Convenio Colectivo de Sec...de Ourense

Última revisión
24/03/2004

C. Colectivo. Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO DE MATERIAIS DA CONSTRUCCION E SANEAMENTO (32000965012003) de Ourense

Sector Provincial. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2004

Tiempo de lectura: 29 min

Tiempo de lectura: 29 min

Convenio colectivo para o sector de Comercio de materiais para a construccion e saneamento de Ourense para os anos 2004 e 2005 (codigo de convenio n. º 3200965) (Boletín Oficial de Ourense num. 64 de 18/03/2004)

Primeiro

Ordenala súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e notificárllelo ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo

Ordenalo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (UMAC) .

Terceiro

Dispoñela súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Ourense, 2 de marzo de 2004. - O delegado provincial. Asdo.: José Lage Lage.

CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL PARA O SECTOR DO COMERCIO DE MATERIAS PARA A CONSTRUCCIÓN E SANEAMENTO DE OURENSE

 
Artigo 1. - Partes sinantes.

As partes que asinan o presente convenio son as centrais sindicais UXT, CC. OO. eCIG, en representación dos traballadores e a Asociación Provincial de Empresarios de Materiais para Construcción (Asemaco) , en representación dos empresarios do sector.

Artigo 2. - Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo regula as relacións laborais e económicas entre empresas e traballadores do sector do comercio de materiais para a construcción e saneamento, da provincia de Ourense, determinándose que quedan afectados por este as actividades comprendidas na venda polo miúdo e venda por xunto de artigos e materiais para a construcción e destinados para a ornamentación dela.

Artigo 3. - Opción.

Cando nos centros de traballos das empresas afectadas se exerzan, ademais, outras actividades e estean por isto enmarcadas noutros convenios, os traballadores que presten servicios indistintamente nunha ou noutra das devanditas actividades, terán opción de acollerse ó convenio que resulte máis beneficioso no seu conxunto durante a vixencia deste convenio.

Artigo 4. - Duración e vixencia.

O presente convenio entrará en vigor para tódolos efectos desde o día 1 de xaneiro de 2004, finalizando a súa vixencia o 31 de decembro de 2005.

Artigo 5. - Prórrogas.

O convenio entenderase tacitamente prorrogado por períodos anuais, sempre que non sexa denunciado por calquera das partes.

A denuncia do convenio formularase por escrito e debe comunicárselle á outra parte cunha antelación mínima de tres meses á terminación da súa vixencia.

Artigo 6. - Condicións máis beneficiosas.

O persoal que con anterioridade ó convenio viñese gozando de condicións máis beneficiosas que as aquí pactadas, deberá conservalas, podendo ser absorbidas ou compensadas.

Artigo 7. - Retribucións.

As retribucións salariais aplicables para o ano 2004 son as que para cada categoría se fixan na táboa salarial anexa.

Para o ano 2005 aplicarase un incremento do IPC real que se constate a 31 de decembro do ano 2004 máis 0,5 puntos sobre a táboa salarial, a gratificación de transporte urbano e as axudas de custo.

Artigo 8. - Revisión salarial.

No caso de que o IPC real ó 31 de decembro de 2004 sexa superior ó 2% ,o exceso, se o houbese, aboarase nunha soa paga no primeiro trimestre do ano 2005.

Respecto ó ano 2005, se o IPC real constatado a 31 de decembro de 2005 é superior ó IPC real constatado a 31 de decembro de 2004, o dito exceso aboarase nunha soa paga no primeiro trimestre do ano 2006.

No caso de producirse, este exceso servirá de base para o cálculo das táboas salariais correspondentes ós anos posteriores.

Artigo 9. - Gratificación de transporte urbano.

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio percibirán unha gratificación de transporte urbano por día efectivo de traballo de 2,58 euros/día, efectivo.

Esta gratificación percibirana con independencia de calquera que sexa o medio utilizado polo traballador para o seu desprazamento.

A cantidade percibida por este concepto non terá a consideración de salario para ningún efecto, polo que non se computará para gratificacións extraordinarias, paga de beneficios, etc. ,e tampouco se percibirán cando se encontre en situación de incapacidade laboral transitoria.

Queda igualmente exento de cotización á Seguridade Social. Artigo 10. - Complemento de antigüidade. A partir da sinatura do presente convenio os traballadores que tivesen xerados antes da sinatura deste convenio dereitos e contías en concepto de antigüidade, manterán a antigüidade consolidada na devandita data. A mencionada contía quedará reflectida en nómina como complemento persoal, baixo o concepto de antigüidade consolidada .

