Convenio Colectivo de Sec... de Coruña

Última revisión
08/03/2005

Revision. Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA (15000805011982) de Coruña

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2004

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Resolución do 3 de febreiro de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de industrias de carpintaría e ebanistaría. (Diario Oficial de Galicia num. 46 de 08/03/2005)

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector de industrias de carpintaría e ebanistaría, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 31-5-2005 e subscrito pola comisión paritaria do convenio o día 20-1-2005, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, dos 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscripción no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de febreiro de 2005. Cristina Azpilcueta González Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial de industrias de carpintaría e ebanistaría

Acta Asistentes:

-Parte empresarial: Cándido Hermida Campos. Cándido Seoane Otero. Luis Sierra Carral. Jesús Castiñeira Outes. Francisco J. González Outumuro.

-Parte social: Victorino Ares Prado (CIG) . Vicente Moreira Sobrido (CIG) . Manuel Seijas Formoso (CIG) . Luis Parcero García (CIG) . Manuel Casal Couselo (CIG) . Celestino Pérez Vázquez (UGT) . Argemiro González Pérez (CC. OO.) . Eduardo José da Silva Pérez (CC. OO.) .

Na Coruña, sendo as 10.00 horas do día 20 de xaneiro de 2005, reúnense os compoñentes da comisión deliberadora do convenio colectivo provincial de industrias de carpintaría e ebanistaría da Coruña que á marxe se expresan.

1. Acórdase actualizar as táboas salariais correspondentes ao ano 2004, incrementando o 0,95%, que é a diferencia existente entre o 2,25% e o 3,20%, por ser este o IPC real do ano 2004, seguindo, así, o estipulado no artigo 4 do convenio vixente.

2. Elabóranse as táboas salariais para o ano 2005, que supón un 3,75% con respecto a 2004 actualizado.

3. Apróbanse as táboas que se xuntan para a súa publicación no BOP.

E non habendo máis asuntos que tratar deuse por finalizada a reunión, sendo as 11.30 horas da data enriba indicada.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)