Convenio Colectivo de Sec...2) de Lugo

Última revisión
01/11/2003

Calendario. Convenio Colectivo de Sector de EDIFICACION Y OBRAS PUBLICAS (27000255011982) de Lugo

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2001

Tiempo de lectura: 4 min

Tiempo de lectura: 4 min

Resolución do 11 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo asinado o día 11 de decembro de 2000 pola comisión negociadora do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de edificación e obras públicas. (Diario Oficial de Galicia num. 31 de 13/02/2001)

Preambulo

Visto o texto do acordo asinado o día 11 de decembro de 2000, pola comisión negociadora do convenio colectivo para o sector de edificación e obras públicas (código 2700255) , da provincia de Lugo, integrada pola representación da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción (APEC) e das centrais sindicais MCA- UGT (48,4%) , FECOMA- CC. OO. (27,7%) , USO (8%) e FCM- CIG (14,6%) , mediante o que se fixa o calendario laboral para o ano 2001, no ámbito do referido convenio, e de conformidade co disposto no artigo 90, puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro

Ordena- la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo

Remiti- lo texto do citado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro

Dispoñe- la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 11 de xaneiro de 2001. Manuel Teijeiro Álvarez Delegado provincial de Lugo

Asistentes:

Representación sindical:

Por MCA- UGT co 48,4%:

- Adolfo Mosteirín Turía.

- Carlos García Vázquez.

- Pedro González Sordo.

Por FECOMA- CC. OO. co 27,7%:

- Evaristo Manuel Arias Álvarez.

- Jesús Varela Lodeiro.

Por USO co 8%:

- Manuel Expósito López.

- Manuel Silvarrey Cabado.

Por FCM- CIG co 14,6%:

- Ignacio Javier García Gómez.

- Guillermo Rey Rouco.

Representación patronal (APEC):

- Hipólito Trinidad Losada.

- Miguel Varela Varela.

- Ricardo Castro López.

- José Juan Meijide Calvo.

- Manuel Sánchez Varela.

- Silviano Pizarro Gómez.

Asesora: Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo, o 11 de decembro de 2000, ás 17 horas, reúnense os representantes das centrais sindicais e de APEC que á marxe se relacionan, como compoñentes da comisión deliberadora do con venio provincial de edificación e obras públicas co obxecto de tratar sobre o calendario laboral para o ano 2001.

Despois dunha ampla deliberación, adóptanse os seguintes acordos:

Primeiro

Fixar como festivos do convenio para o ano 2001: o 26 de febreiro, 30 de abril, 17 de maio, 18 de maio, 2 de novembro, 7 de decembro, 24 de decembro, 31 de decembro, e 4 horas correspondentes á xornada de tarde do día 27 de abril.

Segundo

Adapta- lo calendario laboral á xornada de 1.756 horas anuais para dar cumprimento ó artigo 70.1º do convenio xeral do sector construcción, que se xunta ó presente acordo.

Terceiro

Os días FC que figuran no calendario, se coinciden en período vacacional, non computan para os efectos do FC.

Cuarto

Autorizar expresamente a asesora da comisión negociadora, Pilar Díaz Rodríguez, para que se dirixa á delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para os efectos de proceder á tramitación, depósito e publicación.

E en proba de conformidade, asinan a presente acta os integrantes da comisión negociadora, no lugar edataindicadosnoencabezamento.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le- los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)