Última revisión
Revision. Convenio Colectivo de Sector de ACTIVIDADE ARQUEOLOXICA (82001025011900) de Galicia
Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2012
RESOLUCION do 27 de febreiro de 2012, da Direccion Xeral de Relacions Laborais, pola que se ordena o rexistro, o deposito e a publicacion, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comision negociadora do Convenio colectivo de ambito autonomico de Galicia para a actividade arqueoloxica, relativo a aprobacion das taboas salariais para o ano 2012. (Diario Oficial de Galicia num. 53 de 15/03/2012)
Visto o acordo polo que se aproban as táboas salariais para o ano 2012, que suscribiu a comisión negociadora do Convenio colectivo de ámbito autonómico de Galicia para a actividade arqueolóxica, na reunión que tivo lugar o 9 de febreiro de 2012, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do
Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais,
ACORDA:
Primeiro.
Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG n.º 222, do 18 de novembro).
Segundo.
Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2012.
Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais
ANEXO
- Pola AEGA:
Andrés Bonilla Rodríguez, presidente.
- Pola CIG:
Mario César Vila.
Elena Lima Olveira.
Ana Tembra Piñeiro.
Manuel Díaz Vázquez.
Reunidos nos locais da CIG de Santiago de Compostela, o día 9 de febreiro de 2012, sendo as 16.30 horas, as persoas á marxe sinaladas, en representación da Asociación Empresarial AEGA e da Federación de Banca, aforro, seguros e oficinas da Confederación Intersindical Galega, na respectiva representación que desempeñan de compoñentes da Comisión Negociadora do I Convenio colectivo de ámbito autonómico de Galicia para a actividade arqueolóxica, e recoñecéndose ambas as partes capacidade lexítima para negociar, chegan aos seguintes acordos:
Primeiro. As partes asinantes en representación da AEGA e da Federación de Banca, aforro, seguros e oficinas da Confederación Intersindical Galega, respectivamente, asinaron o I Convenio colectivo de ámbito autonómico de Galicia para a actividade arqueolóxica.
Segundo. O artigo 20.2 do Convenio colectivo establece que se revalorizarán as táboas salariais na mesma porcentaxe que o IPC real de cada ano.
Terceiro. Os reunidos na representación que desempeñan e con base no disposto no artigo 20.2 do Convenio colectivo, acordan abrir as negociacións para actualizar as táboas salariais conforme o IPC real.
Cuarto. Os reunidos chegan ao acordo de revalorizar as táboas salariais para o ano 2012 no 2,40%, acompáñanse a esta acta as táboas revalorizadas e asinadas polos comparecentes.
As partes confiren mandato a Breixo Losada Valdez, para que proceda a realizar os trámites necesarios para a súa presentación e rexistro ante a autoridade laboral e publicación do DOG.
O que en proba de conformidade asinan as partes no lugar e data indicados no encabezamento.
Categoría | Salario base | Compl. asist. | Compl. transp. | PP.EE. | Vacac. | Salario br. mes | Salario br. ano |
Director/a | 1.420,93 | 182,36 | 325,65 | 267,21 | 133,6 | 2.329,75 | 27.957 |
Técnico/a | 943,31 | 182,36 | 325,65 | 187,62 | 93,81 | 1.732,75 | 20.793 |
Técnico/a de apoio | 857,55 | 182,36 | 325,65 | 173,3 | 86,65 | 1.625,51 | 19.506,12 |
Arqueólogo/a de empresa | 937,88 | 182,36 | 108,54 | 186,71 | 93,36 | 1.508,85 | 18.106,2 |
Técnico/a especialista | 943,31 | 182,36 | 217,09 | 187,62 | 93,81 | 1.624,19 | 19.490,28 |
Oficial auxiliar | 772,88 | 182,36 | 325,65 | 159,2 | 79,61 | 1.519,7 | 18.236,4 |
Auxiliar | 707,76 | 182,36 | 217,09 | 148,35 | 74,18 | 1.329,74 | 15.956,88 |
Xefe/a administrativo/a | 801,16 | 182,36 | 108,55 | 163,94 | 81,94 | 1.337,95 | 16.055,4 |
Oficial administrativo/a | 770,7 | 182,36 | 108,55 | 158,92 | 79,49 | 1.300,02 | 15.600,24 |
Auxiliar administrativo/a | 707,76 | 182,36 | 108,55 | 148,35 | 74,18 | 1.221,20 | 14.654,4 |
Se ha alcanzado el límite semanal de acceso por IP a 2 convenios
Para poder acceder al doble de documentos semanales regístrese de manera gratuita:
Registro Gratuito¿Necesita un acceso ilimitado?
Vea aquí nuestras tarifas de suscripciónSi es usted cliente o ya se ha registrado, introduzca sus datos de acceso.
Acceder