Convenio Colectivo de Emp...5) de Lugo

Última revisión
30/09/2010

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE BURELA. PERSOAL LABORAL (27000962012005) de Lugo

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 30 de Septiembre de 2010 en adelante

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Documento oficial en PDF(Páginas 13-13)

Modificacion do Convenio colectivo para o Persoal Laboral do Concello de Burela. (Codigo 2700962) (Boletín Oficial de Lugo num. 226 de 30/09/2010)

Preambulo

CONVENIOS COLECTIVOS

Exp. 23-2008 (Código 2700962)

Vista a certificación do acordo do Pleno da Corporación Municipal en sesión ordinaria celebrada o día 30/06/2010 do convenio colectivo para o "PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DE BURELA", presentada neste Departamento Territorial o 6 do presente mes, relativa á modificación do artigo 74 do mentado convenio, publicado no B.O.P. núm. 295 de data 24-12-2008 e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 1/95, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real Decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

ESTE DEPARTAMENTO TERRITORIAL, ACORDA:

PRIMEIRO:

Ordenar a inscrición da modificación do artigo 74 do citado convenio colectivo no rexistro de convenios deste Departamento Territorial, así como o seu depósito.

SEGUNDO:

Remitir a modificación do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

TERCEIRO:

Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Lugo, 16 de setembro de 2010.

- O Xefe Territorial, Antonio Dacal López.

Concello de Burela

ALEJANDRA PARDO VÁZQUEZ, Secretaria do Concello de Burela (Lugo)

CERTIFICO:

Que no Pleno ordinario de data 30 de xullo de 2010, adoptouse, entre outros, o seguinte

ACORDO:

 
PRIMEIRO:

Engadir un novo parágrafo ao artigo 74 do Convenio do persoal laboral ao servizo do Concello de Burela:

"Artigo 74. Plan de pensións De conformidade coa Lei de Presupostos Xerais do Estado créase un plan de pensións para o persoal laboral, de carácter voluntario, establecéndose unha aportación do 0,5% da masa salarial para financia-las aportacións de acordo co establecido igualmente na disposición final segunda do TR da Lei de Regulación dos Plans e Fondos de Pensións. A tal fin constituirase unha Comisión Promotora para a posta en marcha e adxudicación e desenvolvemento do Plan que estará constituida por representantes da Entidade local e do persoal.

Para poder integrarse no presente plan de pensións requiriráse unha antigüidade mínima de un ano como contratado laboral ao servizo do Concello de Burela ".

SEGUNDO:

Remitir o presente acordo á autoridade laboral competente, aos efectos de ordear o seu depósito, rexistro e publicación no Boletín Oficial da Provincia.

TERCEIRO:

Publicar o presente acordo no taboleiro de edictos do Concello.

E para que conste, expido a presente orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, e coa salvedade prevista no artigo 206 do Regulamento de Organización Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado polo R.D.2568/1986, de 28 de novembro, en Burela, a un de setembro de dous mil dez.

Vº e Prace, o Alcalde, Alfredo Llano García.