Convenio Colectivo de Emp...Pontevedra

Última revisión
15/05/2017

Sentencia/Laudo. Convenio Colectivo de Empresa de ASOCIACION CIUDADANA DE LUCHA CONTRA LA DROGA (ACLAD) ALBORADA (36004432012009) de Pontevedra

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 24 de Marzo de 2017 en adelante

Tiempo de lectura: 5 min

Tiempo de lectura: 5 min

Documento oficial en PDF(Páginas 12-14)

LAUDO DA ASOCIACION CIUDADANA DA LOITA CONTRA A DROGA (ALBORADA) (Boletín Oficial de Pontevedra num. 92 de 15/05/2017)

Código de Convenio número 36004432012009.

Visto o texto do laudo arbitral relativo á clarificación da situación de contratación laboral dunha traballadora da Asociación Ciudadana de Lucha contra la Droga (ACLAD) ALBORADA en PONTEVEDRA, que foi ditado o día 24 de marzo do 2017, e tivo entrada no rexistro telemático de convenios e acordos colectivos de traballo da xefatura territorial da consellería de Economía, Emprego e Industria en Vigo o 17 de abril do 2017, de conformidade co disposto no art. 90, 2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre rexistro e deposito dos convenios e acordos colectivos de traballo, artigo 24.4 do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo (AGA), e Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta xefatura territorial,

A C O R D A:

Primeiro.-Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18.10.2010).

Segundo.-Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Terceiro.-Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo.

Vigo, 25/04/2017.-O Xefe Territorial, Ignacio Rial Santomé.

JOSE Mª CASAS DE RON e ANA POUSO LIJÓ, designados árbitros en escrito de promoción de procedemento de arbitraxe de data 14/03/2017, efectuado no procedemento de mediación que tivo lugar na mesma data (Expediente AGA 12/17) e acta de compromiso arbitral de data 15/03/2017, prevista no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (AGA), no conflito xurdido sobre a interpretación xurídica da situación de contratación laboral da traballadora de ACLAD ALBORADA Rocío Carrasco Táboas, resolven os asuntos presentados ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes

Antecedentes

Primeiro.-Son partes no procedemento, por unha banda, a representación empresarial integrada por Delfín Fernández Álvarez. presidente de la Junta Directiva de la Asociación Ciudadana de Lucha contra la Droga (ACLAD) Alborada, Jesús Cancelo Martínez. Director de ACLAD ALBORADA e Pilar Álvarez Ilarri, Xerente de ACLAD ALBORADA. E por outra banda. o representante legal dos traballadores, Joaquín Pablo Martínez Valente, Presidente do comité de empresa de ACLAD ALBORADA os membros do mesmo. Ricardo Alonso Alonso, Sonia Martín Varela, Carolina Estévez Vorkauf co asesor de CC.00 Xurxo Cabral Lemas da Federación de Servizos Sociosanitarios e Mariño Vázquez Rodríguez, letrada apoderada representante dun grupo de 12 traballadores de ACLAD,

Segundo.-O litixio estriba na clarificación da situación de contratación laboral da traballadora de ACLAD ALBORADA Rocío Carrasco Táboas. con DNI número 361681558 e Número de Afiliación á Seguridade Social 36/1019260848. consonte ao establecido no artigo 15 do Estatuto dos Traballadores. A última contratación da traballadora en dita Asociación finalizou o día 28/02/2017, Tratábase dun contrato por obra ou servizo determinado a tempo parcial (cun coeficiente de parcialidade do 533). Consultada a vida laboral de dita traballadora na Asociación, compróbase a concatenación de contratos temporais da traballadora dende o ano 2011- Do mesmo xeito, expúxose na comparecencia das partes, no procedemento de mediación que tivo lugar o día 14/03/2017 (Expediente AGA 12/17), e no que se acordou pola partes promover o procedemento de arbitraxe para dar solución a controversia plantexada, que a última obra para a que foi contratada a traballadora non finalizou e seque vixente no momento do comparecencia.

Terceiro.-Abertas as sesións de comparecencia, os árbitros entenden perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradición, e se consideran informados tralas sesións de comparecencia das posicións das partes e das súas diferenzas. Ademais os árbitros queren reflectir que solicitaron diversa información ás partes ó fin de poder decidir na cuestión en 1itixio.

Pois ben, os anteriores presupostos. contidos nos puntos precedentes, son os que serven ós árbitros a fin de decidir a solución neste conflito.

FUNDAMENTOS DA RESOLUCIÓNPARTE DISPOSITIVA

En base o todos ós anteriores antecedentes, e tendo en conta o establecido no punto segundo dos antecedentes, dítase o seguinte laudo, de conformidade coas normas previstos no art. 20 e seguintes do Acordo Galego para a Solución Extraxudicial de Conflitos Colectivos de Traballo:

O contrato de traballo de Rocío Carrasco Táboas considérase celebrado en fraude de lei e por tanto corresponde, de acordo ó previsto no artigo 15.3 do Estatuto dos Traballadores a súa transformación en indefinido.

A relación laboral da mencionada traballadora considérase indefinida dende o día 01/03/2017 correspondéndolle o mesmo coeficiente de parcialidade que viña prestando na Asociación, o 533.

E por tanto, obriga da Asociación Ciudadana de Lucha contra la Droga (ACLAD) Alborada, solicitar a alta na Seguridade Social da traballadora Rocío Carrasco Táboas dende o 01/03/2017 mediante un contrato indefinido ordinario a tempo parcial con un coeficiente de parcialidade do 533 e o ingreso das correspondentes cotizacións.

O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdición social nos termos establecidos no apartado 5º do ortiga 24 do AGA.

Dado en Vigo, 24 de marzo de 2017.-Os árbitros, José Mª Casas de Ron, Ana Pouso Lijó.