe médico xustificativo da necesidade de permanecer no domicilio)

- estancia en hospitales de día, así como os períodos de observación no Servicio de Urxencias superiores a sete horas.

Para poder aboar o complemento económico ata o 100% das retribucións do empregado deberá presentarse xustificante de hospitalización que acredite que a citada circunstancia coincide no tempo co período de incapacidade temporal. Si a hospitalización se produce unha vez iniciada a baixa, e ten a misma causa, o xustificante aportaráse co parte de confirmación que corresponda ao tempo de inicio da hospitalización. Neste caso, regularizarase o ingreso do complemento, para que o empregado perciba o 100% das retribuciones dende o primeiro día da baixa.

b).- intervención cirúrxica (incluído o período de recuperación postoperatoria): terá os efectos de intervención cirúrxica a efectos do abono do 100% das retribucións os seguientes supostos:

- intervencións cirúrxicas con internamento

- intervencións de ciruxía maior e menor ambulatoria

- intervencións médicas invasivas, como colonoscopias, gastrocopias e outras similares

- tratamentos oncolóxicos e similares

Para aboar o complemento económico ata o 100% das retribucións o empregado deberá presentar xustificante médico da intervención cirúrxica e acreditar que a baixa (incluído o período de recuperación) ten a mesma causa que a intervención, sin que sexa necesario especificar a concreta actuación médica practicada. Se a intervención cirúrxica se produce unha vez iniciada a baixa, o xustificante aportarase co parte de confirmación que corresponda no tempo co inicio da intervención. Neste caso, regularizarase o ingreso do complemento, para que o traballador perciba o 100% das retribucións dende o primeiro día da baixa.

c).- enfermidades derivadas da situación de embarazo e risco durante a lactancia natural: terán esta consideración calquer enfermidade común que teña a súa causa nunha situación de embarazo ou lactancia natural.

Para o abono do 100% das retribucións, a empregada deberá presentar, xunto co parte de baixa, un informe médico que acredite que a enfermidade é consecuencia directa do embarazo ou la lactancia natural, ou ben que se derivan das mesmas.

d).- enfermidades graves: terán a consideración de enfermidades graves as incluídas no anexo do Real Decreto 1148/2011 de 29 de xullo, para a aplicación e desenrolo, no sistema de Seguridade Social, da prestación económica por cuidado de menores afectados por cáncer ou outra enfermidade grave.

Para aboar o complemento económico ata o 100% das retribucións o traballador deberá presentar informe médico que acredite que a baixa está motivada por algunha das enfermidades recollidas no RD 1148/2011, non sendo necesario especificar a enfermidade concreta que se padece, basta con indicar o grupo no que se encadraría a citada enfermidade, dos enumerados no citado RD. Se a enfermidade se diagnostica unha vez iniciada a baixa, o informe médico aportarse co parte de confirmación que corresponda no tempo coa enfermidade. Neste caso, regularizarase o ingreso do complemento, para que o empregado perciba o 100% das retribucións dende o primeiro día da baixa.

e).- lesións graves e enfermidades incapacitantes: terán este carácter aquelas lesións e enfermidades que non estando contempladas no RD 1148/2011 de enfermidades graves, acarrean a incapacidade para o desempeño do traballo. Tamén terán esta consideración as enfermidades/patoloxías crónicas, dexenerativas, irreversibles e/ou incurables.

Para o abono do 100% das retribucións, o empregado deberá presentar, xunto co parte de baixa, un informe médico oficial que acredite que a enfermidade é realmente incapacitante e imposibilita o desempeño do traballo, ou ben que a situación de incapacidade temporal se deriva de ditas enfermidades/patoloxías.

Segundo.

En todo o non contemplado, de xeito específico, nas presentes normas, deberase estar ao previsto, ao respecto desta materia, no referido Real Decreto Lexislativo 20/2012, de 13 de xullo, así como na restante normativa que, en cada momento, resulte de aplicación.

Terceiro.

O presente acordo surtirá efectos nos procesos de incapacidade temporal que teñan inicio unha vez aprobado este acordo, sen prexuizo da súa publicación no BOP.

Cuarto.

Dar conta aos representantes sindicais dos traballadores.

O que se publica para xeral coñecemento.

O Alcalde

José Muíño Domínguez.

2013/3771