Convenio Colectivo de Emp...de Galicia

Última revisión
14/05/2013

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de CEMENTOS TUDELA VEGUIN, S.A. de Galicia

Empresa Autonómico. Versión Validez desde 14 de Mayo de 2013 en adelante

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Documento oficial en PDF(Páginas 165-166)

RESOLUCION do 23 de abril de 2013, da Direccion Xeral de Traballo e Economia Social, pola que se dispon a inscricion no rexistro e a publicacion no Diario Oficial de Galicia do acordo entre a empresa Cementos Tudela Veguin, S.A. e a representacion dos traballadores, relativo ao acceso a xubilacion parcial. (Diario Oficial de Galicia num. 91 de 14/05/2013)

Preambulo

Visto o acordo para o acceso á xubilación parcial do persoal dos centros da Coruña, Vigo e Vilagarcía de Arousa da empresa Cementos Tudela Veguín, S.A., subscrito na xuntanza do 27 de marzo de 2013, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social

ACORDA:

Primeiro.

Ordenar a inscrición do devandito acordo no Rexistro Xeral de Convenios desta dirección xeral.

Segundo.

Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro.

Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez

Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

Dunha parte, Emilio Martínez Mier, con DNI 9768878L, en nome e representación de Cementos Tudela Veguín, S.A., con domicilio social en Oviedo, r/Argüelles, 25, e con centros de traballo na Coruña, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

E doutra, Juan Carlos Meijeiro Piñeiro, con DNI 32422889L, como representante dos traballadores da empresa Cementos Tudela Veguín, S.A., e co mesmo domicilio social para efectos de notificacións, por medio da presente.

DIN:

O artigo 8 e a disposición derradeira quinta do Real decreto lei 5/2013, do 15 de marzo, establecen a excepcionalidade de manter as condicións en vigor anteriores á entrada en vigor do citado real decreto aos acordos colectivos de empresa subscritos antes do 1 de abril de 2013.

En función do anterior alcanzamos, para estes efectos, o seguinte acordo colectivo de empresa:

1º) Establécese un plan de xubilacións parciais para os traballadores dos centros de traballo da Coruña, Vigo e Vilagarcía de Arousa nacidos ata o 31 de decembro de 1957 e cuxa vixencia se estenderá ata o 31 de decembro de 2018, cuxas condicións de incorporación serán as previstas xenericamente na Lei 27/2011, do 1 de agosto.

2º) A relación nominal de traballadores afectados con dereito a acollerse á xubilación parcial no referido ámbito temporal é a que se xunta como anexo único a este acordo, asinado por ambas as partes.

3º) O convenio colectivo de aplicación á empresa é o convenio colectivo da construción das provincias da Coruña e Pontevedra (cód. de convenio 15000395011982 e 36000435011981).

4º) O ámbito de aplicación deste acordo circunscríbese aos traballadores dos centros de traballo da Coruña, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

5º) O código de conta de cotización afectado por este acordo colectivo de empresa é 15/115366318 e 36/114260865.

6º) En cumprimento do disposto no citado Real decreto lei 5/2013, darase comunicación á Delegación Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social de Oviedo antes do próximo día 15 de abril de 2013.

E en proba de conformidade, ambas as partes asinan o presente acordo en La Robla (León) o 27 de marzo de 2013.