Convenio Colectivo de Sec...de Ourense

Última revisión
15/02/2024

Revisión. Convenio Colectivo de Sector de CONSTRUCCION Y OBRAS PUBLICAS (32000155011981) de Ourense

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2024 en adelante

Tiempo de lectura: 5 min

Tiempo de lectura: 5 min

Acta del Acuerdo parcial de la Comisión Paritaria para la revisión salarial para el año 2024 del Convenio colectivo provincial del sector de la construcción y tabla de retribuciones (Boletín Oficial de Ourense num. 33 de 15/02/2024)

Expediente: 32/01/0059/2023

Data: 29/01/2024

Asunto: resolución de inscrición e publicación

Destinataria: María José de Miguel Pérez

Código de Convenio número 32000155011981

Unha vez vista a acta na que se acorda a revisión salarial para o ano 2024 do Convenio colectivo provincial do sector da construción para a provincia de Ourense, con código de convenio núm. 32000155011981, que subscribiu, o día 21/12/2023, a comisión negociadora do convenio conformada pola dirección da empresa e a representación social e, de conformidade co que dispón o artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores [BOE 255/2015 do 24 de outubro], o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo [BOE 143 do 12 de xuño de 2010] o Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo [BOE 232 do 28 de setembro de 1982], polo Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, o Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 123/2022, do 23 de xuño de 2022, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Esta xefatura territorial, resolve:

Primeiro. Ordenar a súa inscrición e depósito no rexistro de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e planes de igualdade da Comunidade Autónoma de Galicia e notificación a representación empresarial e social da comisión negociadora.

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Ourense, na data da sinatura electrónica. O xefe territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade en Ourense.

Asdo.: Yago Borrajo Sánchez.

Acta do Acordo parcial da Comisión Paritaria

En Ourense, sendo as 19.00 horas do mércores 21 de decembro de 2023, reúnense nos locais da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense (ACO) as persoas que a continuación se indican, integrantes da Comisión Paritaria do convenio provincial do sector da construción para a provincia de Ourense (artigo 7 do convenio colectivo).

Representación Sindical: por FICA-UXT; Manuel B. González Rodríguez

Por CC.OO. do Hábitat: Antonio Pérez Jácome.

Representación empresarial, Asociación Provincial de Empresarios de la Construción de Ourense, ACO: José Cesáreo

Fernández Ríos e María J. de Miguel Pérez.

Preside a reunión Antonio Pérez Jácome, nomeándose secretario a Cesáreo Fernández Ríos 

O único punto a tratar na reunión é a actualización das táboas salariais para 2024, conforme o pactado no artigo 14 do texto do convenio que establece que o incremento salarial para 2024 é (2,75 %) con efectos desde o primeiro de xaneiro de 2024. Da aplicación do incremento pactado resultan as táboas salariais que se acompañan

Finalmente acórdase por unanimidade autorizar a María J. de Miguel Pérez, con DNI número 3***2****, para que poida realizar os trámites precisos para o rexistro desta acta e os acordos que contén, con facultades para aclarala, emendala, corrixila, completala e integrala no seu caso, para o seu rexistro, inscrición, depósito e publicación.

E tras a lectura do que foi polas partes, e estando todos conformes, acordan por unanimidade, a sinatura da acta en lugar e data arriba mencionados, sendo as 20.00 horas

UXT: Manuel B. González Rodríguez.

CC.OO.: Antonio Pérez Jácome.

Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense, ACO: José Cesáreo Fernández Ríos e María J. de Miguel Pérez.

Convenio provincial do sector da construción da provincia de Ourense

Táboa de retribucións para o período 01/01/2024 ao 31/12/2024

Nivel; Categorías; Mensual: Soldo Base; Plus Asistencia; Plus Transporte; Total Mes; Pagas extras: Xuño; Decembro; Anual: Vacacións; Salario Anual; Horas Extras

II; Titulado/a Superior; 1.245,09; 317,39; 107,97; 1.670,45; 1.519,71; 1.519,71; 1.519,71; 22.934,08; 13,31

III; Titulado/a Medio/a, xefe/a administrativo/a 1.ª, xefe/a Séc. Org. 1.ª; 1.239,59; 311,91; 87,98; 1.639,48; 1.514,82; 1.514,82; 1.514,82; 22.578,78; 13,31

IV; xefe/a de Persoal, Axte. de Obra, Encargado/a xeral de Fábrica, encargado/a xeral; 1.233,54; 305,82; 87,51; 1.626,88; 1.509,74; 1.509,74; 1.509,74; 22.424,89; 13,31

V; xefe/a administrativo/a de 2.ª, delineante Superior, Encargado/a xeral de Obra, xefe/a Séc. Org. Científico/a do Traballo de 2.ª, xefe/a de Compras; 1.227,99; 300,37; 87,05; 1.615,41; 1.505,17; 1.505,17; 1.505,17; 22.284,98; 13,31

VI; Oficial administrativo/a de 1.ª, delineante de 1.ª, Encarg., Taller, encarg. Sec. Laboratorio, escultor/a de pedra e mármore, Práct. Topografía de 1.ª, técn. Org.1.ª.; 1.221,96; 294,28; 86,62; 1.602,86; 1.500,19; 1.500,19; 1.500,19; 22.132,07; 13,31

VII; Delineante de 2.ª, Técnico/a Org. de 2.ª, Práctico/a 

Topografía de 2.ª, Analista de 1.ª, viaxante, Capataz, especialista de oficio; 1.199,92; 272,25; 84,94; 1.557,11; 1.481,97; 1.481,97; 1.481,97; 21.574,17; 12,65

VIII; Oficial Administrativo/a de 2ª, corredo/ar de praza, Oficial 1.ª de oficio, inspector/a de control Sinalización e Servicios, analista de 2.ª; 1.183,34; 255,71; 83,69; 1.522,75; 1.468,62; 1.468,62; 1.468,62; 21.156,10; 12,30

IX; Auxiliar administrativo/a, axte. topográfico, Auxiliar de Org., vendedores, conserxe, Oficial 2.ª de oficio; 1.166,28; 238,60; 64,53; 1.469,41; 1.453,81; 1.453,81; 1.453,81; 20.524,94; 11,82

X; Auxiliar de Laboratorio, vixiante, almacenero/a, Enfermeiro/a, cobrador/a, garda-xurado, Axudantes de Oficio, especialistas de 1.ª; 1.149,21; 221,53; 63,63; 1.434,37; 1.439,68; 1.439,68; 1.439,68; 20.097,10; 11,12

XI; Especialistas de 2.ª, peóns especializados; 1.132,20; 204,48; 62,59; 1.399,26; 1.410,27; 1.410,27; 1.410,27; 19.622,72; 10,73

XII; Peóns ordinarios, limpador/a; 1.114,59; 186,88; 61,66; 1.363,12; 1.395,79; 1.395,79; 1.395,79; 19.181,73; 10,32

Nota: as categorías que se indican, cunha antigüidade na empresa anterior a 07/07/1998, rexeranse para os efectos económicos

Axuda de custo: 38,01

Polos seguintes niveis: Nivel VII: Oficial Admtvo. 2.ª. Nivel VIII: Auxiliar Admtvo. Nivel V: Encargado de Taller.

Media Axuda de custo: 16,71