Última revisión
Revision. Convenio Colectivo de Sector de AXUDA A DOMICILIO (82000675011900) de Galicia
Sector Autonómico. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2012 en adelante
RESOLUCION do 6 de novembro de 2012, da Direccion Xeral de Relacions Laborais, pola que se dispon a inscricion no rexistro e a publicacion, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da Comision Paritaria do Convenio colectivo do sector de axuda a domicilio da Comunidade Autonoma de Galicia, relativo ao cumprimento da resolucion da sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento de conflito colectivo derivado da reclamacion do incremento salarial para o ano 2012. (Diario Oficial de Galicia num. 222 de 21/11/2012)
Visto o acordo subscrito, con data do 29 de outubro de 2012, pola Comisión Paritaria do Convenio colectivo do sector de axuda a domicilio da Comunidade Autónoma de Galicia, polo que se lle dá cumprimento á resolución da sentenza ditada polo TSXG, con data do 19 de setembro de 2012, no procedemento de conflito colectivo derivado da reclamación do incremento salarial para o ano 2012 para os traballadores incluídos no ámbito persoal do II Convenio colectivo para a actividade de axuda a domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do
ACORDA:
Primeiro.
Ordenar a inscrición do dito acordo no Rexistro Xeral de Convenios desta dirección xeral.
Segundo.
Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.
Terceiro.
Dispor a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2012
Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais
ACTA DA XUNTANZA DA COMISIÓN PARITARIA DO CONVENIO COLECTIVO DO SECTOR DE AXUDA A DOMICILIO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA
En Santiago de Compostela, ás 11.00 horas do 29 de outubro de 2012, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, reúnense as persoas que a seguir se sinalan:
- Representación empresarial:
José Félix Valderrey de la Huerga (AESSADG).
Mónica Valiño Suárez (AESSADG).
Miguel Á. Vilas Martínez (AESSADG).
Paula Álvarez Conde (AESSADG).
Lucía del Campo Redondo (AESSADG).
- Representación sindical:
Javier Martínez Fente (UGT).
Eliseo Rivas Pernas (UGT).
María del Mar Castro Cristobo (
José Manuel Crespo García (asesor
Pedro Pérez Caride (CIG).
O motivo da presente xuntanza é darlle cumprimento á resolución da sentenza ditada polo TSXG con data do 19 de setembro de 2012, no procedemento de conflito colectivo derivado da reclamación do incremento salarial para o ano 2012 para os traballadores incluídos no ámbito persoal do II Convenio colectivo para a actividade de axuda a domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia, por tanto, acórdase o seguinte:
Primeiro. Táboas salariais para o ano 2012.
Grupo | Cat. profesional | S. base | Antig. | Fest./dom. | H. noct. | Dispoñib. | H. extra | Fest. esp. |
A | Resp. coordinación | 1.976,13 | 18,03 | 18,00 | 3,94 | 20,00 | 27,25 | 65,86 |
A | Xefe administrativo | 1.474,02 | 18,03 | 18,00 | 2,93 | 20,00 | 20,33 | 49,14 |
B | Coordinador | 1.396,16 | 18,03 | 18,00 | 2,78 | 20,00 | 19,27 | 46,57 |
C | Oficial administrativo | 1.274,07 | 18,03 | 18,00 | 2,53 | 20,00 | 17,58 | 42,47 |
C | Axud. coordinación | 1.117,53 | 18,03 | 18,00 | 2,22 | 20,00 | 15,42 | 37,25 |
C | Aux. administrativo | 964,15 | 18,03 | 18,00 | 1,92 | 20,00 | 13,30 | 32,13 |
C | Aux. axuda no fogar | 964,15 | 18,03 | 18,00 | 1,92 | 20,00 | 13,30 | 32,13 |
Segundo. Facúltase o persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais para levar a cabo os trámites de rexistro, depósito e publicación das presentes táboas perante a autoridade laboral.
A parte empresarial solicita que conste expresamente na acta que a sinatura destas táboas non supón deixar sen efecto a denuncia do convenio colectivo efectuada no seu día.
E non tendo máis asuntos que tratar, remata a xuntanza ás 12.00 horas, no lugar e na data sinalados, e asinan a presente acta por duplicado exemplar en proba de conformidade.
Se ha alcanzado el límite semanal de acceso por IP a 2 convenios
Para poder acceder al doble de documentos semanales regístrese de manera gratuita:
Registro Gratuito¿Necesita un acceso ilimitado?
Vea aquí nuestras tarifas de suscripciónSi es usted cliente o ya se ha registrado, introduzca sus datos de acceso.
Acceder