Artigo 11. - Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá en xullo e no Nadal senllas gratificacións extraordinarias polo importe dunha mensualidade cada unha, do soldo fixado na táboa salarial que lle sexa de aplicación máis o complemento, se procedese, en concepto de antigüidade consolidada.

Artigo 12. - Participación en beneficios.

Esta participación fíxase nunha mensualidade do salario fixado na táboa salarial do convenio para cada categoría profesional máis o complemento, se procedese, en concepto de antigüidade consolidada.

A devandita participación aboaráselle a todo o persoal no mes de marzo de cada ano, sendo a súa data de aplicación do 1 de xaneiro ó 31 de decembro.

Artigo 13. - Rateo de pagas.

O persoal que ingrese ou cese na empresa no transcurso do ano, percibirá as pagas extraordinarias de xullo e Nadal, así como a de beneficios, na parte proporcional que lle corresponda segundo o tempo traballado.

Artigo 14. - Horas extraordinarias.

Ante a grave situación de paro existente e co obxecto de favorecela creación de emprego, as partes sinantes do presente convenio acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias consonte cos seguintes preceptos:

a) Horas extraordinarias habituais: supresión

b) Horas extraordinarias motivadas por forza maior, entendendo por tales s que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistro e outros danos extraordinarios e urxentes: realización.

c) Horas extraordinarias estructurais: mantemento.

Entenderase como tales s necesarias por períodos punta de producción, pedidos imprevistos, cambios de quenda, ausencias imprevistas ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade da que se trate, todo isto sempre que non poidan ser substituídos por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas na lei. As horas extraordinarias aboaranse cun incremento do 50% sobre o salario que lle correspondería a cada hora ordinaria segundo a táboa anexa.

Artigo 15. - Complemento por IT.

A partir da sinatura do presente convenio, durante as situacións de incapacidade laboral debidas accidente laboral ou hospitalización, as empresas complementarán desde o primeiro día o 100% do salario.

Así mesmo, no caso de traballadoras declaradas en situación de incapacidade temporal por atoparse en situación de embarazo de alto risco, que poida influír negativamente na saúde da traballadora ou do feto, derivada de riscos ou patoloxías non relacionadas con axentes, procedementos ou condicións do posto de traballo desempeñado, as empresas complementarán, desde o primeiro día en que se produza esta, o 100% do seu salario. Para que opere o complemento anteriormente citado requírese que o diagnóstico consignado no parte médico de baixa expedido polos servicios médicos oficiais, indique expresamente que a traballadora se atopa en situación de embarazo de alto risco.

Artigo 16. - Vacacións.

Todo o persoal afectado polo convenio terá dereito a gozar de vacacións anuais retribuídas de 30 días naturais de duración.

O traballador terá dereito a gozar de 15 días das vacacións entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, gozándose os restantes días nos outros meses.

Sempre que non se alcance un acordo unánime entre os traballadores afectados, na determinación do período de goce das vacacións, procederase, necesariamente, á elección dunha orde rotativa de preferencia, de tal forma que quen tivo preferencia na elección de quenda do ano anterior, perde esa primacía de opción ata tanto non a exerciten o resto dos seus compañeiros de traballo.

Artigo 17. - Xornada de traballo.

A xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo, que serán prestadas de luns sábado.

Os traballadores gozarán de descanso retribuído nas tardes dos días 24 e 31 de decembro e o día correspondente ó sábado de Semana Santa.

O calendario laboral será exposto nun lugar visible (taboleirode anuncios) , para coñecemento de tódolos traballadores.

Artigo 18. - Axudas de custo e desprazamentos.

Todo o persoal ó que se lle confire algunha comisión de servicio fóra da residencia habitual de traballo, terá dereito a que se lle aboen, en concepto de axudas de custo, as seguintes cantidades.

A axuda de custo completa será de 30,90 euros/diarios e media axuda de custo de 8,24 euros/diarios. O importe das axudas de custo e medias axudas de custo previstas aboaranse previamente debendo xustificalas posteriormente.

Nos casos nos que por necesidades do servicio da empresa, o traballador utilice o seu vehículo particular, percibirá por este concepto a cantidade de 0,18 euros/Km.

