Convenio Colectivo de Sec...de Ourense

Última revisión
21/03/2006

Revision. Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO DE LA PIEL (32000135011981) de Ourense

Sector Provincial. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2006

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Acta da Comision Paritaria, na que se acorda a actualizacion da taboa salarial do ano 2005, do Convenio colectivo do sector de comercio de pel da provincia de Ourense. Codigo de convenio num. 3200135 (Boletín Oficial de Ourense num. 61 de 15/03/2006)

Preambulo

Unha vez visto o texto da acta da Comisión Paritaria do Convenio colectivo do sector de comercio da pel da provincia de Ourense (código de convenio núm. 3200135), publicado no BOP n.º 128, do 7 de xuño de 2005, na que se acorda a actualización da táboa salarial do ano 2005, que foi subscrita o día 1 de febreiro de 2006, polos integrantes da mencionada Comisión Paritaria constituída en representación da parte económica pola Asociación Empresarial de Comercio de Calzados e Bolsos de Ourense e en representación dos traballadores do sector pola central sindical Comisións Obreiras, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común, esta delegación provincial

Acorda:

Primeiro

Ordenala súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo

Ordenalo seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (UMAC).

Terceiro

Dispoñela súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Ourense, 24 de febreiro de 2006. A delegada provincial. Asdo.: Carmen Rodríguez Dacosta.

ACTA ÚNICA

Reunida a Comisión Paritaria do Convenio colectivo provincial de comercio da pel de Ourense, sendo as 20: 00 horas do día 1 de febreiro de 2006, acordan proceder ó estipulado na disposición adicional segunda do texto vixente, unha vez constatado o IPC oficial do ano 2005, procedendo a actualizalas táboas salariais na contía do 1,2 % de diferenza entre o 2,5 % e o IPC real a 31.12.2005 que foi do 3,7 %.

Para os efectos establecidos de aboamentos de atrasos, acórdase o pagamento dos salarios producidos entre os meses de outubro a decembro do ano 2005, ambos inclusive, toda vez que o IPC superou a cifra do 2,5 % no referido mes de outubro, para aboar nunha soa paga antes do 28 de febreiro do 2006, máis o estipulado no artigo 11 que actualiza a paga extra de Nadal.

Seguidamente actualízanse as táboas salariais que servirán de base para o ano 2006 segundo as contías que se reflicten no anexo I desta acta, enviando á delegación correspondente as copias para a súa homologación e posterior publicación nos boletíns pertinentes.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, asinando a presente acta da data reflectida.

Asociación Empresarios do Comercio da Pel. CCOO.

ANEXO I

Táboa salarial

Categoría; salario

Xefe de división; 824,49 €

Encargado xeral e xefe de compras; 794,22 €

Xefe de sucursal ou almacén; 794,22 €

Xefe de sección mercantil; 764,40 €

Encargado; 749,39 €

Viaxante; 749,39 €

Dependente maior; 719,36 €

Dependente; 679,55 €

Axudante; 670,60 €

Mozo; 670,60 €

Xefe administrativo; 795,12 €

Contable; 750,17 €

Oficial administrativo; 719,36 €

Auxiliar administrativo; 670,60 €

Auxiliar de caixa maior; 679,55 €

Auxiliar de caixa; 519,35 €

Escaparatista; 785,45 €

Persoal de limpeza; 4,72 €