Última revisión
Revision. Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA (15000805011982) de Coruña
Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 1999
Resolución do 15 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1999 do convenio colectivo para as industrias do sector de carpintería e ebanistería da provincia da Coruña. (Diario Oficial de Galicia num. 8100 de 29/04/1999)
Visto o expediente da revisión salarial para o ano 1999 do convenio colectivo para as industrias do sector de carpintería e ebanistería da provincia da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8-3-1999 subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Carpintería y Ebanistería e da parte social por
ACORDA:
Primeiro.-
Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora. Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.
Terceiro.-
Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 15 de marzo de 1999. P. S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)
María Silva Costoya Delegada provincial da Coruña
Acta Asistentes. Empresarios da asociación provincial de carpintería e ebanistería:
Cándido Hermida Campos. Ramón Caramés Seoane. Jesús Rey Barral.
Parte social: Jesús María Calvo Romero (UGT). Celestino Pérez Vázquez (UGT). José Luis Paz Pena (
Na Coruña, ás trece horas do día 25 de xaneiro de 1999, nos locais da asociación de empresarios sitos na praza de Mina nº 1, 3º esquerda da Coruña, están presentes as dúas representacións das partes empresarial e social da comisión negociadora do convenio colectivo provincial de carpintería e ebanistería da provincia da Coruña.
O motivo é dar cumprimento ó artigo 4º do convenio colectivo provincial e á disposición adicional primeria do convenio colectivo estatal no referente á revisión salarial para os anos 1999 e 2000.
Acordan:
Incrementar tódolos conceptos económicos, agás o de antigüidade, no ano 1999 nun 2,4% e no ano 2000, o IPC previsto mailo 0,6%.
En caso de que o IPC publicado polo INE rexistrase o 31 de decembro de 1999 un incremento superior ó 2%, a diferencia que se produza adicionaríaselle ó incremento que se efectuaría no ano 2000. Este mesmo criterio aplicarase no ano 2000 partindo do IPC publicado polo INE o 31 de decembro do dito ano 2000, no que superase o IPC previsto máis 0,2%, que se adicionaría ó incremento que se pactase para o ano 2001.
A xornada laboral para estes anos, segundo convenio, é de 1.784 horas para 1999 e 1.780 horas para o ano 2000.
Nestes termos queda aprobado, por unanimidade, o incremento do convenio colectivo referido ó sector de carpintería e ebanistería da Coruña, que presentará calquera das partes coas sinaturas dos compoñentes desta comisión para a súa entrega e posterior rexistro na Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
Convenio colectivo provincial para as industrias de carpintería e ebanistería
Táboas salariais 1999
Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI
(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)
Se ha alcanzado el límite semanal de acceso por IP a 2 convenios
Para poder acceder al doble de documentos semanales regístrese de manera gratuita:
Registro Gratuito¿Necesita un acceso ilimitado?
Vea aquí nuestras tarifas de suscripciónSi es usted cliente o ya se ha registrado, introduzca sus datos de acceso.
Acceder