Artigo 19. - Socorro por falecemento.

As empresas están obrigadas entregarlles ós herdeiros forzosos dos traballadores que falezan por accidente laboral, suma de tres mensualidades do salario fixado no presente convenio, ou dalgunha das súas prórrogas, máis o complemento de antigüidade consolidado, se é o caso, referido ó momento do falecemento.

Artigo 20. - Seguro complementario de accidentes.

As empresas afectadas por este convenio deberán subscribir, no prazo dun mes contado a partir da data da súa publicación, e sempre que non teña concertado con anterioridade calquera outro igual ou superior, unha póliza de seguro colectivo e/ou individual de accidentes persoais que cubra e garanta os riscos profesionais, e extraprofesionais, de morte ou invalidez permanente, por un capital de doce mil euros, en ambos casos.

Artigo 21. - Excedencia por cuidado de familiares.

Será obrigatorio o reingreso dos traballadores que se acollesen á excedencia prevista no apartado 3 º do artigo 46, do Estatuto dos traballadores, tralo aviso do reingreso con dous meses de antelación á finalización do período de excedencia solicitado.

Para os efectos da protección á maternidade estarase ó disposto no Estatuto dos traballadores e demais lexislación en vigor.

Neste sentido os traballadores terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a tres anos para atender ó coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza como por adopción, ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, contados desde a data do nacemento ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa.

Tamén terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a dous anos, os traballadores para atenderen ó coidado dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non se poida valer por si mesmo, e non desempeñe actividade retribuída.

A excedencia recollida no presente apartado constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limitalo exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

Cando un novo suxeito causante dera dereito a un novo período de excedencia, o inicio desta dará fin á que, se é o caso, se viñera gozando.

O período no que o traballador permaneza en situación de excedencia conforme co establecido neste artigo será computable para os efectos de antigüidade e o traballador terá dereito á asistencia a cursos de formación profesional; para esta participación deberá estar convocado polo empresario, especialmente con ocasión da súa reincorporación. Durante o primeiro ano terá dereito á reserva do seu posto de traballo. Transcorrido o devandito prazo, a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

Artigo 22. - Roupa de traballo.

As empresas facilitaranlles dúas pezas de roupa de traballo ó ano, unha cada semestre, en concepto de útiles de traballo, ó persoal que teña unha actividade que aconselle o seu uso.

Artigo 23. - Pluriemprego.

As partes asinantes deste convenio estiman conveniente erradicalo pluriemprego, como regra xeral.

Para estes efectos estímase que se apliquen co máximo rigor as sancións previstas na lexislación vixente, nos casos de traballadores non dados de alta na Seguridade Social, por estaren dados de alta xa noutra empresa.

Para coadxuvar ó obxectivo de controlalo pluriemprego considérase esencial o cumprimento exacto do requisito de darlles a coñecer ós representantes legais dos traballadores os boletíns de cotización á Seguridade Social, así como os modelos de contrato de traballo escrito que se utilicen na empresa, e tamén os documentos relativos á terminación da relación laboral, conforme dispón o artigo 64.1.6, do Estatuto dos traballadores. O incumprimento desta obrigación considerarase falta grave para os efectos da súa sanción pola autoridade laboral.

Artigo 24. - Licencias.

O traballador, tralo aviso previo e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración por algúndos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio civil ou canónico, ou no suposto de que un traballador/a se una a outra persoa en relación de afectividade análoga á conxugal, con independencia da súa orientación sexual. Esta situación deberá xustificarse mediante certificación expedida polo Rexistro oficial de parellas de feito correspondente. Naquelas poboacións onde non exista o dito rexistro a xustificación poderá realizarse mediante acta notarial acreditativa da citada situación.

b) Dous días nos casos de falecemento, accidente ou enfermidade grave ou hospitalización de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, esto é, pais, fillos, avós, netos, irmáns, pais políticos, fillos políticos, avós políticos, netos políticos e irmáns políticos. Cando, con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) Tres días nos casos de nacemento de fillo

d) Un día por traslado de domicilio habitual

e) Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, comprendido o exercicio de sufraxio activo. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, ateranse ó que esta dispoña en canto a duración da ausencia e á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do 20% das horas laborais nun período de tres meses, poderá a empresa pasar ó traballador afectado á situación de excedencia regulada no apartado 1 do artigo 46 desta lei.

