Convenio Colectivo de Sec...2) de Lugo

Última revisión
01/11/2003

Revision. Convenio Colectivo de Sector de EDIFICACION Y OBRAS PUBLICAS (27000255011982) de Lugo

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2000

Tiempo de lectura: 4 min

Tiempo de lectura: 4 min

Resolución do 11 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da edificación e das obras públicas. (Diario Oficial de Galicia num. 12500 de 28/06/2000)

Preambulo

Visto o texto da revisión salarial do convenio colectivo para o sector da edificación e das obras públicas (código 2700255) , da provincia de Lugo, asinado o día 11 de abril de 2000, pola representación da patronal (APEC) e das centrais sindicais MCA-UGT, FECOMA-CC. OO., e USO, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A delegación provincial

ACORDA:

Primeiro

Ordena-la inscrición da citada revisión salarial no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo

Remiti-lo texto da mentada revisión salarial á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro

Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 11 de maio de 2000. Manuel Teijeiro Álvarez Delegado provincial de Lugo

Asistentes: Representación sindical: Por MCA-UGT:

Adolfo Mosteirín Turia. Plácido Regueiro Gorgoso. Pedro González Sordo. José Luis Docampo Fortes. José Luis Combarro Infarte. Carlos García Vázquez.

Por FECOMA-CC. OO.: Ángel Barreiro Pérez. Jesús Varela Lodeiro. Manuel Luis González Fernández.

Por USO: María del Carmen Arias Río. Manuel Expósito López.

Representación patronal (APEC) : Hipólito Trinidad Losada. Miguel Varela Varela. Ricardo Castro López. José Juan Meijide Calvo. Silviano Pizarro Gómez. Manuel Pereira López.

Asesora: Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo o 11 de abril de 2000, reúnense os representantes das centrais sindicais e de APEC que á marxe se relacionan, integrantes da comisión deliberadora do convenio colectivo de edificación e obras públicas con obxecto da adaptación das táboas salariais do convenio con aplicación do 2,45% sobre as táboas salariais actualizadas o 31 de decembro de 1999 do anexo I do convenio, en cumprimento do disposto no artigo 7, parágrafo 1º, do convenio vixente, acordan:

1.

Aproba-las táboas que se xuntan como anexo I, con obxecto da súa aplicación no ano 2000 e publicación no BOP e DOG.

2.

Fixa-lo importe das axudas de custo establecidas no artigo 34 do convenio de edificación e obras públicas, que queda redactado como segue:

Artigo 34º.-Desprazamentos e axudas de custo. Desprazamentos: no caso de desprazamentos dos traballadores, o empresario poderá optar entre o aboamento das axudas de custo, ou o pagamento dos gastos ocasionados, debidamente xustificados.

Axudas de custo: establécese unha axuda de custo igual para tódalas categorías, cos importes que se sinalan a continuación:

a) Axuda de custo completa: 2.600 ptas. diarias en desprazamentos do traballador en días illados ou consecutivos sen exceder de tres días; 2.200 ptas. diarias en desprazamentos do traballador para máis de tres días consecutivos.

b) Media axuda de custo: 1.200 ptas. diarias en desprazamentos do traballador en días illados ou consecutivos sen exceder de tres días; 1.050 ptas. diarias en desprazamentos do traballador con máis de tres días consecutivos.

3. Fixa-las porcentaxes establecidas no artigo 21.2º b, complemento extrasalarial, no 6% para o ano 2000.

4. Autorizar expresamente a asesora da comisión negociadora Pilar Díaz Rodríguez para que se dirixa á delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións laborais para os efectos de proceder á tramitación, depósito e publicación.

E, en proba de conformidade, asinan esta acta os integrantes da comisión mixta deliberadora, no lugar e na data expresados no encabezamento.

ANEXO I

 
Convenio provincial de edificación e obras públicas de Lugo Táboa de retribucións

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)