Última revisión
Revision. Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA (15000805011982) de Coruña
Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2003
Resolución do 13 de abril de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector de industrias de carpintaría e ebanistaría. (Diario Oficial de Galicia num. 88 de 07/05/2004)
Primeiro
Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo
Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.
Terceiro
Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 13 de abril de 2004. Luis Alberto Álvarez Freijido Delegado provincial da Coruña
CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DE INDUSTRIAS DE CARPINTARÍA E EBANISTARÍA
Acta
Asistentes:
Parte empresarial:
- Cándido Hermida Campos.
- Cándido Seoane Otero.
- Luis Sierra Carral.
- Jesús Castiñeira Outes.
- Francisco J. González Outumuro.
Parte social:
- Victorino Ares Prado (CIG)
- Vicente Moreira Sobrido (CIG)
- Celestino Pérez Vázquez (UGT)
- Jesús Mari Calvo (UGT)
- JoséCarlos Rodríguez del Río (UGT)
- Argemiro González Pérez (
- Santiago Huertas (
Na Coruña, ás 17.00 horas do día 27 de xaneiro de 2004, reúnense os compoñentes da comisión deliberadora do convenio colectivo provincial de industrias de carpintaría e ebanistaría da Coruña.
A parte social atópase representada polas centrais sindicais: UGT,
Pola parte empresarial os presentes estano en representación daAsociación Provincial de Empresarios de Carpintería y Ebanistería de A Coruña, que asocia a maioría das empresas afectadas no ámbito do convenio e éaúnica representativa do sector.
Ambas as partes se recoñecen mutuamente a capacidade necesaria para negociar o convenio de eficacia xeral e acordan:
1. Acórdase actualizar as táboas salariais correspondentes ao ano 2003, incrementando o 0,35%, que éa diferenza existente entre o 2,25% e o 2,60%, por ser este o IPC real do ano 2003, seguindo así o estipulado no artigo 4ºdo convenio vixente.
2. Elabóranse as táboas salariais para o ano 2003 actualizadas.
3. Apróbanse as táboas que se achegan, para a súa publicación no BOP.
E non tendo máis asuntos que tratar deuse por finalizada a sesión ás 18.00 horas da data e lugar indicados no encabezamento.
Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI
(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)