No suposto de que o traballador, por cumprimento do deber ou desempeño do cargo, perciba unha indemnización, descontarase o importe desta do salario que tivese dereito na empresa.

f) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

g) Polo tempo indispensable para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto que deban realizarse dentro da xornada de traballo.

h) Polo tempo indispensable para que o traballador acuda ó médico, referíndose esta licencia exclusivamente a facultativos pertencentes ó Sistema Público de Saúde (SERGAS) , trala acreditación previa da cita, sendo preceptivo presentar con posterioridade o xustificante de acudir a consulta.

As traballadoras, por lactación dun fillo menor de 9 meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da súa xornada en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser gozado indistintamente pola nai ou o polo pai no caso de que ámbolos dous traballen.

A concreción horaria e a determinación do período de goce do período de lactación e da reducción de xornada corresponderalle ó traballador, dentro da súa xornada ordinaria. O traballador deberá avisar ó empresario con quince días de antelación á data na que se reincorporará á súa xornada ordinaria.

As discrepancias xurdidas entre empresario e traballador sobre a concreción horaria e a determinación dos períodos de goce serán resoltas pola xurisdicción competente a través do procedemento establecido no artigo 138 bis da Lei de procedemento laboral.

Quen por razóns de garda legal teñan ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un minusválido físico, psíquico ou sensorial, que non desempeñe unha actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, alomenos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Terán o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non se poida valer por si mesmo, e que non desempeñe actividade retribuída.

A reducción de xornada recollida no presente apartado constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limitalo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa .

A referencia que os apartados b) ,c) e d) do presente artigo lle fan ó cónxuxe, entenderase feita, así mesmo, ó compañeiro/a que en situación estable e acreditada no rexistro dun concello conviva co traballador/a.

Os traballadores que cursen con regularidade estudios para obtención dun título de ensinanza regrada, terán dereito a un permiso non retribuído de ata seis días ó ano para concorrer exames, trala solicitude do traballador á dirección da empresa coa debida antelación e xustificación correspondente.

Artigo 25. - Suspensión con reserva do posto de traballo.

No suposto de parto, a suspensión terá unha duración de 16 semanas, que se gozarán de forma ininterrompida, ampliables no suposto de parto múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo. O período de suspensión distribuirase a opción da interesada sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto. No caso de falecemento da nai, o pai poderá facer uso da totalidade ou, se é o caso, da parte que reste do período de suspensión.

Non obstante o anterior, e sen prexuízo das seis semanas inmediatas posteriores ó parto de descanso obrigatorio para nai, no caso de que o pai e a nai traballen, esta, ó iniciarse o período de descanso por maternidade, poderá optar porque o pai goce dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ó parto, ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai, salvo que no momento da súa efectividade a incorporación ó traballo da nai supoña un risco para a súa saúde.

Nos supostos de adopción e acollemento, tanto preadoptivo como permanente, de menores de ata 6 anos, a suspensión terá unha duración de 16 semanas ininterrompidas, ampliable no suposto de adopción ou acollemento múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo, contadas á elección do traballador, ben a partir da decisión administrativa ou xudicial do acollemento, ben a partir da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción. A duración da suspensión será, así mesmo, de 16 semanas nos supostos de adopción ou acollemento de menores maiores de 6 anos de idade cando se trate de menores discapacitados ou minusválidos ou que polas súas circunstancias e experiencias persoais ou que, por provir do estranxeiro, teñan especiais dificultades de inserción social e familiar debidamente acreditadas polos servicios sociais competentes. No caso de que a nai ou o pai traballen, o período de suspensión distribuirase a opción dos interesados, que poderán gozalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre con períodos ininterrompidos e cos límites sinalados.

Nos casos de goce simultáneo de períodos de descanso, suma destes non poderá exceder das 16 semanas previstas nos apartados anteriores ou das que correspondan en caso de parto múltiple.

Os períodos ós que se refire o presente artigo poderán gozarse en réxime de xornada completa ou a tempo parcial, tralo acordo previo entre os empresarios e os traballadores afectados, nos termos que regulamentariamente se determinen.

Nos supostos de adopción internacional, cando sexa necesario o desprazamento previo dos pais ó país de orixe do adoptado, o período de suspensión, previsto para cada caso no presente artigo, poderá iniciarse ata 4 semanas antes da resolución pola que se constitúe a adopción.

Artigo 26. - Xubilación.

