Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
18/12/2012

Revision. Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACION, CONFITARIA, PASTELARIA, REPOSTARIA E PRATOS PREPARADOS (36004185012007) de Pontevedra

Sector Provincial. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2010

Tiempo de lectura: 2 min

Tiempo de lectura: 2 min

Documento oficial en PDF(Páginas 9-12)

Taboas salariais do convenio colectivo do Sector de Industrias e Despachos de Panificacion, Confeiterias, Reposterias e Pratos Cociñados da provincia de Pontevedra. Codigo de Convenio numero 36004185012007 (Boletín Oficial de Pontevedra num. 242 de 18/12/2012)

Preambulo

INDUSTRIAS Y DESPACHOS DE PANIFICACION, CONFITERIA, PASTELERIA, REPOSTERIA Y PLATOS PREPARADOS

Código de Convenio número 36004185012007

Visto o Acordo da Comisión Negociadora pola que se aproban as táboas salariais do convenio colectivo do Sector de Industrias e Despachos de Panificación, Confeiterías, Reposterías e Pratos Cociñados da provincia de Pontevedra, subscrito en representación da parte económica, por unha representación da Asociación Provincial Industrial de Panificación y Pastelería da provincia de Pontevedra (APROINPPA), e da parte social polas Centrais Sindicais UGT, CCOO e CIG, en data 27.10.2012.

Primeiro.Dito Acordo foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 21.11.2012.

Segundo.Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en perxuizo de terceiros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.Que o artigo 90.2 y 3 do Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orden ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.

Segundo.Real Decreto 7130/2010, de 28 de mayo, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

Esta xefatura territorial

ACORDA:

Primeiro.Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010)

Segundo.Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Terceiro.Ordenar a notificación desta Resolución a Mesa Negociadora do mesmo.

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Vigo, a 26 de novembro de 2012.A Xefa Territorial, p.a. (D. 109/12, do 22 de marzo).A xefa do Servizo de Coordinación Administrativa, María Peón Fernández.