Última revisión
Revision. Convenio Colectivo de Sector de CONSTRUCCION (15000395011982) de Coruña
Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2001
Resolución do 9 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2001 do convenio colectivo do sector da construcción e obras públicas da provincia da Coruña. (Diario Oficial de Galicia num. 62 de 28/03/2001)
Visto o texto da revisión salarial para o ano 2001 do convenio colectivo do sector da construcción da provincia da Coruña (código convenio 1500395) , que tivo entrada nesta delegación provincial con data do 1 de febreiro de 2001, subscrito pola comisión paritaria do convenio colectivo integrada en representación da parte económica por APECCO e da parte social por UGT e
ACORDA:
Primeiro
Ordena- la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo
Ordena- lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.
Terceiro
Dispoñe- la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 9 de febreiro de 2001. María Silva Costoya Delegada provincial da Coruña
ACTA NÚMERO 2 ANO 2001 CONVENIO CONSTRUCCIÓN PROVINCIA DA CORUÑA COMISIÓN PARITARIA:
Asistentes:
Por APECCO:
- Silviano Pizarro Gómez.
- Benigno López Bueno.
- Antonio Fernández Durán.
- Antonio Fernández Chao (asesor)
- Miguel García Eiroa (secretario)
Por UGT:
- Celestino Pérez Vázquez.
- Pedro Marcote Álvarez.
Por
- Santiago Huertas Pozurama.
- Emilio Pérez Lage.
- Argimiro González Pérez.
Na cidade da Coruña, o 31 de xaneiro de 2001, sendo as 17 horas, reúnense nos locais de APECCO, os señores que arriba se relacionan, membros da comisión paritaria para revisar e actualizar (segundo o artigo 6º) o convenio colectivo de construcción 1999- 2001, asinado o 21 de xullo de 1999 (enmarcado dentro do Acordo sectorial nacional e do convenio xeral do sector da construcción- CGSC)
Aberta a sesión e logo dunha ampla deliberación,
Acórdase:
Primeiro
Proceder á regularización das táboas do ano 2000 (ó 31 de decembro de 2000) de acordo co previsto no artigo 7º do vixente convenio modificado por acta da comisión paritaria do 11- 9- 2000.
Segundo
Aprobar por unanimidade as táboas salariais para o ano 2001 que se achegan á presente acta, e as seguintes modificacións do convenio 1999- 2001:
Artigo 6º.- Incremento económico.
Para o ano 2001 aplicarase un incremento de 2,90% (IPC+ 0,90) sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e complementos salariais e extrasalariais.
Artigo 7º.- Cláusula de garantía salarial ano 2001.
No suposto de que o incremento anual do índice de prezos ó consumo (IPC) do 31 de decembro de 2001 supere o 2,5% efectuarase unha revisión económica sobre o exceso do dito tanto por cento, para efectos de que sirva de base para a negociación colectiva seguinte.
A dita revisión, se é o caso, afectará ós conceptos previstos no artigo 6º do presente convenio.
Artigo 19º.- Desgaste de ferramentas.
O persoal con dereito a percibir compensación económica por desgaste de ferramenta aboaráselle na contía mínima de 73 pesetas por día traballado para o ano 2001.
Artigo 24º.- Axudas por desprazamento.
O persoal con dereito a axudas de custo percibirá por día efectivo de traballo, as cantidades que se sinalan:
- Axuda de custo completa: 3.250 pesetas/diarias.
- Media axuda de custo: 1.260 pesetas/diarias.
Artigo 39º.- Xornada de traballo.
Establécese unha xornada laboral para o ano 2001 de 40 horas semanais de traballo efectivo, o que supón un cómputo anual de traballo efectivo de 1.756 horas, segundo o calendario laboral publicado no BOP número 8 con data 11 de xaneiro de 2001.
Así mesmo, facúltase a Miguel García Eiroa, secretario, para a presentación das táboas salariais e modificacións do convenio citado ante a Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, para efectos da súa homologación e posterior publicación no BOP no Diario Oficial de Galicia.
En proba de conformidade asínase a presente acta no lugar e data máis arriba indicados.
Rubricado Táboa de retribucións ano 2001 Vixenciado1- 1- 2001ó31- 12- 2001
Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI
(Para poder le- los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)
Se ha alcanzado el límite semanal de acceso por IP a 2 convenios
Para poder acceder al doble de documentos semanales regístrese de manera gratuita:
Registro Gratuito¿Necesita un acceso ilimitado?
Vea aquí nuestras tarifas de suscripciónSi es usted cliente o ya se ha registrado, introduzca sus datos de acceso.
Acceder