As empresas e traballadores poderá pactar, trala existencia previa de común acordo por ámbalas dúas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no RD 1194/1985, do 17 de xullo, debendo as empresas substituílos simultaneamente ó seu cesamento por xubilación, por outros traballadores nas condicións previstas no citado RD.

Artigo 27. - Recoñecemento médico.

As partes sinantes do convenio consideran necesaria a colaboración de todos na adopción de medidas preventivas orientadas á diminución dos riscos de enfermidades e accidentes dos traballadores das empresas. Por isto recomendan que con periodicidade anual, e tralo acordo previo entre empresario e traballadores, se realicen recoñecementos médicos, incluídas as revisións xinecolóxicas, de todo o persoal das empresas, través do gabinete de seguridade e hixiene ou, se é o caso, das mutuas patronais de accidentes de traballo, ou noutra forma que a nivel de empresa se considere oportuna.

Se como consecuencia do recoñecemento médico realizado un traballador aparecese algún aspecto que puidese afectar á realización do seu traballo, este estará obrigado a comunicarllo á empresa.

Artigo 28. - Dereitos de representación dos traballadores n empresa.

a) Crédito de horas. Os delegados de persoal disporán dun crédito máximo de 15 horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación.

b) Acumulación de horas sindicais.

A nivel de empresa, os delegados de persoal ou o comité poderán acordala acumulación de todo ou parte do crédito de horas sindicais establecido pola lei nun ou varios dos delegados ou membros do comité de empresa. Para queisto produza efecto, a cesión de horas deberá comunicárselle por escrito á dirección da empresa.

c) Taboleiros de anuncios.

Nos centros de traballo porase disposición do comité de empresa un taboleiro de anuncios para colocala diversa información laboral que sexa de interese para os traballadores.

d) Delegado sindical.

Nos centros de traballo con cadro de persoal superior a 80 traballadores, poderá existir un delegado sindical nos termos previstos na Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 29. - Desconto en compras.

Os traballadores terán dereito a un desconto do 20% , sobre o prezo de venda ó público, nas compras que realicen nos establecementos nos que presten os seus servicios.

Artigo 30. - Formación.

As empresas do comercio de materiais de construcción colaborarán coas organizacións empresariais e sindicatos para realización de cursos de formación para os traballadores/as, segundo o acordo de formación continua, sendo as organizacións empresariais e sindicatos os órganos autorizados e con competencias para desenvolver ese labor.

Ós/as traballadores/as que participen en curso de formación continua teránselles en conta para os efectos de promoción interna e o acceso ás categorías superiores.

Artigo 31. - Contratación.

Contrato de prácticas. Os postos de traballo nos que se poderá realizar este contrato serán os que correspondan a tódolos técnicos titulados por ensinanza regrada.

A duración máxima do contrato será de 2 anos, sendo a súa retribución do 85% do salario base da súa categoría profesional.

Contrato para a formación. O contrato para a formación poderáselles realizar a traballadores maiores de 16 anos e menores de 21 anos, que non teñan titulación requirida para formalizar contratos en prácticas no oficio ou posto de traballo.

O contrato formativo terá como obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o adecuado desempeño dun oficio cualificado no sector.

A duración deste contrato non poderá ser inferior a 6 meses, nin superior a 2 anos.

No contrato deberase especificalo horario da ensinanza. Unha vez expirada a duración máxima do contrato para a formación, o traballador non poderá ser contratado baixo esta modalidade pola mesma ou distinta empresa.

Se unha vez concluído o contrato, o contratado para a formación non continuase na empresa, esta entregaralle un certificado acreditativo do tempo traballado con referencia ó oficio obxecto da formación.

O salario será do 80% do salario base da súa categoría profesional o primeiro ano e do 85% o resto.

Contrato eventual. De conformidade co establecido no RD 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do ET en materia de duración determinada, este contrato só se poderá concertar para atender esixencias circunstanciadas do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

A duración máxima deste contrato será de 12 meses dentro dun período de 18 meses.

Contrato de interinidade. É o contrato para substituír a traballadores con dereito reserva do posto de traballo.

Especificarase no contrato o nome, os apelidos, o posto de traballo do traballador substituído e a causa da substitución, indicando se o posto de traballo para desempeñar será o do traballador substituído ou o doutro traballador da empresa que pase a desempeñalo posto daquel.

