Convenio Colectivo de Sec...de Galicia

Última revisión
02/11/2003

Revision. Convenio Colectivo de Sector de EMPLEADOS DE NOTARIAS (VENCIDO. Ver 99018195012010) (82000355011994) de Galicia

Sector Autonómico. Validez desde 01 de Enero de 1997 en adelante

Tiempo de lectura: 2 min

Tiempo de lectura: 2 min

Acta. (Diario Oficial de Galicia num. 1400 de 21/01/2000)

Reunida a Comisión mixta de vixilancia e seguimento do convenio colectivo de empregados de notarías de Galicia, o día 4 de maio de 1998 nos locais do Colexio Notarial da Coruña, coa asistencia das seguintes persoas:

En representación da Asociación de Notarios de Galicia:

Andrés Cancela Ramírez de Arrellano, notario de Sada.

José Miguel Sánchez Andrade, notario da Coruña. María José Latas Espiña, notaria de Silleda.

En representación da Asociación de Empregados de Notarías de Galicia:

Juan Carlos Rodicio Rodicio, empregado de Santiago de Compostela.

José López Brenlla, empregado da Coruña. José Manuel Dasilva Coto, empregado de Vigo. Preside a mesa Andrés Cancela Ramírez de Arrellano e actúa como secretario Juan Carlos Rodicio Rodicio, coa seguite orde do día:

1. Cumprimento inmediato do artigo 9 do convenio colectivo.

2. Revisión salarial correspondente ós anos 1997 e 1998, propoñéndose pola nosa asociación incremento do 4,00% lineal na táboa, para cada un dos anos, con retroactividade soamente ó 1 de xaneiro de 1998, polo cal os soldos quedarían fixados da seguinte forma:

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

A estas cantidades engadiráselle-lo complemento por antigüidade correspondente, dun cinco por cento do salario base, por cada catro anos, cun tope do cincuenta por cento de incremento.

3. Contestación ós escritos recibidos, se os houber. A orde do día é aceptada por tódolos presentes, pasando a debatela seguidamente.

E por unanimidade, unha vez debatida esta, tomáronse os seguintes acordos: 2. Aprobar un incremento salarial para os anos de 1997 e 1998 dun 3% lineal en táboa, para cada un dos anos, con retroactividade ó 1 de xaneiro de 1998, polo cal os salarios mínimos quedan fixados na seguinte forma:

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

A estas cantidades engadiráselle-lo complemento por antigüidade censual correspondente, dun cinco por cento do salario base, por cada catro anos, cun tope do cincuenta por cento de incremento.

Rubricado