Contrato a tempo parcial. Neste tipo de contrato indicarase a categoría profesional e o número de horas ordinarias de traballo ó día, á semana, ó mes ou ó ano e a súa distribución.

Non se poderán realizar horas extraordinarias, salvo cando sexan precisas para previr ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes.

Período de proba.

Poderá concertarse por escrito un período de proba, con suxeición ós límites de duración seguintes:

Grupo I, 120 días.

Grupo II e III, 60 días.

Grupo V, 30 días. Compromiso de emprego fixo.

A partir da sinatura do presente convenio establécese como obrigatorio en empresas de máis de 5 traballadores unha porcentaxe mínima de emprego fixo do 50% .

Á finalización de calquera contrato de duración determinada, excepto nos casos do contrato de interinidade, do contrato de inserción e dos contratos formativos, o traballador terá dereito a recibir unha indemnización de contía equivalente á cantidade que resultaría de aboar dez días de salario por cada ano de servicio.

Artigo 32. - Principio de igualdade e non discriminación no traballo.

Respectarase o principio de igualdade no traballo para tódolos efectos, non admitíndose discriminación ningunha por razóns de sexo, estado civil, idade, raza, condición social, ideas relixiosas ou políticas, afiliación ou non a un sindicato, etc.

Tampouco poderá haber discriminación por razón de diminucións físicas, psíquicas ou sensoriais, sempre que se estivera en condicións de aptitude para desempeñalo traballo ou emprego do que se trate.

Ambas partes conveñen que son obxectivos importantes para o logro dunha igualdade de oportunidades sistemática e planificada:

- Que tanto homes como mulleres gocen de igualdade de oportunidades en canto ó emprego, a formación, a promoción e o desenvolvemento no seu traballo.

- Que mulleres e homes reciban igual retribución por traballos de igual valor, así como que haxa igualdade en canto ás súas condicións de emprego en calquera outro sentido deste.

- Que os postos de traballo, as prácticas laborais, a organización do traballo e as condicións laborais se orienten de tal maneira que sexan adecuadas tanto para as mulleres como para os homes.

Artigo 33. - Comisión paritaria.

Para a interpretación e cumprimento de cantas cuestións se deriven da aplicación deste convenio, establécese unha comisión paritaria integrada por tres representantes de cada unha das partes, escollidos de entre os membros da comisión deliberadora.

Artigo 34. - Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente previsto neste convenio, ateranse ó establecido no Estatuto dos traballadores, e demais disposicións de xeral ou especial aplicación.

Artigo 35. - Faltas e sancións.

Ateranse ó disposto nos artigos 12 ó 19 do Acordo marco do comercio de ámbito nacional.

A empresa poderá sancionalas accións ou omisións punibles nas que incorran os traballadores de acordo coa graduación das faltas e sancións que se establecen no presente texto.

Toda falta cometida por un traballador clasificarase, atendendo á súa importancia e transcendencia, en leve, grave ou moi grave.

Consideraranse faltas leves s seguintes:

1. A suma de faltas de puntualidade na asistencia ó traballo cando exceda de 15 minutos nun mes.

2. Non cursar en tempo oportuno a baixa correspondente cando se falta ó traballo por motivo xustificado, a non ser que se probe a imposibilidade de telo efectuado.

3. Pequenos descoidos na conservación nos xéneros ou do material da empresa.

4. Non comunicarlle á empresa calquera cambio de domicilio.

5. As discusións con outros traballadores dentro das dependencias da empresa, sempre que non sexa en presencia de público.

6. O abandono do traballo sen causa xustificada, aínda cando sexa por breve tempo. Se como consecuencia deste se lle orixinase prexuízo grave á empresa ou lle causase risco á integridade das persoas, esta falta poderá ser considerada como grave ou moi grave, segundo os casos.

7. Falta de aseo e limpeza persoal cando sexa de tal índole que poida afectar ó proceso productivo e imaxe da empresa.

8. Non atender ó público coa corrección e dilixencia debidos.

9. Faltar un día de traballo sen a debida autorización ou causa xustificada.

Consideraranse como faltas graves s seguintes:

1. A suma de faltas de puntualidade na asistencia ó traballo cando exceda de trinta minutos nun mes.

2. A desobediencia á dirección da empresa ou a quen se encontre con facultades de dirección ou organización no exercicio regular das súas funcións en calquera materia de traballo. Se a desobediencia fose reiterada ou implicase quebranto manifesto da disciplina no traballo ou dela se derivase prexuízo para a empresa ou para as persoas poderá ser cualificada como falta moi grave.

3. Descoido importante na conservación dos xéneros ou do material da empresa.

4. Simulala presencia doutro traballador, fichando ou asinando por el.

5. As discusións con outros traballadores en presencia do público ou que transcenda a este.

6. Empregar para uso propio artigos, utensilios ou prendas d empresa, ou sacalos das instalacións ou dependencias d empresa a non ser que exista autorización.

7. Realizar, sen o oportuno permiso, traballos particulares durante a xornada laboral.

8. A non asistencia ó traballo sen a debida autorización ou causa xustificada de dous días en seis meses.

9. A comisión de tres faltas leves, aínda que sexan de distinta natureza, dentro dun trimestre e mediando sanción ou amoestación por escrito.

Consideraranse como faltas moi graves s seguintes:

1. Faltar máis de dous días ó traballo sen a debida autorización ou causa xustificada nun ano.

2. A simulación de enfermidade ou accidente.

3. A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas, así como no trato cos outros traballadores ou con calquera outra persoa durante o traballo, ou facer negociacións de comercio ou industria por conta propia ou doutra persoa sen a expresa autorización da empresa, así como a competencia desleal na actividade desta.

4. Facer desaparecer, inutilizar ou causar despezamentos en materiais, útiles, ferramentas, maquinarias, aparellos, instalacións, edificios, utensilios e documentos da empresa.

5. O roubo, furto ou malversación cometidos tanto á empresa como ós compañeiros de traballo ou a calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa ou durante a xornada laboral en calquera outro lugar.

6. Violalo segredo da correspondencia ou documentos reservados da empresa, ou revelarlles persoas estrañas esta o seu contido.

7. Orixinar frecuentes discusións e pendencias cos compañeiros de traballo.

8. Falta notoria de respecto ou consideración ó público.

9. Os malos tratos de palabra ou obra ou a falta grave de respecto e consideración ós xefes ou ós seus familiares, así como ós compañeiros e subordinados.

10. Toda conducta, no ámbito laboral, que atente gravemente ó respecto da intimidade e dignidade mediante a ofensa, verbal ou física, de carácter sexual. Se a referida conducta é levada a cabo prevaléndose dunha posición xerárquica, suporá unha circunstancia agravante daquela.

11. A comisión por un superior dun feito arbitrario que supoña a vulneración dun dereito do traballador legalmente recoñecido, de onde se derive un prexuízo grave para o subordinado.

12. A continuada e habitual falta de aseo e limpeza de tal índole que poida afectar ó proceso productivo e imaxe da empresa.

13. A embriaguez habitual e drogodependencia manifesta en xornada laboral e no seu posto de traballo. O estado de embriaguez ou a inxestión de estupefacientes manifestados unha soa vez serán constitutivos de falta grave.

14. Diminución continuada e voluntaria no rendemento normal do seu traballo, sempre que non estea motivada por ningún dereito recoñecido polas leis.

15. A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que se cometa dentro dos 6 meses seguintes de terse producido a primeira.

Correspóndelle á dirección da empresa a facultade de impoñer sancións nos termos estipulados no presente acordo. A sanción das faltas leves, graves e moi graves requirirá comunicación escrita ó traballador, facendo constala data e os feitos que a motivan.

Para a imposición de sancións seguiranse os trámites previstos na lexislación xeral.

As sancións que se poderán impoñer en cada caso, atendendo á gravidade da falta cometida, serán as seguintes:

1. Por faltas leves. Amoestación verbal. Amoestación por escrito. Suspensión de emprego e soldo ata tres días.

2. Por faltas graves. Suspensión de emprego e soldo de tres quince días.

3. Por faltas moi graves. Desde as suspensión de emprego e soldo de dezaseis sesenta días ata a rescisión do contrato de traballo nos supostos nos que a falta fose cualificada no seu grao máximo.

A facultade da dirección da empresa para sancionar prescribirá para as faltas leves ós dez días, para as faltas graves ós vinte días e para as moi graves ós sesenta días contados partir da data na que aquela tivo coñecemento da súa comisión e, en calquera caso, ós seis meses de cometerse.

Táboa salarial ano 2004

Esta norma contiene tablas, si desea consultarlas pulse AQUI

(Para poder leer los documentos es necesario el lector Adobe Acrobat)